Operación mundo: Xeografía 2. Bacharelato. Mostra

Page 1

LICENZA 12 MESES

M.ª Concepción Muñoz-Delgado

XEOGRAFÍA BACHARELATO 2
Operaciónmundo
INCLÚE
mOstra
PROXECTO DIXITAL

Índice

Os saberes básicos do curso

medio natural

1. As paisaxes naturais de España

1 O espazo xeográfico español. A diversidade xeomorfolóxica

1. O espazo xeográfico español

2. O relevo peninsular

3. O relevo das illas Baleares

4. O relevo das illas Canarias

5. O espazo xeográfico galego

6. A influencia e os riscos do relevo

Traballa técnicas xeográficas. Perfil topográfico

Traballa co aprendido

2 A diversidade climática

1. Os factores do clima

2. Os elementos do clima

3. Os tipos de tempo en España

4. Os tipos de clima en España

5. Os tipos de clima en Galicia

6. A influencia e os riscos do clima

Traballa técnicas xeográficas. Mapa

meteorolóxico e climograma

Traballa co aprendido

3 A diversidade hídrica, vexetal e edáfica

1. A diversidade hídrica

2. A diversidade vexetal

3. A diversidade do solo

4. Os ríos e a vexetación de Galicia

Traballa técnicas xeográficas. Hidrograma e cliserie

Traballa co aprendido

66

100

136

2. A influencia da actividade humana no medio natural

3. Os espazos naturais protexidos

4. A situación do medio ambiente en Galicia

Traballa técnicas xeográficas. Paisaxe natural

5 Os espazos do sector primario

1. O espazo rural e o espazo agrario

2. Os condicionantes naturais do espazo agrario

3. Os condicionantes humanos

4. As actividades agrarias

5. As paisaxes agrarias

6. Os problemas agrarios e o desenvolvemento rural

7. As dinámicas recentes do espazo rural

8. Os espazos da actividade pesqueira

9. O sector primario en Galicia

Traballa técnicas xeográficas. Paisaxe rural

6 O espazo industrial

1. Trazos e importancia do espazo industrial

2. As materias primas

3. As fontes de enerxía

4. A industria española entre 1855-1975

5. A crise e a reestruturación industrial: 1975-1990

6. A industria española na actualidade

7. A industria en Galicia

Traballa técnicas xeográficas. Paisaxe industrial e traballo de campo

Traballa co aprendido

164

218

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA Unha viaxe por España .................................................................. 10 Construímos un país máis sostible 12 Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 14 Introdución á xeografía 16
30
4 As paisaxes naturais e a acción humana sobre o
Traballa co aprendido
aprendido
Traballa co

270

1. O proceso de terciarización

2. Importancia e trazos dos servizos

3. Os transportes e as telecomunicacións

4. Os espazos turísticos

5. O comercio

6. Outras actividades terciarias

7. O sector terciario en Galicia

Traballa técnicas xeográficas. Paisaxe turística

Traballa co aprendido

8 A poboación española

1. As fontes demográficas

2. A distribución da poboación

3. O movemento natural da poboación

4. Os movementos migratorios

5. O crecemento real da poboación

6. A estrutura da poboación española

7. O futuro da poboación española

8. A poboación de Galicia

Traballa técnicas xeográficas. Pirámide de poboación

Traballa co aprendido

9 O espazo urbano

1. O concepto e a importancia da cidade

2. O proceso de urbanización

3. A morfoloxía urbana

4. A estrutura urbana

5. Problemas das cidades españolas

6. A ordenación do espazo urbano. O urbanismo

7. O sistema urbano español

8. O espazo urbano galego

Traballa técnicas xeográficas. Plano

urbano e traballo de campo

Traballa co aprendido

318

370

10 A organización, os desequilibrios e as políticas territoriais

1. A organización territorial de España

2. Os desequilibrios territoriais

3. As políticas rexionais e de cohesión territorial

4. A organización territorial e os contrastes internos de Galicia

Traballa técnicas xeográficas. Entrevistas xeográficas

418

1. A Unión Europea e o seu espazo xeográfico

2. Os contrastes físicos da UE

3. Contrastes políticos e acordos comúns

4. Os contrastes económicos

5. Os contrastes demográficos e urbanos

6. Os contrastes sociais, educativos e culturais

7. As disparidades rexionais e a política de cohesión

8. España na UE

9. Galicia na UE

Traballa técnicas xeográficas. Expresarse en público Traballa co aprendido

12

1. O sistema mundo

2. España no contexto mundial

Traballa técnicas xeográficas. Utilización da prensa e elaboración dun informe Traballa co aprendido

terciario
7 Os espazos do sector
co aprendido
España
Europa
Traballa
11
en
444
España
mundo 478
no
Anexo cartográfico e estatístico 498

Así é o teu libro

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Desafíos que deixan pegada

Situación de aprendizaxe, que che fará poñer en acción os coñecementos adquiridos e reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe cun carácter transformador.

de YouTube ou blogs. Desde Hieronymus Münzer na súa Viaxe por España Portugal (século xv), pasando pola serie de TVE de José Antonio Labordeta Un país en la mochila, ata os blogs de viaxes de hoxe, permitiron coñecer o espazo xeográfico e gozar do espazo humano e natural que nos pode ofrecer cada lugar da nosa xeografía. A ONU, nos últimos anos, propuxo a súa Axenda 2030 baseada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), para reflexionar sobre a situación do mundo actual e ser capaces de melloralo. Así pois, queremos que traballes o desafío que che propoñemos a través deste prisma, para que a reflexión sobre como é o noso mundo te leve transformalo desde a perspectiva da sostibilidade. Traballa estes contidos tendo en conta os ODS 6 (Auga limpa e saneamento), 13 (Acción polo clima), 15 (Vida de ecosistemas terrestres) e 17 (Alianzas para lograr os obxectivos).

Organiza co grupo o plan para a elaboración do libro de viaxe. Deseña o itinerario seguir e elixe o medio de transporte e o formato de elaboración e difusión

Secuencia de aprendizaxe da situación de aprendizaxe.

Apertura de unidade

O DESAFÍO

Elabora un libro de viaxe en grupos de tres no que describas os principais trazos do espazo natural dunha zona de España elixida, a súa influencia no ser humano e a incidencia da actividade humana en cada un deses espazos. Escolle un medio de transporte para a viaxe, explica o porqué tendo en conta a mobilidade, o tempo a empregar, etc. Para o deseño do itinerario podes utilizar aplicacións como Visme, Canva, Genially... O formato que se elixa para a difusión do libro de viaxes depende do grupo, desde un traballo escrito, a un diario tipo blog, redes sociais tipo Facebook, Instagram, canle de YouTube.

PARA LEVAR A CABO O DESAFÍO E REVISAR AS COMPETENCIAS

Realizar buscas avanzadas en Internet. Utilizar o coñecemento científico para entender e explicar os diferentes fenómenos do mundo que nos rodea. Trazar desenvolver proxectos de forma colaborativa. Adquirir unha conciencia cidadá responsable e comprometida coa igualdade e o desenvolvemento sostible. Para avaliar as competencias que traballaches e o desempeño do teu grupo no proxecto, cubre a rúbrica que podes encontrar en anayaeducacion.es

Tarefas de comunicación, reflexión e compromiso social relacionadas con algún aspecto traballado na situación de aprendizaxe.

Propostas de instrumentos de diagnóstico, descargables en anayaeducacion.es , para que autoavalíes a adquisición de competencias acadada, a planificación das tarefas e o desenvolvemento do traballo en equipo ao longo da secuencia de aprendizaxe.

O espazo xeográfico español.

Texto introdutorio que avanza os aspectos clave da unidade.

O espazo xeográfico español

Barranco do deserto de Gebas, Murcia. 1. A COMPOSICIÓN DO TERRITORIO España é un Estado europeo situado na zona temperada do hemisferio norte. Os seus 505 987 km comprenden parte do territorio da Península Ibérica —compartido con Portugal e Andorra—, dous arquipélagos —Baleares e Canarias— e as cidades norteafricanas de Ceuta e Melilla.

QUE VAS ENCONTRAR NESTA UNIDADE?

Diversas formas de representar a información, textual e gráfica, para axudarche a comprender e a expresarte, e ofrecerche experiencias que te motiven a participar na túa aprendizaxe.

Variedade de imaxes fotografías, mapas, gráficos e táboas estatísticas actualizadas.

A diversidade natural e humana o trazo máis característico do territorio español. O relevo configurouse ao longo dunha historia xeolóxica iniciada hai 650 millóns de anos. Nela, as forzas internas da Terra crearon as estruturas básicas e os axentes externos modeláronas nunha extraordinaria variedade de formas, segundo a natureza do rochedo e as condicións bioclimáticas. O resultado é a existencia de grandes conxuntos ou unidades do relevo de trazos moi diversos. O relevo supón un condicionante para outros elementos do medio natural e para as actividades humanas entraña o risco de ocasionar catástrofes de orixe xeolóxica.

DE APRENDIZAXE

A diversidade xeomorfolóxica Os contidos e as actividades desta unidade poden resultar de utilidade para a realización do proxecto multidisciplinario «Unha viaxe por España».

A España peninsular (493 516 km presenta unha posición orixinal entre dous continentes, Europa e África, entre dúas masas de auga, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo. Este feito converteuna en lugar de encrucillada natural entre diferentes medios físicos e de encrucillada xeopolítica entre pobos procedentes de Europa, África, o Mediterráneo e O arquipélago balear (4 992 km localízase no mar Mediterráneo, a uns 300 km da costa da Comunitat Valenciana. Comprende as illas de Mallorca, Menorca, Eivissa, Formentera e Cabrera, máis de 150 illotes. O arquipélago canario (7 447 km ) sitúase no océano Atlántico, uns 100 quilómetros das costas do NO de África. Comprende oito illas habitadas: La Palma, El Hierro, La Gomera, Tenerife, Gran Canaria, Fuerteventura, Lanzarote e La Graciosa, así como algunhas illas menores. Ceuta e Melilla están na costa norte de África. Ceuta (19,6 km ) na península de Yebala, e Melilla (12,3 km ) entre os cabos Tres Forcas e Agua.

Actividades STEM, CCL

O espazo xeográfico español. O relevo peninsular. O relevo das illas Canarias. A influencia e os riscos do relevo. A realización o comentario de perfís topográficos a partir dun mapa topográfico ou altimétrico e utilizando Google Earth.

Saberes básicos

1 A diversidade hídrica

1.2 As concas fluviais e as vertentes hidrográficas a) A conca fluvial é o territorio que drena ou evacúa as súas augas natua un río principal que as conduce ata o mar. As concas fluviais peninsulares caracterízanse por estes trazos: Encóntranse separadas por divisorias de augas formadas polos cumios dos relevos montañosos que as delimitan. Estas concas son: concas do Cantábrico, Galicia Costa, Miño-Sil, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Tinto-Odiel-Piedras, Guadalete-Barbate, concas internas de Cataluña, Ebro, Xúquer, Segura e conca Mediterránea Andaluza. Dentro da conca, as augas circulan por unha canle ou leito e forman unha rede organizada xerarquicamente, desde os subafluentes e

Divisoria de augas: liña máis elevada que separa dúas concas fluviais. Coincide coa liña formada polos cumios de maior altura, ou liña de cumios, a partir dos cales a

tas redes fluviais. O trazado da divisoria de augas é claro nos relevos abruptos, os seus cumios; en cambio, resulta máis impreciso no caso de relevos suaves ou lixeiramente ondulados.

2. A DIVERSIDADE XEOGRÁFICA O territorio español caracterízase pola súa diversidade. A diversidade natural procede da gran variedade xeomorfolóxica, climática, vexetal e edáfica, creadora de diferentes paisaxes naturais. Esta variedade supón unha repartición desigual dos recursos naturais e, polo tanto, das actividades económicas e dos asentamentos. Así, segundo as zonas, predominan os usos do solo agrarios, industriais ou terciarios; e o poboamento rural ou urbano, xerando unha gran pluralidade de paisaxes humanas.

Escribe a información que achega o mapa sobre o espazo xeográfico español.

Referencia á situación de aprendizaxe na que podes aplicar as aprendizaxes asociadas á unidade. Que vas encontrar nesta unidade? onde se analizan os contidos fundamentais que se van traballar.

b) Unha vertente hidrográfica é o conxunto de concas cuxas augas verten ao mesmo mar. Na Península existe unha gran disimetría entre a vertente atlántica-cantábrica e a mediterránea a causa da inclinación da Meseta cara ao oeste a partir do sistema Ibérico. Así, na vertente atlántica desembocan o 69 % dos ríos peninsulares e na mediterránea, o 31 % son curtos, ao nacer en montañas próximas á costa. Teñen gran forza erosiva, dado que salvan un gran desnivel entre o seu nacemento e a súa desembocadura. Esta erosión sería aínda maior se as abas dos relevos que atravesan non estivesen protexidas pola vexetación. Os ríos cantábricos son caudalosos de réxime bastante regular grazas á abundancia e constancia das precipitacións. Aproveitando estas circunstancias e a topografía abrupta, construíronse encoros destinados á produción hidroeléctrica. Os ríos da vertente atlántica, agás os das pequenas concas galegas e andaluzas, son longos, ao nacer preto do Mediterráneo e desembocar no Atlántico. A súa forza erosiva é escasa, dado que discorren por chairas nas que apenas se afunden, pero forman barrancos nos desniveis. O seu caudal é abundante, grazas aos seus numerosos afluentes, pero o seu réxime é irregular. Presentan estiaxe no verán coincidindo co mínimo de precipitación e enchentes coas chuvias do outono da primavera. ríos da vertente mediterránea, agás o Ebro, son curtos, ao nacer en montañas próximas ao mar. Por este motivo, erosionan violentamente as abas deforestadas. O seu caudal é escaso debido ás reducidas precipitacións e o seu réxime moi irregular. Presentan acusada estiaxe no verán (moi prologada nos ríos máis meridionais) e poden sufrir enchentes catastróficas no outono orixinadas por chuvias torrenciais. Como consecuencia, foi necesario construír encoros para regularizar o caudal e subministrar auga aos núcleos de poboación, á agricultura e á industria. Na vertente mediterránea son tamén frecuentes os torrentes, cursos intermitentes que só levan auga cando chove. Gran parte do ano os seus permanecen secos.

Actividades STEM, CCL

4 Explica as causas e as consecuencias da disimetría das vertentes atlántica e mediterránea peninsulares. 5 Nomea as unidades de relevo que actúan como divisoria de augas dos ríos da vertente mediterránea. 6 Razoa causa da diferente lonxitude dos afluentes que reciben os ríos Ebro e Guadalquivir pola súa esquerda e pola súa dereita. 7 Explica influencia da disposición do relevo da topografía na extensión da conca, a lonxitude fluvial, a rede de afluentes, as pendentes e a erosión dos ríos Miño, Texo e Guadalquivir. Utiliza o mapa das concas e vertentes e 8 Traza unha liña entre o cabo Creus e a desembocadura do Guadiana e cita de NE a SO os principais ríos que atravesa, agrupados por vertentes e concas hidrográficas.

U 3

103

Actividades clasificadas por competencias para reforzar a aprendizaxe.

4
-
Vocabulario Melilla ILLAS BAL A E S ILLAS CANARIAS Mar Cantábrico M r M d i t e r r á n e o OCÉANO ATLÁNTICO OCÉANO ATLÁNTICO Ta b MIÑ Na N S Es d a DOU O TEXO TEXO al Ú UER M a hel B m z Zúja Odel d nt aó F ga R E E g a ié h T juña Al ne Gadlma T RA Mj e ra n D Ó o DO C C P a N A EB O H va M t E g u Sg H a s E ma T m E O Gu a Gua h e G nl Gad z d d z F d Cigü a G d n Cab Gu d p am Al G U A N C bon doSEGU A G A ALQ V du d ax A n Na Mi D Guad auG di o Piu Guadalquivir Texo Miño-Sil CONCAS DA VERTENTE ATLÁNTICA Segura Xúquer Ebro MEDITERRÁNEA Cantábrico CANTÁBRICA Geografía física de España. Tinto, Odiel as augas naturais que recibe un único río principal que as conduce ata o mar. Nas áreas onde son numerosas e de reducida extensión, Cantábrico ou as de Galicia Costa. Ríos Nacemento Desembocadura Afluentes Sup. conca (km (km) a ría baía de Bilbao Miño Lagoa de Fonmiñá Océano Atlántico Sil 17 757 310 Porto (Portugal) Adaja, Tormes, Pisuerga, Esla Texo Serra de Albarracín Lisboa (Portugal) Jarama, Alberche, Tiétar, Alagón 81 947 1 007 Guadiana Lagoas de Ruidera Cabeza Alta, termo de Ayamonte Jabalón, Matachel, Ardila, Zújar, Cigüela 67 500 818 Guadalquivir e de Cazorla de Barrameda Guadiana Menor, Guadajoz, Genil, Guadaíra, Guadalimar 57 421 657 Amposta Jalón, Huerva, Martín, Guadalope Xúquer Ojuelos de Valdeminguete Cullera (Valencia) Cabriel 22 145 498 cantábrica atlántica mediterránea Os datos dos ríos refírense a toda Península Ibérica, incluíndo Portugal.
11 10 SITUACIÓN DE APRENDIZAXE SECUENCIA DE APRENDIZAXE UNHA VIAXE POR ESPAÑA Os libros de viaxes foron un clásico na literatura universal. Hoxe descríbense viaxes e experiencias vividas noutros formatos ademais
de TV, canles
de libros, como programas
do proxecto. Desenvolve aspectos relacionados co espazo xeográfico e o relevo do terreo trazado no itinerario. Podes realizar un perfil topográfico deste terreo. Estuda os aspectos relacionados co clima da zona elixida. Inclúe un comentario sobre a influencia e os riscos do clima. Realiza un esquema coa hidrografía, a vexetación e o solo da zona elixida, facendo alusión en cada caso súa influencia no medio natural e na actividade humana. Fai un resumo dos aspectos paisaxísticos e de influencia da intervención da actividade humana no medio natural do itinerario. Pon en común o traballo realizado reflexionando sobre os ODS. Elabora co teu grupo o libro de viaxe e difúndeo. 6 saneamento 13 15 17 Obxectivos
42˚N 40˚N 38˚N 44˚ 29˚ 5 Cabo de Gata Cabo de Vicente 321km 316km 912km 675 km 781km 088km km Ceuta 11 O C A N O A T L Á N T C O M Medit ráneo ÁFRICA PORTUGAL Cabo de Creus (Girona) 3° 19’ 05’’ Cabo Touriñán (A Coruña) 9° 17’ 46’’ O Cabo de Barbaria (Formentera) 38° 38’ 32’’ N Lonxitude Punta de s’Esperó (Menorca) 4° 19’ 29’’ Illas Canarias 10. Punta de los Saltos (El Hierro) 27° 38’ 12’’ N Ceuta Fonte: Atlas Nacional de España. 31 30 1
SITUACIÓN
2 Calcula a porcentaxe que representa cada un dos territorios que integran España. Plasma o resultado nun gráfico. 3 A que se refire o cualificativo dado a España de país de «encrucillada»? 4 Penso, interésame, investigo... Selecciona algúns exemplos históricos das relacións establecidas entre España e os ámbitos mediterráneo, africano, atlántico e europeo. 1

Así é o teu proxecto dixital

Un proxecto que che ofrece todos os contidos do curso a través do libro activo, xunto cunha gran diversidade de recursos.

Descubre outra forma de aprender: sinxela, intuitiva e compatible con calquera plataforma e dispositivo.

Como accedes?

Tes todas as indicacións necesarias para acceder a el xunto á primeira páxina do teu libro.

1

O espazo xeográfico español.

A diversidade xeomorfolóxica

A diversidade natural e humana é o trazo máis característico do territorio español. O relevo configurouse ao longo dunha historia xeolóxica iniciada hai 650 millóns de anos. Nela, as forzas internas da Terra crearon as estruturas básicas e os axentes externos modeláronas nunha extraordinaria variedade de formas, segundo a natureza do rochedo e as condicións bioclimáticas. O resultado é a existencia de grandes conxuntos ou unidades do relevo de trazos moi diversos. O relevo supón un condicionante para outros elementos do medio natural e para as actividades humanas e entraña o risco de ocasionar catástrofes de orixe xeolóxica.

QUE VAS ENCONTRAR NESTA UNIDADE?

O espazo xeográfico español. O relevo peninsular. O relevo das illas Baleares. O relevo das illas Canarias. A influencia e os riscos do relevo. A realización e o comentario de perfís topográficos a partir dun mapa topográfico ou altimétrico e utilizando Google Earth.

Os contidos e as actividades desta unidade poden resultar de utilidade para a realización do proxecto multidisciplinario «Unha viaxe por España».

Barranco do deserto de Gebas, Murcia. 1. A COMPOSICIÓN DO TERRITORIO España é un Estado europeo situado na zona temperada do hemisferio norte. Os seus 505 987 km comprenden parte do territorio da sula Ibérica —compartido con Portugal e Andorra—, dous arquipélagos —Baleares e Canarias— e as cidades norteafricanas de Ceuta e Melilla. A España peninsular (493 516 km ) presenta unha posición orixinal tre dous continentes, Europa e África, e entre dúas masas de auga, océano Atlántico e o mar Mediterráneo. Este feito converteuna en de encrucillada natural entre diferentes medios físicos e de encrucillada xeopolítica entre pobos procedentes de Europa, África, o Mediterráneo o Atlántico. O arquipélago balear (4 992 km ) localízase no mar Mediterráneo, 300 km da costa da Comunitat Valenciana. Comprende as illas de Mallorca, Menorca, Eivissa, Formentera e Cabrera, e máis de 150 illotes. O arquipélago canario (7 447 km sitúase no océano Atlántico, 100 quilómetros das costas do NO de África. Comprende oito illas habita das: La Palma, El Hierro, La Gomera, Tenerife, Gran Canaria, Fuerteventura, Lanzarote e La Graciosa, así como algunhas illas menores. Ceuta e Melilla están na costa norte de África. Ceuta (19,6 km ) na sula de Yebala, e Melilla (12,3 km ) entre os cabos Tres Forcas e Agua. 2. A DIVERSIDADE XEOGRÁFICA O territorio español caracterízase pola súa diversidade. A diversidade natural procede da gran variedade xeomorfolóxica, climática, vexetal edáfica, creadora de diferentes paisaxes naturais.

6 6˚ 10˚ 12˚ 40˚N 38˚N 2˚ 4˚ 1 Cabo San Vicente 321km 316 km 912km 675 km 1088km km Ceuta Melilla O C É A N O A T Á N T I C O Mar Cantábrico M OCÉANO ATLÁNTICO PORTUGAL 30
Esta variedade unha repartición desigual dos recursos naturais e, polo tanto, das dades económicas e dos asentamentos. Así, segundo as zonas, predomi nan os usos do solo agrarios, industriais ou terciarios; e o poboamento rural ou urbano, xerando unha gran pluralidade de paisaxes humanas. O espazo xeográfico español SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 1

Que che ofrece?

Contén diversidade de recursos, é moito máis que unha reprodución do libro en papel.

Con eles poderás:

Exercitar actividades interactivas

Estudar resumos interactivos, esquemas...

Aprender audios, vídeos, Game Room...

Avaliar autoavaliación, portafolio...

Como é?

Unha resposta global para un ámbito educativo diverso.

Intuitivo

Fácil de usar para ti.

Multidispositivo

Adáptase e visualízase en calquera tipo de dispositivo (ordenador, tableta, smartphone...) a calquera tamaño e resolución de pantalla.

Descargable

Permíteche traballar sen conexión a Internet e descargalo en máis dun dispositivo.

Sincronizable

Os cambios que realices sincronízanse automaticamente ao conectar calquera dos dispositivos nos que esteas a usalo.

Universal

Compatible con todos os sistemas operativos, cos contornos virtuais de aprendizaxe (CVA) e coas plataformas educativas (LMS) máis utilizadas nos centros escolares.

7 40˚ 4˚ 36˚ 5 7 781km Mediter á ÁFRICA Península 43° 47’ 36’’ (Girona) 3° 19’ 05’’ L 46’’ O Illa de Sanitja des Porros (Menorca) 40° 05’ 44’’ Barbaria (Formentera) 38° 38’ 32’’ Lonxitude 7. Punta de s’Esperó (Menorca) 4° 19’ 29’’ 8. Es Vedrà (Eivissa) 1° 12’ 05’’ Latitude 9. Punta Mosegos 10. Punta de los Saltos (El Hierro) 11. 12. Punta Orchilla Ceuta 15’’ N 2° 56’ 51’’ MAPA DE COORDENADAS XEOGRÁFICAS Fonte: Atlas Nacional de España. hemisferio Penínarquipélagos Melilla. orixinal enauga, o lugar encrucillada Mediterráneo e a uns Mallorca, a uns habitaFuerteventura, penínAgua. diversidade vexetal e supón activipredomipoboamento humanas. Escribe a información que achega o mapa sobre o espazo xeográfico español. 2 Calcula a porcentaxe que representa cada un dos territorios que integran España. Plasma o resultado nun gráfico. 3 A que se refire o cualificativo dado a España de país de «encrucillada»? 4 Penso, interésame, investigo... Selecciona algúns exemplos históricos das relacións establecidas entre España e os ámbitos mediterráneo, africano, atlántico e europeo. Actividades STEM, CCL

Antes de empezar

Coñece os teus desafíos

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

COMO SON?

Son tres propostas de situacións de aprendizaxe:

• Pensadas para mobilizar coñecementos, actitudes e destrezas e fomentar o intercambio de saberes e o desenvolvemento das túas competencias.

• Comprometidas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030.

• Próximas e respectuosas co teu mundo real e as túas experiencias.

• Cunha estrutura clara e sinxela das tarefas e actividades que terás que levar a cabo.

COMO TRABALLARÁS CON ELES?

EN CADA DESAFÍO ENCONTRARÁS:

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

CONSTRUÍMOS UN PAÍS MÁIS SOSTIBLE A participación democrática é tanto un dereito como un deber, na medida en que o feito de formar parte da cidadanía dun país pode supoñer tamén exercer responsabilidades dentro das diferentes institucións, xa sexa desde as asembleas politeia da Grecia clásica, o que hoxe coñecemos como política, non senón participar na toma de decisións en busca da mellor organización e desenvolvemento da nosa sociedade. Baseándonos na Axenda 2030 das Nacións Unidas, proposta que inclúe os ODS, propoñémosche que traballedes como se fósedes un Consello de Ministros e Ministras. Desde esa perspectiva mediante reflexión sobre como o noso país, valoraredes como transformalo desde a perspectiva da sostibilidade. Traballa estes contidos considerando que o eixe debe ser poñer no centro xeración de alianzas (ODS 17), pero tendo en conta de xeito especial a erradicación da pobreza e desigualdades (ODS 1, 10), un crecemento sostible (ODS 8 ,9, 12), uns servizos públicos de calidade (ODS 3, 4, 16) e unha sociedade baseada na igual-

Organiza co grupo o plan para elaborar a guía de boas prácticas valorando como poden contribuír as institucións ao cumprimento

Elabora unha proposta de medidas sostibles sobre o espazo rural e pesqueiro, abordando a problemática de cada un destes

AO INICIO DE CADA UNIDADE ENCONTRARÁS:

O DESAFÍO O reto que che propoñemos a elaboración dunha guía de boas prácticas mediante a que poderás determinar cales serían as medidas clave para conseguir o cumprimento dos ODS e ao mesmo tempo manter o desenvolvemento económico social. Pódese levar a cabo un debate no centro de estudos sobre as medidas propostas, súa viabilidade e aquelas que se poden adoptar desde a nosa realidade concreta. Cos resultados obtidos podemos facela chegar ás institucións do noso contorno próximo, concello, etc., posibilitando novos debates ou encontros.

unha proposta de medidas sostibles sobre as fontes de enerxía a actividade problemas deste sector.

Redacta unha serie de medidas sobre a distribución, os movementos a estrutura da poboación, abordando como será no futuro, e encamiñadas paliar as desigualdades. 1

3 5 Igualdade 8 crecemento

PARA LEVAR A CABO O DESAFÍO E REVISAR AS COMPETENCIAS

Poñer as prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática.

Expresar ideas, opinións e emocións con creatividade e espírito crítico. Participar, colaborar e interactuar e compartir contidos, datos e información. Adquirir unha conciencia cidadá responsable comprometida. Para avaliar as competencias que traballaches e o desempeño do teu grupo no proxecto, cubre a rúbrica que podes encontrar en anayaeducacion.es

Pon en común o traballo realizado Elabora a guía de boas prácticas difúndea.

• Un texto motivador que che descubrirá un marco de desafíos relacionados coas unidades do trimestre.

• A proposta dunha situación de aprendizaxe vinculada a varios ODS.

• A secuencia de aprendizaxe da situación proposta.

e das precipitacións mensuais ao longo do ano. Fonte dos datos se se coñece. Lugar ao que corresponde climograma altitude, se constan. 2. Análise das precipitacións 2.1. Total anual (entre 500 e 300) Clima mediterráneo costeiro ou continentalizado. subdesértico ou estepario. segundo o número de meses precipitación). maior e menor precipitación. Regular: ningún mes seco. Bastante regular: máximo de meses secos. Clima oceánico de transición cara ao mediterráneo Irregular: máis de 2 meses secos. Clima mediterráneo costeiro Moi irregular: máis de Clima mediterráneo subdesértico ou estepario. 2.3. Forma Chuvia ou neve. A posibilidade de neve existe cando temperatura media dos meses do inverno inferior ou próxima 0 C.

U 3. Análise das temperaturas 3.1. Temperatura media anual Fresca: entre 10  C 12,5  C. Situación máis setentrio(submeseta norte). entre 12,5-15  Bordos do val do Ebro. Submeseta sur agás Estremadura Andalucía oriental. Cálida: Centro do val do Ebro. Alta: > 17  C. Centro do val do Guadalquivir. Costas mediterránea e suratlántica. Canarias (agás as zonas altas). 3.2. Amplitude térmica Moderada: entre 12  C e 15-16 C Alta: 16-18  C. 3.3. Temperatura do verán algún mes con temperatura media 3.4. Temperatura do inverno Suave: temperatura media do mes máis frío 10  C. Moderado: temperatura media do mes máis frío entre 10  C e 6  C. temperatura media do mes máis frío entre 6  4. Análise da aridez 4.1. Aridez mensual Índice

de Gaussen: un mes é árido se: Entre e meses áridos: clima oceánico. Máis de dous meses áridos: climas mediterráneos. Índice de De Martonne: Temperatura media anual + 10

5-10: estepario. 10-20 semiárido.

Clasificación do clima Analizadas as precipitacións, as temperaturas e aridez, hai que establecer: Os factores xeográficos e atmosféricos que o explican: latitude, relevo, distancia ao mar, anticiclóns,

6. Localización xeográfica do clima

7. Influencia humana

Determinado o tipo de clima, hai que situalo xeograficamente, tendo en conta: A amplitude térmica, que indica a posición na costa ou no interior. As temperaturas do inverno do verán, que indican a súa situación setentrional, central ou meridional.

Finalmente, pode analizarse influencia do clima concreto noutros Elementos do medio natural, como vexetación, augas solo. Actividades humanas, como poboación, agricultura, produción enerxética e turismo.

• Unha referencia á situación de aprendizaxe correspondente.

8
Realiza unha proposta sector dos servizos tendo en conta economía dixital, a
Técnica II Elaboración e comentario dun climograma temperaturas medias mensuais e as precipitacións dun lugar ao longo do 1. Elaboración Sobre unha folla de papel milimetrado trázase un eixe horizontal esquerda e dereita deste dous eixes verticais. no centro do espazo. No eixe vertical da esquerda sitúanse as temperaturas medias mensuais C, de 5  C. Os valores represéntanse mediante puntos colocados no centro do espazo correspondente cada mes. Se a temperatuNo eixe vertical da dereita sitúanse as precipitacións mensuais a dobre valor que os graos de temperatura (de 10 en 10 mm). Os valores represéntanse mediante barras que ocupan todo o espazo correspondente a cada mes. O climograma debe completarse cun título; a indicación da altitude; a temperatura media anual (media das temperaturas medias mensuais); o total de precipitacións (suma das precipitacións mensuais). Tamén debe incluírse fonte dos datos, se se coñece.
Ficha para comentario a clasificación dos climas de España Gráfico que mostra distribución das temperaturas medias mensuais

CALES SON?

• Unha viaxe por España, para as unidades 1, 2, 3 e 4.

• Construímos un país máis sostible, para as unidades 5, 6, 7 e 8.

• Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, para as unidades 9, 10, 11 e 12.

E ADEMAIS EN ANAYAEDUCACION.ES

• Aquelas explicacións que resulten necesarias para abordar cada paso da secuencia de aprendizaxe.

• Unha reflexión sobre os avances realizados na situación de aprendizaxe ao longo de cada unidade.

• Unha proposta de avaliación das túas competencias para cada unidade, que poderás descargar de anayaeducacion.es

• Tarefas de comunicación e de compromiso social relacionadas con algún aspecto traballado na situación de aprendizaxe.

• Outras propostas de desafíos que che poden interesar.

• Propostas de instrumentos de diagnóstico, descargables de anayaeducacion.es, para que autoavalíes a planificación das tarefas e o desenvolvemento do traballo en equipo ao longo de toda a secuencia de aprendizaxe.

• Unha rúbrica do perfil de saída, descargable de anayaeducacion.es, para autoavaliar a adquisición de competencias alcanzada coa situación de aprendizaxe.

9

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

UNHA VIAXE POR ESPAÑA

Os libros de viaxes foron un clásico na literatura universal. Hoxe descríbense viaxes e experiencias vividas noutros formatos ademais de libros, como programas de TV, canles de YouTube ou blogs. Desde Hieronymus Münzer na súa Viaxe por España e Portugal (século xv), pasando pola serie de TVE de José Antonio Labordeta Un País en la Mochila, ata os blogs de viaxes de hoxe, permitiron coñecer o espazo xeográfico e gozar do espazo humano e natural que nos pode ofrecer cada lugar da nosa xeografía.

A ONU, nos últimos anos, propuxo a súa Axenda 2030 baseada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), para reflexionar sobre a situación do mundo actual e ser capaces de melloralo. Así pois, queremos que traballes o desafío que che propoñemos a través deste prisma, para que a reflexión sobre como é o noso mundo te leve a transformalo desde a perspectiva da sostibilidade.

Traballa estes contidos tendo en conta os ODS 6 (Auga limpa e saneamento), 13 (Acción polo clima), 15 (Vida de ecosistemas terrestres) e 17 (Alianzas para lograr os obxectivos).

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Organiza co grupo o plan para a elaboración do libro de viaxe. Deseña o itinerario a seguir e elixe o medio de transporte e o formato de elaboración e difusión do proxecto.

