O concello de Lobios
Luisa Araújo Álvarez de 87 anos e Antonio Delgado González, carpinteiro de oficio de 85, naceron e viviron sempre en Grou. No ano das súas vodas de ouro comparten a felicidade de estar rodeados de tres fillos e dos netos e bisnetas, recordando os momentos de duro traballo nas granxas que rexentaron.
A familia
Ele non tiña irmao, pero eu tiña dous e marcháronse, un pra Brasil e outro pra Venezuela.
Manuel, o muiñeiro
Nós tiñamos un muíño e viñan á maquía entón, o muíño do Manuel, o meu pai. Meus irmáns non foron á guerra, foron despois de que acabara. Acórdome de que lle tiñamos que mandar pan pra comere. Cociamos pan de millo, e viña cun compañeiro á casa e levaba pra todos. Entonces, mandábaselle o pan de millo, chourizos...
A auga
Había que ir á fonte cunhas olas, que viña por aí un oleiro vendendo. E entón, comprábaselle ó mellor dúas ou tres, porque se se rompía i o home tardaba en vir... E ibamos a unha fonte por uns campos, por uns carreiros. E pra reghar tiñan cada un o seu turno. Un reghaba dúas horas e o outro tiña cuatro, porque era máis 146