Vidas e lugares con historia
Regina Vázquez Vázquez naceu en Senderiz hai 88 anos. Costureira de casa en casa, era coñecida por todo San Xes de Vilariño e parte de Lobeira. Ademais, tamén se dedicou ao campo. Con vinte e dous anos casou co seu veciño Avelino Domínguez González, nado en 1928. Avelino, ademais de traballar no campo, botou oito anos en Francia na construción.
A escola
Nós sabemos ler i escribir o noso nombre e fajer un papel. Inda aghora veño di onde os rapaces que lle comprén cousas e levo eiquí a nota que fijen eu. Sabemos os dous ben deso. E de cuentas tamén, que nós fumos á escuela. Poñían escuela nun pueblo delí de baixo que lle chaman Villariño. E ibamos elí, todos xuntos, nenos e nenas de seis, de sete, de dez i hasta de doce anos. [Regina]
Os xogos
Boh, cando eramos pequenos non queriamos ir á escuela. E iban os nosos pais atrás de nós, porque ó millor metiámonos onda quera e xoghabamos á billarda 129