Unidade 1

Desenvolve aspectos relacionados co espazo xeográfico e o relevo do terreo trazado no itinerario. Podes realizar un perfil topográfico deste terreo.

Estuda os aspectos relacionados co clima da zona elixida. Inclúe un comentario sobre a influencia e os riscos do clima.

Unidade 2

10
6 Auga limpa e saneamento 13 Acción polo clima 15 Vida de terrestresecosistemas 17
Alianzas
para LOGRAR OS OBXECTIVOS

O DESAFÍO

Elabora un libro de viaxe en grupos de tres no que describas os principais trazos do espazo natural dunha zona de España elixida, a súa influencia no ser humano e a incidencia da actividade humana en cada un deses espazos.

Escolle un medio de transporte para a viaxe, explica o porqué tendo en conta a mobilidade, o tempo a empregar, etc. Para o deseño do itinerario podes utilizar aplicacións como Visme, Canva, Genially... O formato que se elixa para a difusión do libro de viaxes depende do grupo, desde un traballo escrito, a un diario tipo blog, redes sociais tipo Facebook, Instagram, canle de YouTube...

PARA LEVAR A CABO O DESAFÍO E REVISAR AS COMPETENCIAS

• Realizar buscas avanzadas en Internet.

• Utilizar o coñecemento científico para entender e explicar os diferentes fenómenos do mundo que nos rodea.

• Trazar e desenvolver proxectos de forma colaborativa.

• Adquirir unha conciencia cidadá responsable e comprometida coa igualdade e o desenvolvemento sostible.

• Para avaliar as competencias que traballaches e o desempeño do teu grupo no proxecto, cubre a rúbrica que podes encontrar en anayaeducacion.es

Realiza un esquema coa hidrografía, a vexetación e o solo da zona elixida, facendo alusión en cada caso á súa influencia no medio natural e na actividade humana.

Unidade 3

Fai un resumo dos aspectos paisaxísticos e de influencia da intervención da actividade humana no medio natural do itinerario.

Unidade 4

Pon en común o traballo realizado reflexionando sobre os ODS. Elabora co teu grupo o libro de viaxe e difúndeo.

11

Introdución ao coñecemento xeográfico

A xeografía e o espazo xeográfico

1. A XEOGRAFÍA

A palabra xeografía procede dos termos gregos ge (Terra) e graphein (representar e describir). Significa, polo tanto, representación e descrición da Terra.

O obxecto do seu estudo é o espazo xeográfico, que no seu sentido máis amplo comprende toda a superficie terrestre. Este espazo está constituído polos elementos naturais que compoñen o medio físico, estudados pola xeografía física (relevo, clima, augas, vexetación, solo); e pola intervención humana sobre o medio, estudada pola xeografía humana (poboamento e actividades económicas agrarias, industriais e terciarias).

Todos estes fenómenos son tratados tamén por outras ciencias, como a xeomorfoloxía, a climatoloxía, a botánica, a edafoloxía, o urbanismo ou a economía. O que diferencia a xeografía é o seu enfoque, xa que os estuda de forma interrelacionada no espazo; localízaos; represéntaos; descríbeos, analízaos e explícaos; critica os aspectos negativos; e propón posibilidades de intervención para transformalos a través da planificación territorial.

Polo tanto, a xeografía actual é moito máis que a representación e a descrición da Terra: é unha ciencia explicativa, de compromiso social, e aplicada.

2. O ESPAZO XEOGRÁFICO E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS

Existe un acordo xeral sobre a consideración da xeografía como ciencia do espazo. Entre as características do espazo xeográfico poden sinalarse as seguintes:

a) É localizable. Todos os puntos do espazo poden localizarse na superficie terrestre polas súas coordenadas xeográficas.

b) É representable. O espazo pode cartografarse ou representarse mediante mapas.

c) Resulta das relacións entre o medio físico e as sociedades humanas, plasmadas visualmente na paisaxe. O medio físico está constituído polos elementos naturais e pode poñer obstáculos ou favorecer a presenza e as actividades humanas. Á súa vez, o ser humano, coa súa presenza e actividades, transforma o medio físico en función das súas necesidades e do seu desenvolvemento tecnolóxico.

O reflexo visible destas interrelacións entre o medio físico e as sociedades humanas é a paisaxe xeográfica.

• A paisaxe natural resulta exclusivamente da interrelación entre os elementos do medio físico; a intervención humana non existe ou é mínima.

• A paisaxe humanizada, social ou cultural é un produto social; é dicir, o resultado da modificación do medio físico pola presenza e as actividades das sociedades humanas. A diversidade destas sociedades e actividades dá lugar a paisaxes humanizadas moi variadas: agrarias, urbanas, industriais, turísticas, etc. E a modificación que estas actividades introducen no medio natural pode facerse á custa de destruílo, sobreexplotalo ou contaminalo;

O espazo xeográfico resulta das interaccións entre o medio físico e as actividades humanas. O resultado visual destas interaccións constitúe a paisaxe.

Parque nacional da Serra de Guadarrama. 16

ou dentro dos principios do desenvolvemento sostible, conxugando o aproveitamento co uso racional dos recursos e o respecto ao medio.

d) O espazo xeográfico é diferenciado, pero pode organizarse en conxuntos homoxéneos. Calquera espazo da Terra é único (non hai dúas cidades iguais, dúas montañas iguais, etc.), pero existen espazos con certa homoxeneidade física ou humana. Por exemplo, as paisaxes de clima oceánico ou as paisaxes industriais maduras teñen certa homoxeneidade, que permite caracterizalas e establecer comparacións con outros espazos. De acordo con isto, e segundo o criterio elixido, calquera territorio da Terra pode pertencer a varios espazos homoxéneos.

e) Cada espazo sepárase dos demais por áreas de transición. Así, en cada espazo diferénciase unha área central onde aparecen con claridade os trazos que o personalizan e unhas marxes onde os trazos propios se van esvaecendo ata confundirse cos dos espazos circundantes.

f) O espazo xeográfico é cambiante e evoluciona, pois as relacións entre o ser humano e o medio varían segundo as épocas e o desenvolvemento tecnolóxico. Non obstante, cada espazo conserva sinais do seu pasado que permiten refacer a súa evolución. Por exemplo, as cidades actuais conservan restos de épocas pasadas.

g) O espazo xeográfico pode describirse, analizarse, explicarse e interpretarse a diferentes escalas: local, rexional, mundial. Estas escalas son interdependentes: os fenómenos locais ou rexionais vense afectados polos procesos mundiais e as respostas dadas a estes varían segundo as condicións dos espazos locais ou rexionais.

17

Os procedementos xeográficos

As tarefas máis habituais da xeografía son a localización, a representación e a explicación do espazo xeográfico. Para iso, os xeógrafos utilizan diversas ferramentas ou procedementos, como a rede xeográfica, a elaboración de mapas e o manexo de fontes de información de diferentes tipos.

1. A LOCALIZACIÓN DO ESPAZO XEOGRÁFICO. A REDE XEOGRÁFICA

A localización de calquera punto sobre a superficie terrestre realízase trazando unha rede xeográfica e calculando as súas coordenadas xeográficas.

a) A rede xeográfica é un conxunto de liñas imaxinarias —os paralelos e os meridianos— que serven como referencia para a localización xeográfica.

Rede xeográfica

Paralelos Meridianos

Os paralelos son círculos perpendiculares ao eixe terrestre. O paralelo principal ou paralelo 0° é o ecuador, que divide a Terra en dous hemisferios, norte e sur.

Os meridianos son semicírculos que van de polo a polo. O meridiano principal ou meridiano 0° é o que pasa por Greenwich, localidade inglesa próxima a Londres.

PARALELOS MERIDIANOS

Círculo polar ártico (66º33’N)

Trópico de Cáncer (23º27’N)

Ecuador (0º)

Trópico de Capricornio (23º27’S)

Círculo polar antártico (66º33’S)

O sabio grego Eratóstenes de Cirene (276-194 a. C.) fixo a primeira medición atinada do diámetro da Terra e elaborou un mapa do mundo coñecido onde aparecía unha rede irregular de paralelos e meridianos. Pero foi o astrónomo grego Hiparco de Nicea (190-120 a. C.) o primeiro que dividiu a Terra nunha rede regular de paralelos e meridianos. Nesa rede, o paralelo 0° sempre se situou no ecuador, pero o meridiano 0° era unha convención.

A tradición cartográfica situábao en Canarias, por ser o extremo máis occidental do mundo coñecido. Logo, durante os séculos xvii e xviii, cada país adoptou o meridiano que pasaba polos seus observatorios astronómicos principais, como o de París ou o de Madrid. En 1884 acordouse usar como meridiano universal o de Greenwich, aínda que algúns países, como España, seguiron usando os seus meridianos nacionais moito tempo despois.

18
Meridiano de Greenwich (0º) Meridiano de Greenwich (0º)

b) As coordenadas xeográficas son un sistema de referencia baseado na rede xeográfica que permite localizar calquera punto na Terra, determinando a súa latitude e a súa lonxitude.

A latitude é a distancia angular (medida en graos) desde calquera punto da Terra ao ecuador. Pode ser norte ou sur.

A lonxitude é a distancia angular desde calquera punto da Terra ao meridiano 0° ou de Greenwich. Pode ser leste ou oeste.

Xeoposicionamento e dispositivos móbiles

Na actualidade, as técnicas de xeoposicionamento por satélite permiten determinar con exactitude a posición xeográfica dunha persoa ou obxecto sobre a superficie terrestre, especificando a súa latitude e a súa lonxitude.

Os xeógrafos empregan a información xeorreferenciada nos sistemas de información xeográfica para elaborar mapas de alta precisión.

E as persoas utilizan dispositivos móbiles dotados de GPS ou sistema de posicionamento global para determinar a súa posición. Para iso, o dispositivo conéctase automaticamente a tres satélites, que determinan a súa posición por triangulación. A partir de aí, e usando diferentes aplicacións, poden obterse utilidades, como a navegación cara a un lugar de destino, ou compartir a situación con outras persoas.

Por exemplo, as coordenadas xeográficas da cidade de Murcia no mapa son 38° N e 1° O.

Paralelo Meridiano 0˚ 2˚O 4˚O 6˚O 8˚O 7˚O 42˚N 40˚N 38˚N 36˚N 42˚N 40˚N 38˚N 36˚N 2˚L 4˚L 18˚O 16˚O 14˚O 28˚N GALICIA PAÍS VASCO NAVARRA COMUNIDADE DE MADRID CASTELA E LEÓN CASTELAA MANCHA ILLAS BALEARES COMUNIDADE VALENCIANA REXIÓN DE MURCIA ANDALUCÍA CIDADE DE CEUTA CIDADE DE MELILLA COMUNIDADE DE CANARIAS CATALUÑA CANTABRIA PRINCIPADO DE ASTURIAS ESTREMADURA ARAGÓN A RIOXA Santa Cruz de Tenerife Las Palmas de Gran Canaria Santiago de Compostela Oviedo Santander Valencia Palma * Valladolid Madrid Mérida Sevilla Murcia Toledo Barcelona Pamplona * VitoriaGasteiz Logroño Zaragoza * Capital ou sede dalgunhas institucións autonómicas Capital de comunidade autónoma Escala 1 : 10 000 000 0 100 300 km 200
Introdución ao coñecemento xeográfico/procedementos xeográficos
Latitude e lonxitude
Latitude e lonxitude Paralelos Meridianos Meridiano 0 Lonxitude leste Lonxitude oeste Ecuador L a t i t u de norte dutitaL e s u r Polo Norte Polo Sur 60º norte 80º leste 80º 60º 40º 20º 0º 20º 60º Lonxitude Latitude 40º 80º 100º Polo Norte Polo Sur

2. A REPRESENTACIÓN DO ESPAZO. A CARTOGRAFÍA

A representación do espazo xeográfico realízase mediante a cartografía ou elaboración de mapas. Un mapa é a representación da superficie esférica da Terra sobre un plano, a tamaño reducido e de forma simplificada. Polo tanto, a realización dun mapa require un sistema de proxección que posibilite representar unha superficie esférica nun plano; unha escala que permita reducir o tamaño mantendo as proporcións; e uns signos, símbolos e cores para representar a realidade de forma simplificada.

2.1. O sistema de proxección

Un sistema de proxección é un método que permite trasladar a rede de paralelos e meridianos da Terra a un plano ou a unha superficie que poida desenvolverse sobre un plano (un cono ou un cilindro). Todos os sistemas de proxección deforman a realidade e, en cada caso, debe elixirse o máis apropiado. Os tres tipos principais de proxeccións son cilíndrica, cónica e sobre un plano (polar ou acimutal).

Proxección cilíndrica

Traslada os meridianos e os paralelos a un cilindro.

Proxección cónica

Traslada os meridianos e os paralelos a un cono.

O resultado é un mapa rectangular no que os meridianos e os paralelos son liñas rectas e perpendiculares entre si. É o mellor para representar as latitudes baixas.

O resultado é un mapa en abano no que os meridianos son raios que converxen cara ao polo e os paralelos son arcos do círculo. É o mellor para representar as latitudes medias.

Proxección polar ou acimutal

Traslada os meridianos e os paralelos a un plano que toca a Terra nun dos polos.

Meridianos Paralelos

O resultado é un mapa redondo no que os meridianos son raios que converxen cara ao polo e os paralelos son círculos. É o mellor para representar as latitudes altas.

20
Meridianos Paralelos Meridianos Meridianos Paralelos

2.2. A escala

Nun mapa, os datos represéntanse sempre cun tamaño moito menor que o real, pero mantendo as proporcións; é dicir, están realizados a escala. A escala é a relación matemática entre as medidas do mapa e as reais.

A escala gráfica é unha liña recta dividida en segmentos que indica a medida real en quilómetros ou metros. Para calcular unha distancia usando a escala gráfica, hai que medir coa regra a totalidade da escala gráfica e calcular a distancia real mediante unha regra de tres.

Por exemplo, no mapa da páxina 19, cal é a distancia entre Zaragoza e Mérida?

Lonxitude de toda a escala gráfica: 3,4 cm (= 300 km)

Distancia Zaragoza-Mérida: 6 cm 3,4 cm no mapa → 300 km na realidade 6 cm → x x = 6 × 300 3,4 = 529,4 km

A escala numérica é unha fracción que expresa a relación entre unha unidade de medida do mapa e a realidade. Por exemplo, no mapa anterior, a escala numérica é 1: 10 000 000. Quere dicir que 1 cm do mapa equivale a 10 000 000 cm ou 100 quilómetros na realidade. Por exemplo, cal é a distancia entre Barcelona e Sevilla? Distancia Barcelona-Sevilla: 8,7 cm

1 cm no mapa → 1: 10 000 000 cm = 100 km na realidade

8,7 cm → x

x = 8,7 × 100

1 = 870 km

O denominador da escala indica cantas veces reducimos a realidade. Polo tanto, a escala será maior canto menor sexa o denominador. Os mapas a grande escala (denominador menor que 10 000) denomínanse planos e permiten estudar o espazo xeográfico cartografado con gran detalle. Para a súa elaboración non se empregan sistemas de proxección, xa que, ao cartografar espazos reducidos, a curvatura da superficie terrestre é mínima, polo que se considera plana.

2.3. Os signos e os símbolos dos mapas

A representación da realidade nun mapa faise de forma simplificada, utilizando cores, signos (puntos, liñas, figuras xeométricas) e símbolos (figuras evocadoras do obxecto que representan). O seu significado explícase na lenda do mapa.

Algúns, os signos convencionais, tenden a ser os mesmos en todos os mapas para facilitar a súa interpretación; por exemplo, representar as augas en cor azul.

21 Introdución ao coñecemento xeográfico/procedementos xeográficos
Escala gráfica Escala numérica 0 10 20 30 A ESCALA GRÁFICA Quilómetros 0 200 400 600 Metros 0 5 10 Metros A ESCALA NUMÉRICA 1: 10 000 000 1 10 000 000 numerador denominador
A LENDA Estrada comarcal Vila, aldea ou lugar Poboación importante Capital C-634 N-IV K.54 Estrada local Estrada particular, pista Camiño de carro Autoestrada AP-7 A-2 AP-7 Autoestrada en construción Autovía Estrada nacional Senda Vía pecuaria Ferrocarril electri cado Quilómetro de vía de ferrocarril Ríos permanentes Ríos intermitentes Lago, lagoa Límite de estado + – – + Límite de provincia Canteira Cemiterio Edi cio illado Curral Depósito a nivel do solo Liña eléctrica Piscina Pozo Muro Coníferas Curva altimétrica Límites de usos do solo Terreos claros con árbores Vilalba Abadín LUGO Límite de municipio

3. AS FONTES DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA

Para obter información sobre o espazo xeográfico, utilízanse distintas fontes:

Segundo a súa procedencia

Directas, cando son obtidas polo propio xeógrafo mediante observacións de campo, enquisas e entrevistas.

Indirectas, cando as elaboran outras persoas e o xeógrafo é un usuario delas.

Fontes cartográficas: mapas básicos e temáticos e planos. Os mapas poden reunirse en conxuntos denominados atlas.

Fontes gráficas: gráficos de barras, lineais e de sectores.

Fontes estatísticas: bases de datos, anuarios.

Fontes escritas: libros, informes, artigos, ensaios, prensa.

Segundo a súa tipoloxía

Fontes visuais e audiovisuais: vídeos, películas, diapositivas, fotografías e imaxes.

Fontes informáticas: o sistema de información xeográfica —SIX— é un método de alta tecnoloxía, integrado por equipos e programas informáticos. Úsase para capturar, almacenar, manipular e analizar información xeorreferenciada, é dicir, localizada con precisión nun mapa dixital mediante as súas coordenadas. A base de datos dun SIX almacena a información referida a cada territorio en capas temáticas independentes (relevo, solo, clima, asentamentos, infraestruturas). Así, o xeógrafo pode estudar cada información por separado, ou superpoñelas e relacionalas para obter nova información. Esta técnica resulta moi útil para a planificación territorial, porque permite simular diversas opcións e elixir a máis adecuada.

Pautas para o comentario de fontes xeográficas

1. COMENTARIO DE MAPAS

Hai dous tipos de mapas: básicos e temáticos.

Mapas básicos

Mapas temáticos

Obtéñense de medicións directas da superficie terrestre realizadas mediante diversos procedementos, como fotografías aéreas ou imaxes de satélite. Os máis utilizados son os mapas topográficos, como o Mapa Topográfico Nacional.

Obtéñense a partir dos mapas básicos e representan un fenómeno xeográfico concreto (relevo e augas, áreas turísticas, cidades).

1.1 O Mapa Topográfico Nacional (MTN)

Representa os aspectos físicos e humanos principais dunha zona do territorio nacional. O comentario dunha folla do MTN inclúe:

Identificación do tipo de fonte: cartografía básica.

Identificación da folla: número da folla, nome, edición e data.

Localización da folla a partir das coordenadas xeográficas indicadas no marco da folla: lonxitude (nos bordos superior e inferior) e latitude (nos bordos esquerdo e dereito).

Aspectos xerais

Identificación do sistema de proxección: o MTN utiliza a proxección cilíndrica (Universal Transversa Mercator).

Indicación da escala: as follas do MTN están realizadas a escala 1: 50 000 ou 1: 25 000 e inclúen a escala gráfica e a numérica.

Identificación dos signos da lenda. Poden ser puntuais (unha canteira), lineais (unha estrada) ou zonais se ocupan unha área (cultivos). O colorido dos signos máis frecuentes adoita corresponder a convencións usadas na maioría dos mapas: azul para as augas, verde para a vexetación.

22
Vías de comunicación SISTEMA DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA Núcleos de poboación Usos do solo Rede uvial Altitudes

Aspectos físicos

O relevo. Represéntase nos mapas topográficos mediante curvas de nivel, liñas en cor sepia, que unen os puntos situados á mesma altitude e trázanse de 10 en 10 ou de 20 en 20 metros. Cada 50 ou 100 metros, a curva de nivel é de maior grosor (curva mestra) e indica a altitude. Canto máis xuntas están as curvas de nivel, maior é a pendente do terreo. Tamén poden sombrearse os espazos entre as curvas de nivel para dar maior tridimensionalidade ao relevo. Convén analizar as características topográficas xerais e os principais elementos e formas do relevo: mesetas, montañas, outeiros, vales, altitudes máximas e mínimas, pendentes, etc.

A hidrografía represéntase en cor azul. Hai que indicar os tipos de augas naturais que aparecen, mariñas e continentais (ríos, regueiros, torrentes, lagos, lagoas), e as infraestruturas hidráulicas (presas, pozos e canles de rega, de trazado máis xeométrico que o dos ríos). E relacionar as augas coa presenza de asentamentos humanos ou posibles aproveitamentos (regadío, produción hidroeléctrica).

A vexetación natural indícase na lenda. Hai que identificala e relacionala co relevo, a hidrografía, o clima e o aproveitamento humano.

O clima. Pode deducirse de certos aspectos físicos (tipo de vexetación e augas) ou humanos (a existencia ou non de certos aproveitamentos agrarios).

O solo. Poden razoarse algúns trazos, como o espesor, en función do relevo e da cobertura vexetal (solos delgados nas pendentes e zonas desprovistas de vexetación e máis profundos nos fondos dos vales e nas áreas con cuberta vexetal); e a fertilidade (segundo o seu aproveitamento agrario).

O poboamento. Pode ser rural (disperso, concentrado, intercalar) ou urbano. En cada caso deben indicarse a súa localización concreta, a situación respecto ao contorno, o plano (lineal, apiñado, irregular, ortogonal, radiocéntrico) e a trama (pechada ou aberta).

Aspectos humanos

Os usos do solo. Usos agrarios (agrícolas, gandeiros e forestais). Usos industriais (deducibles da presenza de signos como canteiras, minas, fábricas, polígonos, liñas eléctricas, etc.). E usos terciarios, como as infraestruturas hidráulicas; os transportes (tipos, categoría, densidade e trazado en relación coa topografía e o hábitat) e outros (instalacións de ocio; equipamentos).

Análise da toponimia. Os nomes dos lugares proporcionan información complementaria sobre as características físicas ou sobre as actividades económicas pasadas e presentes. Poden referirse ao relevo (Berrocal), hidrografía (Río Sequillo), vexetación (Los Robles), actividades agrícolas (La Pomarada), gandeiras (Las Mestas) ou outras (La Mina).

Coordenadas: lonxitude

Estradas

Hidrografía

Vexetación

Coordenadas: latitude

Poboamento

Sistema de proxección

Escalas grá ca e numérica

Signos da lenda puntuais e lineais

Estradas

Ferrocarrís

Hidrografía

Límites administrativos

Signos da lenda zonais

Vexetación

Usos agrarios

23 Introdución ao coñecemento xeográfico/procedementos xeográficos
Relevo Curvas de nivel
Nome
Edición e data
Número de folla
Curva mestra Altitude da curva mestra Altitude do cumio

1.1 Os mapas temáticos

1.2.1 Os mapas temáticos e os seus tipos Os mapas temáticos cartografan fenómenos xeográficos concretos. Poden ser:

Cualitativos Cuantitativos

Se representan fenómenos xeográficos non medibles (rochedo, minas).

Se representan o valor de fenómenos xeográficos medibles (temperatura, densidade de poboación).

Nos dous casos, a información pode mostrarse mediante superficies, liñas, figuras ou diagramas.

a) Mapas de superficies

Representan fenómenos xeográficos que se estenden no espazo

Representan a superficie ocupada por fenómenos xeográficos cualitativos mediante cores independentemente das divisións administrativas (clima, vexetación, solo, usos agrarios).

Por exemplo, a distribución da vexetación.

Representan fenómenos xeográficos cuantitativos en divisións territoriais establecidas (países, provincias, municipios), mediante cores ou tramas de intensidade proporcional á cantidade que representan.

Por exemplo, a poboación anciá.

Representan fenómenos xeográficos cuantitativos, cambiando a superficie real dos espazos para facela proporcional ao feito que cartografan e xeometrizando as formas para poder calcular o seu valor.

Por exemplo, o tamaño das comunidades faise proporcional ao seu PIB.

PRINCIPADO DE ASTURIAS

GALICIA

PAÍS VASCO CATALUÑA

C. FORAL DE NAVARRA CANTABRIA A RIOXA ARAGÓN COMUNIDADE VALENCIANA

CASTELA E LEÓN COMUNIDADE DE MADRID

ILLAS BALEARES

A distribución da vexetación represéntase mediante cores que ocupan a área onde se localizan as diferentes formacións vexetais, independentemente das divisións administrativas.

E MÁIS ANOS). 2022

A porcentaxe de poboación anciá nas provincias españolas represéntase mediante cores de maior intensidade canto máis alta é a porcentaxe de envellecemento.

CASTELA-A MANCHA REXIÓN DE MURCIA ESTREMADURA ANDALUCÍA CANARIAS

CEUTA E MELILLA

PIB POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS Mil millóns de euros

O tamaño das comunidades autónomas é proporcional ao PIB, non á súa superficie real.

24
Ceuta
ILLASBALEARES ILLAS CANARIAS
Mar Cantábrico M a r M e d i t e r r á n e o OCÉANO ATLÁNTICO Carballo
Sobreira Palmeira anana Aciñeira Caxigo e piñeiro negral Faia Carrasca Cardón,
Xesta e violeta
Teide VEXETACIÓN EN ESPAÑA Abeto branco Cerquiño 0 100 200 300 km
Corocromáticos De coropletas Anamórficos ou distorsionados
Melilla
OCÉANO ATLÁNTICO
Laurisilva e faial-breixeira Plantas de marismas Piñeiro canario Piñeiro piñoneiro Matogueira mediterránea
tabaiba, drago, palmeira e sabina
do
25,6 29,9 28,2 27,3 26,6 22,9 27,2 23,1 26,7 25,6 24,7 24,1 22,7 24,1 23,9 23,2 23,7 23,1 21,7 21,9 21,5 20,6 18,2 18,3 20,5 20,3 20,1 20,2 19,7 19,7 20,0 19,8 19,6 19,6 19,3 18,6 18,2 18,0 17,4 17,6 17,3 16,4 15,4 16,3 16,3 15,4 12,6 11,2 18,5 23,6 31,9 31,7 Fonte: INE.
(65
Media nacional:
de 18 % De 18 a 20 % De 20 a 22 % Máis de 22 %
PORCENTAXE DE POBOACIÓN ANCIÁ
20 Menos
Fonte: INE.

b) Mapas de liñas

Representan fenómenos xeográficos lineais (ríos, divisións administrativas), redes ou conexións entre lugares (redes de transporte) e fluxos ou movementos mediante frechas (migracións). Se indican cantidade, o grosor das liñas ou frechas debe ser proporcional a ela. As liñas tamén se empregan para unir puntos co mesmo valor dun fenómeno, caso dos mapas de isoliñas. Por exemplo, o mapa de isotermas.

c) Mapas de figuras

Localizan fenómenos xeográficos puntuais, mediante símbolos ou figuras xeométricas (cidades, minas). Se indican cantidade, o tamaño da

d) Mapas de diagramas

Superpoñen a un mapa diagramas ou gráficos (de barras, de sectores, etc.) para mostrar a súa información sobre o espazo correspondente. Por exemplo, un gráfico dos tipos de mercadoría de cada porto.

TEMPERATURA MEDIA ANUAL (ºC)

Menos de 7,5 (Moi baixa)

De 7,5 a 10 (Baixa)

De 10 a 12,5 (Fresca)

De 12,5 a 15 (Moderada)

De 15 a 17,5 (Cálida)

Máis de 17,5 (Alta)

O mapa de isotermas utiliza liñas para unir os puntos coa mesma temperatura.

O espazo entre as liñas coloréase para facilitar a lectura do mapa.

1.2.2 Comentario de mapas temáticos

O comentario debe seguir estes pasos:

Aspectos xerais

ÁREAS URBANAS POR TAMAÑO

A proporción entre os tipos de mercadoría do tráfico portuario represéntase mediante un gráfico circular localizado sobre o porto correspondente.

As cidades represéntanse mediante cadrados, cuxo tamaño é proporcional ao do seu número de habitantes.

• Identificación do tipo de fonte: mapa temático.

• Fenómeno xeográfico que representa (relevo, densidade de poboación, etc.). Hai que fixarse no título do mapa e a súa lenda.

• Espazo xeográfico ao que se refire e data.

• Fonte de procedencia dos datos, se consta.

Comentario

• Definición do fenómeno xeográfico representado.

• Características da súa localización ou distribución: diferenciación de áreas e características de cada unha delas.

• Explicación do fenómeno xeográfico utilizando os coñecementos que se teñen sobre el: causas e consecuencias da distribución.

• Outros comentarios se procede: comparación con outros países ou espazos do contorno; previsible tendencia futura.

25 Introdución ao coñecemento xeográfico/procedementos
xeográficos
2020 5 000 Miles de habitantes 1 500 1 000 500 250 50
(miles de hab.)
capitais de
con poboación
hab. Fonte: MITMA.
Poboación
as
provincia
inferior a 50 000
Graneis líquidos Graneis sólidos Contedores Millóns de toneladas Outra mercadoría xeral Millóns de toneladas TRÁFICO DOS PRINCIPAIS PORTOS ESPAÑOIS EN 2019 2,5 5 20 40 33,61 Fonte: MITMA. 13,42 1,32 4,16 5,09 6,56 2,51 11,17 17,38 35,45 32,71 20,70 16,51 80,76 34,37 2,90 8,29 3,52 33,61 4,34 1,73 0,86 104,85 4,35 65,94 3,20 24,14 12,42 Vigo A Coruña Ferrol-San Cibrao Avilés Xixón Santander Bilbo/Bilbao Pasaia Barcelona Tarragona Castelló de la Plana Valencia Alacant Cartaxena Marín e Ría de Pontevedra Melilla Ceuta Vilagarcía Almería-Motril Baía de Alxeciras Baía de Cádiz Huelva Baleares Málaga Sevilla Santa Cruz de Tenerife Las Palmas de Gran Canaria

2. COMENTARIO DE DATOS ESTATÍSTICOS

Os datos estatísticos expresan o valor numérico dunha ou de varias variables (fenómenos medibles).

Poden presentarse en forma de táboas estatísticas ou de gráficos.

2.1 As táboas estatísticas e os gráficos

a) Unha táboa estatística é unha serie numérica que informa sobre o valor dunha ou de varias variables. Os seus datos permiten facer cálculos e utilizalos para confeccionar mapas ou gráficos.

Os tipos de táboas poden ser:

Simple

Múltiple

Se só mostran o valor dunha variable. Se mostran o valor de varias.

b) Un gráfico é unha representación do valor numérico dunha ou máis variables. Esta representación pode facerse ao longo do tempo, ou en comparación ou en proporción con outras variables.

De aí derivan os tres tipos principais de gráficos:

Gráfico lineal

Utiliza liñas para mostrar a evolución dunha ou varias variables.

Para iso, emprega un eixe de coordenadas no que adoita representarse en abscisas o tempo e en ordenadas o valor dunha variable ou de varias (gráfico lineal múltiple).

Gráfico de barras

Utiliza barras horizontais ou verticais para representar unha distribución de datos descontinua no espazo ou no tempo, ou para comparar variables. O gráfico pode representar unha soa serie de datos ou varias (gráfico de barras múltiple). Neste último caso pode utilizar barras para cada variable ou barras compostas divididas en seccións proporcionais a cada variable.

Poboación en 2022 (hab.)

Superficie (km2)

Badaxoz 666 824 21 766

Cáceres 387 421 19 868

Fonte: INE.

Táboa estatística múltiple. A partir dos seus datos pódese calcular a poboación e superficie de Estremadura e a densidade de poboación da comunidade e das súas dúas provincias.

Gráfico de sectores

Utiliza figuras xeométricas (xeralmente círculos) para representar a proporción das distintas variables dun fenómeno respecto ao total. Para iso, a área da figura divídese en sectores de tamaño proporcional á importancia de cada variable.

PRAZAS EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS EN 2021

Campamentos turísticos

22 %

Establecementos hoteleiros

50 %

Apartamentos turísticos

19 %

Fonte: INE.

Gráfico de liñas múltiple. Representa a evolución dos visitantes e ingresos por turismo.

Gráfico de barras verticais compostas. Indica a proporción de locais, cifra de negocios, persoal e dimensión do comercio almacenista e retallista.

7 % Albergues

2 %

Gráfico de sectores circulares. Indica a proporción de prazas en aloxamentos turísticos respecto ao total.

26
Turismo rural
Fonte: INE. Visitantes (millóns) Ingresos por turismo (miles de millóns de euros) 0 20 40 60 80 100 120 140 EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE VISITANTES E DOS INGRESOS POR TURISMO.
1955 1960 1965 1970 1973 1990 2007 2020 2021 1975 1980 1985 1995 2000 2005 2010 2015 2019 1989 0,4 14,3 0,7 1,1 24,1 30,3 3,0 36,0 8,3 1,2 30,1 2,5 0,1 0,0 6,1 43,2 52,0 54,1 11,6 11,3 41,2 67,7 19,3 62,4 33,4 39,9 43,6 89,9 19,7 34,8 36,4 51,4 109,9 93,7 74,4 92,6 99,1 126,0
1955-2021
Almacenista* Retallista* Fonte: INE. * Agás de vehículos de motor e motocicletas. COMERCIO ALMACENISTA E COMERCIO RETALLISTA EN 2020 Número de locais Cifra de negocios (miles de euros) Persoal ocupado Dimensión (ocupados/tenda) 0 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 0 0,5 1,0 1,5 2,0 2,5 3,0 3,5 4,0 4,5 5,0 Ocupados Porcentaxes 244 364 527 096 68,32% 31,68 % 34,19% 60,48 % 39,52 % 65,81 % 450 822 666 234 184 105 1 112 113 1 701 672 4,55 3,23

2.2 Comentario de táboas estatísticas e gráficos

a) Aspectos xerais.

• Identificación do tipo de fonte: táboa estatística ou gráfico lineal, de barras ou de sectores.

• Fenómeno xeográfico representado (consultando o título) e forma na que se ofrecen os datos (cifras absolutas ou relativas).

• Espazo xeográfico ao que se refire e data.

• Fonte de procedencia dos datos, se consta.

b) Comentario.

• Definición do fenómeno xeográfico ao que se refiren os datos estatísticos da táboa ou o gráfico.

• Caracterización da evolución ou da distribución do fenómeno xeográfico.

– Se os datos ou o gráfico mostran a evolución dun ou varios fenó menos, hai que describir a tendencia xeral ao longo do tempo (se as cifras aumentan ou diminúen de principio a fin) ou establecer períodos (se existen oscilacións na evolución).

– Se os datos ou o gráfico mostran a distribución dun ou varios fenó menos, hai que describir as características da distribución.

• Explicación do fenómeno representado: causas e consecuencias da evolución ou da distribución descritas no apartado anterior utilizando os coñecementos que se teñen sobre o tema. Se os datos ou o gráfico inclúen varios fenómenos xeográficos, deben establecerse comparacións ou relacións entre eles.

