O concello de Lobios
Manuel Salgado González de 81 anos, foi emigrante e garda ríos no Xurés durante máis de trinta anos. Vivíu sempre moi apegado á familia, a quen recorda polo moito que lle axudaron. Hoxe, xa xubilado vive na casa que el mesmo fixo cerca da filla e netos.
A familia
Irmáns fumos seis, cinco homes e unha muller. O máis vello, está en Barcelona. Eu son o siguiente a el. Nós viviamos aí abaixo en Zapateiros e despois fun a Fondevila. Ningunha casa tiña cuarto de baño. Fighemos un eu e meus irmaos elí nunha finca, porque se non era por aí de campo. A min axudárome moito meus irmaos e sobre todo a miña muller, que está aí, que me está a oir. Eu fun afortunado ca miña vida e ca familia desde meus irmaos, hasta meus sogros e pais.
A escola
Eiquí había escola en Lobios, pero meu pai mandoume a un puebliño que elí era de pago, pois parece que aprendían un pouco máis, inda que moito non aprendemos, porque aquela vida era dura. Despois o mestro aquil, que había alí, ía pra Lobios, e cambiamos pra aquí. 150