O concello de Lobios
José Lamela Bautista, Pepe, naceu hai 71 anos en Padrendo, Río Caldo. Ex-alcalde de Lobios, emigrou a Barcelona onde traballou como enxeñeiro nos oleoductos. Investigador incansable, ten un programa de cultura galega en Radio Cornellá e varias publicacións relativas ao Xurés.
A familia
Estaba meu pai, miña nai, miña abuela e un irmao. Esta foi a xuventude, pasou así hasta o falecemento de miña abuela, e despois meu pai. El si estaba emigrado, tiña unha cafetería en Valenza do Miño en Portugal.
A auga
Nós tiñamos aí unha bomba desas de facer a forza física. A pan i agua traballaba aí. E para lavar se ía ós tanques comunitarios, donde se lavaba toda a roupa. E cuando había roupas de cama, así máis importantes, íbase ó río.
A escola
A casa veciña era a escuela de Padrendo. Reunía hasta trinta da miña idá, porque estábamos bastante poblados. Incorporabas tamén outros alumnos, viciños de Manín. A nosa formación primaria foi mui competente. 142