• Outros comentarios se procede: comparación con outros países ou espazos do contorno; previsible tendencia futura.

3. COMENTARIO DE TEXTOS XEOGRÁFICOS

Un texto xeográfico é un documento escrito de contido xeográfico. Os tipos de texto poden ser moi variados segundo a súa natureza (científicos, ensaios, noticias ou artigos de prensa) e segundo a súa temática (xeografía física ou xeografía humana).

O comentario debe seguir estes pasos:

• Identificación do tipo de fonte: natureza do texto (científico, ensaio, informe, noticia ou artigo de prensa), autor e título.

• Fenómeno xeográfico sobre o que trata o texto.

• Espazo xeográfico ao que se refire e data.

• Lectura detida e subliñado das ideas principais.

• Realización dun esquema no que se organicen as ideas principais e se conecten coas ideas secundarias.

A organización pode facerse seguindo a orde do texto ou agrupando as ideas por temas.

Debe basearse no esquema realizado, indicando para cada grupo de ideas:

• Definición dos termos xeográficos que aparezan.

• Explicación das causas e as consecuencias dos feitos xeográficos utilizando os coñecementos que se teñen sobre o tema.

• Outros comentarios se procede: comparación con outros países do contorno; previsible tendencia futura.

27 Introdución ao coñecemento xeográfico/procedementos
xeográficos
a) Aspectos xerais b) Lectura e análise do texto c) Comentario

4. COMENTARIO DE IMAXES OU PAISAXES XEOGRÁFICAS

Unha imaxe xeográfica é unha representación visual do espazo xeográfico. Os tipos máis frecuentes son as fotografías, aínda que existen outras, como deseños, pinturas ou vídeos.

As fotografías poden ser clásicas (tomadas por cámaras desde o solo), aéreas (tomadas por cámaras instaladas en avións) ou de satélites (tomadas por sensores instalados en satélites).

Poden ofrecer visións particulares (detalles ou primeiros planos) ou cubrir un amplo espazo visual. Neste último caso denomínanse panorámicas e son moi apropiadas para o estudo de paisaxes xeográficas.

Exemplo de comentario de imaxe xeográfica

a) A imaxe é unha fotografía clásica que mostra unha vista panorámica dunha paisaxe xeográfica humanizada, na que se aprecian algúns trazos do medio natural e as súas transformacións pola intervención humana. Localízase en Jadraque (Guadalaxara).

b) Na paisaxe diferéncianse dúas unidades. O plano superior mostra algúns elementos do medio natural, como o relevo e a vexetación natural; e o plano inferior, a transformación humana da paisaxe mediante o poboamento, a actividade agraria e a construción de infraestruturas, como estradas e camiños.

O comentario de fotografías sobre paisaxes xeográficas debe incluír:

a) Aspectos xerais

• Identificación do tipo de fotografía (clásica, aérea ou de satélite) e da perspectiva que ofrece (detalle ou panorámica).

• Tipo de paisaxe:

– Natural, só aparecen elementos do medio natural, sen alteración pola intervención humana.

– Humanizada, resultante da transformación do medio natural pola acción humana, caso dunha paisaxe agraria, industrial, urbana, etc.

• Localización xeográfica da imaxe e data da toma, se constan.

Os elementos do medio físico

Caracterízanse polos seguintes trazos:

• O relevo mostra dúas unidades: un páramo ao fondo da paisaxe e unha campiña aos seus pés, que ocupa a maior parte do espazo. O páramo é unha superficie estrutural plana e elevada formada sobre estratos horizontais duros, de rochedo calcario, apreciable pola súa cor agrisada abrancazada. Nos seus flancos obsérvanse sucos producidos pola erosión das augas de escorrentía.

b) Diferenciación de unidades na paisaxe. Antes de proceder ao comentario, convén diferenciar as áreas da paisaxe ocupadas por elementos do medio natural (relevo, vexetación, augas) e as áreas ocupadas por elementos humanos (poboamento, parcelas agrarias, instalacións industriais, infraestruturas de transporte, etcétera). Para facilitar a diferenciación, pode realizarse un esbozo da imaxe coa localización das áreas e os elementos que aparecen.

c) Comentario

• Enumeración dos elementos naturais e/ou humanos que se aprecian na paisaxe: relevo, vexetación, augas, solos, cultivos, industrias, medios de transporte, núcleos de poboación, etc. Debe basearse na diferenciación de unidades realizada.

A campiña é unha chaira baixa, suavemente ondulada, formada no lugar onde o páramo foi erosionado e afloran os materiais máis brandos dos estratos inferiores; neste caso arxilas, como se aprecia na cor avermellada do rochedo.

As dúas formas do relevo son propias das concas sedimentarias meseteñas, constituídas no Terciario, polo afundimento de bloques do zócolo paleozoico da Meseta, que se encheron con materiais terciarios e cuaternarios dispostos en estratos horizontais, brandos na parte inferior (arxilas) e duros na parte superior (calcarias).

• A vexetación natural da zona foi eliminada na súa maior parte pola acción humana, para dedicar o espazo ás actividades agrarias e ao poboamento. Só se aprecian algunhas manchas no flanco do páramo; unha franxa arbórea lineal na súa base, correspondente probablemente á ribeira dun río; e algúns sectores de matogueira pouco densa e aberta nas abas e nalgunhas parcelas sen cultivar.

• O solo é de ro chedo calcario e pouco produtivo no páramo, e arxiloso na campiña, apto para o cultivo.

• O clima mediterráneo, de precipitacións escasas e irregulares, dedúcese da presenza da matogueira baixa e aberta, e da existencia dalgúns cultivos propios deste clima, como a vide.

• Caracterización e explicación de cada un dos elementos ou unidades diferenciados, empregando os coñecementos que se teñen sobre o tema.

• Utilización dos elementos visibles da imaxe para sacar conclusións sobre outros elementos non visibles. Por exemplo, as características da vexetación e das augas ou as formas de erosión do relevo permiten sacar conclusións sobre o tipo de clima ou o solo; e o tamaño das parcelas e a súa dedicación permiten deducir o grao de modernización agraria.

• Interrelacións entre os elementos naturais e os humanos. De aí debe concluírse se existe unha situación de equilibrio ou se se aprecian problemas ou ameazas. Neste último caso, deben indicarse as súas causas, as súas consecuencias e as posibles solucións.

Os elementos de paisaxe debidos á intervención humana Están relacionados coas actividades económicas primarias, secundarias e terciarias, e co poboamento, que provocaron a redución do espazo natural en favor do espazo humanizado.

• A actividade principal do sector primario é a agricultura de secaño. A maior parte do espazo está ocupado por campos de cereais en parcelas abertas ou pechadas por árbores, de tamaño pequeno ou mediano e forma irregular. O viñedo só ocupa unha minoría da superficie e sitúase nos terreos menos aptos para os cereais pola súa maior pendente e exposición á erosión, como a base e as partes baixas das abas do páramo.

• As actividades secundarias concéntranse nas naves situadas ao longo da estrada que discorre polo sector norte do núcleo de poboación. Podería tratarse de industrias transformadoras ou de almacéns relacionados coas producións agrarias da zona.

• As manifestacións espaciais das actividades terciarias aprécianse nas infraestruturas de transporte (estrada) e nos edificios destinados aos servizos no interior do núcleo de poboación, ou nos arredores, no caso dos que requiren maior espazo.

• O poboamento é concentrado nun núcleo de poboación pequeno e apiñado. A parte central inclúe casas de tipoloxía tradicional, de baixa altura, mentres que nos arredores se introduciron tipoloxías edificatorias máis modernas, como edificios de ladrillo de tres ou catro plantas ou vivendas unifamiliares exentas ou acaroadas.

As interrelacións entre o medio natural e as actividades humanas Maniféstanse nalgúns aspectos da paisaxe. O relevo inflúe no poboamento e nas actividades agrarias, que se localizan na zona chaira; o clima mediterráneo inflúe no tipo de cultivos; e o solo arxiloso resulta apropiado para o cultivo.

Pola súa banda, a actividade humana eliminou practicamente a vexetación natural e ocupou o solo con usos residenciais, agrarios e infraestruturas. Se as dúas actuacións se intensificasen, constituirían unha ameaza para a sostibilidade ambiental, pois supoñen un incremento do risco de erosión do solo, que se verá incrementado no futuro a causa do cambio climático, e unha artificialización do territorio á custa dun recurso non renovable como o solo. Entre as posibles medidas para paliar estes problemas encóntranse a dedicación de terras de cultivo á silvicultura e o control da urbanización.

29 Introdución ao coñecemento
xeográfico/procedementos xeográficos
GUADALAXARA
Jadraque

O espazo xeográfico español. A diversidade xeomorfolóxica

A diversidade natural e humana é o trazo máis característico do territorio español.

O relevo configurouse ao longo dunha historia xeolóxica iniciada hai 650 millóns de anos. Nela, as forzas internas da Terra crearon as estruturas básicas e os axentes externos modeláronas nunha extraordinaria variedade de formas, segundo a natureza do rochedo e as condicións bioclimáticas. O resultado é a existencia de grandes conxuntos ou unidades do relevo de trazos moi diversos.

O relevo supón un condicionante para outros elementos do medio natural e para as actividades humanas e entraña o risco de ocasionar catástrofes de orixe xeolóxica.

QUE VAS ENCONTRAR NESTA UNIDADE?

• O espazo xeográfico español.

• O relevo peninsular.

• O relevo das illas Baleares.

• O relevo das illas Canarias.

• A influencia e os riscos do relevo.

• A realización e o comentario de perfís topográficos a partir dun mapa topográfico ou altimétrico e utilizando Google Earth.

Os contidos e as actividades desta unidade poden resultar de utilidade para a realización do proxecto multidisciplinario «Unha viaxe por España».

30
1
Barranco do deserto de Gebas, Murcia.
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

O espazo xeográfico español

1. A COMPOSICIÓN DO TERRITORIO

España é un Estado europeo situado na zona temperada do hemisferio norte. Os seus 505 987 km2 comprenden parte do territorio da Península Ibérica —compartido con Portugal e Andorra—, dous arquipélagos —Baleares e Canarias— e as cidades norteafricanas de Ceuta e Melilla.

• A España peninsular (493 516 km2) presenta unha posición orixinal entre dous continentes, Europa e África, e entre dúas masas de auga, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo. Este feito converteuna en lugar de encrucillada natural entre diferentes medios físicos e de encrucillada xeopolítica entre pobos procedentes de Europa, África, o Mediterráneo e o Atlántico.

• O arquipélago balear (4 992 km2) localízase no mar Mediterráneo, a uns 300 km da costa da Comunitat Valenciana. Comprende as illas de Mallorca, Menorca, Eivissa, Formentera e Cabrera, e máis de 150 illotes.

• O arquipélago canario (7 447 km2) sitúase no océano Atlántico, a uns 100 quilómetros das costas do NO de África. Comprende oito illas habitadas: La Palma, El Hierro, La Gomera, Tenerife, Gran Canaria, Fuerteventura, Lanzarote e La Graciosa, así como algunhas illas menores.

• Ceuta e Melilla están na costa norte de África. Ceuta (19,6 km2) na península de Yebala e Melilla (12,3 km2) entre os cabos Tres Forcas e Agua.

2. A DIVERSIDADE XEOGRÁFICA

O territorio español caracterízase pola súa diversidade. A diversidade natural procede da gran variedade xeomorfolóxica, climática, vexetal e edáfica, creadora de diferentes paisaxes naturais. Esta variedade supón unha repartición desigual dos recursos naturais e, polo tanto, das actividades económicas e dos asentamentos. Así, segundo as zonas, predominan os usos do solo agrarios, industriais ou terciarios, e o poboamento rural ou urbano, xerando unha gran pluralidade de paisaxes humanas.

1. Punta da Estaca de Bares (A Coruña) 43° 47’ 36’’ N

2. Punta de Tarifa (Cádiz) 36° 00’ 18’’ N

Lonxitude

3. Cabo de Creus (Xirona) 3° 19’ 05’’ L

4. Cabo Touriñán (A Coruña) 9° 17’ 46’’ O

Illas Baleares

Latitude

5. Illa de Sanbitja ou des Porros (Menorca) 40° 05’ 44’’ N

6. Cabo de Barbaria (Formentera) 38° 38’ 32’’ N

Lonxitude

7. Punta de s’Esperó (Menorca) 4° 19’ 29’’ L

8. Es Vedrà (Eivissa) 1° 12’ 05’’ L

Illas Canarias

Latitude

9. Punta Mosegos (Alegranza) 29° 24’ 35’’ N

10. Punta de los Saltos (El Hierro) 27° 38’ 12’’ N

Lonxitude

11. Roque del Este (Lanzarote) 13° 19’ 57’’ O

12. Punta Orchilla (El Hierro) 18° 09’ 36’’ O

Ceuta

Latitude: 35° 53’ 45’’ N

Lonxitude

1 Escribe a información que achega o mapa sobre o espazo xeográfico español.

2 Calcula a porcentaxe que representa cada un dos territorios que integran España. Plasma o resultado nun gráfico.

3 A que se refire o cualificativo dado a España de país de «encrucillada»?

4 Penso, interésame, investigo... Selecciona algúns exemplos históricos das relacións establecidas entre España e os ámbitos mediterráneo, africano, atlántico e europeo.

0˚ 0˚ 2˚ O 4˚ O 6˚ O 6˚ O 8˚ O 8˚ O 10˚ O 12˚ O 42˚N 40˚N 38˚N 2˚ O 4˚ O 42˚ N 44˚ N 40˚ N 2˚ L 2˚ L 4˚ L 4˚ L 38˚ N 36˚ N 16˚ O 14˚ O 28˚ N 29˚ N 14˚ O 16˚ O 1 4 3 5 6 7 8 2 Cabo de Gata Cabo de San Vicente 321km 316 km 912km 675 km 781km 1088km 1 037 km Ceuta Melilla 9 11 10 12 O C É A N O A T L Á N T I C O Mar Cantábrico Mar Mediterráneo OCÉANO ATLÁNTICO ANDORRA FRANCIA A L X E R I A MARROCOS ÁFRICA PORTUGAL
Península Latitude
: 5° 17’ 28’’ O Melilla Latitude: 37° 17’ 15’’ N Lonxitude: 2° 56’ 51’’ O MAPA DE COORDENADAS XEOGRÁFICAS Fonte: Atlas Nacional de España. 31
1
Actividades STEM, CCL

O relevo peninsular

1. O RELEVO TERRESTRE

O relevo é o conxunto de formas que presenta a superficie terrestre. Organízase en grandes conxuntos ou unidades morfoestruturais que resultan da combinación da estrutura xeolóxica e da modelaxe. • A estrutura xeolóxica é a disposición do relevo. Depende da natureza das rochas —litoloxía— e das forzas internas da Terra —oroxénese ou levantamento de montañas, sismos e volcáns—, que levantan, afunden, fracturan, pregan ou desprazan bloques da codia terrestre.

• A modelaxe é a acción realizada sobre a estrutura do relevo polos axentes externos —elementos atmosféricos, augas e seres vivos— que erosionan o relevo, transportan materiais e os sedimentan.

2. TRAZOS DO RELEVO PENINSULAR

A configuración do relevo peninsular caracterízase por tres trazos:

• A forma maciza da Península vén dada pola súa grande anchura de oeste a leste (1 094 km) e polas súas costas rectilíneas, sen apenas accidentes. Este feito limita a penetración da influencia do mar cara ao interior.

• A elevada altitude media (660 m), só superada en Europa por Suíza, débese á existencia de altas cordilleiras e a que o interior peninsular o ocupa unha elevada meseta, situada entre os 600 e os 800 m de altitude.

• A disposición periférica do relevo montañoso arredor da Meseta frea a influencia do mar e causa fortes contrastes entre o litoral e o interior peninsular.

5 Observa a imaxe. Indica os trazos resultantes da estrutura e da acción da modelaxe.

6 Fíxate no mapa e resolve:

• Como se representa a altitude?

• Describe a distribución do relevo por zonas altimétricas.

• Cita dúas causas da elevada altitude media da Península e da escasa influencia do mar.

6 000 3 000 2 000 1 000 500 200 0 Altitude (m) 0 100 200 km Mtesde León Monte s d e To l e do Montes Vascos CordilleiraCosteiro-Catalá STramuntana erra CORDILLE I R A CANTÁBRICA S I S T EMA I BÉ R I C O S I S T E MA CENT R A L S E R R A M O R E N A CORDIL L E I R A P E N I B É TICA CORDILLEIRA SUBBÉTICA P I R E N E O S SUBMESETA NORTE SUBMESETA SUR CSerraníade uenca MacizoGalaico Depresión do Douro Depresión do Ebro Depresión do Guadalquivir Depresión do Texo Chaira l e v a n tina Cabeza de Manzaneda 1 778 Teleno 2 188 Almanzor 2 592 Las Villuercas 1 601 Torre Cerredo 2 648 Moncayo 2 313 Aitxurri 1 551 Aneto 3 404 Turó de l’Home 1 712 Puig Mayor 1 445 La Sagra 2 381 Mulhacén 3 479 Bañuela 1 323 CGolfode ádiz Golfo de Alacant Est. de Gibraltar BaíadeCádiz B d e Palma B de Alcúdi a Ría de Ares e Betanzos Ría de Arousa Ría de Pontevedra Ría de Muros e Noia Ría de Vigo Golfo de Biscaia Golfo de Roses Golfo de Valencia G. de Mazarrón G.de Almería Golfo de León Mar Menor Cabo de Ajo C. Matxitxaco Cabo Fisterra Cabo Ortegal Punta de Estaca de Bares Cabo de Peñas Delta do Ebro Cabo de Creus Cabo de la Nao Cabo de Palos Cabo de Gata Cabo de Trafalgar Punta de Tarifa Cabo de San Vicente I L L A S FormenteraBALEARES Cabrera Eivissa Menorca Mallorca FRANCIA MARROCOS ALXERIA ANDORRA PORTUGAL M a r M e d i t e r r á n e o Mar Cantábrico OCÉANO ATLÁNTICO Tenerife La Gomera El Hierro Gran Canaria Fuerteventura La Palma ILLAS CANARIAS Lanzarote La graciosa Teide 3 718 OCÉANO ATLÁNTICO
2
STEM, CCL
Actividades
Picos de Europa.

Tipos de unidades morfoestruturais e de estruturas tectónicas

Estrutura horizontal Os estratos non foron afectados por oroxéneses posteriores

Estrutura fallada ou xermánica

Formación

dun zócolo: Arrasamento dunha antiga cordilleira pola erosión.

O zócolo paleozoico ríxido fractúrase en bloques levantados (horst) e afundidos (graben).

O zócolo paleozoico ríxido fractúrase e a cuberta de sedimentos plásticos prégase.

3. TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUTURAIS

Os materiais sedimentarios plásticos préganse formando anticlinais e sinclinais.

Na Península encóntranse presentes as grandes unidades morfoestruturais do relevo continental: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento e concas sedimentarias ou depresións.

a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas no Precámbrico ou na era primaria —Paleozoico—, como resultado do arrasamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses destas mesmas eras. Os materiais precámbricos e paleozoicos son rochas silíceas moi ríxidas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Se non son afectados por novas presións, constitúen relevos predominantemente horizontais (penechairas) como as da metade occidental da Península. Pero, se sofren novas presións, os seus materiais ríxidos non se pregan, senón que se fracturan, orixinando unha estrutura xermánica de bloques levantados —horst— e bloques afundidos —graben ou fosas tectónicas—.

b) Os macizos antigos (horst) son montañas formadas no Terciario polo novo levantamento (rexuvenecemento) dun bloque dun zócolo a causa das presións da oroxénese alpina. Polo tanto, os seus materiais tamén son paleozoicos. Na actualidade, estes macizos presentan formas redondeadas e cumios aplanados, ao seren superficies de erosión elevadas. Na Península, son macizos antigos o sistema Central e os montes de Toledo, o macizo Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica.

Materiais silíceos da era primaria Materiais calcarios da era secundaria pregados na era terciaria. Materiais arxilosos sedimentarios das eras terciaria e cuaternaria

1 Meseta: Zona chaira e elevada resultante do arrasamento dunha cordilleira da era primaria pola erosión.

2 Macizo antigo: Montaña baixa e de cumio aplanado resultante do levantamento dun bloque dun zócolo ou meseta na era terciaria

3 Conca sedimentaria de zócolo: Zona afundida resultante do afundimento dun bloque dun zócolo ou meseta na era terciaria. Posteriormente, énchese con materiais terciarios e cuaternarios e constitúe unha chaira.

4 Cordilleira intermedia: Montaña formada na era terciaria polo pregamento de materiais secundarios depositados polo mar no rebordo dun zócolo na era terciaria.

5 Cordilleira alpina: Montaña formada durante o Terciario polo pregamento de materiais secundarios depositados polo mar no bordo dun zócolo.

6 Depresións prealpinas: Zonas afundidas paralelas ás cordilleiras alpinas, formadas pola distensión que seguiu ao levantamento das cordilleiras. Posteriormente, enchéronse de sedimentos terciarios e cuaternarios e constituíron chairas.

33 U 1
Meseta
Estrutura pregada
sedimentaria
intermedia Fosa mariña Depresións prealpinas Zócolo paleozoico horst graben Cordilleira alpina Mar Estrutura mixta ou saxónica
Macizo antigo Conca
de zócolo Cordilleira
Anticlinal Horst
Sinclinal
Graben Graben
Cuberta 1 2 3 4 5 6 6
Materiais sedimentarios Zócolo Zócolo Zócolo Zócolo

Os macizos antigos, como o sistema Central, son de baixa altitude e presentan cumios aplanados, dado que son superficies de erosión elevadas.

As cordilleiras de pregamento, como os Pireneos, son de maior altitude e presentan cumios escarpados, dado que pola súa relativa xuventude aínda non foron aplanados.

c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxénese alpina do Terciario a partir de sedimentos depositados polo mar na era secundaria ou Mesozoico. Estes materiais, fundamentalmente calcarios, son plásticos, polo que ante os empuxes oroxénicos se pregan. Na actualidade, estas cordilleiras presentan fortes pendentes e formas escarpadas, xa que, pola súa relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou. As cordilleiras de pregamento son de dous tipos:

• As cordilleiras intermedias fórmanse a partir de materiais depositados polo mar nos bordos dos zócolos. Ante os empuxes oroxénicos, o zócolo inferior ríxido fractúrase e a cuberta plástica de materiais depositada sobre el prégase, constituíndo unha estrutura saxónica mixta. É o caso do sistema Ibérico e da parte oriental da cordilleira Cantábrica.

• As cordilleiras alpinas fórmanse a partir de materiais depositados en fosas mariñas longas e profundas. Ante os empuxes oroxénicos, forman unha estrutura pregada na que alteran cristas (anticlinais) e vales (sinclinais). É o caso dos Pireneos e da cordilleira Subbética.

d) As concas sedimentarias ou depresións son zonas afundidas formadas no Terciario que se encheron con sedimentos arxilosos e calcarios. Na actualidade, ao non teren sido afectadas por oroxéneses posteriores, constitúen estruturas horizontais (estrutura aclinal) ou en costa (estrutura monoclinal). As concas sedimentarias son de dous tipos:

• As concas de zócolo formáronse polo afundimento dun bloque dun zócolo a causa das presións da oroxénese alpina: depresións de meseta do Douro, Texo e Guadiana.

• As concas ou depresións prealpinas, localizadas aos dous lados das cordilleiras alpinas, formáronse pola distensión que seguiu ao levantamento das cordilleiras: depresións do Ebro e do Guadalquivir.

Actividades

STEM, CPSAA, CCL

7 Explica as diferenzas entre:

• Un macizo antigo, unha cordilleira de pregamento e unha cordilleira alpina.

• Unha conca sedimentaria de zócolo e unha depresión prealpina.

8 Compara nun cadro as estruturas xermánica, saxónica e pregada en materiais e características.

9 Observa as imaxes. Indica que tipo de estruturas do relevo se aprecian e cales son as súas formas topográficas.

34 2 O relevo peninsular
Conca sedimentaria do Douro.

O relevo actual da Península Ibérica é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos. Nela alternaron fases oroxénicas con outras de calma, nas que predominaron a erosión e a sedimentación.

4.1 O Precámbrico: 4 600-540 Ma. O nacemento de Iberia

Iberia naceu a finais do Precámbrico, hai uns 650 Ma, como un arco montañoso volcánico xurdido na oroxénese cadomiense. Este arco situábase na plataforma continental do NO de África, pertencente ao continente de Gondwana, situado entón preto do polo sur. Durante o Precámbrico, o arco foi erosionado e cuberto case totalmente polo mar.

Na actualidade, os seus materiais, pegados a cordilleiras posteriores e transformados en lousas e gneis, encóntranse en Estremadura e Serra Morena e en puntos dos montes de Toledo, o sistema Central, Galicia e Asturias.

4.2 A era primaria: 540-250 Ma. A oroxénese herciniana

Na era primaria ou Paleozoico, o arco volcánico precámbrico desprazouse con Gondwana cara ao norte ata chocar co continente de Euramérica para formar un único supercontinente: Panxea. Como resultado da colisión, tivo lugar a oroxénese herciniana que pregou os territorios do arco volcánico e pegounos ás novas cordilleiras hercinianas que no futuro formarían parte da Península Ibérica, constituídas por materiais silíceos como granito, lousa e cuarcita.

• Ao oeste elevouse o macizo Hespérico, que quedou pegado ao continente europeo, e foi arrasado pola erosión durante esta era primaria, converténdose en zócolo inclinado cara ao leste: a Meseta Central ou Meseta.

• Ademais, levantáronse outros territorios hercinianos, que nalgúns casos constituían illas separadas do macizo Hespérico: ao nordés os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro; e ao sueste, o macizo Bético-Rifeño, que entón constituía unha grande illa: o microcontinente ou bloque Mesomediterráneo. Todos estes macizos foron tamén arrasados pola erosión durante a era primaria e convertidos en zócolos.

80° OCÉANO IAPETUS

Laurasia Iberia

Na era primaria, Gondwana derivou cara ao norte, ata chocar co continente de Euramérica, para formar un único continente. Panxea tiña forma de C e no seu bordo oriental abríase o mar de Tetis. No extremo deste mar a oroxénese herciniana (380-280 mA) pregou os materiais do arco volcánico e pegounos ás novas cordilleiras hercinianas de Iberia: ao oeste, o macizo Hespérico, acaroado ao continente europeo; ao NE os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro; e, ao sur, o macizo Bético-Rifeño ou bloque Mesomediterráneo.

Arco volcánico Plataforma continental africana

NO de África Polo Sur GONDWANA

70°

Avalonia NE de África

No Precámbrico, os primeiros territorios peninsulares situábanse na plataforma continental do NO de África, xirados uns 180° respecto á súa posición actual. Constituían un arco volcánico, xurdido na oroxénese cadomiense, que foi arrasado pola erosión e quedou na súa maioría somerxido no mar.

PRECÁMBRICO

Na actualidade, os materiais do arco precámbrico localízanse no oeste peninsular, acaroados a cordilleiras hercinianas posteriores.

Iberia África Norteamérica Europa M. Hespérico M. Ebro M.C. Balear Principio Mesozoico M.B. Rifeño BM GONDWANA EURAMÉRICA M.Aquitania Cadeas montañosas Erosión continental Sedimentación continental Litoral e plataforma marítima Sedimentación mariña Codia oceánica Volcáns Fracturas Continentes actuais BM Bloque mesomediterráneo

U 1
Mar de Tetis OCÉANO PANTALASSA Iberia África Euramérica China Asia
Gondwana PANXEA
4. A EVOLUCIÓN XEOLÓXICA DA PENÍNSULA

4.3 A era secundaria: 250-65 MA. Calma e sedimentación

A era secundaria ou Mesozoico foi un período de calma no que Panxea se fracturou e se dividiu en varios continentes, similares aos actuais, separados por océanos. Neste período aconteceron tres feitos destacados:

a) Os territorios de Iberia constituíron unha placa independente delimitada por fallas.

b) A erosión continuou desgastando os relevos hercinianos.

c) A sedimentación depositou materiais, fundamentalmente calcarios, en dúas zonas cubertas polo mar. No bordo oriental da Meseta, inclinado cara ao leste, as transgresións mariñas* depositaron unha capa non moi potente de sedimentos. Nas fosas mariñas pirenaica e bética, depositáronse, en cambio, enormes espesores de sedimentos.

4.4 O Terciario: 65-2,5 Ma. A oroxénese alpina

No Terciario* tivo lugar a oroxénese alpina polo empuxe da placa africana contra a europea. Esta oroxénese provocou grandes cambios no relevo peninsular.

a) Levantáronse as cordilleiras alpinas e as súas depresións prealpinas.

• Primeiro formáronse os Pireneos, cando a placa de Iberia chocou contra a europea, pregando os sedimentos da fosa pirenaica. Paralelamente aos Pireneos, formouse a depresión do Ebro, que inicialmente constituía un brazo de mar aberto entre o Atlántico e o Mediterráneo, pero acabou pechándose no norte polo depósito de sedimentos e no sur ao levantarse a cordilleira Costeiro-Catalá.

• Logo formáronse as cordilleiras Béticas, cando o movemento da placa africana cara ao norte desprazou cara ao oeste o bloque Mesomediterráneo, que adoptou forma de arco. A súa rama norte chocou con Iberia e rexuveneceu, formando a cordilleira Penibética. Á vez, os seus empuxes pregaron os sedimentos depositados na fosa bética, levantando a cordilleira Subbética ata Baleares, e, paralelamente a ela, a depresión do Guadalquivir. Pola súa banda, a rama sur do bloque Mesomediterráneo chocou co norte de África e rexuveneceu, formando a cordilleira do Rif.

Norteamérica

Vocabulario

Transgresión mariña: avance do mar sobre un territorio non ocupado por este ata o momento. Prodúcese por afundimentos da costa ou por elevación do nivel do mar. A transgresión vai acompañada polo depósito de sedimentos mariños sobre ese territorio.

Terciario: denominación informal do período pertencente á era cenozoica, que se estende entre os 65 e os 2,5 Ma e comprende o Paleoxeno e o Neoxeno.

Na era secundaria, Panxea fracturouse e dividiuse en continentes, e Iberia constituíu unha placa independente delimitada por fallas.

Mesozoico medio

Cadeas montañosas

Fracturas

Terciario

Iberia

Francia África

Fosa Bética

Cadeas montañosas

Erosión continental

Sedimentación continental

Litoral e plataforma marítima

Sedimentación mariña

Codia oceánica

Volcáns Fracturas

Bloque Mesomediterráneo

Dirección de desprazamento Continentes actuais

No Mesozoico erosionáronse os relevos montañosos e depositáronse sedimentos no bordo oriental da Meseta e en fosas mariñas.

Erosión continental Sedimentación continental

Litoral e plataforma marítima

Sedimentación mariña Codia oceánica

Subdución ou cabalgamento

Dirección de desprazamento Continentes actuais

Pireneos

Iberia

EstreitoNorbético

Estreito Sur - Rifeño

C. do Rif

Francia África

No Terciario, a oroxénese alpina formou os Pireneos e a depresión do Ebro e logo as cordilleiras Béticas e a depresión do Guadalquivir.

36 2 O relevo peninsular
África América do Sur América do Norte Europa Asia India Australia Antártida Iberia
pirenaica
Falla e fosa
Dorsal do Atlántico medio
Falla dos AzoresXibraltar
D.doEbro
C.Subbética C. Penibética

A crise do Mesiniano

Hai 6 Ma o peche dos dous estreitos que comunicaban o Atlántico co Mediterráneo levou ao desecamento deste mar, que quedou cuberto de codias de sal e xeso e a 1 km por debaixo das augas do Atlántico. Cando se restableceu a conexión hai 5,3 Ma, produciuse unha grande

inundación do Mediterráneo a través dunha xigantesca catarata de 1 km de altura situada no estreito de Xibraltar, que en tan só 2 anos encheu o Mediterráneo, facendo subir o seu nivel medio uns 7 metros ao día.

rrompendo o contacto Atlántico-Mediterráneo, e este mar case secou entre os 6 Ma e os 5,3 Ma. Entón, o afundimento dun bloque abriu o estreito de Xibraltar, separando as dúas ramas da cordilleira Bético--Rifeña e restablecendo o contacto Atlántico-Mediterráneo.

b) A Meseta Central viuse afectada pola oroxénese alpina.

• O zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas* e fallas* Algúns bloques levantáronse e formaron o rebordo norte da Meseta —macizo Galaico (1) e parte occidental da cordilleira Cantábrica (2)— e as súas serras interiores —sistema Central (3) e Montes de Toledo (4). Outros bloques afundíronse, constituíndo as súas concas sedimentarias interiores —as submesetas norte (5) e sur (6)—.

• No seu bordo leste, os sedimentos depositados polo mar pregáronse, levantando a parte oriental da cordilleira Cantábrica (7) e o sistema Ibérico (8) Así, a Meseta pasou a inclinarse cara ao Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de boa parte dos ríos peninsulares.

• E, no seu bordo sur, os empuxe provocados pola formación da cordilleira Subbética (9) causaron a flexión-fallada de Serra Morena (10)

c) Os demais territorios paleozoicos tamén sufriron transformacións.

O macizo de Aquitania converteuse no eixe dos Pireneos (11), tras pegarse a el os Prepireneos xurdidos da fosa pirenaica (12). O macizo Catalano-Balear fragmentouse: un sector pasou a formar parte da cordilleira Costeiro-Catalá (13), e outros bloques afundíronse no Mediterráneo, ou quedaron levantados sobre el, como a parte norte de Menorca (14). O macizo do Ebro afundiuse, pasando a constituír o zócolo da depresión do Ebro (15) E a rama norte do macizo Bético-Rifeño incorporouse ao SE peninsular, formando a cordilleira Penibética (16)

Vocabulario

Fractura: rotura da codia terrestre sen separación dos bloques fracturados.

Falla: rotura da codia terrestre con separación de bloques fracturados. Se a separación é vertical e dá lugar a un bloque levantado e a outro afundido, trátase dunha falla normal. Se a separación dos bloques é horizontal, trátase dunha falla de esgazadura.

U 1
Mar Cantábrico OCÉANO ATLÁNTICO M a r M editerráneo 1 2 7 11 12 13 14 5 8 15 13 3 6 8 8 4 9 10 9 9 16
Repercusión da oroxénese alpina

Os glaciares son grandes acumulacións de xeo. Os glaciares de circo limítanse á cabeceira do val, onde o xeo se acumula nunha depresión, chamada circo (1), enmarcada por paredes rochosas, onde destaca a parede frontal (2). Nos glaciares de val, o xeo da base do circo (3) esparéxese val abaixo como unha lingua de xeo (4), que arrastra materiais e os acumula na súa fronte (5) e nos laterais (6). Os materiais arrastrados polo xeo ensanchan o val, dándolle forma de U, e escavan cubetas (7) nas zonas de rochedo menos resistente. Ao fundirse o xeo, poden formarse lagos na base do circo (8), nas cubetas do val (9) e diante da morena frontal (10)

4.5 O Cuaternario: desde 2,5 Ma. O glaciarismo

No Cuaternario, a alternancia de períodos glaciares e interglaciares ocasionou as modelaxes glaciar e periglacial e a formación de terrazas fluviais.

a) A modelaxe glaciar, dada a situación meridional da Península, afectou ás cordilleiras máis altas: Pireneos, cordilleira Cantábrica, sistema Central, sistema Ibérico, Serra Nevada e cumios máis altos do macizo Galaico.

A maioría dos glaciares foron de circo, limitándose á cabeceira do val. Os glaciares de val ou ríos de xeo foron menos frecuentes e alcanzaron a súa maior lonxitude nos Pireneos.

• A erosión do xeo ensanchou os circos e os vales glaciares, dándolles a típica forma de artesa ou de U e sobreescavou cubetas nas zonas de rochedo menos resistente, que ao fundirse o xeo formaron lagos.

• A sedimentación dos materiais transportados polo xeo creou depósitos na fronte do glaciar (morena frontal), nos laterais do val (morenas laterais) e no leito do glaciar (depósitos rochosos ou till).

b) A modelaxe periglacial afectou a zonas menos elevadas, onde as temperaturas pasaban frecuentemente por enriba e por debaixo de 0 °C, alterando as rochas e o solo.

• As rochas rompen cando a auga se introduce polas súas fisuras e, ao xearse, aumenta de volume, actuando como unha cuña. Os fragmentos rotos acumúlanse nas vertentes formando pedregais, que poden dispoñerse en mantos por toda a aba, ou agruparse en conos e abanos ao pé dunha parede escarpada.

38 2 O relevo peninsular
Abanos de coluvións. Pireneo de Huesca. (1) Circo (2) Parede frontal (8) (4)Lingua (3) Base do circo (7) Cubeta (9) (10) Lago (5) Morena frontal (6) Morena lateral Limiar

• O solo nas zonas chairas forma «céspede almofadado» ou montículos creados cando o solo absorbe auga, que ao conxelarse o empena, permanecendo así ao derreterse o xeo. Tamén son típicos os solos poligonais, formados por gretas —causadas ao xearse a auga introducida polas fisuras—, que logo se enchen con fragmentos rochosos, debuxando polígonos.

Nas zonas inclinadas, a alternancia de xeo e desxeo produce nuns casos reptación, un movemento superficial do solo extremadamente lento. Noutros casos, teñen lugar escorregamentos de solos arxilosos, formando coadas de barro sobre toda a vertente ou creando pequenos chanzos (terraciñas de vertente).

c) As terrazas fluviais son franxas planas e elevadas situadas nas marxes dun río. A súa orixe débese ás alternancias climáticas do Cuaternario. Nos períodos glaciais, o caudal do río é escaso por encontrarse a auga xeada nas montañas; a súa forza erosiva diminúe e deposita aluvións ou materiais no seu leito (A). Nos períodos posglaciais, o caudal do río medra ao elevarse a temperatura e fundirse o xeo; a súa forza erosiva aumenta e afonda o seu leito (B), deixando suspendidos nas súas marxes os aluvións depositados, que constitúen as terrazas (C). A repetición destes ciclos durante o Cuaternario creou terrazas graduadas (D). Na Península, as máis características son as formadas polos ríos Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir e Ebro.

Actividades

10 Indica as unidades do relevo peninsular existentes en cada un dos mapas da evolución xeolóxica. Explica a súa orixe.

11 Explica como influíu o final das glaciacións do Cuaternario nos circos e vales glaciares e nos ríos peninsulares.

12 Consigue en Internet imaxes dun glaciar de circo, dun glaciar de val, dun pedregal, dun solo poligonal e dunha terraza fluvial. Escribe un pé para cada unha delas.

Terrazas graduadas

39 U 1
Céspede almofadado do circo da lagoa grande de Peñalara, Madrid. Zona inclinada. Reptación na serra de Guadarrama.
A B C D Depósito de aluvións Afondamento do leito Formación de terrazas
STEM, CD, CCL

5. O ROCHEDO PENINSULAR E OS TIPOS DE RELEVO

A evolución xeolóxica determina a existencia na Península de tres áreas con diferente tipo de rochedo ou litoloxía: silícea, calcaria e arxilosa. En cada unha delas a erosión crea distintos tipos de relevo ou de modelaxe: granítico, kárstico, arxiloso ou relevos por erosión diferencial.

5.1 A área silícea

Está integrada por rochas antigas das eras precámbrica e primaria. Localízase sobre todo no oeste peninsular, con ramificacións cara á parte occidental da cordilleira Cantábrica, o sistema Central, os montes de Toledo e Serra Morena. Tamén se localiza en áreas onde quedan restos de macizos antigos: o eixe dos Pireneos; algúns sectores do sistema Ibérico e da cordilleira Costeiro-Catalá; e na Penibética.

A rocha predominante desta área é o granito* , unha rocha cristalina e ríxida. A súa alteración orixina distintos tipos de relevo granítico:

a) A alteración química do granito pola auga descompón os seus cristais e transfórmao en areas pardo-amarelentas. Estas poden alcanzar grandes espesores nos vales e zonas de escasa pendente.

b) A alteración a partir das diáclases ou fracturas do granito crea distintas formas segundo a altitude:

• Nas áreas de alta montaña, a auga fíltrase polas fracturas das rochas e, ao xearse, aumenta de volume e rómpeas. O resultado é a formación de cristas agudas, escarpadas e dentadas e de pedregais ou acumulacións de fragmentos de rochas rotas ao pé das montañas.

• Nas zonas menos elevadas, as formas dependen da disposición das fracturas. Se as diáclases son paralelas á superficie, o granito escámase e orixina montículos de formas suaves e redondeadas, chamados domos. Se as diáclases son perpendiculares, fórmanse bólas. Nuns casos amontóanse unhas sobre outras formando rochedos, onde son típicos os tores —amoreamentos de bólas— e as rochas de abalar —bólas situadas en equilibrio sobre unha das súas superficies menores—. Noutros casos, as bólas dispóñense caprichosamente nas abas ou ao pé das montañas, constituíndo un caos granítico.

O ROCHEDO DE ESPAÑA

Área silícea Área arxilosa Área de orixe volcánica Área calcaria

Vocabulario

O granito é unha rocha ígnea, magmática ou plutónica, é dicir, formada no interior da terra e solidificada a partir dun estado de fusión ao verse obrigada a ascender cara á superficie terrestre. É de cor clara, agrisada, e está integrada por grans grosos de cuarzo, feldespato e mica.

Rochedo con pedra de abalar. Ávila.

40 2 O relevo peninsular
Fonte: Terán, M. e Solé, L.: Op. cit. 0 100 200 300 km
M a r M editerráneo OCÉANO ATLÁNTICO
ILLAS CANARIAS
Mar Cantábrico
ILLAS BALEARES
1 Areaspardoamarelentas Domo Rochedo
Caos
Pedra
Tor Crista 1
compacto
de bólas
de abalar

5.2 A área calcaria

Está integrada por rochas da era secundaria pregadas no Terciario.

A súa localización forma un «Z» invertido que se estende polos Prepireneos, os Montes Vascos, o sector oriental da cordilleira Cantábrica, o sistema Ibérico, parte da cordilleira Costeiro-Catalá e a cordilleira Subbética.

A rocha predominante desta área é a calcaria*, unha rocha dura que se fractura formando gretas ou diáclases e que se disolve doadamente coa auga acidulada —lixeiramente ácida polo CO2 que leva disolto—. Dá lugar a un relevo complexo, o relevo kárstico, que inclúe diversas formas:

a) Os lapiás ou lenares son sucos ou cavidades separados por tabiques máis ou menos agudos. Os sucos fórmanse polas augas de escorrentía sobre as vertentes (lapiás de vertente) ou sobre superficies chairas con fisuras (lapiás en mesa). As cavidades fórmanse en pequenos ocos onde se almacena a auga (mar de pedra ou lapiás alveolar).

b) As gargantas ou foces son vales estreitos e profundos, enmarcados por vertentes abruptas, causados polos ríos.

c) Os poljes son depresións alongadas de fondo horizontal enmarcadas por vertentes abruptas. Están percorridos total ou parcialmente por correntes de auga, que desaparecen subitamente por sumidoiros ou pozos (ponors) e continúan circulando subterraneamente. O polje pode inundarse de forma temporal ou permanente —transformándose nun lago— se se eleva o nivel das augas subterráneas ou se a auga recibida en superficie é máis da que pode infiltrarse polas gretas ou pozos.

d) As dolinas son grandes cavidades formadas nos lugares onde a auga se estanca. Poden ter formas diversas —circulares ou de embude— e unirse con outras veciñas, formando cavidades de trazado complicado denominadas uvalas.

e) As covas créanse ao infiltrarse a auga e circular subterraneamente polas fisuras do terreo calcario, orixinando galerías. Nelas adoitan formarse estalactitas a partir da auga, rica en carbonato cálcico, que gotea do teito, e estalagmitas a partir da auga depositada no solo. A auga infiltrada pode volver á superficie a través de mananciais ou resurxencias.

f) As simas son aberturas estreitas verticais que comunican a superficie coas galerías subterráneas. Orixínanse polo derrubamento dunha parte do teito dunha galería a partir dunha cavidade pola que se filtraba a auga.

Vocabulario

A calcaria é unha rocha sedimentaria, é dicir, formada no exterior da terra a partir de fragmentos de rochas ou de organismos preexistentes. Está constituída esencialmente por carbonato cálcico procedente de fragmentos calcarios de organismos mortos (calcarias orgánicas), de fragmentos de calcarias preexistentes destruídas pola erosión (calcarias detríticas) ou da precipitación do carbonato cálcico da auga (calcarias de precipitación).

ROCHAIMPERMEABLE

41 U 1
1
2
Lapiás de vertente. Escorca, Mallorca. Polje de Libar. Montejaque (Málaga).
Lapiás
Lapiás de vertente
en mesa Lapiás alveolar Caverna
CALCARIA Surxencia
Sima Uvala Dolina Polje Ponor
Estalactita
Garganta 1 2
Estalagmita

5.3 A área arxilosa

Está integrada por rochas sedimentarias do Terciario e do Cuaternario. Localízase nas concas sedimentarias das submesetas norte e sur, nas depresións do Ebro e do Guadalquivir, en áreas afundidas e nas chairas costeiras mediterráneas.

A rocha predominante nesta área é a arxila* , caracterizada pola súa escasa resistencia, que pode aparecer con outras rochas como margas, pedra de gra e xeso. Dá lugar a un relevo basicamente horizontal, xa que os terreos onde se depositou non sufriron pregamentos posteriores. A súa rápida erosión, debida á brandura dos materiais, crea dous tipos de relevo:

• Campiñas ou chairas suavemente onduladas. Fórmanse cando os ríos cortan e separan as estruturas horizontais de arxila, que se desgastan pronto debido á súa escasa resistencia.

• Cárcavas e badlands Fórmanse nas zonas onde alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias curtas e torrenciais, e non existe a protección vexetal, como o SE peninsular e o centro do val do Ebro. Nestas circunstancias, a auga de arroiada desgasta intensamente as vertentes, formando cárcavas ou sucos estreitos e profundos separados por arestas.

Cando as cárcavas se estenden por unha ampla superficie, crean unha paisaxe abrupta peculiar, denominada badlands.

Vocabulario

A arxila é unha rocha sedimentaria detrítica, é dicir, composta a partir da descomposición en grans doutras rochas. Ten cor alaranxada e escasa resistencia á erosión, pero coa auga adquire propiedades plásticas e impermeables e coa calor endurece.

Bardenas Reales, Navarra. O relevo arxiloso é predominantemente horizontal, ao non ter sufrido presións oroxénicas posteriores. Nas zonas onde alternan longos períodos secos con chuvias curtas e torrenciais, as augas de arroiada crean cárcavas ou sucos estreitos nas vertentes.

Actividades

STEM, CPSAA, CD, CCL

13 Relaciona historia xeolóxica, rochedo e relevo.

14 Sintetiza nun cadro os trazos das áreas silícea, calcaria e arxilosa.

15 Busca imaxes para cada unha das formas do relevo representadas nos bloques diagrama silíceo, calcario e arxiloso e acompáñalas da súa definición.

16 No mapa do rochedo, traza unha liña entre os cabos Ortegal e Gata.

Con axuda do mapa das unidades do relevo:

• Cita de NO a SE as unidades de relevo.

• Escribe os correspondentes tipos de rochedo que atravesa a liña.

42 2 O relevo peninsular

5.4 O relevo causado pola erosión diferencial

En cada unha das tres áreas citadas é frecuente a existencia de rochas de distinta orixe e resistencia. A erosión actúa entón de forma diferencial ou selectiva, dando lugar a distintos relevos segundo a disposición dos estratos.

a) Relevo horizontal ou aclinal (1). Cando os estratos son horizontais e alternativamente duros e brandos, os ríos abren vales que separan amplas plataformas, chamadas páramos, mesas, planas ou alcarrias. Os páramos teñen un cumio horizontal, formado polo estrato duro e unha fronte formada por unha cornixa dura e un flanco cóncavo coincidindo co estrato brando inferior. Os flancos erosiónanse máis rapidamente, de modo que os páramos se reducen. Así, convértense primeiro en cerros testemuña, moas ou outeiros, constituídos por outeiros de teito horizontal, e logo en antecerros ou outeiros cando desaparece o estrato duro superior. Paralelamente, ensánchase o espazo que separa os páramos, onde se forman chairas suavemente onduladas ou campiñas sobre os materiais brandos.

Este tipo de relevo pode observarse nas concas sedimentarias de meseta e nas depresións do Ebro e do Guadalquivir.

b) Relevo en costa ou monoclinal (2). Cando os estratos están suavemente inclinados e alternan materiais duros e brandos, a erosión fluvial crea un relevo en costas. Nelas distínguense un dorso ou reverso, formado polo estrato duro inclinado, e unha fronte cunha cornixa e un flanco cóncavo na capa branda, onde a erosión é máis rápida. O retroceso das costas pola erosión dá lugar tamén a cerros testemuña e antecerros. Este tipo de relevo é propio nos bordos das grandes concas sedimentarias, nas zonas de transición coas montañas que as delimitan.

«Tetas» de Viana, Guadalaxara. Son dous cerros testemuña ou outeiros coroados por un estrato duro horizontal que marca a altura do antigo páramo calcario. A erosión do páramo fixo aflorar os materiais inferiores arxilosos, que dan lugar a un relevo suavemente ondulado de campiñas.

Actividades

17 Contrasta as semellanzas e as diferenzas entre un relevo horizontal e un relevo en costa.

Hornillalatorre, en Las Merindades (Burgos). Relevo en costa labrado pola erosión da rede fluvial dos ríos Ebro e Rudrón sobre o páramo calcario de La Lora, situado na zona de transición entre a meseta do Douro e a cordilleira Cantábrica.

43 U 1
Cornixa coincidindo co estrato duro Flanco cóncavo no estrato brando Dorso da costa sobre o estrato duro inclinado Cerro testemuña Antecerro Cerro testemuña 2
STEM, CCL
Campiña Mesa
b) Flanco cóncavo
Antecerro Cerro testemuña Páramo Fronte 1
a) Cornixa

Formación do relevo apalachiano

O relevo experimenta un rexuvenecemento por novas presións oroxénicas.

A erosión reactívase e actúa de forma diferencial desgastando primeiro os materiais máis brandos.

Resultado: relevo de serras longas, paralelas e de altitude similar nos materiais duros, separadas por vales abertos nos estratos brandos.

Resultado: relevo de serras longas, paralelas e de altitude similar nos materiais duros, separadas por vales abertos nos estratos brandos.

c) Relevo pregado. Cando os estratos están pregados e formados por materiais de diferente dureza, créanse os relevos apalachiano e xurásico.

• O relevo apalachiano (3) fórmase a partir dunha antiga cordilleira herciniana, de dobras alternativamente duras e brandas, arrasada e aplanada pola erosión, que experimenta un posterior levantamento. Entón reactívase a erosión, que actúa de forma diferencial, creando un relevo no que alternan cristas e vales. As cristas, formadas nos estratos duros, son serras longas, paralelas entre si e de altitude similar, e sepáranse por vales abertos pola erosión nos materiais brandos. Este tipo de relevo pode observarse na parte occidental da cordilleira Cantábrica, nos montes de Toledo e en Serra Morena.

• O relevo xurásico (4) fórmase nas cordilleiras novas constituídas por dobras anticlinais —convexas— (A) e sinclinais —cóncavas— (S), alternativamente duras e brandas. A erosión diferencial comeza polos anticlinais, creando vales paralelos e perpendiculares ao cumio (combes e cluses, respectivamente), mentres os sinclinais acumulan sedimentos. Unha vez que a erosión perfora o estrato duro dos anticlinais, o seu baleirado é rápido, converténdose en vales (vales anticlinais VA). Como resultado, quedan levantados entre eles os antigos vales sinclinais (sinclinais colgados SC), de modo que o relevo se inverteu. Posteriormente, a erosión do val sinclinal sacará á superficie o anticlinal do estrato inferior (anticlinal exhumado) e o ciclo reiniciarase. Este tipo de relevo existe no sistema Ibérico, a parte oriental da cordilleira Cantábrica, os Pireneos e as cordilleiras

Formación do relevo xurásico

Cluses ou val transversal ao cumio

Anticlinal baleirado (val anticlinal)

Actividades

STEM, CCL

18

Explica a evolución dun relevo xurásico utilizando todos os termos que aparecen no correspondente bloque-diagrama.

Combes ou val paralelo ao cumio

Anticlinal exhumado (aflora ao erosionarse o val anticlinal)

Sinclinal colgado. O antigo val sinclinal queda elevado ao baleirarse os anticlinais que o flanqueaban.

Relevo xurásico. Sinclinal colgado. Castelo de Acher, Val d'Hecho, Huesca. É un antigo val que quedou elevado ao erosionarse os anticlinais que o flanqueaban.

44 2 O relevo peninsular
Béticas. Fórmase unha cordilleira herciniana. É arrasada pola erosión. E recuberta de sedimentos. O relevo experimenta un rexuvenecemento por novas presións oroxénicas. A erosión reactívase e actúa de forma diferencial desgastando primeiro os materiais máis brandos. Fórmase unha cordilleira herciniana. É arrasada pola erosión. E recuberta de sedimentos.
3
Anticlinal Calcarias Margas A S S S VAI VAI SC Sinclinal 4
Relevo apalachiano. Las Villuercas, Cáceres.

Zócolo herciniano

Bloques do zócolo rexuvenecidos

Depresións terciarias de zócolo interiores da Meseta

Cordilleiras pregadas de tipo intermedio

Cordilleiras alpinas exteriores á Meseta

Zonas

6. AS UNIDADES MORFOESTRUTURAIS DO RELEVO PENINSULAR

O relevo peninsular organízase arredor da Meseta. É unha chaira elevada dividida en dous sectores polo sistema Central: a submeseta norte e a submeseta sur, esta última lixeiramente accidentada polos montes de Toledo. Rodeando a Meseta dispóñense rebordos montañosos (macizo Galaico, cordilleira Cantábrica, sistema Ibérico e Serra Morena), dúas depresións exteriores (a do Ebro e a do Guadalquivir), e cadeas montañosas periféricas (Montes Vascos, Pireneos, cordilleira Costeiro-Catalá e cordilleiras Béticas).

6.1 A Meseta

A Meseta é unha elevada chaira situada a uns 600-800 metros de altitude media. Formouse na era primaria pola erosión do antigo macizo Hespérico, xurdido na oroxénese herciniana. No Terciario, a Meseta foi deformada e destruída en gran parte durante a oroxénese alpina, de modo que dentro dela poden diferenciarse tres unidades: o antigo zócolo paleozoico, as serras interiores e as concas sedimentarias interiores.

a) O antigo zócolo paleozoico só aflora hoxe ao oeste peninsular (penechairas zamorano-salmantina e estremeña). Aquí a erosión eliminou os materiais terciarios que recubrían o zócolo, deixando ao descuberto os materiais silíceos primarios: granito, lousa e cuarcita. O

45 U 1
A Garrotxa Illas Columbretes Campo de Calatrava Pena de Cancarix Mar menor Cabo de Gata Cartaxena Illa de Alborán ILLAS BALEA R E S
CANARIAS OCÉANO ATLÁNTICO Mar Cantábrico M a r M e d i t e r r á n e o OCÉANO ATLÁNTICO Ceuta Melilla MONTES VASCOS CORDILLEIRA COSTEIRO-CATALÀ MACIZO GALAICO CORDILLEIRA CANTÁBRICA PIRENEOS SISTEMA CENTRAL MONTES DE TOLEDO SERRA MORENA CORDILLEIRAS BÉTICAS SISTEMA IBÉRI C O DEPRESIÓN DO DOURO HOYA DE MÁLAGA HOYA DE GUADIX HOYA DE BAZA DEPRESIÓNDOEBRO DEPRESIÓNDOGUADALQUIVIR DEPRESIÓN DO TEXO CHAIRA L E V A N T INA ZAMORA N AS A ANITNAML PEN E C AH I AR PENE C H A I AR ESTREMEÑA
ILLAS
MORFOESTRUTURAIS DE ESPAÑA
UNIDADES
Depresións terciarias prealpinas periféricas da Meseta Sectores de antigos macizos hercinianos volcánicas 0 100 200 300 km

relevo está constituído por penechairas ou superficies de erosión moi suavemente onduladas. As modeladas sobre granito son máis planas (norte de Salamanca) que as modeladas sobre lousa (sur de Salamanca e Estremadura). As penechairas están accidentadas por montes illa e afloramentos rochosos, ou relevos residuais constituídos por rochas máis resistentes, como os formados sobre as cuarcitas que salpican a penechaira estremeña.

Na zona de contacto das penechairas coas concas sedimentarias da Meseta existen profundas gargantas (arribes) creadas polos ríos ao encaixarse sobre os materiais duros das penechairas.

b) As serras interiores da Meseta son o sistema Central e os montes de Toledo. Formáronse no Terciario polo levantamento dalgúns bloques do zócolo da Meseta como resultado da oroxénese alpina. Os dous son de rochedo primario (granito, lousa, gneis) e teñen formas redondeadas e cumios aplanados, posto que son superficies de erosión levantadas.

• O sistema Central é máis alto e divide a Meseta, aproximadamente, pola metade. As súas serras máis destacadas son Somosierra, Guadarrama, Gredos, Peña de Francia e Gata.

• Os montes de Toledo son de menor altura e dividen en dúas a submeseta sur, separando as concas do Texo e do Guadiana. A súa serra máis importante é a de Guadalupe.

As serras interiores da Meseta presentan en moitos sectores cumios aplanados e formas suaves. Este feito débese a que son zonas que xa foran erosionadas e achandadas e volveron levantarse no Terciario.

(A) Serra de Guadarrama no sistema Central.

(B) Serra de Guadalupe nos montes de Toledo.

46 2 O relevo peninsular
A B Penechaira estremeña con afloramentos rochosos, constituídos por rochedo máis resistente á erosión. Corte litolóxico do zócolo paleozoico e das concas sedimentarias da Meseta. Monte illa Arribe Cerro testemuña A
oramento rochoso Penechaira Campiña
Antigo zócolo paleozoico Conca sedimentaria interior Campiña Páramo

c) As concas sedimentarias interiores da Meseta son as das submesetas norte e sur. Formáronse no Terciario polo afundimento de bloques do zócolo da Meseta como resultado da oroxénese alpina.

As concas constituíron primeiro lagos. Logo enchéronse con materiais terciarios, dispostos horizontalmente en estratos brandos na parte inferior (arxilas, areas, xesos e margas) e duros na parte superior (calcarias). O resultado foi un relevo de páramos, campiñas e costas.

• Os páramos son superficies estruturais planas e elevadas formadas polos estratos duros calcarios. Neles a erosión fluvial labrou vales en U que os cortan e separan en mesas máis pequenas. Os páramos localízanse na zona norte e leste da conca da submeseta norte e na zona leste da submeseta sur (La Alcarria, Mesa de Ocaña e La Mancha).

• As campiñas son chairas baixas suavemente onduladas percorridas por ríos. Fórmanse onde os páramos foron erosionados e afloran as arxilas e margas dos niveis inferiores. Nelas son frecuentes os cerros testemuña ou outeiros, relevos residuais coroados polas calcarias dos páramos. As campiñas máis destacadas son as percorridas polos ríos Douro, Texo e Guadiana.

• As costas son zonas inclinadas entre os páramos e as campiñas.

A conca da submeseta norte é máis alta (800-850 m de altitude media); é máis uniforme, xa que toda ela pertence a unha soa conca hidrográfica —a do Douro—; e está case totalmente encerrada por montañas.

A conca da submeseta sur é máis baixa (500-700 metros); está accidentada na súa parte media polos montes de Toledo, que a dividen en dúas concas hidrográficas —a do Texo e a do Guadiana—, e ábrese ao océano Atlántico.

6.2 Os rebordos montañosos da Meseta

Os rebordos montañosos da Meseta son o macizo Galaico-Leonés, a cordilleira Cantábrica, o sistema Ibérico e Serra Morena. Formáronse no Terciario polo levantamento de bloques da Meseta ou polo pregamento dos materiais depositados polo mar no bordo oriental da Meseta.

a) O macizo Galaico-Leonés formouse no Terciario polo levantamento do ángulo noroeste do zócolo da Meseta durante a oroxénese alpina. Os seus materiais, polo tanto, son paleozoicos. O relevo presenta montañas redondeadas de pouca altura, cortadas por multitude de fallas. As súas serras máis destacadas son Segundera, Cabrera e Os Ancares.

Actividades

19 Sintetiza nun cadro os trazos das tres unidades que compoñen a Meseta: localización, cronoloxía, formación, materiais e formas do relevo.

20 Identifica as unidades da Meseta representadas no corte litolóxico e relaciónaas coas correspondentes imaxes.

21 Explica as semellanzas e as diferenzas entre o sistema Central e os montes de Toledo e entre as submesetas Norte e Sur.

47 U 1
Submeseta norte: páramo no leste de Madrid. Submeseta sur. Cerro testemuña e campiña na Mancha. Serra dos Ancares. Macizo Galaico-Leonés. CPSAA, STEM, CCL

b) A cordilleira Cantábrica ten dous sectores ben diferenciados:

• O sector oeste, o macizo Asturiano, formouse no Terciario polo levantamento deste sector do zócolo da Meseta durante a oroxénese alpina. Os seus materiais, polo tanto, son paleozoicos. No seu extremo occidental, a diferente dureza dos materiais (lousas e cuarcitas) deu lugar a un relevo apalachiano. No seu extremo oriental existe un grande afloramento de calcarias primarias, que constitúe os Picos de Europa. Aquí encóntranse as maiores alturas da cordilleira (Torre de Cerredo —2 648 m—, Peña Vieja e o Naranjo de Bulnes).

• O sector leste da cordilleira, a Montaña Cantábrica, formouse no Terciario polo pregamento de materiais secundarios depositados polo mar no bordo da Meseta. Estes materiais son sobre todo calcarias, aínda que en certos sectores a diferente dureza dos materiais creou relevos xurásicos invertidos.

c) O sistema Ibérico é unha cordilleira intermedia, formada no Terciario polo pregamento de materiais secundarios depositados polo mar no bordo oriental do zócolo da Meseta. Polo tanto, os seus materiais son principalmente calcarios, aínda que existen sectores de rochedo paleozoico onde aflora o zócolo da Meseta e sectores de rochedo arxiloso enchendo fosas internas. A estrutura do sistema Ibérico consta de dúas partes:

• O terzo norte, de dirección NO-SE, inclúe as maiores alturas da cordilleira. As serras máis destacadas son o Moncayo (2 313 m), Picos de Urbión e Cebollera (as tres calcarias) e a Demanda (paleozoica).

• Desde o sueste de Soria, o sistema Ibérico bifúrcase en dúas ramas: a rama interior ou castelá (serra de Albarracín, paleozoica, e Serranía de Cuenca, calcaria) e a rama exterior ou aragonesa (serras de Javalambre e Gúdar, de materiais calcarios). As dúas están separadas por unha fosa tectónica (a fosa de Calatayud), que se encheu con materiais terciarios.

d) Serra Morena non é propiamente unha cordilleira, senón un brusco chanzo que separa a Meseta do val do Guadalquivir. Interpretouse como unha xigantesca falla, pero parece que se trata dunha gran flexión fracturada en moitos puntos. Formouse no Terciario polo pulo desde o sur ao levantarse as cordilleiras Béticas. O rochedo é paleozoico, de cor escura, igual que a súa vexetación (xara). Ambas as dúas características danlle o seu nome. As súas serras máis destacadas son Madrona, Pedroches e Aracena.

Actividades

22 Compara os rebordos montañosos da Meseta: localización, cronoloxía, formación, materiais e formas do relevo.

23 Consulta na web do Instituto Xeográfico Nacional a altitude do cumio máis elevado dos rebordos montañosos da Meseta. Elabora un gráfico e saca conclusións. Valora a utilidade do Atlas Nacional de España e a súa información sobre o relevo.

24 Con que dous tipos de unidades do relevo e de rochedo se relacionan os dous sectores da cordilleira Cantábrica?

25 Explica o porqué destas afirmacións: o macizo Galaico-Leonés está cortado por numerosas fallas; o sistema Ibérico ten sectores silíceos e arxilosos; Serra Morena non é propiamente unha cordilleira.

48 2 O relevo peninsular
Sistema Ibérico. Picos de Urbión. Serra Morena. Serra de Aracena. CPSAA, CD, STEM, CCL Montaña Cantábrica. Liébana.

6.3 As depresións exteriores da Meseta

As depresións exteriores da Meseta son as percorridas polos ríos Ebro e Guadalquivir. As dúas son concas ou fosas prealpinas de forma triangular xeradas no Terciario paralelamente ás cordilleiras alpinas. Logo enchéronse con potentes espesores de sedimentos terciarios e cuaternarios, dado que son concas de subsidencia, cuxos fondos se afundiron progresivamente durante o Terciario. Hoxe constitúen relevos practicamente horizontais.

a) A depresión do Ebro é paralela aos Pireneos e encóntrase pechada por estes, polo sistema Ibérico e pola cordilleira Costeiro-Catalá. Ocupa o lugar onde estivo o antigo macizo do Ebro, que fora intensamente erosionado, e afundiuse mentres se elevaban as cordilleiras que o bordean. A depresión estivo primeiro ocupada polo mar, pero logo pechouse, transformándose nun gran lago ata finais do Terciario, cando o Ebro abriu paso ata o mar a través da cordilleira Costeiro-Catalá. Polo tanto, os seus materiais son mariños e continentais, e orixinan distintas formas de relevo, segundo a súa dureza e a aridez do clima.

• Os somontanos ou pés de monte pirenaico e ibérico son terras levemente inclinadas entre as serras exteriores e o centro da depresión. Na zona máis próxima ás serras predominan os conglomerados, materiais grosos e duros transportados polos ríos. Neles fórmanse mallos ou torres grandes rochosas a partir de fracturas verticais (mallos de Riglos). Na zona máis próxima ao centro da depresión predominan as pedras de gra, margas e arxilas, onde se forman costas e fosas, ou depresións sobre materiais máis brandos (fosas de Huesca e Barbastro).

• No centro da depresión, os estratos son horizontais e alternativamente de calcarias duras e de arxilas, margas e xesos brandos. O resultado é un relevo de mesas ou planas onde se conservan as calcarias, e de badlands sobre os materiais brandos, dada a aridez da zona.

b) A depresión do Guadalquivir é paralela ás cordilleiras Béticas e disponse entre estas, Serra Morena e o océano Atlántico. Primeiro estivo aberta ao mar, logo converteuse nun lago litoral ou albufeira e, máis tarde, por colmatación, en marismas pantanosas. Encheuse con arxilas, calcarias e margas mariñas. O relevo, dado o predominio das arxilas, forma campiñas suavemente onduladas. Cando xorden os mantos de calcaria, fórmanse mesas e cerros testemuña ou outeiros.

Actividades

26 Compara nun cadro as depresións do Ebro e do Guadalquivir en canto á localización, cronoloxía, formación, materiais e formas do relevo.

27 Sinala as principais semellanzas e diferenzas entre as depresións do Ebro e do Guadalquivir.

28 Que tipos de relevo e de rochedo poden encontrarse nas depresións prealpinas?

(1) Nunha primeira fase fórmanse fracturas verticais e perpendiculares sobre unha superficie chaira. (2) A erosión actúa máis rapidamente ao longo das fracturas, que se afondan. (3) Deste xeito vanse individualizando progresivamente torres grandes rochosas que, coa acción da auga, acaban sendo desgastadas e adoptan formas redondeadas.

49 U 1
CPSAA, STEM, CCL Depresión do Guadalquivir. Mallos de Riglos.
1 3 2
Formación dun relevo de mallos

1. As cordilleiras exteriores da Meseta

As cordilleiras exteriores da Meseta son os Pireneos, os Montes Vascos, a cordilleira Costeiro-Catalá e as cordilleiras Béticas. Formáronse na oroxénese alpina do Terciario polo pregamento de materiais secundarios cubertos polo mar. E todas elas inclúen sectores de antigos macizos hercinianos rexuvenecidos.

a) Os Pireneos posúen unha estrutura complexa.

• O eixe ou zona axial corresponde ao antigo macizo herciniano de Aquitania, que rexuveneceu na oroxénese alpina. Está formado por materiais paleozoicos e posúe un relevo abrupto debido á acción do xeo. Nesta zona encóntranse as maiores altitudes da cordilleira (Montes Malditos co Aneto —3 404 m—).

• Os Prepireneos encóntranse ao sur da zona axial. Formáronse na oroxénese alpina do Terciario polo pregamento dos materiais secundarios depositados na fosa pirenaica. Están formados por calcarias e posúen un relevo máis suave e menos alto que o da zona axial. Estrutúranse en dúas aliñacións paralelas ao eixe: as serras interiores e as serras exteriores.

• A depresión media pirenaica é unha longa e estreita depresión margosa que separa as serras interiores e as serras exteriores prepirenaicas.

b) Os Montes Vascos na súa maior parte prolongan os Prepireneos. Polo tanto, son de rochedo calcario, formas suaves e moderada altitude. O Pireneo axial só aflora no extremo oriental, de rochedo paleozoico. E a depresión media pirenaica na Llanada Alavesa, de rochedo arxiloso. As súas maiores elevacións son Aralar e Peña Gorbea.

50 2 O relevo peninsular
Pireneo axial. Aneto Coronas Pico del Medio Maldito Maladetas Serra de Aralar e monte Txindoki.

Montserrat.

c) A cordilleira Costeiro-Catalá sepárase dos Pireneos por fallas, que deron lugar a unha rexión volcánica con máis de corenta conos. A metade norte é de materiais paleozoicos, restos do vello macizo herciniano Catalano-Balear levantados na oroxénese alpina. A metade sur está constituída por materiais calcarios secundarios depositados sobre o zócolo paleozoico e pregados na oroxénese alpina. A cordilleira está dividida en dúas aliñacións: unha paralela á costa, de escasa altura (Altos do Garraf) e outra interior máis alta (Montseny, Montserrat). As dúas están separadas por unha depresión prelitoral lonxitudinal ou fosa tectónica, que se encheu con materiais terciarios e cuaternarios, dando lugar a un relevo de outeiros suaves e vales.

d) As cordilleiras Béticas estrutúranse en tres unidades.

• A cordilleira Penibética bordea a costa. Formouse no Terciario ao acaroarse a Iberia a rama norte do antigo macizo Bético-Rifeño, que rexuveneceu ante o pulo do continente africano. Os seus materiais son paleozoicos e o relevo encerra os cumios máis elevados da Península en Serra Nevada: os picos Mulhacén —3 479 m— e Veleta.

• A cordilleira Subbética localízase no interior. Formouse no Terciario polo pregamento dos materiais secundarios depositados polo mar na fosa bética, ante os empuxes da cordilleira Penibética e o achegamento da placa africana á ibérica. Estes materiais eran alternativamente duros (calcarias) e brandos (margas), polo que ao pregarse orixinaron mantos de corremento e cabalgamentos* , é dicir, desprazamentos horizontais de materiais a considerable distancia do seu lugar de orixe. As serras subbéticas máis destacadas son Grazalema, Ubrique e Cazorla.

• A depresión intrabética, entre as cordilleiras Penibética e Bética, encóntrase fragmentada en varias depresións pequenas (fosas de Ronda, Antequera, Guadix e Baza). Encheuse con materiais terciarios, que dan lugar a unha paisaxe de badlands dada a aridez do clima.

Actividades

CPSAA, STEM, CCL

29 Compara nun cadro as cordilleiras exteriores da Meseta: localización, cronoloxía, formación, materiais e formas do relevo.

30 Preparar a tarefa. Seguindo as indicacións da técnica do final da unidade, elabora un perfil topográfico transversal dos Pireneos —entre o pico Aneto e Huesca— e outro das cordilleiras Béticas —entre Fernán Núñez en Córdoba e San Agustín en Almería—. Indica as unidades que se suceden e explica as similitudes e as diferenzas que se aprecian na estrutura das dúas cordilleiras.

31 Fai un gráfico de barras co cumio máis elevado de cada unha das cordilleiras exteriores da Meseta e coméntao.

Vocabulario

Mantos de corremento e cabalgamentos: desprazamento horizontal dunha gran masa de materiais debido á acción das forzas tectónicas do interior da Terra. Estes materiais alóctonos, ou procedentes doutro lugar, superpóñense sobre o rochedo autóctono. Os mantos de corremento teñen unha dimensión maior e desprázanse a máis distancia do seu lugar de orixe que os cabalgamentos.

51 U 1
1 2 3 4 5 6
1. Cordilleira Subbética. 2. Cordilleira Penibética. 3. Mar Mediterráneo. 4. Depresión intrabética. 5. Río Guadalquivir. 6. Serra Morena. O pico Mulhacén, na cordilleira Penibética, é o máis alto da Península, con 3 479 metros.

7. O RELEVO COSTEIRO PENINSULAR

As costas peninsulares son bastante rectilíneas, salvo as galegas. De aí a escasa penetración da influencia do mar no interior.

7.1 As formas do relevo costeiro

A morfoloxía das costas está condicionada polo relevo do interior. Os seus accidentes son moi variados:

• Os cabos son saíntes profundos da costa cara ao mar.

• Os golfos e baías son entrantes profundos do mar na costa. As baías son xeralmente de maior dimensión que os golfos, pero a diferenza entre os dous é pouco precisa.

• Os acantilados son costas que penetran no mar cunha forte pendente. Neles a erosión mariña crea covas nas partes baixas, ao desgastar as zonas de menor dureza; arcos mariños, ao perforar a parte inferior do acantilado; e farallóns ou agullas rochosas sobre o mar, ao desprenderse a parte superior do arco.

• As praias son extensións planas e pouco pendentes de area, grava ou seixos, localizadas ao nivel da costa. Están formadas por sedimentos continentais e mariños.

• As rasas son plataformas de erosión mariña paralelas á costa que quedaron elevadas sobre o nivel do mar. Poden graduarse en varios niveis, constituíndo «serras». Os niveis baixos, ao seren máis recentes, presentan formas planas, mentres que os máis altos foron atacados pola erosión e a planitude desaparece.

• As rías son entrantes costeiros estreitos, resultantes da invasión mariña do último tramo dun val fluvial. Este feito pode deberse ao ascenso do nivel do mar ou ao descenso da codia continental.

• As marismas son chairas de lama. Fórmanse en baías baixas, que se enchen cos sedimentos achegados polos ríos que as atravesan e polo mar, que as cobre en preamar e as deixa ao descuberto en baixamar.

• As frechas litorais son barras de area que prolongan unha costa rectilínea e areenta cara ao interior dunha baía. O seu extremo adoita estar curvado cara á terra (frechas de gancho). As frechas fórmanse polo transporte da area da costa cara ao interior da baía. Se a frecha chega a pechar a fronte da baía, denomínase cordón litoral.

• As albufeiras son lagos costeiros salgados separados do mar por un cordón de area que pecha unha baía. Adoitan acabar converténdose en marismas e colmatándose polas achegas terrestres.

• Os tómbolos son barras de area que unen illotes rochosos á costa. Poden ser dobres cando son dúas as barras areentas, quedando unha lagoa entre as dúas.

• Os deltas son saíntes costeiros formados cando un río achega máis sedimentos dos que pode redistribuír o mar, por tratarse dunha masa tranquila de auga, sen fortes correntes nin excesiva ondada.

• As dunas son montículos de area típicos das costas areentas. Fórmanse polo transporte e acumulación de area polo vento, que queda fixada pola vexetación. O perfil dunha duna é asimétrico: a cara de barlovento ten unha pendente suave e convexa, e a de sotavento é abrupta e cóncava. As dunas oriéntanse cara ao vento predominante.

52 2 O relevo peninsular
Lago Delta Praia Baía Frecha Rasa Arco Farallón Acantilado Transporte de area por deriva Cordón Albufeira Illote Cristas Tómbolo Rasa, acantilados e arcos mariños.

7.2 As costas atlánticas

Nas costas atlánticas diferéncianse tres sectores.

a) A costa cantábrica é bastante rectilínea: conta con poucos cabos (Matxitxako, Peñas, Ajo) e golfos (Biscaia) e as rías son curtas e estreitas (Nalón, Nervión). Nela son frecuentes os acantilados e as rasas, aínda que tamén existen algunhas praias areentas e tómbolos (Xixón, Santander e Donostia-San Sebastián).

b) A costa galega é a máis articulada de España. Polas súas rías o mar penetra ata 25 e 35 km no interior a través dos vales fluviais, abertos nas numerosas fracturas do macizo Galaico (rías de Ortigueira, Vigo e Arousa). Ademais, destacan algúns cabos (Ortegal, Fisterra).

c) A costa atlántica andaluza ten amplos golfos (Cádiz) e algúns cabos (Trafalgar e Tarifa). Trátase dunha costa baixa e areenta onde se forman marismas nas desembocaduras dos ríos (Guadalquivir, Tinto, Odiel), frechas (El Rompido) e campos de dunas (Doñana).

53 U 1
Cabo Mayor e rasa, Santander. Ría de Ferrol. A Coruña. Marismas do Guadalquivir. Frecha de El Rompido e dunas, Huelva.

7.3 As costas mediterráneas

Nas costas mediterráneas distínguense tamén tres sectores.

a) A costa penibética esténdese entre a punta de Tarifa e o cabo de Gata. É bastante rectilínea, a excepción dalgún cabo pouco pronunciado (Sacratif) e do golfo de Almería. Presenta tramos acantilados onde as cordilleiras Béticas discorren paralelas ao litoral e tramos de costa baixa que forman unha estreita chaira litoral creada polas achegas da cordilleira Penibética. Nalgúns sectores de Almería existen terrazas mariñas ou praias elevadas sobre o nivel do mar debido ao levantamento da costa desde finais do Terciario.

b) A costa levantina comprende desde o cabo de Gata ao delta do Ebro. Os seus principais accidentes son cabos (Palos, La Nao), baías (Alacant) e golfos (Valencia). Nesta costa son frecuentes as praias amplas e areentas, as albufeiras (Mar Menor, Valencia), os tómbolos (Ifac, Peñíscola) e os pequenos deltas orixinados por ríos pouco caudalosos ou de carácter torrencial (Vinalopó).

c) A costa catalá esténdese entre o delta do Ebro e a fronteira con Francia. Presenta cabos (Creus) e golfos (Sant Jordi e Roses), costas acantiladas onde o extremo da cordilleira Costeiro-Catalá chega ata o mar (Costa Brava) e praias e pequenas chairas litorais entre os promontorios rochosos. Tamén conta con algúns deltas (Ebro e Llobregat).

Actividades

32 Localiza nun mapa físico os principais cabos e golfos da Península. Sitúa tamén exemplos dos accidentes costeiros que se citan no texto.

33 Consigue en Internet unha imaxe dos accidentes costeiros que figuran no bloque-diagrama e acompáñaas coa correspondente definición.

34 Explica as semellanzas e as diferenzas entre estas parellas de conceptos: praia e terraza mariña; ría e golfo; frecha e cordón litoral; delta e cabo.

35 Sintetiza nun cadro os principais accidentes das costas atlánticas e mediterráneas.

54 2 O relevo peninsular
Costa acantilada. Cabo de Creus. Acantilados do cabo de Gata. Tómbolo. Penyal d'Ifac, Alacant. STEM, CD, CPSAA, CCL

O relevo das illas Baleares

Xeoloxicamente, as illas Baleares son un elo entre as dúas cordilleiras alpinas do Mediterráneo: Mallorca, Eivissa e Formentera son fragmentos emerxidos da cordilleira Subbética e Menorca está ligada á cordilleira Costeiro-Catalá.

a) Mallorca presenta tres conxuntos:

• A Serra Tramuntana, ao norte, é de rochedo calcario, abrupta, e contén a maior altura do arquipélago, o Puig Mayor (1 445 metros).

• As Serras de Llevant, tamén calcarias, non alcanzan os 500 metros. As maiores alturas encóntranse no nordés (macizo de Artá). No extremo sur da illa, as serras somérxense para emerxer despois no subarquipélago de La Cabrera.

• A depresión central, ou Pla, entre as dúas serras, é de rochedo arxiloso e relevo suave.

b) Eivissa e Formentera, unidas ata o Cuaternario, repiten o esquema mallorquino: un relevo montañoso calcario ao norte de Eivissa, un macizo ao leste de Formentera (La Mola) e, entre os dous, unha chaira que ocupa o sur de Eivissa e case toda Formentera.

c) Menorca presenta dous conxuntos. A metade norte ten unha aliñación montañosa paleozoica, de baixa altura e formas suaves, a Tramuntana, que enlaza coa parte norte da cordilleira Costeiro-Catalá. A metade sur, o Migjorn, é chaira, de materiais calcarios mesozoicos e arxilosos terciarios. Sepárase da anterior mediante unha falla.

As costas baleares teñen algúns cabos pronunciados (Formentor en Mallorca, Cavallería en Menorca) e profundas baías (Palma e Alcudia en Mallorca, Portmany en Eivissa). Os acantilados predominan nas áreas onde os relevos montañosos chegan ata o mar (norte de Mallorca e de Menorca). No resto, alternan praias longas e areentas con numerosas calas abertas polos torrentes. Tamén existen algunhas albufeiras (Alcudia e Pollença en Mallorca e Es Grau en Menorca).

Actividades

36 Por que as serras das illas de Mallorca e Menorca están constituídas por distintos materiais?

en Internet unha imaxe de cada unha e indica as diferenzas que se aprecian.

37 Localiza nun mapa os relevos montañosos e os accidentes costeiros das illas Baleares que se mencionan no texto.

38 Que relación teñen as costas de Baleares co relevo das illas? Pon exemplos concretos.

esAmunts

55 U 1
Mar Mediterráneo Canal de Cabrera Baíade Pollença Badia de Son Servera Portmany B . de Baía d´Alcúdia Badia de Fornells Baía de Palma Cabo de ses Salines Punta des Bous Punta Plana Cabo des Llamp Cabo de Cala Figuera Cabo Blanc Punta de Deià Cabo de Llebeig Cabo des Falcó Cabo des Pinar Punta Beca Cabo de Ferrutx Cabo de Formentor Cabo de Catalunya Cabo Vermell Punta de s’Homenet Punta de n’Amer Cabo des Freu Punta de Capdepera Cabo de Favàritx Cabo d’Artrutx Cabo de Banys Cabo de Cavalleria Punta de s’Esperó Cabo Gros Punta de sa Galera Punta Grossa Cabo d’Aubarca Cabo des Falcó Punta Arabí Punta ses Portes Cabo des Llibrell Punta Roja Punta de sa Gavina Cabo de Barbaria sa Dragonera Illa des Conills CABRERA MALLORCA Illa de l’Aire MENORCA Tagomago s’Espardell s’Espalmador sa Conillera es Vedrà EIVISSA FORMENTERA Puig Major 1 445 Sant Salvador 510 La Mola 192 Puig Morell 562 Massanella 1 349 el Toro 350 sa Talaiassa 415 es Pla Serres de L le v ant Serra Tramuntana S.denaBurguesa Massísd'Artà deMassís Randa MTramuntana igjorn
Serra Grossa 1 500 1 000 500 200 0 1 500 1 000 500 200 0 Altitude (m) 0 100 km 80 60 40 20 Serra Tramuntana. A Vall. Menorca.
Busca
CCL
STEM, CD,
3

O relevo das illas Canarias

As illas Canarias son de orixe volcánica. Xurdiron no Terciario, cando a oroxénese alpina creou fracturas no fondo do océano Atlántico polas que ascenderon grandes masas de rochas volcánicas —sobre todo basalto— que formaron as illas.

a) Os tipos de relevo volcánico de Canarias son moi variados.

• Os conos volcánicos son elevacións cónicas abertas no cumio orixinadas polo amontoamento de materiais volcánicos arredor da boca de emisión, como cinzas e lapillis ou pedras pequenas. Algúns son activos en Tenerife, La Palma e Lanzarote.

• As caldeiras son grandes cráteres circulares enmarcados por abruptas pendentes. Orixínanse pola explosión dun volcán (caldeira de Bandama en Gran Canaria) ou polo seu afundimento (caldeira de Las Cañadas de Tenerife).

• Os malpaíses son terreos abruptos formados ao solidificarse rapidamente as coadas de lava en forma de ondas ou de bloques.

• Os diques e os roques son condutos de emisión de magma, recheos de lava solidificada, que quedaron ao descuberto pola erosión diferencial. Os diques son muretes formados cando o conduto é unha fisura horizontal.

E os roques son agullas formadas cando o conduto é a cheminea vertical dun cono volcánico, aínda que tamén poden estar formados só por rochas máis resistentes á erosión (Roque Nublo).

• Os barrancos son vales estreitos, escarpados e de curto percorrido, creados polo encaixe dos torrentes no terreo volcánico. Formáronse nunha época cun clima máis húmido que o actual, que permitía a existencia de correntes de auga capaces de provocar esta forte erosión

Caldeira Coada de lava

Malpaís

Cheminea Cono

Actividades

CD, CCEC, CCL, STEM

39 Busca en Internet imaxes dos tipos de relevo volcánico que figuran no debuxo e ponlles a súa definición.

40 Indica as formas do relevo volcánico que resultan da acumulación ou a erosión de materiais.

41 Escribe en que zonas de Canarias existen acantilados e praias areentas e explica os motivos.

MAGMA

Roques

Dique

b) As costas canarias reformáronse varias veces debido ás erupcións volcánicas. Nelas predominan os acantilados sobre as praias.

• Os grandes acantilados 100 a 500 m son propios dos macizos antigos: costa de Los Gigantes en Tenerife. Os menos elevados 70 a 100 m aséntanse sobre os materiais de erupcións recentes.

• As praias teñen escaso desenvolvemento. Nas illas occidentais, a estreita plataforma litoral non favorece a acumulación de area. Polo tanto, as praias son franxas de cantos e bloques ao pé dos acantilados ou na desembocadura dos barrancos. Nas illas orientais, a maior anchura da plataforma litoral nalgúns sectores permite a existencia de praias areentas, onde o vento forma amplas extensións de dunas (Maspalomas, en Gran Canaria).

56
4
Acantilado de Famara, Lanzarote. Volcán do Teide e roque Cinchado, Tenerife.

O espazo xeográfico galego

1. SITUACIÓN E LÍMITES DE GALICIA

A Comunidade Autónoma de Galicia, localizada no extremo noroeste da península ibérica, abrangue unha superficie de 29 434 km2, o que supón, aproximadamente, o 5,8 % da extensión total de España.

Os seus límites son nítidos: está rodeada por dúas grandes masas de auga (o mar Cantábrico, ao norte, e o océano Atlántico, ao oeste); cara ao sur fai fronteira con Portugal, con quen comparte o río Miño; e cara ao leste, as cordilleiras orientais e sudorientais enlazan, ao mesmo tempo que individualizan o territorio, co resto do estado español.

A imaxe que se deu de Galicia a través de guías de viaxe e, incluso, de antigos estudos de carácter científico, estivo marcada por unha serie de tópicos que nos mostran un territorio chuvioso, sempre verde, onde a antigüidade do relevo xerou formas moi suaves e de escasa altitude. Non obstante, Galicia presenta unha gran diversidade xeográfica, con multitude de contrastes climáticos e orográficos que condicionaron historicamente a distribución da poboación e o desenvolvemento das súas actividades.

Actividades

42 Observa o mapa desta páxina e indica as características do relevo galego que se aprecian nel.

43 Indica que tipo de unidades morfolóxicas corresponden a formas topográficas planas e cales a relevos montañosos.

44 Observa as fotografías da páxina seguinte. Contesta, para cada unha delas, que formas se identifican?; cales son as súas características?

U 1 5
9˚O 8˚O 7˚O 43˚N 42˚N 7˚O 8˚O 9˚O 42˚N 43˚N A CORUÑA FERROL LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA 225km 226 km Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense) 6º 42’ L Feces (Verín, Ourense) 41º 49’ N Estaca de Bares (Mañón, A Coruña) 43º 47’ N Cabo Touriñán (Muxía, A Coruña) 9º 18’ O PORTUGAL PRINCIPADO DE ASTURIAS CASTELA E LEÓN OCÉANO
Mar Cantábrico Serras Super cies de aplanamento Depresións Vales uviais importantes Franxa litoral Fonte: Edicións Nauta. SITUACIÓN E RELEVO DE GALICIA 0 20 40 km
ATLÁNTICO
STEM, CCL

2. O RELEVO DE GALICIA

O relevo galego organízase mediante unha sucesión de bloques afundidos e elevados que presentan un aumento xeral das alturas desde a costa cara ao interior. A modo de síntese, pódense diferenciar as seguintes unidades morfolóxicas:

• A franxa litoral. Galicia conta con preto de 1 500 km de costa, a máis extensa da Península Ibérica, que presentan unha gran diversidade paisaxística e ambiental. Así, o carácter abrigado das rías, que constitúe o trazo máis diferenciador do litoral galego, contrasta con sectores de acantilados de gran crueza, como os da Costa da Morte ou A Capelada, na Coruña, e co carácter rectilíneo da rasa cantábrica, que ocupa un pequeno tramo de costa cara ao límite con Asturias.

• As serras. No extremo oriental de Galicia érguese un paredón rochoso creado por un encadeamento de serras, entre as que destacan as dos Ancares, do Courel e do Eixe, onde atopamos as maiores elevacións. A intricada configuración deste sector, no que algúns picos superan os 2 000 metros (Pena Trevinca, 2 124 m) de altitude, dificulta enormemente as comunicacións coa Meseta.

Desde o punto de vista litolóxico, estas serras formadas durante a oroxénese alpina, na era terciaria, caracterízanse pola súa gran diversidade, con presenza de lousas, cuarcitas, calcarias e pequenas áreas de dominio granítico. Esta circunstancia, unida á intensa acción erosiva dos ríos Miño, Eo, Navia e Sil, e aos procesos de orixe glacial e preglacial, deu lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión de vales e cumios coroados fundamentalmente por cristas de cuarcita.

Por outra parte, o tránsito entre a Galicia costeira e a interior vén marcado polas serras setentrionais e centro-occidentais. As primeiras, ao sur do litoral cantábrico, constitúen unha antiga superficie aplanada, que se elevou ata a cota máxima dos 1 056 m alcanzados no pico de Cuadramón, dentro da serra do Xistral. As elevacións centro-occidentais, tamén denominadas Dorsal Galega, esténdense de norte a sur, aumentando progresivamente en altura desde a serra da Faladoira (700 m) ata a serra do Faro de Avión, que se aproxima aos 1 100.

• As superficies de aplanamento. Un dos aspectos máis destacados do relevo galego é a existencia de amplos sectores aplanados, que acentúan o contraste horizontalidade/verticalidade característico na configuración do noroeste peninsular. Así, no interior da provincia de Lugo, entre as serras orientais e a Dorsal Galega, a denominada Terra Chá supón unha gran superficie chá, situada entre os 600-700 metros de altitude. Cara ao litoral, nas comarcas de Bergantiños, Alto Xallas, península do Barbanza ou nas terras do Deza, as chairas presentan dimensións máis reducidas e están intensamente fragmentadas pola rede fluvial.

• As depresións interiores. Desde As Pontes de García Rodríguez, ao norte, ata Verín, ao sur, encadéanse unha serie de pequenas depresións, orixinadas fundamentalmente durante os movementos oroxénicos da era terciaria, que presentan unha dirección dominante norte-sur.

Estas depresións, co fondo cuberto por unha importante capa de materiais sedimentarios de orixe basicamente fluvial, ofrecen interesantes matices climáticos e bioxenéticos con respecto aos sectores circun

dantes.

58 5 O espazo xeográfico galego
-
Santo André de Teixido e Serra da Capelada (A Coruña). Vista da depresiónde Verín (Ourense).

A influencia e os riscos do relevo

O relevo inflúe noutros elementos do medio natural e nas actividades humanas e entraña o risco de ocasionar catástrofes de orixe xeolóxica.

1. A INFLUENCIA DO RELEVO

1.1 Sobre o medio natural

• No clima. O relevo inflúe sobre as precipitacións, que aumentan coa altura e nas abas expostas ao ascenso do aire, mentres que se reducen nas concas encerradas por montañas e nas abas polas que descende o aire. Tamén inflúe nas temperaturas, que diminúen coa altura e nas vertentes montañosas orientadas ao norte.

• Na hidrografía. O relevo delimita as concas e vertentes hidrográficas; a súa inclinación inflúe na erosión fluvial; e a súa altura no caudal dos ríos, ao incidir sobre a precipitación que reciben.

• Na vexetación. O relevo propicia a existencia de especies diferentes segundo a altura e a orientación das vertentes.

• No solo. As zonas chairas acumulan chans grosos, mentres que as pendentes teñen chans delgados debido á erosión.

1.2 Sobre as actividades humanas

a) O relevo continental

• Inflúe no poboamento. Así, en cada momento histórico, a poboación asentouse nos relevos máis adecuados para as súas necesidades: sobre outeiros, en vales fluviais, en chairas, etc.

• Intervén na actividade agraria. As zonas baixas e chairas ofrecen mellores condicións que as elevadas e con fortes pendentes.

• Proporciona recursos minerais e enerxéticos. Os relevos primarios achegan carbón e certos minerais, e as concas terciarias, rochas de canteira.

• Afecta ao transporte. Na Península as montañas periféricas dificultan as comunicacións entre a Meseta e o litoral e as pendentes impoñen rodeos e custosos túneles e viadutos. En cambio, as chairas facilitan o transporte e as infraestruturas.

• Constitúe un crecente atractivo turístico. Visitas ás montañas alpinas, os relevos kársticos, as formas volcánicas de Canarias, os parques xeolóxicos, as pegadas de dinosauros, as xeorrutas e os museos paleontolóxicos.

b) O relevo costeiro non favorece a instalación de portos —polo predominio das formas rectilíneas— nin os recursos pesqueiros —pola estreita plataforma continental—, pero impulsa o turismo onde existen extensas praias areentas, como o levante peninsular e as illas Baleares.

Val do Pas, Cantabria. O relevo inflúe no poboamento, escaso, disperso e situado nas zonas con menos pendente, e limita o transporte a unha estrada sinuosa que discorre polo fondo do val.

45 Obtén imaxes en Internet sobre os recursos proporcionados polo relevo.

Praia de Es Trenc, Mallorca. A existencia de praias areentas constitúe un atractivo turístico.

59 U 1
6
Actividades CD

RISCO SÍSMICO E VOLCÁNICO EN ESPAÑA Intensidades do risco sísmico

IX - Pánico xeral. Ábrense gretas na terra e todos os edi cios resultan danados.

VIII - Medo xeral Grandes danos ou derrubamento dos edi cios de pobre construción e lixeiros danos nos de deseño especial.

VII - Todo o mundo sae fóra dos edi cios. Os edi cios mal construídos sofren danos considerables.

VI - Moita xente sae á rúa. Móvense algúns mobles, e prodúcense lixeiros danos e fendas nas paredes.

V - Percíbenos todos. Os obxectos oscilan e os inestables caen.

IV - Sénteno a maioría das persoas. Vibran ventás e portas.

Áreas volcánicas activas

Áreas volcánicas inactivas

(nas que non aparece na actualidade ningún signo de vulcanismo activo)

Fonte: Instituto Xeográ co Nacional

1. Illa de Alborán, no mar de Alborán

2. Serra do cabo de Gata (Almería)

3. Campo de Cartaxena e illas do Mar Menor

4. Cofrentes (Valencia)

5. Illas Columbretes (Castellón)

6. Olot-Ampurdán (Xirona)

7. Campo de Calatrava (Ciudad Real)

fraestruturas de protección. Ademais, deseñáronse protocolos de actuación para asistir á poboación en casos de emerxencia, coordinados por Protección Civil.

a) Os sismos na Península débense, sobre todo, á súa situación no contacto entre as placas africana e eurasiática, polo que ameazan principalmente o sur e sueste. De forma secundaria afectan aos Pireneos e a Cataluña, onde están motivados polos movementos de asentamento da cordilleira, que aínda non finalizaron. En Canarias débense ao pulo do magma. Para detectar os terremotos, España conta cunha Rede de Vixilancia Sísmica, que envía alertas se superan a magnitude de 5,5. E para previlos existe unha normativa construtiva na zonas máis afectadas.

b) As erupcións volcánicas constitúen un risco nas illas Canarias de La Palma, El Hierro, Tenerife e Lanzarote; nas demais, o risco é moi baixo ou nulo. E na Península, as áreas volcánicas existentes son inactivas. Polo tanto, a Rede de Vixilancia Volcánica limítase ás illas Canarias.

c) Os movementos de aba son rápidos desprazamentos de grandes masas de solo ou de rochas por unha vertente. Afectan sobre todo ás grandes cordilleiras e ao val do Guadalquivir. Fronte a eles, realízanse obras de drenaxe, plantación de árbores e reforzo de vertentes. Os movementos de aba son de dous tipos:

• Os escorregamentos do solo son propios de rexións húmidas con fortes pendentes cubertas por herba ou prados, que non suxeitan suficientemente un solo saturado por fortes chuvias.

• Os desprendementos de rochas acontecen en vertentes en cuxo cumio ten lugar rotura de rochas. Os fragmentos rotos rodan pola aba, acumúlanse no lugar onde se suaviza a inclinación e poden desprenderse se se producen tensións locais: conxelación, infiltración de auga, etc.

Actividades

CD1, CPSAA, CCL, STEM

46 Busca noticias e imaxes sobre os efectos catastróficos dos distintos riscos xeolóxicos. Indica para cada un a data, lugar, causas e consecuencias.

47 Descubre, na web do Instituto Xeográfico Nacional, onde aconteceron os terremotos de maior intensidade na Península. Indica o motivo.

48 Explica as causas do risco volcánico en Canarias.

60 6 A influencia e os riscos do relevo
Falecidos por
1995-2021 Escorregamentos de terreo 49 Terremotos 9 Fonte: Ministerio do Interior
Erupción do volcán Cumbre Vieja na illa de La Palma, en 2021.
riscos xeolóxicos
18˚ O 44˚ N 40˚ N 36˚ N 32˚ N 28˚ N 12˚ O 6˚ O 0˚ Placa eurasiática Placa africana M a r M editerrán e o OCÉANO ATLÁNTICO Mar Cant ábrico OCÉANO
ATLÁNTICO
2 5 1 6 7 4 3
0 400 200 600 800 km

Resumo da unidade

O espazo xeográfico español

Comprende

• Un territorio peninsular.

• Illas Baleares, illas Canarias, Ceuta e Melilla e algunhas penas e illotes.

Mostra grande orixinalidade

• Pola súa situación xeográfica.

• Pola súa diversidade natural.

• Pola súa diversidade humana.

A evolución xeolóxica

• Precámbrico: arco volcánico noroeste-sueste.

• Era primaria: macizos Hespérico, de Aquitania, Catalano-Balear, do Ebro e Bético-Rifeño.

• Era secundaria: erosión e sedimentación.

• Terciario: oroxénese alpina.

• Cuaternario: glaciarismo, periglaciarismo e formación de terrazas.

O relevo resulta de dá lugar a

Relevo peninsular

• Meseta: penechairas; serras interiores; concas sedimentarias interiores.

• Rebordos montañosos: macizo Galaico-Leonés, cordilleira Cantábrica, sistema Ibérico, Serra Morena.

• Depresións exteriores da Meseta: Ebro e Guadalquivir.

• Cordilleiras exteriores da Meseta: Pireneos, Montes Vascos, cordilleira Costeiro-Catalá, cordilleiras Béticas.

• As costas atlánticas: cantábrica, galega e andaluza.

• As costas mediterráneas: penibética, levantina e catalá.

O rochedo e os tipos de relevo

• Área silícea: relevo granítico.

• Área calcaria: relevo kárstico.

• Área arxilosa: relevo horizontal, ondulado ou cárcavas.

• Relevo causado por erosión diferencial: sobre estratos horizontais, sobre estratos inclinados ou sobre estratos pregados (apalachiano e xurásico).

Relevo insular

• Relevo continental:

Mallorca, Formentera e Eivissa ligadas á cordilleira Subbética.

Menorca, ligada á cordilleira Costeiro-Catalá.

• Relevo costeiro: acantilados, praias e calas.

• Relevo continental: volcánico: conos, caldeiras, malpaíses, diques, roques, barrancos.

• Relevo costeiro: acantilados e praias.

• No medio natural: clima, hidrografía, vexetación, solo.

• Nas actividades humanas: poboamento, agricultura, minería, enerxía, transporte, turismo.

• Sismos.

• Erupcións volcánicas.

• Movementos de aba.

61 U 1
Xerar - clasificar - relacionar - desenvolver
Inflúe Ocasiona riscos
Relevo continental Baleares Canarias Relevo costeiro

Realización e comentario dun perfil topográfico

1. Que é e como se elabora un perfil topográfico?

Un perfil topográfico é un gráfico que representa un corte vertical do terreo realizado ao longo dunha liña trazada sobre un mapa. Así, permite apreciar as formas do relevo que se suceden ao longo desa liña.

Os perfís topográficos poden elaborarse manualmente a partir dun mapa topográfico ou un mapa altimétrico, ou poden realizarse automaticamente utilizando aplicacións informáticas como Google Earth.

Determinar no mapa os dous puntos entre os que se quere realizar o perfil topográfico (X e Y) e unilos mediante unha liña recta. (Imaxe A).

Dobrar pola metade unha folla de papel (preferiblemente milimetrado) e facer coincidir a dobrez coa liña que une os puntos X e Y. (Imaxe B).

Na dobrez da folla marcar un punto no lugar onde as curvas de nivel do mapa (ou as cores que indican as distintas alturas) cortan a dobrez da folla.

Debaixo de cada punto marcado, anotar a súa altitude, indicada pola curva de nivel (ou pola cor cuxo valor especifica a lenda do mapa). Tamén hai que apuntar no seu lugar correspondente o nome do lugar onde comeza e remata o perfil, e outros elementos físicos significativos atravesados pola liña, como cursos de auga ou picos de montañas.

Desdobrar a folla de papel e facer un gráfico. (Imaxe C). O seu eixe horizontal coincide coa dobrez onde están marcados os puntos. Aquí, a escala do eixe é a mesma que a do mapa e debe facerse constar na parte inferior, tras consultarse no mapa orixinal. O eixe vertical sitúase no extremo da esquerda. Os seus valores deben comezar un pouco antes do menor valor de altitude anotado e acabar un pouco despois do maior valor anotado. A distancia entre os intervalos de altitude debe esaxerarse algo para que o relevo resalte máis.

Proxectar cada punto marcado no eixe horizontal á altitude que lle corresponde, medida no eixe vertical. Logo, unir todos os puntos mediante unha liña e obter o perfil topográfico entre os puntos X e Y

Finalizar o perfil situando nel os outros elementos significativos do medio físico anotados. Ademais, o perfil debe incluír a orientación nos extremos (puntos cardinais); un título significativo e a fonte, do perfil; por exemplo, un mapa topográfico.

62 Técnica
1 2 3 4 5 6 7 H 1413 1358 1550 1595 1550 1500 1450 1400 1350 1400 1350 1300 1250 1591 1584 1450 1400 1500 X Y Collado del LLano de S. Cristóbal Collado de la Celada Pico de las Villuercas 1 589 Pista forestal Arroyo A X Y Collado del LLano de S. Cristóbal Collado de la Celada 1400 1450 1500 1550 Pico Villuercas 1589 1550 1500 1450 1400Arroyo 1350 1350 1400 X Y ColladodelLlano deSanCristóbal Colladode laCelada Pico de las Villuercas 1 589 B m 1 200 1 250 1 300 1 350 1 400 1 450 1 500 1 550 1 600 PERFIL TOPOGRÁFICO DA SERRA DE LAS VILLUERCAS Arroyo 0 Escala grá ca horizontal 250 500 m X Y Fonte: Wikilock. 1 400 1 450 1 500 1 550 1 550 1 500 1 450 1 400 1 350 1 350 1400 Pico de las Villuercas 1 589 Collado del LLano de S. Cristóbal Collado de La Celada SO NE C
2. Realización do perfil cun mapa altimétrico ou topográfico

3.

Realización do perfil con Google Earth

Entrar en Google Earth e seleccionar a zona, Asturias neste caso (A)

Elixir na barra superior a ferramenta «Crear unha Ruta» (B)

Colocar o cursor no punto de partida da ruta (C), facer clic (o cursor transfórmase nun cadrado) e arrastralo ata o final da ruta (D)

Poñer nome á ruta na ventá emerxente (Avilés-Pola de Laviana) e deseñar os seus trazos nas correspondentes pestanas. En «Estilo» pódese cambiar a cor e o grosor da liña da ruta; en «Medidas», obter a distancia entre os puntos; e en «Altitude», a base de referencia. Clic en «Aceptar».

Facer clic dereito sobre a liña da ruta trazada e na ventá emerxente, clic en «Mostrar perfil de elevación».

Na parte inferior obtemos o perfil topográfico entre os dous puntos e certas informacións como a lonxitude do perfil e as pendentes.

Ademais, pódense obter datos doutros elementos significativos. Para iso, mover a liña vertical (E) ao longo do perfil e mirar na ruta trazada no mapa o lugar ao que corresponde, indicado pola frecha vermella (F), ampliando o mapa para ver a información.

Imprimir o perfil e completalo co título, a orientación, os nomes dos elementos físicos significativos (ríos, unidades do relevo, picos) e a fonte do perfil.

Aspectos

• Identificación e definición da fonte (perfil topográfico).

• Dirección na que se estende (ver puntos cardinais) e puntos que une.

• Lonxitude que comprende en km (indicada no perfil ou calculada utilizando a escala que o acompaña).

• Enumeración ordenada das unidades do relevo que se suceden no perfil.

• Características de cada unidade utilizando os coñecementos sobre o tema: orixe, evolución, rochedo e formas do relevo.

Comentario

• Consecuencias da disposición ou das características do relevo (se procede): sobre outros elementos do medio natural (clima, augas, vexetación, solos e sobre as actividades humanas (poboamento; actividades agrarias, industriais, terciarias).

63 U 1
1 2 3 4 5 6 7 8 A B F C D E
Rasa litoral Serras litorais Río Noreña Río Nora Arroio de Tiraña Río Nalón Suco prelitoral Conca carbonífera central 4. Comentario dun perfil topográfico xerais

Traballa co aprendido

Definir termos xeográficos CCL

1 Define os seguintes termos de forma breve e precisa: zócolo, cordilleira alpina, rochedo, penechaira, cárcava, cerro testemuña, rasa litoral, delta, malpaís, cono volcánico.

Identificar unidades de relevo e tipos de rochedo (A) STEM

2 Escribe os nomes das unidades ou subunidades do relevo indicadas cun número e sitúaas na correspondente área do rochedo.

3 Clasifica as unidades ou subunidades de relevo anteriores segundo sexan interiores á Meseta, limítrofes á Meseta ou exteriores á Meseta.

Interpretar, comentar e valorar un perfil topográfico (B) STEM

4 Analiza o perfil topográfico e realiza estas tarefas:

a) Que é un perfil topográfico? Cales son os dous principais sistemas para elaboralo?

b) Identifica os relevos numerados no perfil e logo agrúpaos por unidades de relevo.

c) Explica as características das unidades sinaladas.

d) Valora posibles consecuencias da disposición do relevo no medio natural

Evolución xeolóxica do relevo peninsular Cronoloxía Feito xeolóxico principal Unidades do relevo que aparecen Aspecto actual

64
Recorda seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portafolio.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 0 100 200 300 km Mar Cantábrico M a r M edit erráneo OCÉANO ATLÁNTICO ILLAS BALEARES ILLAS CANARIAS A 850 800 750 700 650 600 550 500 450 400 350 300 250 200 150 100 50 Metros Km 3 250 3 500 2 750 3 000 2 250 2 500 1 750 2 000 1 250 1 500 750 1 000 500 250 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Per l Cilindro de Marboré (Pireneos)/Mazagón (Huelva) B
Precámbrico … … … … E. primaria … … … … E. secundaria Terciario … … … … Cuaternario

Tipos de unidades morfoestruturais

Son Período Formación Materiais Estrutura Formas actuais

Zócolos

Macizos antigos

Cordilleiras de pregamento: … … … … … …

a) Cordilleiras intermediarias

b) Cordilleiras alpinas

Concas sedimentarias

a) Concas de zócolo … … … … … …

b) Depresións prealpinas

Identificar imaxes sobre tipos de relevo continental e costeiro

STEM, CCL

6 Identifica o tipo de relevo continental que mostran as imaxes da dereita e indica as súas características e o tipo de rochedo sobre o que se forma. Identifica tamén os accidentes costeiros e define cada un deles.

Planificar unha actividade sobre a diversidade do relevo español

CE, STEM, CPSAA, CC

7 Formade un grupo, explicade en que consiste a diversidade do relevo español e planificade unha actividade para poñela de manifesto.

Valorar o papel da xeoloxía na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible CD, CC

8 En 2015, a ONU adoptou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. En anayaeducacion.es nos recursos relacionados coas claves do proxecto podes escoitar e analizar os 17 ODS.

Despois, indica como pode contribuír a xeoloxía a alcanzar algúns deles.

Ampliar información utilizando as TIC CPSAA, CD

9 anayaeducacion.es Amplía os teus coñecementos sobre esta unidade consultando os recursos proporcionados pola web.

Repasar e autoavaliar a aprendizaxe da unidade CPSCAA, CD

10 Formula e resolve cinco preguntas sobre os contidos da unidade que che permitan comprobar se adquiriches os coñecementos necesarios.

Avalía o resultado e escribe as medidas que consideres necesarias para mellorar.

11 anayaeducacion.es Autoavalía a túa aprendizaxe sobre esta unidade realizando os exercicios que encontrarás na web.

65 U 1
1 3 2 4

A diversidade climática

O estado da atmosfera en España depende das masas de aire que lle afectan. As súas características nun momento dado son as responsables do tempo atmosférico, e a súa sucesión habitual ao longo do ano, estudada durante un período prolongado de tempo, constitúe o clima.

No territorio español, a diversidade de factores e elementos que definen o estado da atmosfera orixina a existencia de dominios climáticos moi contrastados.

O clima supón un condicionante para outros elementos do medio natural e para as actividades humanas e entraña o risco de ocasionar catástrofes.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

QUE VAS ENCONTRAR NESTA UNIDADE?

• Os factores do clima.

• Os elementos do clima.

• Os tipos de tempo en España.

• Os tipos de clima en España.

• A influencia e os riscos do clima.

• O comentario de mapas meteorolóxicos.

• A elaboración e comentario de climogramas.

Os contidos e as actividades desta unidade poden resultar de utilidade para a realización do proxecto multidisciplinario «Unha viaxe por España».

66 2
Tormenta de verán.

Os factores do clima

1. O TEMPO ATMOSFÉRICO E O CLIMA

O estado da atmosfera e as súas variacións son os responsables do tempo atmosférico e do clima.

• O tempo atmosférico é o estado da atmosfera sobre un lugar nun momento concreto. Caracterízase pola súa variabilidade e determínase mediante observacións directas. A ciencia que o estuda é a meteoroloxía.

• O clima é o estado medio da atmosfera sobre un lugar. Polo tanto, ten trazos máis estables que o tempo, que se determinan estudando a sucesión habitual de tipos de tempo sobre un lugar ao longo do ano e calculando estatisticamente valores medios. Para que os resultados sexan fiables, requírese un período de observación de polo menos trinta anos. A ciencia que estuda o clima é a climatoloxía.

En España, a Axencia Estatal de Meteoroloxía —Aemet— recompila, rexistra e difunde a información meteorolóxica e climática. A súa vixilancia do estado da atmosfera é esencial para a seguridade das persoas e dos bens materiais; para certas actividades, como a agricultura ou o transporte; e para informar sobre o cambio climático. Para iso, conta con datos procedentes de satélites e de numerosas estacións meteorolóxicas.

A análise dos datos evidencia unha gran diversidade meteorolóxica e climática en España, resultado dos variados factores e elementos que inciden sobre o estado da atmosfera.

2. OS FACTORES XEOGRÁFICOS

Os factores son as variables que exercen unha influencia permanente e inalterable sobre o clima. Adoitan agruparse en dous grandes conxuntos: factores xeográficos e factores termodinámicos.

Os factores xeográficos son catro:

a) A latitude da Península na zona temperada do hemisferio norte ocasiona cambios estacionais na perpendicularidade dos raios solares, determinando a existencia de dúas estacións térmicas ben marcadas, verán e inverno, separadas por dúas de transición, primavera e outono; e tamén a confluencia de masas de aire moi contrastadas, polares e tropicais. En Canarias, pola súa latitude subtropical, os contrastes estacionais son menos notorios e predomina a influencia das masas de aire tropicais.

b) A situación da Península, entre dúas grandes masas de auga de características térmicas distintas —o océano Atlántico e o mar Mediterráneo— e entre dous continentes —Europa e África—, convértea en lugar de encrucillada de diferentes masas de aire. Baleares e Canarias reciben tamén influencias atmosféricas variadas debido á súa insularidade e á proximidade das costas africanas.

c) A influencia do mar é escasa na Península a causa da súa grande anchura, das súas costas pouco recortadas e da existencia de relevos montañosos paralelos á costa. Este feito establece claras diferenzas climáticas entre unha estreita periferia aberta ao mar e un ancho núcleo de terras interiores caracterizadas pola continentalidade ou ausencia de influencia mariña. En cambio, nos dous arquipélagos, o influxo do mar é decisivo.

Actividades

CD, STEM, CCL

1 Escribe exemplos de actividades cotiás para as que resulta útil a información meteorolóxica.

2 Explora a páxina web de Aemet e resume o seu contido. Cal dos seus servizos che parece máis interesante?

3 Baixa ou consulta varias aplicacións móbiles con información meteorolóxica. Escribe os datos que proporcionan e a fiabilidade das fontes das que proceden. Compáraas e elixe a que consideres mellor, argumentándoo.

Círculo polar ártico (66º 33’ N)

Trópico de Cáncer (23º 27’ N)

Ecuador (0º)

Trópico de Capricornio (23º 27’ S)

Círculo polar antártico (66º 33’ S)

Polo norte Zona temperada Hemisferio norte Hemisferio sur Polo sur

A latitude do territorio español na zona temperada do hemisferio norte fai que a perpendicularidade coa que recibe os raios solares varíe ao longo do ano, determinando a existencia de catro estacións. Ademais, a confluencia nesta zona de masas de aire tropicais e polares confírelle unha gran variabilidade meteorolóxica e climática.

Pola súa parte, a situación de encrucillada da Península Ibérica entre dúas masas de auga e dous continentes determina a influencia de masas de aire de diferentes propiedades.

67
1

d) O relevo inflúe no clima pola súa altitude, disposición e orientación.

• A altitude fai diminuír a temperatura unha media de 0,65 °C por cada 100 metros de ascenso (1 °C mentres o aire ascende seco e 0,5 °C desde que se condensa). Tamén aumentan as precipitacións ao arrefriar e condensarse o vapor da auga do aire.

• A disposición do relevo ten variadas repercusións:

– Facilita ou dificulta a penetración da influencia mariña. Na Península, a existencia de sistemas montañosos paralelos á costa frea a influencia do mar, que só entra con claridade polo val do Guadalquivir. – Facilita ou dificulta a penetración de certas masas de aire. Na Península a posición oeste-leste da maioría das montañas dificulta a entrada das masas de aire procedentes do norte ou do sur e favorece a penetración das masas do oeste, aínda que o carácter macizo da Península fai que, ao internarse no interior, perdan gran parte da súa humidade e extremen a súa temperatura. En cambio, a posición submeridiana do sistema Ibérico e das cordilleiras Costeiro-Catalá e Subbética oponse ás masas atlánticas e mediterráneas.

– Reduce as precipitacións nas concas encerradas por montañas. É o caso das concas do Douro e do Ebro, onde as masas de aire descargan a súa humidade nas montañas que as bordean.

• A orientación das vertentes respecto ao vento dominante crea precipitacións orográficas e efecto foehn. Así, nas abas de barlovento, expostas ao ascenso do aire, orixínanse precipitacións orográficas, ou estancamento de nubes causante de precipitacións «horizontais». En cambio, nas abas de sotavento polas que descende o aire reseco, prodúcese o requecemento e sequidade atmosférica (efecto foehn). Este efecto é moi notorio nas illas Canarias con relevo montañoso. Ademais, a orientación orixina contrastes climáticos entre as solainas ou vertentes orientadas ao

A disposición do relevo

Na Península, a disposición periférica do relevo montañoso dificulta a penetración da influencia mariña no interior, que entra por «corredores» onde se interrompe a continuidade das montañas. A disposición horizontal maioritaria das cordilleiras dificulta a entrada das masas de aire do norte ou do sur e facilita a penetración das masas do oeste, mentres que as cordilleiras con disposición submeridiana se opoñen á entrada das masas de aire atlánticas e mediterráneas. Ademais, as concas encerradas entre montañas teñen precipitacións máis escasas.

Os avesedos adoitan ser máis fríos e húmidos que as solainas.

A orientación do relevo. Efecto foehn

Barlovento Sotavento

A orientación do relevo determina precipitacións na aba de barlovento pola que o aire ascende e sequidade na aba de sotavento pola que descende.

Actividades

4 Explica a influencia destes factores climáticos nas masas de aire que afectan a España: a latitude, a situación e a altitude, orientación e disposición do relevo.

5 Explica o efecto foehn utilizando todos os datos numéricos que aparecen no debuxo.

1 Os factores do clima
STEM, CCL 1000 m 800 m 600 m 400 m 200 m 14 ºC 16 ºC 12 ºC 10 ºC 9 ºC 14 ºC 12 ºC 10 ºC 8 ºC Nivel de condensación Nivel de condensación
INFLUENCIA
DO RELEVO NO CLIMA Fonte: García de Pedraza, L. e Reija Garrido, A.: Tempo e clima en España

3. OS FACTORES TERMODINÁMICOS

Os factores termodinámicos do clima son os responsables da circulación atmosférica ou sucesión de masas de aire que determina os distintos tipos de tempo atmosférico e de clima.

A circulación atmosférica está rexida en altura pola corrente en chorro e en superficie, polos centros de acción, as masas de aire e as frontes.

3.1 A circulación en altura: a corrente en chorro

Na zona temperada onde se sitúa España, a circulación atmosférica en altura está dirixida pola corrente en chorro ou jet stream polar. Trátase dunha forte corrente de vento, de estrutura tubular, que circula en dirección oeste-leste entre os nove e os once quilómetros de altitude, na diferenza de altura existente entre a tropopausa* polar e a tropopausa da zona temperada. O chorro separa as baixas presións existentes en altura sobre o polo —que quedan á esquerda da súa traxectoria— das altas presións tropicais —situadas á súa dereita—.

A corrente en chorro é a responsable do tempo en superficie. Este depende das variacións que experimenta a velocidade da corrente e dos seus desprazamentos estacionais:

• A velocidade da corrente é variable. Cando circula rápido, a máis de 150 km/h, ten un trazado case zonal (oeste-leste), con suaves ondulacións, que corresponde en superficie coa fronte polar e as súas borrascas. Pero, cando a súa velocidade diminúe, describe profundas ondulacións: cristas ou dorsais que orixinan altas presións e vales ou valgadas que orixinan baixas presións. As dúas reflíctense en superficie e dan lugar a anticiclóns e borrascas dinámicos. As ondulacións, que poden chegar a desprenderse do chorro principal, permiten ao aire tropical desprazarse cara ao norte e ao aire polar penetrar moi ao sur, o que confire gran variabilidade ao tempo da zona temperada.

• Os desprazamentos estacionais do chorro en latitude determinan que no inverno, cando circula máis ao sur, afecte ao conxunto de España. En cambio, no verán trasládase cara ao norte e adoita incidir só na franxa cantábrica peninsular.

Vocabulario

A tropopausa é a capa atmosférica de transición entre a troposfera —en contacto coa superficie terrestre— e a estratosfera, situada sobre ela.

A altitude da tropopausa é maior canto máis quente está o aire. Polo tanto, encóntrase máis baixa nas latitudes altas onde predomina o aire frío polar e máis alta nas latitudes medias e baixas onde impera o aire cálido tropical. Entre estes chanzos da tropopausa circulan as correntes en chorro polar e subtropical.

No inverno, a corrente en chorro circula máis baixa en latitude, polo que afecta ao conxunto do territorio español.

En cambio, no verán, ascende en latitude, polo que adoita incidir só na franxa cantábrica.

69 U 2
40º 40º 50º 50º 60º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 10º 0º 10º 20º Círculo polar ártico 1010 1006 1014 1018 1022 1026 B A SITUACIÓN DA CORRENTE EN CHORRO DURANTE O INVERNO
1010 1014 1018 1022 1026 B B A SITUACIÓN DA CORRENTE EN CHORRO DURANTE O VERÁN 40º 40º 40º 50º 60º 60º 70º 50º 50º 60º 30º 30º 30º 20º 30º 10º 0º 10º 20º 40º 50º 40º 30º 10º 0º 10º 20º 20º Círculo polar ártico
Tropopausa polar Chorro polar Chorro polar Chorro subtropical Tropopausa temperada Tropopausa tropical Tropopausa temperada Tropopausa tropical 11km 15 km 60º N 30º N 9 km Chorro subtropical Diferentes alturas da tropopaus a Chorro polar Chorro polar Aire cálido tropical Aire frío polar Aire frío polar Aire cálido tropical Valgada Valgada Dorsal A B B B B A A A
zonal oeste-leste
Chorro
Chorro ondulado

3.2 A circulación en superficie

A circulación atmosférica en superficie está dirixida polos centros de acción, as masas de aire e as frontes.

a) Os centros de acción son áreas de altas e baixas presións. A presión atmosférica é o peso do aire sobre unha unidade de superficie. Mídese en milibares (mbar) ou en hectopascais (hPa)* co barómetro e represéntase nos mapas do tempo mediante isóbaras ou liñas que unen puntos coa mesma presión. Nestes mapas, as isóbaras van de 4 en 4 mbar e adoita redondearse a presión normal de 10 13 mbar a 10 16 mbar.

• Os tipos de centros de acción son os anticiclóns e as borrascas. Os anticiclóns son áreas de altas presións (máis de 1016 mbar) rodeadas por outras de presión máis baixa. O vento xira ao seu arredor no sentido das agullas do reloxo e producen tempo estable. As borrascas, depresións ou ciclóns son áreas de baixas presións (menos de 10 16 mbar) rodeadas doutras de presión máis alta. O vento xira arredor delas en sentido contrario ás agullas do reloxo e producen tempo inestable, frecuentemente chuvioso.

• A orixe dos centros de acción pode ser térmica ou dinámica.

– Os centros de acción térmicos créanse polo arrefriamento ou quecemento do aire. Un anticiclón térmico fórmase cando unha masa de aire arrefría: pesa máis, descende e exerce unha alta presión. Unha baixa térmica fórmase cando o aire se quenta: pesa menos, elévase e exerce unha baixa presión.

– Os centros de acción dinámicos fórmanse a partir das cristas e as valgadas da corrente en chorro, que se reflicten en superficie: as cristas crean anticiclóns e as valgadas xeran borrascas.

• Os principais centros de acción que dirixen a circulación atmosférica sobre a Península son os seguintes:

Centros de acción anticiclónicos. O anticiclón dos Azores, que no verán se despraza cara ao norte e no inverno cara ao sur; os anticiclóns polares atlánticos; o anticiclón escandinavo; e os anticiclóns térmicos do continente europeo e do interior da Península, formados polo arrefriamento do solo no inverno.

– Centros de acción depresionarios. A depresión de Islandia; a depresión do golfo de Xénova, formada cando coadas de aire frío continental europeo chegan ao Mediterráneo, máis cálido e húmido; e as depresións térmicas do norte de África e do interior peninsular, formadas polo quecemento do solo no verán.

O hectopascal (hPa) é unha unidade de presión atmosférica equivalente a 1 milibar. O seu uso estase impoñendo progresivamente en lugar do milibar.

Actividades

STEM, CD, CCL

6 Indica a información sobre a corrente en chorro que achegan os debuxos e mapas da páxina anterior.

7 Busca en Internet cando se descubriu a corrente en chorro e a primeira utilidade que se lle deu a esta forte corrente de vento.

8 Compara un anticiclón e unha borrasca e explica a diferenza entre os anticiclóns e as borrascas térmicos e dinámicos.

70 1 Os factores do clima
Vocabulario 982 mb 986 990 B 1 030 mb 1 026 1 022 A ANTICICLÓN TÉRMICO BAIXA TÉRMICA Círculo polar ártico A Atlántico Leste A Atlántico norte A Azores A Europeo A Escandinavia A 40º 40º 45º 45º 40º 50º 60º 65º 50º 50º 55º 55º 60º 30º 15º 15º 5º 5º 30º 25º 20º 35º 35º 30º 20º 30º 10º 0º 10º 20º 40º 10º 0º 10º 20º 25º 20º B Atlántico Leste B Islandia B Continental B Golfo de Xénova B Norte de África B Mar do Norte B 40º 40º 45º 45º 40º 50º 60º 65º 50º 50º 55º 55º 30º 15º 15º 5º 5º 30º 25º 20º 35º 35º 30º 20º 30º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 20º Círculo polar ártico Centros de acción positivos ou anticiclónicos. Centros de acción negativos ou depresionarios.

• Am: orixinaria da cubeta ártica, é moi fría e seca, pero no seu percorrido cara á Península requéntase pola base e humedécese. Produce nevadas e temperaturas baixas.

• Ac: orixinaria do nordés de Europa ou de Siberia, é moi fría e seca. Dá lugar a ceos claros e xeadas.

• Pm: orixinaria do Atlántico norte, é inicialmente fría. No seu percorrido cara ao sur quéntase e humedécese. No inverno produce precipitacións na cordilleira Cantábrica e no occidente peninsular. No verán orixina fortes tormentas.

• Pc: orixinaria do continente europeo, xorde a partir do anticiclón térmico que se forma no inverno. Se chega fría e seca, produce tempo frío e solleiro. Se se requenta sobre o Mediterráneo, causa precipitacións no levante peninsular.

• Tm: orixínase no Atlántico, xunto aos Azores. É cálida e húmida. No seu percorrido cara ao norte arrefría relativamente pola base e estabilízase. Produce temperaturas altas no verán e suaves o resto do ano.

• Tc: fórmase no norte de África, sobre o Sáhara. Caracterízase pola súa temperatura elevada e pola súa extrema sequidade e estabilidade. Provoca ondas de calor.

b) As masas de aire son porcións de aire cunhas características concretas de temperatura, humidade e presión. Estas características adquírenas nas súas rexións de orixe ou rexións mananciais. España, debido á súa latitude, recibe masas de aire frías árticas (A) ou polares (P) e masas de aire cálidas tropicais (T). As tres, dependendo da superficie sobre a que se orixinan, poden ser marítimas húmidas (m) ou continentais secas (c). Estas características orixinais poden modificarse se as masas de aire percorren grandes distancias.

c) As frontes son superficies que separan dúas masas de aire de características distintas. Polo tanto, aos dous lados dunha fronte prodúcese un cambio brusco das propiedades do aire. En España, a fronte máis importante é a fronte polar, que separa as masas de aire tropical e polar. As súas ondulacións orixinan borrascas de dúas frontes, que provocan precipitacións.

1. Fronte polar

Fronte estacionaria

A

de separación entre as dúas frontes non é vertical: como o aire frío pesa máis que o cálido, introdúcese por debaixo del como unha cuña.

Frontepolar

Fronte fría

Actividades

STEM, CCL, CPSAA

9 Fíxate no debuxo e redacta un texto explicando a formación e a evolución dunha borrasca de dúas frontes.

10 Sintetiza nun cadro os factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España.

Frontecálida

A1 O aire tropical empurra o aire polar dianteiro e obrígao a retroceder.

A2 O aire polar empurra por detrás o aire tropical. Así, fórmase unha borrasca de dúas frontes.

B1 O aire tropical desprázase suavemente por encima do aire polar de diante ao longo dunha pendente pouco pronunciada, formando nubes estratiformes. Ao ascender, orixina precipitacións suaves.

B2 O aire polar introdúcese por debaixo do tropical de diante e obrígao a ascender por unha pendente pronunciada, orixinando nubes de desenvolvemento vertical e intensas precipitacións.

Frontefría

B2

B3

B1

Fronte cálida

B3 Entre as dúas frontes, existe un sector de aire cálido a nivel do solo.

A1 Como a fronte fría avanza máis rápido que a cálida, o sector cálido que os separa redúcese ata desaparecer (oclusión).

A2/A3 Ao quedar só aire frío aos dous lados da fronte, a mestura entre ambos é rápida e prodúcese un xigantesco remuíño de aire frío co que termina a enerxía da borrasca.

Ao alcanzar a fronte fría á cálida, o aire cálido queda otando en altura. En super cie só queda aire frío a ambos os dous lados da fronte ocluída.

Frontefría

Fronte cálida

71 U 2
PRINCIPAIS MASAS DE AIRE Polar marítimo cálido P o l a r ma r í t i mo f rí o Pm Tm Tc Pm Ac Pc Pc Am Tropicalmarítimo Ár t ico ma r í t i m o Tropical continental Ártico continental Polar continentalfrío Polar continental cálido
Sector cálido Aire tropical Sector cálido Aire polar dianteiro Aire polar posterior Aire polar Aire polar Aire polar Aire polar B
3. Evolución e oclusión da borrasca
Aire frío
Aire frío polar Aire frío Aire frío Aire frío A) A) A) B) B) B) Aire cálido tropical Aire cálido tropical Aire cálido
2. Formación de ondas e borrascas de dúas frontes na fronte polar
polar
VISTA EN SUPERFICIE CORTE VERTICAL Aire frío Aire cálido A fronte polar
de aire tropical e polar.
estacionaria
separa as masas
parede
A1 A2 A3
A2 A1

Os elementos do clima

Os elementos do clima son os compoñentes observables e medibles da atmosfera. Os máis importantes son a insolación, a nebulosidade, a temperatura, a humidade, a presión, o vento, as precipitacións, a evaporación, a evapotranspiración e a aridez. Todos eles poden presentar grandes variacións en función da influencia dos factores do clima.

1. A INSOLACIÓN E A NEBULOSIDADE

a) A insolación é a cantidade de radiación solar recibida pola superficie terrestre. Mídese co heliógrafo. En España, pola súa latitude, supéranse as 2 000 horas de sol ao ano. Non obstante, existen marcados contrastes entre a cornixa cantábrica, que non alcanza os valores medios, e as áreas de elevada insolación, como o sueste peninsular e Canarias.

b) A nebulosidade é o estado da atmosfera no que o ceo aparece cuberto de nubes, en maior ou menor grao. Mídese co nefoscopio. En España a área con máis nebulosidade é a cornixa cantábrica. O maior número de días despexados corresponde ao val do Guadalquivir, á costa surmediterránea peninsular, a Estremadura e a algunhas áreas de Canarias.

Actividades

11 Observa o mapa da insolación e razoa:

• Como inflúen na insolación os factores e os elementos do clima?

• As diferenzas de insolación entre a cornixa cantábrica e o resto de España.

• Algunhas consecuencias da insolación sobre certas actividades económicas.

Os factores principais que explican a diversidade de temperaturas de Es paña son tres:

• A latitude: as temperaturas descenden cara ao norte, ao diminuír a perpendicularidade coa que inciden os raios solares.

• A influencia do mar: os contrastes térmicos son máis suaves na costa e máis elevados no interior porque o mar se quenta e arrefría máis lentamente que a terra.

• A altitude: as temperaturas descenden coa altura.

12 Localiza no mapa a temperatura media anual de Burgos, Albacete e Málaga e explica as diferenzas entre as súas temperaturas medias anuais.

13 Escribe as causas da distinta amplitude térmica das illas Canarias, as costas peninsulares e o interior peninsular.

72
2 Mar Cantábrico M a r Mediterráneo OCÉANO ATLÁNTICO OCÉANO ATLÁNTICO ANDORRA FRANCIA ALXERIA MARROCOS PORTUGAL Menos de 1 600 INSOLACIÓN ANUAL (n.º de horas) De 1 600 a 1 800 De 1 800 a 2 000 De 2 000 a 2 200 De 2 200 a 2 400 De 2 400 a 2 600 De 2 600 a 2 800 Máis de 2 800
STEM, CCL

TEMPERATURA MEDIA ANUAL (ºC)

Menos de 7,5 (moi baixa)

De 7,5 a 10 (baixa)

De 10 a 12,5 (fresca)

De 12,5 a 15 (moderada)

De 15 a 17,5 (cálida)

Máis de 17,5 (alta)

Dous aspectos importantes das temperaturas en relación co clima son a é a diferenza entre a temperatura media do mes máis cálido e a do mes máis frío. En España, as amplitudes máis baixas danse en Canarias e nas costas, especialmente nas do norte peninsular. As máis altas corresponden ao interior peninsular.

b) As xeadas prodúcense cando a temperatura do aire baixa de 0 "C. Entón, a auga que contén conxélase e deposítase en forma de xeo sobre as superficies. Poden ser xeadas de irradiación producidas polo arrefriamento do solo en noites despexadas que se transmite ao aire que está en contacto con el ou xeadas de advección causadas pola chegada dunha masa de aire moi fría. En España o menor número de xeadas dáse nas costas, onde o mar suaviza as temperaturas. O maior número corresponde á submeseta norte e ao val do Ebro, onde no inverno son frecuentes as inversións térmicas que as favorecen.

3. A HUMIDADE, A NÉBOA E A CALIXE

a) A humidade do aire é a cantidade de vapor de auga que contén. Mídese co higrómetro. Depende da proximidade ao mar e da temperatura, pois diminúe cando aumenta a temperatura. Por iso, os seus valores máis altos rexístranse nas costas e decrecen cara ao interior, alcanzándose os mínimos na submeseta sur.

b) A néboa é a suspensión de diminutas gotas de auga na capa inferior da atmosfera, que limitan a visibilidade a menos dun quilómetro. Prodúcese cando o aire da capa inferior da atmosfera arrefría e se condensa. A néboa pode ser de irradiación, por perda nocturna de calor do solo, propia do inverno; e de advección, pola chegada de masas de aire cálidas e húmidas sobre un solo frío, ou pola chegada de masas de aire frías sobre un solo máis cálido e moi húmido, como o mar, un encoro ou un río.

AMPLITUDES TÉRMICAS ANUAIS (ºC)

Menos de 8 (moi baixa)

Entre 8 e 12 (baixa)

Entre 12 e 16 (moderada)

Entre 16 e 20 (alta)

Máis de 20 (moi alta)

14 En que se diferencian as xeadas e as néboas?

15 Redacta un pé para o mapa da humidade relativa media anual.

73 U 2
50 55 60 65 70 75 80 Fonte: Instituto Xeográ co Nacional. HUMIDADE RELATIVA MEDIA ANUAL (%)
STEM, CCL
Madrid Málaga
Cuenca Teruel
Zaragoza Barcelona Valencia Palma Segovia
Xaén
Huelva
A Coruña Ourense Oviedo Santander Salamanca Burgos Logroño Bilbao Cáceres Granada
Córdoba
Pamplona Murcia
Santa Cruz de Tenerife Las Palmas de Gran Canaria

cálido e húmido Masa de aire frío

Auga: mar, lago, río, encoro

c) A calixe é unha bruma seca que reduce a visibilidade. Está causada pola presenza de gran cantidade de finas partículas de po nas capas baixas da atmosfera. Fórmase na España seca no verán, en situación anticiclónica, cando os solos están resecos e as partículas que conteñen se elevan e se manteñen en suspensión polos movementos ascendentes do aire orixinados polo forte quecemento do solo.

4. A PRESIÓN E O VENTO

a) A presión atmosférica depende das características das masas de aire que se sitúan sobre España ao longo do ano. Mídese co barómetro. Na Península dominan no inverno as altas presións; no outono e na primavera as baixas; e no verán novamente as altas, aínda que no interior se producen baixas térmicas polo quecemento do solo. En Canarias predominan as altas presións.

b) O vento é o movemento horizontal do aire respecto á superficie terrestre. A súa dirección mídese co viraventos e a súa velocidade co anemómetro. O vento prodúcese a causa das diferenzas de presión e vai sempre desde as altas ás baixas presións. Na Península, pola súa latitude, dominan os ventos do oeste, aínda que existen numerosos ventos locais.

En Baleares predominan o levante e a tramontana, e en Canarias o alisio do NE. As diferenzas de presión orixinan tamén ventos alternantes, como as brisas mariñas e de montaña.

5. A PRECIPITACIÓN

A precipitación é a auga que cae á superficie terrestre procedente das nubes, tanto en forma líquida como sólida. Mídese co pluviómetro en milímetros (mm) ou litros por metro cadrado. Nos mapas represéntase mediante isohietas ou liñas que unen puntos de igual precipitación.

A causa da precipitación é a elevación, arrefriamento e condensación do vapor de auga contido no aire. Segundo o motivo da elevación do aire, a precipitación pode ser orográfica, debida ao relevo; convectiva, polo quecemento do solo; ou de fronte: ao entrar en contacto dúas masas de aire de características distintas, a fría introdúcese por debaixo da cálida, obrigándoa a ascender.

Os factores que explican a notoria variabilidade interanual, estacional e espacial das precipitacións en España son tres:

• A latitude e a situación: determinan o predominio e a sucesión anual de borrascas ou de anticiclóns.

A inversión térmica é unha situación atmosférica anómala na que a temperatura do aire é máis fría no solo que en altura. É típica do inverno, con situación anticiclónica, en topografías onde se estanca o aire durante varios días, como os fondos dos vales e as concas intermontañosas. Aí, o arrefriamento nocturno do solo transmítese ao aire que está xusto enriba, que se volve máis frío que o das capas altas. Provoca néboas baixas, orballo ou xeadas ao amañecer.

Actividades

CD, STEM, CCL

16 Busca en Internet un debuxo das brisas de mar e de montaña e explica o seu funcionamento tendo en conta as diferenzas de presión entre o mar e a terra e entre a aba e o val dunha montaña polo día e pola noite.

17 Descubre os nomes dos ventos que afectan ao val do Ebro, ao NE de Cataluña e Baleares, ao litoral mediterráneo e ao SO peninsular, e explica os seus efectos.

18 Sinala as diferenzas entre as precipitacións orográficas, convectivas e de fronte.

19 Explica as diferenzas de precipitación entre a cornixa cantábrica e as illas Canarias.

74 2 Os elementos do clima
Inversión térmica. Néboa de irradiación. O aire estancado no fondo do val arrefría Solo frío Néboa Masa de aire
O solo perde calor polo arrefriamento nocturno
Néboa de irradiación
Aire menos frío Aire máis frío O aire en contacto co solo arrefría

• A apertura ao mar: na costa, as precipitacións vense favorecidas pola humidade achegada polo mar. En cambio, no interior, o frío invernal favorece a formación de anticiclóns térmicos e a calor estival dificulta a condensación do aire, aínda que pode causar tormentas convectivas.

• O relevo: as precipitacións aumentan coa altura e diminúen nas zonas encerradas por montañas.

6. A EVAPORACIÓN, A EVAPOTRANSPIRACIÓN E A ARIDEZ

a) A evaporación é o proceso polo cal a auga se transforma en vapor a temperatura ambiente. A intensidade da evaporación crece cando aumentan a temperatura, a insolación, a sequidade do aire, a velocidade do vento e a desprotección vexetal do solo. Polo tanto, increméntase de norte a sur, no verán e nas horas centrais do día.

b) A evapotranspiración é a perda de humidade da superficie terrestre debida á insolación e á transpiración das plantas e do solo. A evapotranspiración real é a que se produce verdadeiramente e a evapotranspiración potencial —ETP— a que se produciría en caso de existir unha cantidade suficiente de auga.

c) A aridez é a insuficiencia permanente ou habitual de auga no solo e na atmosfera. Prodúcese cando a precipitación é inferior á evaporación. Polo tanto, depende da relación entre a precipitación e a temperatura, responsable na súa maior parte da evaporación da auga. Así, a aridez é maior canto menor é o volume de precipitación e canto máis alta é a temperatura. Para calcular a aridez hai diversos índices:

• A aridez mensual adoita medirse co índice de Gaussen. Un mes é árido cando 2 T "C ≥ pmm; é dicir, cando o dobre da súa temperatura media é maior ou igual que o total das súas precipitacións en mm.

• A aridez xeral dunha zona pode calcularse co índice de De Martonne: P/T + 10; é dicir, o total de precipitación dividido entre a temperatura media anual máis dez. Fálase entón de zona desértica (índice entre 0 e 5); esteparia (entre 5 e 10); semiárida (entre 10 e 20); semihúmida (entre 20 e 30) e húmida (máis de 30).

Actividades

20 Calcula os índices de aridez de Gaussen e de De Martonne de todas as táboas climáticas que figuran nas actividades da epígrafe 4. Sinala respectivamente cantos meses áridos hai e como é a aridez xeral.

21 Explica as diferenzas de aridez que se aprecian no mapa e menciona algunhas consecuencias da elevada aridez para os territorios que a padecen.

U 2
STEM, CCL, CE Menos de 300 De 300 a 600 De 600 a 800 De 800 a 1 200 De 1 200 a 1 600 Máis de 1 600 PRECIPITACIÓNS MEDIAS ANUAIS EN ESPAÑA (mm) Rexión húmida > 30 Rexión subhúmida 20-30 Rexión semiárida 10-20 Rexión subdesértica ou esteparia 5-10 Rexión desértica 0-5 ARIDEZ EN ESPAÑA (segundo De Martonne)

Os tipos de tempo en España

A circulación atmosférica en altura e en superficie dá lugar á sucesión de diversas situacións atmosféricas ao longo do ano que constitúen os tipos de tempo.

a) Na Península e Baleares, os tipos de tempo máis frecuentes son os seguintes:

• No inverno predomina o tempo anticiclónico frío e seco. Está causado polos anticiclóns térmicos do interior peninsular e de Europa Central (situación do NE) e polos anticiclóns polares atlánticos (situacións do N e NO). Non obstante, o descenso en latitude da corrente en chorro e do anticiclón dos Azores permite unha maior incidencia da fronte polar e das borrascas atlánticas (situacións do oeste e SO), que provocan abundantes precipitacións.

• No verán domina o tempo anticiclónico seco e caloroso. Está causado principalmente polo anticiclón dos Azores, que ascende en latitude nesta época do ano, e secundariamente polo anticiclón continental do norte de África. Ocasionalmente poden producirse tormentas polo quecemento do solo ou pola penetración de masas de aire frías en altura, que desencadean unha grande inestabilidade.

• No outono e na primavera o tempo é variable. Existen situacións anticiclónicas semellantes ás do inverno ou ás do verán, e precipitacións ligadas ao paso de borrascas atlánticas, a situacións do leste no Mediterráneo e a gotas frías.

b) En Canarias, o tempo normal ou «tempo dos alisios» é estable. Está determinado pola presenza do anticiclón dos Azores e do vento alisio do NE, fresco e húmido, orixinado no seu bordo oriental. Cando o anticiclón se move, penetran outras masas de aire. No inverno, o aire polar mariño causa temporais ou intensas precipitacións en pouco tempo. No verán, o aire sahariano seco do leste ou do sueste xera ondas de calor (o chamado «tempo do sur»).

Actividades

22 Durante unha semana, consulta na Axencia Estatal de Meteoroloxía (aemet.es) os mapas do tempo en superficie e en altura (500 hPa). Coméntaos, seguindo o modelo na páx. 94.

23 Explica o significado meteorolóxico dos seguintes refráns:

• Vento do sur no inverno, demo do inferno.

• Cando sopra o vento do Estreito, auga segura para o barbeito.

• Vento soán, chuvia na man.

• Xullo normal, seco todo manancial.

• Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes.

• Marzo marceiro: pola mañá cara de can e pola tarde falangueiro.

24 Busca exemplos de obras de arte e composicións musicais cuxo tema sexan as estacións do ano.

76
3
Tempo frío con néboa de irradiación, propio do inverno. Tempo seco e caloroso, propio do verán.
CD, STEM, CCL, CCEC

ANÁLISE EN SUPERFICIE Día 6-II-1983

En altura, a corrente en chorro circula con traxectoria ondulada. En superficie, un anticiclón polar marítimo no Atlántico e unha borrasca no norte de Europa canalizan aire Am do norte, orixinalmente moi frío e seco, que no seu percorrido mariño cara ao sur se requenta relativamente pola base, se humedece e se inestabiliza.

3.2 Tempo do NE. Moi frío e seco

ANÁLISE EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mbar Día 6-II-1983

Esta situación predomina no inverno e dá lugar a temperaturas moi baixas e precipitacións en forma de neve nas montañas do norte e no interior peninsular. No resto das estacións, esta situación provoca un acusado descenso térmico e inestabilidade en forma de tormentas, ás veces de sarabia nas estacións equinocciais.

predomina no inverno e provoca tempo moi frío e seco. No inte rior peninsular causa xeadas e néboas de irradiación. Na fachada

descenso significativo das temperaturas e tormentas, ás veces de sarabia no litoral mediterráneo.

77 U 2
1020 1020 1020 1016 1012 1008 1004 1000 996 mb B
40º 40º 50º 50º 30º 30º 20º 10º -16º -20º -20º -24º 40º 40º 40º 50º 60º 70º 50º 50º 30º 30º 20º 20º 20º 10º 10º 0º 30º 10º 0º 10º 20º 5220 m B A 5460 m 5700 5760 m 5640 5580 5520 5460 5400 5340 5280
ANÁLISE EN SUPERFICIE Día 12-II-1984 ANÁLISE EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mb Día 12-II-1984
40º 40º 40º 30º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 1040 mb 1036 1032 1028 1024 1020 1020 1016 1012 1008 1004 1000 996 992 mb 1016 1012 1008 1004 1000 960 A B B 1040 mb
40º 40º 40º 30º 40º 30º 50º 60º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 5760 m 5700 5700 5640 5580 5520 5460 5400 5340 5280 5220 5160 m 5640 5580 5520 5460 A B B -20 -24 -24 -36 -32 -28 -24 -20 -20

3 Os tipos de tempo en España

aire Pm do NO que, no seu percorrido cara ao sur polo Atlántico, se requenta pola base e se humedece. No inverno produce tempo frío e precipitacións, especialmente na cordilleira Cantábrica (onde

ANÁLISE EN ALTURA, TOPOGRAFÍA DE 500 mb Día 22-II-1984

temperaturas e produce chuvias na franxa cantábrica e tormentas na Meseta.

En altura, a corrente en chorro circula con traxectoria zonal. En superficie dá lugar ao tempo do oeste, caracterizado polo paso sucesivo de borrascas atlánticas e frontes. Esta situación é máis frecuente nas estacións equinocciais e no inverno e provoca temperaturas relativamente suaves e precipitacións abundantes,

sobre todo no oeste peninsular. As precipitacións diminúen a súa intensidade cara ao leste, debido á anchura do bloque peninsular. No verán, esta situación incide principalmente na fachada cantábrica, refrescando as temperaturas e producindo precipitacións.

78
40º 40º 50º 50º 60 30º 10º 20º 1036 mb 1032 1028 1016 1000 1004 1008 1012 1016 1020 996 mb B A ANÁLISE EN SUPERFICIE 40 º 40 º 40 º 50 º 60 º 50 º 50 º 30 º 30 º 20 º 10 º 0 º 10 º 20 º 10 º 0 º 10 º 20 º 20 º 5520 5580 5640 5700 5400 5460 5760 m 5340 m B A
40º 40º 40º 30º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 1020 mb 1012 1008 1006 1000 996 992 988 984 984 mb 988 mb 1008 1012 1016 1020 1024 980 mb 1016 1016 mb 1012 1008 mb B B B A A
40º 40º 40º 30º 40º 30º 50º 60º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 5820 5760 5700 5580 5640 5700 5640 5580 5520 5460 5400 5340 5280 5220 5150 B B B -8 -12 -16 -20 -24 -28 -32
ANÁLISE EN SUPERFICIE Día 4-XI-1985 ANÁLISE EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mbar Día 4-XI-1985

En altura, a corrente en chorro debuxa unha valgada no Atlántico. En superficie tradúcese nunha profunda borrasca, que adoita levar frontes asociadas e canaliza aire Pm, que alcanza a Península con traxectoria mariña do SO ou sur e, polo tanto, húmido, requentado pola

raturas máis altas do habitual e chuvias xeneralizadas, especialmente no cuadrante SO da Península (Andalucía occidental e Estremadura), onde pode ocasionar o desbordamento dos ríos atlánticos, con consecuencias catastróficas. Nestes casos sopra o vento ávrego, que, ao descender pola cordilleira Cantábrica, provoca temperaturas altas e

EN SUPERFICIE Día 20-III-1982

En altura, a corrente en chorro debuxa unha dorsal sobre Europa central e occidental e unha valgada no Mediterráneo. En superficie, os centros de acción dispóñense de maneira que canalizan sobre a Península aire mediterráneo do leste, cálido, húmido e inestable.

ANÁLISE EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mbar Día 20-III-1982

Esta situación, que ten a súa maior frecuencia no outono, provoca abundantes precipitacións na costa levantina, acentuadas polo ascenso orográfico do aire nos relevos montañosos paralelos á costa. Os ríos mediterráneos poden desbordarse e producir inundacións catastróficas.

79
40º 40º 40º 30º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 10º 0º 10º 20º 972 mb 976 980 984 988 992 996 1000 1004 1008 1012 1016 1020 1020 1024 1028 1032 mb 996 mb A B B
40º 40º 4 0º 30º 40º 30º 50º 60º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 5820 5760 5700 5640 5580 5520 5460 5400 5340 5280 5220 5160 m A B -12 -16 -20 -24 -24 -16 -28 -32
ANÁLISE EN SUPERFICIE Día 2-XII-1985 ANÁLISE EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mbar Día 2-XII-1985
40º 40º 30º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 0º 10º 20º 1008 mb 1028 mb 1012 1016 1020 1024 1020 1016 1012 1008 1004 1024 1028 1032 B A A ANÁLISE
40º 40º 40º 30º 40º 30º 50º 60º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 5700 m 5700 5640 5580 5520 5460 5400 5760 m 5580 5640 5520 m B A -20 -16 -24 -20 -24 -28

3 Os tipos de tempo en España

ANÁLISE EN SUPERFICIE Día 19-X-1973

En altura, a corrente en chorro debuxa sobre a Península unha profunda valgada, que pode chegar a esgazarse do chorro principal e individualizar unha borrasca sobre as costas mediterráneas, as costas cantábricas e o sueste ou sur peninsular. Esta borrasca, de aire moi frío, descende ata o solo e obriga a ascender violentamente o

ANÁLISE EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mbar Día 19-X-1973

aire cálido e húmido das capas baixas. Así, provoca fortes precipitacións, ás veces torrenciais, que poden producir efectos catastróficos. Esta situación é característica do outono, cando despois do verán a auga do mar se encontra cálida e son máis frecuentes as irrupcións de aire frío en altura.

ANÁLISE EN SUPERFICIE Día 30-IX-1977

En altura, a corrente en chorro circula con traxectoria zonal alta en latitude, ou describe unha dorsal sobre o Atlántico. En superficie, o anticiclón dos Azores canaliza aire Tm. Esta situación ten a súa maior frecuencia no verán e produce no interior peninsular tempo caloroso e seco, e no litoral, tempo caloroso e ambiente bochor-

ANÁLISE EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mbar Día 30-IX-1977

noso pola elevada humidade. As altas temperaturas provocan o quecemento e o ascenso diario do aire, pero non adoita chover pola existencia de altas presións en altura. No inverno, o anticiclón dos Azores causa néboas de irradiación. No resto das estacións provoca suba das temperaturas e días solleiros.

80
40º 40º 30º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 1028 mb 1016 1012 1012 1016 1012 1008 mb 1020 1008 1020 1024 B A
40º 40º 30º 40º 30º 50º 60º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 5640 m 5520 5580 5640 5700 5760 5820 5700 B -20 -16 -12 -12
40º 40º 40º 30º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 1020 1024 1028 1032 1028 1024 1020 1016 1008 1012 1004 1000 996 992 988 1012 mb 1020 1016 1012 1008 1004 1000 mb B A B
5880 5820 5760 5700 5640 5580 5520 5460 5400 A -12 -16 -20 40º 40º 40º 30º 40º 30º 50º 60º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º -24

ANÁLISE EN SUPERFICIE Día 30-VIII-1975

En altura, a corrente en chorro debuxa unha crista sobre o norte de África, que afecta á Península. En

ANÁLISIS EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mbar Día 30-VIII-1975

As tormentas de verán prodúcense cando o excesivo quecemento do solo se transmite ao aire situado enriba del e ocasiona bruscos movementos ascendentes que atravesan a barreira das altas presións en altura, alcanzando os niveis altos onde as temperaturas

son moi frías, dando lugar á formación de nubes e tormentas. Estas tamén se producen cando as altas presións en altura se dividen pola presenza de aire frío (valgada ou gota), que ocasiona unha grande inestabilidade e intensos trebóns.

81
40º 40º 30º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 20º 1032 mb 1028 1024 1020 A 1016
40º 40º 40º 30º 40º 30º 50º 60º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 5940 m 5940 m 5820 m 5700 5760 5880 5880 5820 A A A -8 -12 -12 -16
40º 40º 40º 30º 50º 50º 30º 30º 20º 1032 mb 1020 mb 1024 1028 1024 1020 1016 A B ANÁLISE EN SUPERFICIE 40º 30º 40º 30º 50º 60º 50º 30º 40º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 5820 5760 5700 5640 5580 5940 m 5760 m 5700 5640 5580 5520 5460 5880 A A -8 -12 -16 -16 -16 -20 -24 -20 -24 -20
ANÁLISE EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mbar Día 14-VII-1977

Os tipos de clima en España

DISTRIBUCIÓN CLIMÁTICA

Clima oceánico costeiro con inverno moderado

Clima oceánico interior con inverno frío

Clima oceánico con inverno suave

Clima oceánico de transición con inverno moderado

Clima oceánico de transición con inverno frío

OCÉANO ATLÁNTICO

Clima estepario cálido con inverno moi suave

Clima estepario frío con inverno moderado ou frío

Clima desértico con precipitacións moi escasas

Clima de montaña

OCÉANO ATLÁNTICO

ILLAS CANARIAS

Mar Cantábrico

ILLAS BALEARES

diterráneo

M a r M e

Clima mediterráneo marítimo con inverno suave Clima mediterráneo marítimo con inverno moderado

Clima mediterráneo continentalizado con verán fresco e inverno frío

Clima mediterráneo continentalizado con verán caloroso e inverno frío

Clima mediterráneo continentalizado con verán caloroso e inverno moderado

– A súa distribución ao longo do ano é bastante regular, xa que esta área se encontra baixo a continua acción das borrascas da fronte polar. Non obstante, adoita darse un máximo de precipitación no inverno ou no outono-inverno, debido á maior frecuencia de paso das borrascas atlánticas, e un mínimo relativo no verán causado pola influencia do anticiclón dos Azores, desprazado ao norte. Este mínimo pode dar lugar a un máximo de dous meses secos, que marca a transición ao clima mediterráneo continentalizado.

– A forma na que caen as precipitacións é suave, o que favorece a súa filtración no solo.

82
4 X F M A M X X A S O N D Temp. (ºC) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 9 9,3 11,5 12,4 14,7 17,5 19,3 19,6 18,4 15,7 12 9,8 111 98 77 91 72 65 45 67 102 116 128 145
0 100 200 300 km

• As temperaturas caracterízanse por unha amplitude térmica baixa na costa e moderada cara ao interior.

– Na costa, a amplitude térmica é baixa debido á influencia do mar (entre 9 "C-12 "C). O verán é fresco (ningún mes iguala ou supera os 22 ºC) e o inverno é moderado (a temperatura media do mes máis frío está entre 6 "C e 10 "C).

– Cara ao interior, a amplitude térmica é moderada ao diminuír a influencia mariña (entre 12 "C-15 "C). Debido a este feito, o inverno pode ser frío (baixa de 6 "C).

Actividades

25 Realiza e comenta o climograma de Avilés seguindo o modelo proposto na técnica do final da unidade.

2. O CLIMA MEDITERRÁNEO

• A área de clima mediterráneo é a máis extensa de España. Comprende o territorio peninsular ao sur da zona de clima oceánico, as illas Baleares, Ceuta e Melilla.

• As precipitacións son moderadas ou escasas, irregulares e tormentosas.

– O total anual é inferior a 800 mm, considerándose moderadas entre 800 e 500 mm, e escasas por debaixo de 500 mm.

– A súa distribución é irregular. O verán é seco debido á influencia do anticiclón dos Azores, desprazado cara ao norte nesta época do ano. O máximo ten lugar no outono e na primavera, salvo nas zonas máis abertas ao Atlántico, onde se produce no inverno.

– A forma na que caen as precipitacións é tormentosa en moitas ocasións. Este feito orixina unha forte erosión do solo nas áreas desprovistas de vexetación.

• As temperaturas varían coa latitude e a distancia ao mar.

Dentro do clima mediterráneo distínguense tres subtipos: marítimo, continentalizado e seco.

83 U 2
Clima oceánico. Laredo.
Avilés, Asturias (127 m) T P X 8,9 94 F 9,5 85 M 10,7 74 A 11,8 93 M 14,3 79 X 16,9 47 X 19,2 45 A 19,7 54 S 17,9 70 O 15 104 N 11,6 120 D 9,9 104 13,8 969,0
STEM, CCL

2.1 O clima mediterráneo marítimo

• A área do clima mediterráneo marítimo comprende a costa mediterránea peninsular —menos o SE—, a costa suratlántica, as illas Baleares, Ceuta e Melilla.

• As precipitacións son moderadas ou escasas, entre os 800 e os 300 mm ao ano.

– Na costa suratlántica, as precipitacións son máis abundantes, pola maior influencia das borrascas atlánticas, sobre todo das formadas no SO peninsular e no golfo de Cádiz. De aí o nome de mediterráneo suboceánico que designa tamén esta variedade climática. O seu máximo principal é no inverno ou no outono-inverno.

– Na costa mediterránea, as precipitacións son menores porque as borrascas atlánticas perden a súa humidade ao atravesar a Península e as barreiras montañosas paralelas á costa mediterránea, o seu máximo principal é no outono, debido ás tormentas ocasionadas polo contraste entre as augas cálidas do Mediterráneo e a terra, que arrefría máis á présa. Tamén poden producirse pola chegada de masas de aire do leste procedentes do continente europeo que ascenden polas cordilleiras litorais, ou por gotas frías e irrupcións de aire frío en altura motivadas polo inicio do descenso en latitude da corrente en chorro.

• As temperaturas caracterízanse por unha amplitude térmica moderada (12 "C-15"/16 "C) debido á calidez do Mediterráneo. O verán é caloroso (iguala ou supera os 22 "C) e o inverno é suave (o mes máis frío non baixa de 10 "C).

Actividades

26 Realiza e comenta o climograma de Castelló.

84 4 Os tipos de
clima en España
SAN FERNANDO (Cádiz) (20 m) X F M A M X X A S O N D Temperatura media: 18,2 ºC Precipitación: 610,4 mm Temp. (ºC) Precip. (mm) 12,1 12,8 14,8 15,8 19,6 23,2 24,7 25 23,3 19,8 15,5 12,3 0 5 10 15 20 25 30 83 78 79 35 30 12 0,1 1,3 16 75 108 93 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 X F M A M X X A S O N D Temp. (ºC) Precip. (mm) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 SAGUNTO (Valencia) (46 m) Temperatura media: 18,5 ºC Precipitación: 449 mm 11,2 12 13,7 17,3 20,3 23,6 27,2 27 25 20,5 14,2 9,7 25 34 35 35 44 23 9 22 56 85 41 40
Clima mediterráneo marítimo. Sagunto.
Castelló (43 m) T P X 10,6 36 F 11,3 31 M 13,4 31 A 15,4 42 M 18,5 44 X 22,5 19 X 25,3 9 A 25,6 24 S 22,9 71 O 19 70 N 14,3 49 D 11,4 42 17,5 467
STEM, CCL

2.2 O clima mediterráneo continentalizado

• A área do clima mediterráneo continentalizado comprende o interior peninsular, menos a zona media do val do Ebro.

• As precipitacións son moderadas ou escasas, tamén entre 800 e 300 mm anuais. O seu volume é algo maior no sector occidental do interior peninsular.

No sector occidental peninsular as precipitacións son máis abundantes, pola maior frecuencia de paso das borrascas atlánticas. O seu máximo principal é no inverno ou no outono-inverno.

– No centro das depresións castelás e do Ebro as precipitacións son menores, debido ao seu encaixe entre montañas. O seu máximo ten lugar nas estacións equinocciais, sobre todo na primavera, cando, ao aumentar a temperatura, se debilitan os anticiclóns invernais, formados polo arrefriamento do solo, e se acentúa a circulación do oeste. Estes anticiclóns poden ocasionar un mínimo secundario de precipitacións mo inverno.

• As temperaturas caracterízanse por unha amplitude térmica alta (superior a 16 "C), debido ao illamento da influencia do mar. As variacións térmicas permiten distinguir tres subtipos climáticos:

– A submeseta norte, as terras altas de Guadalaxara, Teruel e Cuenca teñen un verán fresco (inferior a 22 "C) e un inverno frío (o mes máis frío baixa de 6 "C), con frecuentes xeadas e néboas.

– A submeseta sur e os bordos do val do Ebro teñen un verán caloroso (igual ou superior a 22 "C) e un inverno frío, aínda que con menor incidencia das xeadas.

– Estremadura e o interior andaluz teñen un verán moi caloroso e un inverno moderado (o mes máis frío entre 6 "C e 10 "C).

Actividades

Clima mediterráneo continentalizado. Parque nacional de Cabañeros, Ciudad Real.

85 U 2
SEGOVIA (925 m) X F M A M X X A S O N D Temperatura media: 11,6 ºC Precipitación: 460 mm Temp. (ºC) Precip. (mm) 3,1 4,5 7,4 9,9 13,3 18 21,5 21,4 17,6 12,1 6,9 3,9 0 5 10 15 20 25 30 36 36 39 46 53 42 17 13 35 46 51 46 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 X F M A M X X A S O N D Temp. (ºC) Precip. (mm) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 ALBACETE (704 m) Temperatura media: 13,6 ºC Precipitación: 347 mm 4,8 6,6 9 11 15 20 24 24 20 14 8,8 5,9 21 24 48 48 48 36 12 14 32 42 34 28 27 Realiza
de Alburquerque,
Alburquerque (415 m) T P X 7 103 F 9 81 M 11,2 85 A 13,9 54 M 16,1 44 X 21,3 21 X 25,7 4 A 25,4 5 S 21,5 26 O 16,5 66 N 11,5 82 D 7 71 15,5 642,0
e comenta o climograma
Badaxoz.
STEM, CCL

2.3 O clima mediterráneo seco, subdesértico ou estepario

• A área do clima mediterráneo seco, subdesértico ou estepario comprende o SE peninsular e a zona media do val do Ebro.

• As precipitacións son moi escasas, situándose entre 300 e 150 mm ao ano.

– No SE a aridez obedece a tres causas: a zona encóntrase protexida das borrascas atlánticas polos relevos das cordilleiras Béticas, chegan con dificultade as borrascas mediterráneas e son frecuentes as masas de aire secas procedentes de África. Só as borrascas que penetran polo Estreito ou as formadas ocasionalmente no mar de Alborán provocan precipitacións. No cabo de Gata chégase ao clima desértico (menos de 150 mm de precipitación anual).

– Na zona media do val do Ebro, a aridez débese ao encaixe entre montañas. Estas montañas fan que descendan secas cara ao val do Ebro as masas de aire do norte que ascenden polos Pireneos, as borrascas atlánticas que alcanzan o sistema Ibérico e as masas de aire do Mediterráneo que ascenden pola cordilleira Costeiro-Catalá.

• As temperaturas varían coa latitude e a distancia ao mar. En función de ambas as dúas distínguense:

A estepa cálida da costa do SE, con temperatura media anual arredor de 17 "C-18 "C e invernos moi suaves (non baixan de 10 "C).

– A estepa fría do interior do SE (leste da Mancha e Albacete) e da zona media do val do Ebro, con temperatura media anual inferior a 17 "C e invernos moderados ou fríos (entre 6 "C e 10 "C, ou por debaixo de 6 "C, respectivamente).

Actividades

STEM, CCL

28 Realiza e comenta o climograma de San Javier, Murcia. San Javier, Murcia (43 m)

86 4 Os tipos de clima en España
X F M A M X X A S O N D Temp. (ºC) Precip. (mm) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 ADRA (Almería) (65 m) Temperatura media: 18 ºC Precipitación: 270 mm 11,3 12,1 14,1 15,9 18,6 22,5 25,3 25,6 23,3 19,3 15,1 12,4 38 28 28 30 21 7 2 2 12 31 33 38 X F M A M X X A S O N D Temp. (ºC) Precip. (mm) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 BARDENAS REALES (Navarra) (280 m) Temperatura media: 16,1 ºC Precipitación: 230,7 mm 0,6 8,6 12,6 14,6 19,3 23,1 27,8 25,7 23,5 18,7 11,4 7,6 15,6 15,8 18,1 40,2 32 14,6 11,3 20,3 15,6 15 18,9 13,3
Clima mediterráneo subdesértico. Bardenas Reales.
T P X 10,2 37 F 10,6 18 M 13 19 A 14,8 31 M 18 16 X 21,3 17 X 24,2 0 A 25 2 S 22,7 23 O 18,7 44 N 14,3 31 D 11,3 30 17,0 268,0

2.4 O clima de montaña

• A área de montaña abrangue os territorios montañosos situados a máis de 1 000 m de altitude.

• As súas características están determinadas pola altura, pois, a medida que se incrementa, as precipitacións aumentan, superando en xeral os 1 000 mm, e as temperaturas diminúen, presentando habitualmente medias anuais por debaixo de 10 "C e invernos fríos con frecuentes nevadas. Non obstante, existen diferenzas entre as montañas segundo a área climática e a latitude onde se encontran.

a) As montañas dentro da área de clima oceánico (macizo Galaico-Leonés, cordilleira Cantábrica e sector occidental dos Pireneos) alcanzan desde os 1 000 metros de altitude os trazos propios do clima de montaña. Rexistran precipitacións anuais superiores a 1 000 mm e carecen de meses secos. A temperatura media anual é baixa (inferior a 10 "C); o inverno é frío, con meses por debaixo ou próximos aos 0 "C, e o verán é fresco (non supera os 22 "C).

b) As montañas dentro da área mediterránea e con latitude máis meridional poden requirir unha maior altitude para alcanzar os trazos propios do clima de montaña. Así, entre os 1 000 e os 1 500 metros poden rexistrar precipitacións inferiores a 1 000 mm e un ou dous meses secos no verán, que chegan ata catro nas Béticas onde a altitude non compensa o predominio das altas presións debidas á súa latitude meridional. A temperatura media pode superar os 10 "C; o inverno é menos rigoroso, aínda que por debaixo de 6 "C, e o verán pode ser caloroso (superar 22 "C).

Actividades

29 Realiza e comenta o climograma de Canfranc. Los Arañones.

87 U 2
DE EL ESCUDO (Cantabria - Burgos) CORDILLEIRA CANTÁBRICA (1 022 m) X F M A M X X A S O N D Temperatura media: 9,9 ºC Precipitación: 1 152 mm Temp. (ºC) Precip. (mm) 2 3,3 6,1 8,5 11,8 15,4 18,3 18 14,9 10,6 6,3 3,3 0 5 10 15 20 25 30 64 76 94 89 116 97 83 101 105 113 116 98 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 130 140 150
(Granada) CORD. PENIBÉTICA (1337 m) X F M A M X X A S O N D Temperatura media: 12,1 ºC Precipitación: 591mm Temp. (ºC) Precip. (mm) 4,2 5,2 7,3 9,7 12,8 18 22,2 22,1 18,1 12,9 8,2 4,9 0 5 10 15 20 25 30 71 64 73 71 51 19 10 13 27 54 65 73 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 BOHOYO (Ávila) SERRA DE GREDOS (1142 m) X F M A M X X A S O N D Temperatura media: 9,7 ºC Precipitación: 912 mm Temp. (ºC) Precip. (mm) 3 3,4 5,5 7,8 11,4 14,6 18,9 18 15,1 10,8 5,5 1,9 0 5 10 15 20 25 30 114 170 73 64 80 51 14 13 49 103 118 63 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 130 140 170 160 150
Porto de El Escudo. Capileira. PORTO
CAPILEIRA
Canfranc (1 160 m) T P X 1,9 188,8 F 2 163,5 M 3,8 150,3 A 5,9 170,2 M 9,7 175,4 X 13,6 123,6 X 16,9 81,9 A 16,7 98,7 S 13,8 117,7 O 9,9 182,4 N 5 214,7 D 2,3 203 8,5 1 870,2
STEM, CCL

3. O CLIMA SUBTROPICAL DE CANARIAS

As illas Canarias contan cun clima subtropical orixinal debido á influencia de diversos factores:

• A súa situación meridional próxima ao trópico de Cáncer e ás costas africanas achega influencias variadas. Dominan o anticiclón dos Azores e o vento alisio do NE, que orixina temperaturas suaves todo o ano. Cando o anticiclón se despraza, permite o paso das borrascas atlánticas no inverno e do aire sahariano no verán.

• A corrente fría de Canarias, entre as illas e o continente africano, arrefría as augas superficiais máis do que lle corresponde pola súa latitude e incrementa a estabilidade do aire no verán.

• O relevo fai diminuír a temperatura e a súa orientación provoca nas vertentes a barlovento do alisio cuantiosas precipitacións e nebulosidade abundante (mar de nubes).

A influencia destes factores dá lugar a un tipo de clima caracterizado polos seguintes trazos:

a) Nas zonas baixas, as precipitacións son moi escasas. Nas illas occidentais encóntranse entre 300 e 150 mm ao ano (clima subdesértico ou estepario) e en Lanzarote, Fuerteventura e terras baixas de Gran Canaria non alcanzan os 150 mm ao ano (clima desértico). Estes escasos valores explícanse polo predominio anual do anticiclón dos Azores. O máximo relativo ten lugar no inverno, debido ás borrascas atlánticas. As temperaturas son cálidas todo o ano, xa que ningún mes descende de 17  ° C. Polo tanto, a amplitude térmica é moi baixa (inferior a 8  ° C).

b) Nas medianías (territorios entre os 600 e 1 500 m), as precipitacións increméntanse e poden alcanzar os 1 000 mm nas vertentes a barlovento do alisio; en cambio, as temperaturas diminúen.

c) Nas zonas máis elevadas de Tenerife e La Palma, por enriba do mar de nubes (máis de 1 500 m), as precipitacións redúcense —non adoitan superar os 400/500 mm— e a temperatura media baixa de 10 °C, polo que no inverno pode chegar a nevar.

PLAYA DEL INGLÉS. MASPALOMAS (Gran Canaria)

Maspalomas, na costa, posúe un clima desértico, con todos os meses secos. As precipitacións anuais non chegan a 150 mm e as temperaturas son cálidas todo o ano, de modo que a amplitude térmica é moi baixa.

Tijarafe, nas medianías, manifesta a influencia da altitude: a aridez redúcese a seis meses, aumentan as precipitacións e descenden as temperaturas do inverno e do verán.

Actividades

30 Realiza e comenta o climograma de San Sebastián de La Gomera.

Izaña, por enriba do mar de nubes presenta precipitacións escasas —non adoitan superar os 400/500 mm— e temperatura media inferior a 10 "C, como resultado dun inverno frío e un verán fresco.

88 4 Os tipos de clima en España
X F M A M X X A S O N D Temp. (ºC) Precip. (mm) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 IZAÑA (Tenerife) (2 367 m) Temperatura media: 9,4 ºC Precipitación: 473 mm 3,9 4 5,6 7 9,4 13,4 17,4 17,4 13,9 9,8 6,8 4,4 71 54 34 32 10 1 1 3 14 69 98 86 X F M A M X X A S O N D Temp. (ºC) Precip. (mm) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120
(45 m) Temperatura media: 20,6 ºC Precipitación: 149,5 mm 17,5 17,7 18,5 18,9 20,1 21,6 23,4 24,1 23,8 22,7 20,4 18,4 23 19 13 6 2 0 0 0 6 16 30 34,5
X F M A M X X A S O N D Temp. (ºC) Precip. (mm) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 TIJARAFE (La Palma) (694 m) Temperatura media: 16,7 ºC Precipitación: 426 mm 13,2 13,2 14,1 14,5 16 18,2 20,9 21,6 20,4 18,4 15,9 14,1 70 53 44 21 11 3 1 2 10 43 83 85
La Gomera (30 m) T P X 18,8 28 F 18,6 38 M 19 25 A 19,3 13 M 20,3 2 X 21,7 1 X 22,8 0 A 23,7 1 S 24,1 3 O 23,3 14 N 21,6 37 D 20 44 21,1 206
STEM, CCL

Os tipos de clima en Galicia

Pola súa posición xeográfica, entre os 41° 49’ e 43° 47’ de latitude norte, Galicia inclúese dentro das rexións de clima oceánico de fachada occidental, que se caracterizan por contar cunha amplitude térmica reducida, con invernos suaves, veráns frescos e precipitacións abundantes regularmente repartidas durante todo o ano.

Non obstante, certos factores como a disposición do relevo —que segue en moitos casos unha orientación transversal ás masas de aire dominantes, de compoñente O e SO—; a orientación da maioría das rías a favor dos ventos oceánicos; a distancia ao mar, ou as peculiares características das depresións e dos vales fluviais, introducen toda unha serie de matices climáticos.

De modo simplificado, pódese dicir que de oeste a leste e de norte a sur se produce unha progresiva degradación dos trazos típicos do dominio oceánico. Esta transición bioclimática fai que poidamos distinguir, polo menos, cinco ámbitos climáticos diferentes:

• Galicia occidental.

• Fachada cantábrica.

• Áreas de montaña.

• Galicia interior.

• Vales e depresións do sector meridional.

89 U 2 5
A CORUÑA FERROL LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA
DOMINIOS CLIMÁTICOS Fachada
Áreas
Vales
0 20 40 km
Galicia occidental
cantábrica
de montaña Galicia interior
e depresións do sector meridional
Climograma de Ourense. OURENSE (143 m) X F M A M X X A S O N D Temperatura media: 14,5 ºC Precipitación: 814 mm Temp. (ºC) Precip. (mm) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 130 140 150 7,5 9,2 11,4 12,7 15,7 19,4 22,1 22 19,4 15,1 10,8 8,5 90 81 54 70 67 39 19 23 57 97 93 124 LUGO-ROZAS (444 m) X F M A M X X A S O N D Temperatura media: 11,5 ºC Precipitación: 1 083 mm Temp. (ºC) Precip. (mm) 5,8 6,9 8,4 9,6 12,3 15,2 17,7 18 16,1 12,4 8,8 6,9 0 5 10 15 20 25 30 122 108 86 94 93 52 34 34 77 115 122 146 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 130 140 150 Climograma de Lugo-Rozas.

1. GALICIA OCCIDENTAL

As temperaturas medias sitúanse arredor dos 12 ºC, mentres que as precipitacións poden chegar a superar os 1 500 mm anuais. No caso da área centro-occidental de Galicia, a orientación das rías favorece a entrada das masas de aire cara ao interior que, ao se atoparen cos pés das serras centrais, producen abundantes precipitacións.

Nas Rías Baixas rexístranse temperaturas elevadas durante gran parte do ano (entre 12-15 ºC de media) e, aínda que o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, estas presentan unha distribución máis estacional, cunha forte tendencia á aridez estival.

2. FACHADA CANTÁBRICA

A Mariña lucense presenta un descenso relativo das precipitacións, que se sitúan entre os 800-1 000 mm anuais, con respecto á fachada atlántica, aínda que sen aridez estival. As temperaturas mantéñense, así e todo, en valores semellantes, con invernos frescos e veráns suaves.

3. ÁREAS DE MONTAÑA

En Galicia o clima oceánico de montaña dáse, en xeral, por riba dos 700 metros de altitude, aínda que as súas características esenciais (aumento xeral da oscilación térmica anual e diaria, e maior frecuencia das precipitacións en forma de neve) rexístranse fundamentalmente nas serras orientais e sudorientais.

4. GALICIA INTERIOR

A distancia ao mar e a protección das serras nos sectores da Terra Chá, Chantada, Terra de Lemos, Arnoia e A Limia fan que as chuvias sexan inferiores ás dos outros dominios e que aumente a oscilación térmica, que se aproxima aos 14 °C, con invernos rigorosos e veráns moi cálidos.

5. VALES E DEPRESIÓNS DO SECTOR MERIDIONAL

Os vales do Miño medio e do Sil, así como as pequenas depresións do sur, constitúen os sectores máis áridos de Galicia, sobre todo durante a época estival. En xeral, as precipitacións adoitan ser inferiores a 700-800 mm e rexístrase un aumento xeralizado das temperaturas, cunha media anual superior aos 14 °C. Estas características fan que a zona sexa considerada de transición ao clima mediterráneo.

90
A Coruña (58m) T P Xaneiro 10,4 128 Febreiro 10,9 102 Marzo 11,7 79 Abril 12,5 85 Maio 14,4 80 Xuño 16,7 42 Xullo 18,7 30 Agosto 19,2 35 Setembro 18,2 68 Outubro 15,6 110 Novembro 13 114 Decembro 11,5 135 Total ano 14,4 1 008
31 Realiza e comenta o climograma da Coruña.
Actividades STEM, CCL

A influencia e os riscos do clima

O clima inflúe noutros elementos do medio natural e nas actividades humanas e entraña o risco de ocasionar catástrofes.

1. A INFLUENCIA DO CLIMA

1.1

Sobre o medio natural

• No relevo. Os elementos climáticos actúan sobre as estruturas xeolóxicas e crean as formas da modelaxe, a través da erosión, o transporte e a sedimentación de materiais.

• Nas augas. As precipitacións e a aridez inflúen no caudal dos ríos e nas súas variacións ao longo do ano; e as temperaturas, na evaporación da auga.

• Na vexetación. O clima inflúe no tipo de formacións vexetais —árbores, arbustos, herbas—, na cobertura vexetal do territorio —continua ou dispersa— e na súa distribución no espazo.

• No solo. O clima é un dos factores principais que inflúe na súa formación, dado que a temperatura e as precipitacións alteran e transforman a rocha nai ou substrato mineral do solo.

Tamén é responsable dalgunhas características do solo como o seu espesor e a súa acidez.

1.2 Sobre as actividades humanas

• O clima inflúe no poboamento e no hábitat. A poboación evita as zonas con climas adversos, como os de montaña ou os de seca extrema. E no hábitat, a cuberta da casa tradicional adoita ser inclinada nas zonas de alta pluviosidade e plana nas áreas de precipitación escasa e irregular.

• Exerce un notable influxo na agricultura, pois cada cultivo require certas condicións climáticas. En boa parte do territorio español estas condicións son desfavorables: as temperaturas presentan situacións extremas como xeadas ou ondas de calor e as precipitacións son escasas e irregulares, caendo con bastante frecuencia en forma de daniñas tormentas e de sarabia.

Non obstante, tamén existen áreas onde a suavidade térmica favorece producións agrarias moi rendibles.

• Achega fontes de enerxía renovables e limpas. O vento e a elevada insolación proporcionan electricidade nas centrais eólicas e solares. E as abundantes precipitacións do norte peninsular alimentan ríos caudalosos e regulares, usados para producir hidroelectricidade.

• Intervén en diversas actividades do sector terciario. O transporte vese prexudicado polas xeadas, as fortes precipitacións e as néboas. Pero certos tipos de turismo baséanse no clima, como o de sol e praia e o de neve.

Actividades CD, CCL, STEM, CCEC

32 Obtén imaxes en Internet sobre a influencia do clima no medio natural e nas actividades humanas e redacta un pé explicativo para cada unha delas.

O clima húmido inflúe na vexetación de bosques e prados, na cuberta a dúas augas das casas e centra a actividade agraria na gandería na explotación forestal.

91 U 2
6
Falecidos por desastres climáticos 1995-2021 Inundacións 396 Aludes de neve 62 Episodios de neve e frío 33 Tormentas: raios e vendavais 98 Altas temperaturas 303 Temporais marítimos (falecidos en terra) 278 Total 1 170 Fonte: Ministerio do Interior.

2. OS RISCOS CLIMÁTICOS E A SÚA PREVENCIÓN

a) Os riscos climáticos máis frecuentes son inundacións e secas.

• As inundacións son ocupacións pola auga de zonas que habitualmente non o están. Débense a intensas precipitacións caídas en pouco tempo ou á rápida fusión da neve. Afectan sobre todo ás fachadas mediterránea e cantábrica, onde se potencian pola proximidade das montañas á costa, que favorece a precipitación orográfica, e pola existencia de concas fluviais reducidas e de forte pendente. En menor medida afectan ao SO peninsular a causa de temporais do SO.

As inundacións ocasionan danos na vida humana e animal; erosión do solo; danos nas colleitas, vivendas e infraestruturas (pontes, estradas, vías férreas); e interrupción do abastecemento hidroeléctrico.

España conta cun Sistema Automático para alertar das inundacións. E as administracións públicas deben elaborar Plans de Avaliación e Xestión do Risco de Inundación. Entre as súas medidas están a restauración hidrolóxico-forestal dos leitos fluviais, a ordenación do territorio, a predición de enchentes, a protección civil, e unha cartografía de zonas inundables.

• As secas son déficits pluviométricos temporais e prolongados respecto ás precipitacións medias dun territorio. En España débense á latitude, que favorece a presenza prolongada de anticiclóns, sobre todo no sur e no sueste peninsular, Baleares e Canarias.

No medio natural, coas secas descende a auga dos ríos por debaixo do caudal ecolóxico e o nivel dos lagos e acuíferos; aumenta a concentración de contaminantes na auga; os bosques deterióranse e aumenta o risco de incendios; e increméntase a erosión do solo. Nas actividades humanas, a seca causa perda de colleitas; desabastecemento e restricións de auga; e redución da produción hidroeléctrica.

Para afrontar o problema, creáronse Plans Especiais de Seca. Entre as súas medidas contémplase aumentar a dispoñibilidade de auga mediante o aforro, a reutilización da auga depurada e a desalinización.

b) Outros riscos climáticos son a sarabia, as tormentas con grande aparato eléctrico, as ondas de frío, os temporais de neve, as ondas de calor e os temporais de vento.

Actividades

STEM, CD, SIEP, CCL, CPSAA, CC, CE

33 Explica as causas dos riscos climáticos que figuran na lenda do mapa.

34 Recompila noticias e imaxes de catástrofes climáticas en España. Indica, para cada unha, data, lugar, causas e consecuencias.

35 Descubre a incidencia do cambio climático sobre os riscos climáticos.

36 Consulta a páxina web de Aemet (aemet.es) e explica como informa das alertas meteorolóxicas.

6 A influencia e os riscos do clima
Temporais de vento do oeste e o noroeste Secas Aire ártico marítimo Galernas Temporais do suroeste Temporais de Canarias Adveccións saharianas (ondas de calor) Aire polar continental Levante Levante Calimas Temporais de neve RISCOS CLIMÁTICOS EN ESPAÑA Seca Inundación Temporais de neve Fonte: Martín Vide: Climas y tiempos de España. Ondas de frío Ondas de calor Temporais de vento Sarabia Tormentas estivais 0 100 200 300 km
Seca no encoro de Entrepeñas. Inundación en Orihuela, Alacant (2019). Motivada por unha gota fría que causou o desbordamento do Segura.

Resumo da unidade

A diversidade climática española

Os factores do clima

• Xeográficos: latitude e situación, influencia do mar e relevo.

• Termodinámicos: en altura, corrente en chorro; en superficie, centros de acción, masas de aire e frontes.

resulta da combinación de dá lugar a

Diferentes tipos de tempo

• Do N: onda de frío.

• Do NE: moi frío e seco.

• Do NO: frío e chuvioso.

• Do O: paso de frontes.

• Do SO ou S: temporal do sueste ou sur.

Oceánico

• Precipitacións abundantes e regulares: + 800 mm.

• Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa por influencia do mar e moderada cara ao interior.

• Do L: temporal en Levante.

• Gota fría: precipitacións intensas.

• Cálido e estable.

• Onda de calor.

• Tormentoso de verán.

Mediterráneo

• Precipitacións moderadas ou escasas e irregulares inferiores a 800 mm.

• Temperaturas variables en función da latitude e a distancia ao mar.

Os elementos do clima

• Insolación e nebulosidade; temperatura do aire; humidade; presión atmosférica e vento; precipitacións; evaporación, evapotranspiración e aridez.

Diferentes tipos de clima

• Oceánico: Galicia e cornixa cantábrica.

• Mediterráneo: resto da Península, Baleares, Ceuta e Melilla.

• De montaña.

• Subtropical de Canarias.

características

Montaña

• Precipitacións superiores a 1 000 mm.

• Temperatura media inferior a 10 "C.

• Inverno frío (algún mes próximo ou baixo 0 "C).

tipos

Marítimo

• Precipitacións: 800-300 mm.

• Temperaturas con amplitude térmica moderada por influencia do mar (12 "C-15/16 "C); veráns calorosos.

Continentalizado

• Precipitacións: 800-300 mm.

• Temperaturas con amplitude térmica alta, 16 "C ou máis, por ausencia de influencia mariña.

• Inflúe no medio natural: relevo, augas, vexetación, solo e nas actividades humanas: poboamento, agricultura, enerxía, transporte, turismo.

Canarias

• Precipitacións moi escasas nas zonas baixas.

• Temperaturas cálidas todo o ano nas zonas baixas, que descenden coa altura, e escasa amplitude térmica.

Seco subdesértico

• Precipitacións inferiores a 300 mm.

• Temperaturas variables en función da latitude e a distancia ao mar.

• Ocasiona riscos: inundacións, secas e outros (sarabia, tormentas, ondas de frío, temporais de neve, ondas de calor, temporais de vento).

93 U 2
Xerar - clasificar - relacionar - desenvolver

Comentario de mapas meteorolóxicos

1. O mapa do tempo en superficie

O mapa do tempo en superficie representa o estado da atmosfera nun momento determinado, indicado na data do mapa. Para iso, utiliza isóbaras ou liñas que unen os puntos coa mesma presión atmosférica. O comentario deste tipo de mapas pode seguir o guión desta ficha.

Ficha para o comentario de mapas meteorolóxicos en superficie

1. Trazos xerais do mapa

2. Análise dos centros de acción e das frontes

3. Predición do tempo en España (fixarse na data do mapa)

• Mapa meteorolóxico que mostra o estado da atmosfera en superficie.

• Área que comprende: habitualmente o Atlántico oriental, Europa occidental e o norte de África.

• Localizar xeograficamente os anticiclóns (valor das isóbaras superior a 1 016 mbar) e as borrascas (valor das isóbaras inferior a 1 016 mbar) e identificalos; por exemplo: anticiclón dos Azores, depresión de Islandia (ver mapas dos centros de acción, páx. 70).

3.1. Determinar se os territorios se encontran nunha situación básica ou de fluxo.

• Situación básica: o territorio (Península Ibérica, Baleares ou illas Canarias) encóntrase baixo a acción directa de anticiclóns ou de borrascas.

• Situación de fluxo: o territorio encóntrase baixo a influencia de adveccións ou desprazamentos de masas de aire. Neste caso:

– Determinar a traxectoria do fluxo: Am, Ac, Pm, Pc, Tm, Tc. (ver mapa da páx. 71). Para iso, recordar que o aire xira entre as isóbaras no sentido das agullas do reloxo nos anticiclóns e en sentido contrario nas borrascas.

3.2. Predición das precipitacións.

• Tempo seco e estable en caso de:

– Situación básica anticiclónica.

– Fluxos de masas de aire de procedencia continental que non se modifican na súa traxectoria (percorrido continental).

– Fluxos de procedencia mariña que se estabilizan no seu percorrido (arrefriamento pola base ao desprazarse ao norte).

3.3. Predición das temperaturas.

• Altas. Bo verán cando o territorio se encontra baixo a influencia:

– Directa de anticiclóns subtropicais (Azores ou sahariano).

– De fluxos do sur ou do SO.

• Frescas ou moderadas.

No verán con fluxos do norte.

Nas demais estacións con fluxos do oeste, sur ou SO.

3.4.

• Data do mapa e fonte se consta.

• Forma de mostrar a información: xeralmente isóbaras ou liñas que unen os puntos coa mesma presión atmosférica.

• Localizar xeograficamente as frontes e indicar se son cálidas ou frías e a que borrascas van asociadas, se procede.

• Sinalar se son frontes activas (sector cálido amplo), pouco activas (sector cálido estreito) ou ocluídas.

Explicar as características orixinais das masas de aire en canto a temperatura e humidade: moi fría, fría ou cálida (segundo sexa ártica, polar ou tropical); e húmida ou seca (segundo proceda do mar ou do continente). (Ver mapa da páx. 71).

– Considerar as posibles modificacións das masas de aire no seu percorrido ata España (arrefriamento e estabilización, ou quecemento, humedecemento e inestabilización).

• Tempo inestable, chuvioso ou de neve, nos casos de:

– Influencia directa de borrascas.

– Paso de frontes. Unha borrasca de dúas frontes provoca estes efectos ao seu paso: o sector frío anterior á fronte cálida, tempo estable. A fronte cálida, nubes e precipitacións finas e suaves que poden durar un día enteiro.

O sector cálido entre as dúas frontes, nubrado. A fronte fría, precipitacións fortes. O sector frío posterior, variable (claros ou chuvias de inestabilidade).

• Frías. No inverno cando o territorio se encontra baixo a influencia:

– Directa do anticiclón térmico peninsular.

– De fluxos do N e NO procedentes de anticiclóns atlánticos.

Fluxos do NE procedentes do anticiclón centroeuropeo.

Nestes casos poden producirse nevadas (se o aire é húmido) ou xeadas (se o aire é seco).

94 Técnica I
Predición do vento. A forza do vento é maior canto máis xuntas están as isóbaras dos centros de acción.

2. O mapa do tempo en altura

O mapa do tempo en altura está constituído por isohipsas, liñas que unen os puntos da mesma altura para certo valor de presión (normalmente, os 500 mbar). Guión:

Ficha para o comentario de mapas meteorolóxicos en altura

1. Trazos xerais do mapa

• Mapa do estado da atmosfera para un valor de presión de 500 mbar.

• Forma de mostrar a información:

– Isohipsas ou liñas continuas que unen puntos da mesma altura para os 500 mbar de presión. Trázanse de 40 en 40 m ou de 60 en 60 m a partir dos 5 560 m, a altura media para os 500 mbar. Ás veces, para simplificar, suprímese da cifra o primeiro 5. Exemplo: aparece 564 m en vez de 5 564 m.

– Isotermas ou liñas que unen os puntos coa mesma temperatura en altura usando un trazado descontinuo ou unha cor vermella (non sempre aparecen).

2. Análise dos elementos que aparecen

• Localizar a corrente en chorro. Distínguese no mapa porque as isohipsas aparecen moi xuntas e paralelas entre si e as isotermas alcanzan un valor duns –28 °C/–29 °C.

• Determinar a traxectoria da corrente en chorro:

– Zonal: circula case oeste-leste, con ondulacións moi suaves. É propia da corrente cando circula a alta velocidade, superior a 150 km/h.

– Ondulada: describe fortes ondulacións que crean dorsais ou cristas anticiclónicas e vales ou valgadas depresionarias. É propia da corrente cando circula a velocidade máis baixa.

3. Relación do tempo en altura co tempo en superficie

• Cando a corrente circula con traxectoria zonal, coincide en superficie coa fronte polar e as súas borrascas, deixando borrascas á esquerda da súa traxectoria e anticiclóns á súa dereita.

• Cando a corrente circula ondulada, pode xerar en superficie anticiclóns dinámicos coincidindo coas súas cristas e borrascas dinámicas coincidindo coas súas valgadas. Se estas últimas chegan a desprenderse do chorro principal, orixinan unha gota fría, unha potente borrasca que pode ocasionar efectos catastróficos.

U 2 40º 40º 50º 30º 30º 20º 10º 0º B 1008 1004 1000 996 992 988 984 mb 1020 1012 1016 mb ANÁLISE EN SUPERFICIE a 00 h (TMG) Día 7-IX-1977 40º 40º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 0º 10º 20º 30º 40º A 1028 mb 1024 1024 1020 1016 1012 1008 1004 1020 1020 1016 1016 ANÁLISE 40º 40º 50º 60º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 40º 552 544 546 538 530 mb ANÁLISE EN ALTURA. TOPOGRAFÍA DE 500 mbar a 00 h (TMG) Día 7-IX-1977 40º 40º 40º 50º 60º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 10º 0º 10º 20º 30º 40º 20º B 8º 8º 12º 16º 20º 24º 28º 5880 5820 5760 5700 5640 5580 5520 5460 5880 m

Elaboración e comentario dun climograma

Un climograma ou diagrama ombrotérmico é un gráfico que representa as temperaturas medias mensuais e as precipitacións dun lugar ao longo do ano.

1. Elaboración

Sobre unha folla de papel milimetrado trázase un eixe horizontal e á esquerda e á dereita deste dous eixes verticais.

• No eixe horizontal sitúanse os meses do ano. A inicial do mes debe estar no centro do espazo.

• No eixe vertical da esquerda sitúanse as temperaturas medias mensuais desde 0 "C, de 5 "C en 5 "C. Os valores represéntanse mediante puntos colocados no centro do espazo correspondente a cada mes. Se a temperatura baixa de 0 "C, prolóngase o eixe vertical das temperaturas por debaixo da liña horizontal dos meses.

No eixe vertical da dereita sitúanse as precipitacións mensuais a dobre valor que os graos de temperatura (de 10 en 10 mm). Os valores represéntanse mediante barras que ocupan todo o espazo correspondente a cada mes.

• O climograma debe completarse cun título; a indicación da altitude; a temperatura media anual (media das temperaturas medias mensuais); e o total de precipitacións (suma das precipitacións mensuais). Tamén debe incluírse a fonte dos datos, se se coñece.

Ficha para o comentario e a clasificación dos climas de España

1. Trazos xerais • Gráfico que mostra a distribución das temperaturas medias mensuais e das precipitacións mensuais ao longo do ano.

• Fonte dos datos se se coñece.

• Lugar ao que corresponde o climograma e altitude, se constan.

2. Análise das precipitacións

2.1. Total anual

Moi abundante: > 1 000 mm Clima de montaña.

Abundante: > 800 mm Clima oceánico.

Moderado (entre 800 e 500 mm) ou escaso (entre 500 e 300)

Moi escaso: < 300 mm

2.2. Distribución

• Sinalar os seus trazos segundo o número de meses secos (menos de 30 mm de precipitación).

• Indicar as estacións con maior e menor precipitación.

2.3. Forma

Clima mediterráneo costeiro ou continentalizado. Clima mediterráneo subdesértico ou estepario.

Extremadamente baixo: < 150 mm Clima desértico.

Regular: ningún mes seco. Clima oceánico.

Bastante regular: máximo de 2 meses secos.

Clima oceánico de transición cara ao mediterráneo continentalizado.

Irregular: máis de 2 meses secos. Clima mediterráneo costeiro ou continentalizado.

Moi irregular: máis de 7 meses secos.

Clima mediterráneo subdesértico ou estepario.

Chuvia ou neve. A posibilidade de neve existe cando a temperatura media dos meses do inverno é inferior ou próxima a 0 "C.

96 Técnica II
2. Comentario

3. Análise das temperaturas

3.1. Temperatura media anual Baixa: < 10 "C. Montaña.

Fresca: entre 10 "C e 12,5 "C. Situación máis setentrional sen influencia do mar (submeseta norte).

Moderada: entre 12,5-15 "C. Costa cantábrica.

Bordos do val do Ebro. Submeseta sur agás Estremadura e Andalucía oriental.

Cálida: entre 15 "C e 17 "C. Centro do val do Ebro. Estremadura.

Alta: > 17 "C. Centro do val do Guadalquivir. Costas mediterránea e suratlántica.

Canarias (agás as zonas altas).

3.2. Amplitude térmica Costa: ata 15 "C ou 16 "C. Moi baixa: < 8 "C: Canarias.

Baixa: entre 9 "C e 12 "C Costa cantábrica.

Moderada: entre 12 "C e 15-16 C Costa mediterránea e suratlántica.

Interior: > 16 "C.

Alta: 16-18 "C.

Moi alta: máis de 18 "C.

3.3. Temperatura do verán Caloroso: algún mes con temperatura media ≥ 22 "C.

Fresco: ningún mes con temperatura media ≥ 22 "C.

3.4. Temperatura do inverno Suave: temperatura media do mes máis frío ≥ 10 "C.

Moderado: temperatura media do mes máis frío entre 10 "C e 6 "C.

Frío: temperatura media do mes máis frío entre 6 "C e –3 "C.

4. Análise da aridez

4.1. Aridez mensual Índice de Gaussen: un mes é árido se:

2 T "C ≥ Pmm

4.2. Aridez xeral

Índice de De Martonne: Precipitación total Temperatura media anual + 10

Entre 0 e 2 meses áridos: clima oceánico.

Máis de dous meses áridos: climas mediterráneos.

0-5: desértico.

5-10: estepario.

10-20 semiárido.

20-30: semihúmido.

Máis de 30: húmido.

5. Clasificación do clima Analizadas as precipitacións, as temperaturas e a aridez, hai que establecer:

• O tipo climático: oceánico, mediterráneo, de montaña ou subtropical de Canarias.

• Os factores xeográficos e atmosféricos que o explican: latitude, relevo, distancia ao mar, anticiclóns, borrascas e frontes.

6. Localización xeográfica do clima

7. Influencia no medio e a actividade humana

Determinado o tipo de clima, hai que situalo xeograficamente, tendo en conta:

• A amplitude térmica, que indica a posición na costa ou no interior.

• As temperaturas do inverno e do verán, que indican a súa situación setentrional, central ou meridional.

Finalmente, pode analizarse a influencia do clima concreto noutros elementos do medio natural ou nas actividades humanas:

• Elementos do medio natural, como vexetación, augas e solo.

• Actividades humanas, como poboación, agricultura, produción enerxética e turismo.

97 U 2

Traballa co aprendido

Definir conceptos CCL

1 Define de forma breve e precisa conceptos: clima, efecto foehn, corrente en chorro, masa de aire, fronte, borrasca, temperatura, néboa, vento, climograma.

Comentar e comparar mapas meteorolóxicos STEM, CCL

Verán

Inverno

Obter, comentar e aplicar información sobre a diversidade meteorolóxica CD, CE, STEM, CCEC

4 Consigue en Internet imaxes de cadros ou de fotografías que mostren diferentes tipos de tempo e indica as posibles situacións meteorolóxicas que os explican.

5 Baixa ou consulta varias aplicacións sobre o tempo para móbiles ou tabletas. Sobre que elementos do tempo informan? Compáraas e elixe a que consideres mellor, argumentando a resposta.

98
Recorda seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portafolio.
40º 40º 50º 50º 30º 30º 10º 20º 1036 mb 1032 1028 1024 1000 1004 1008 1012 1016 1020 996 mb B A ANÁLISE EN SUPERFICIE Día 22-II-1984 40º 40º 30º 40º 30º 50º 60º 50º 50º 30º 30º 20º 10º 0º 10º 20º 30º 10º 0º 10º 20º 1020 1024 1028 1032 1028 1024 1020 1016 1008 1012 1004 1000 996 992 988 1012 mb 1020 1016 1012 1008 1004 1000 mb B A B ANÁLISE EN SUPERFICIE Día 30-IX-1977 Oceánico Mediterráneo Montaña Canarias Costeiro Continentalizado Seco Zona Precipitación
Distribución
Total
Forma Temperatura Amplitude

Elaborar e comentar climogramas e axuizar a información

CCL, STEM, CD

6 Confecciona e comenta os climogramas correspondentes aos seguintes climas. Elabora os tres últimos utilizando algún dos modelos existentes en Internet para a realización automática de climogramas. Comproba antes que o modelo que elixes se atén ás normas para a realización de climogramas explicadas na técnica II da unidade.

Descubrir e valorar a achega de Aemet á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible CCL, CD, CC, STEM

7 A consecución dos ODS require a cooperación internacional e o compromiso en cada país de todos os niveis da Administración pública, as empresas privadas, os axentes sociais e a cidadanía. Os Servizos Meteorolóxicos Mundiais contribúen a estes obxectivos mediante os seus servizos meteorolóxicos e climáticos.

Descubre como colabora a Axencia Estatal de Meteoroloxía —Aemet— na consecución dos ODS e valora o seu labor.

Ampliar información utilizando as TIC CPSAA, CD 8 anayaeducacion.es Amplía os teus coñecementos sobre esta unidade consultando os recursos proporcionados pola web.

Repasar e autoavaliar a aprendizaxe da unidade CPSCAA, CD 9 anayaeducacion.es Autoavalía a túa aprendizaxe na web.

99 U 2
1. Altitude 4 m X F M A M X X A S O N D Ano T 9,7 9,9 11,7 12,6 16 18,2 19,9 20,8 19,1 16,5 11,4 9,7 14,6 P 129 110 94 108 92 79 57 81 102 122 134 147 1 255,0 2. Altitude 1 128 m X F M A M X X A S O N D Ano T 2,4 3,2 5,3 7,7 12 16,1 19,6 19,9 15,6 10,4 5,6 3,1 10,1 P 22 33 29 28 39 44 12 8 35 45 44 30 369,0 3. Altitude 91 m X F M A M X X A S O N D Ano T 9,2 10,9 13,5 15,4 19 23,5 27,2 27,2 24 18,5 13,2 10,2 17,7 P 65 53 40 61 34 17 3 3 24 62 85 89 536,0 4. Altitude 30 m X F M A M X X A S O N D Ano T 11,4 12,4 14,2 15,9 18,9 21,8 24,6 24,9 23 19,2 14,9 11,8 17,8 P 71 64 63 45 31 11 0 2 19 71 83 88 548,0 5. Altitude 1 264 m X F M A M X X A S O N D Ano T 1,0 1,3 3,6 5,7 9,3 15,0 17,9 17,5 14,9 10,1 5,0 2,2 8,6 P 117,8 111,3 87,1 124,2 142,7 120,6 62,6 67,5 86,1 127,5 134 147,9 1 329,3 6. Altitude 30 m X F M A M X X A S O N D Ano T 18,8 18,6 19 19,3 20,3 21,7 22,8 23,7 24,1 23,3 21,6 20 21,1 P 28 38 25 13 2 1 0 1 3 14 37 44 206,0 7. Altitude 86 m X F M A M X X A S O N D Ano T 11,2 12 14,7 16,4 19,9 22,9 25,8 26,6 23,8 19,5 15 12 18,3 P 21 24 14 30 24 21 3 6 26 55 26 32 282,0

Operación Mundo é un proxecto educativo de Anaya para Bachalerato.

Na realización desta obra interviñeron:

Autora: M.ª Concepción Muñoz-Delgado.

Textos específicos de Galicia «Medio Ambiente. Sectores económicos. Poboación. Espazo urbano. Organización territorial. Galicia na UE»: M.ª Concepción Muñoz-Delgado.

Equipo de edición: José Luis Chamero e Pilar Roig.

Equipo de edición de textos específicos de Galicia: Jennifer Rodríguez e J&M Artes gráficas.

Situacions de aprendizaxe: Juan Francisco Arenas de Soria.

Deseño, gráficos e cartografía: Patricia G. Serrano, Ander Irigoyen, Paz Franch, Miguel Á. Castillejos, Miguel Ángel Díaz-Rullo, Miriam Arribas, José M.ª Gil e Rosario Regaño.

Ilustración: Carlos G. Cecilia, Carmen Fuente, Álvaro García e Carlos Moreno.

Maquetación: Raima Aguilar e J&M Artes gráficas..

Asesoramento lingüístico: Ramiro Combo e Susana G. Ducrós.

Edición gráfica: Reyes Gordo.

Fotografía: Arquivo Anaya (Balaguer, T.; Candel, C.; Canto, M.; Cosano, P.; Gómez-Miguel, V.; Lezama, D.; Martín, J. A.; Menéndez, D.; Muñoz, J. C.; Ortega, Á.; Osuna, J.; Padura, S.; Peñuela Py, E.; Rivera Jove, V.; Ruiz, J. B.; Sanguinetti, J. A.Fototeca de España; Steel, M.; Sánchez, J.; Valls, R.; 6x6 Producción Fotográfica), ACI, AGE Fotostock, Agencia Contacto / Europa Press, Agencia EFE, Alamy / Cordon Press, Album Archivo Fotográfico, Biblioteca Nacional de España, Cordon Press, Dreamstime / Quick images, Getty Images, iStock / Getty Images, Photoaisa, Prisma, 123 RF e colaboradores.

Agradecemento: Canonical Robots; Iberdrola Generación Nuclear, S.A.U. Central Nuclear de Cofrentes; Iturri S.A.; Jesús Francisco Santos Santos; Toscano Línea Electrónica S.L.

O noso agradecemento a Juan Domènech.

Importante:

As actividades propostas neste libro deben ser realizadas no caderno ou en follas soltas; nunca no propio libro.

Esta obra pode conter ligazóns a páxinas e sitios externos que ANAYA non edita, controla, supervisa e/ou mentén, polo que ANAYA declina expresamente calquera responsabilidade respecto ás ditas páxinas e sitios.

Xeografía 2º Bchto - galicia - operación Mundo - código 8470090 - et048148

© Do texto: Mª Concepción Muñoz-Delgado y Mérida, 2023.

© Do conxunto desta edición: GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid - ISBN: 978-84-143-1597-2

Depósito Legal: M-16596-2023 - Printed in Spain.

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook

Articles inside

Traballa co aprendido

1min
page 138

Comentario dunha paisaxe natural

2min
pages 136-137

A situación do medio ambiente en Galicia

5min
pages 131-134

Fonte: MITECO.

2min
pages 129-130

2 A influencia da actividade humana no medio natural

2min
pages 128-129

9. A ARTIFICIALIZACIÓN, A CONTAMINACIÓN, A EROSIÓN E A DESERTIFICACIÓN DO SOLO

5min
pages 126-127

8. DANOS, ALTERACIÓN E DESTRUCIÓN DA VEXETACIÓN

2min
pages 125-126

7. A ALTERACIÓN, A SOBREEXPLOTACIÓN E A CONTAMINACIÓN DAS AUGAS

4min
pages 123-124

A influencia da actividade humana no medio natural

1min
page 122

A influencia da actividade humana no medio natural

14min
pages 116-121

As paisaxes naturais

3min
pages 113-115

Elaboración e comentario dunha cliserie Introdución

3min
pages 108-109

Comentario do réxime dun río

3min
pages 106-107

Os ríos e a vexetación de Galicia

4min
pages 101-104

A diversidade do solo

9min
pages 96-100

4. INFLUENCIA DA VEXETACIÓN

1min
page 95

A diversidade hídrica

31min
pages 77-94

A diversidade hídrica, vexetal e edáfica

1min
page 76

Traballa co aprendido

1min
pages 74-75

Elaboración e comentario dun climograma

3min
pages 72-73

Comentario de mapas meteorolóxicos

3min
pages 70-71

Os tipos de clima en Galicia

5min
pages 65-68

diterráneo

8min
pages 58-64

3 Os tipos de tempo en España

1min
pages 56-58

3 Os tipos de tempo en España

1min
pages 54-55

Os tipos de tempo en España

2min
pages 52-53

3. OS FACTORES TERMODINÁMICOS

13min
pages 45-51

Traballa co aprendido

7min
pages 40-44

Realización e comentario dun perfil topográfico

2min
pages 38-39

A influencia e os riscos do relevo

3min
pages 35-36

O relevo das illas Canarias

4min
pages 32-34

O relevo das illas Baleares

1min
page 31

ROCHAIMPERXEABLE

19min
pages 17-30

A crise do Mesiniano

7min
pages 13-17
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.