14 minute read

A influencia da actividade humana no medio natural

1. A INTERVENCIÓN HUMANA NA NATUREZA

A acción humana ocasiona problemas ambientais e adopta tamén políticas para combatelos e para protexer os espazos naturais.

a) Os problemas ambientais xéranse pola sobreexplotación ou explotación do medio por enriba da súa capacidade de rexeneración, pola contaminación ou adición de materias nocivas nunha proporción non asimilable polo medio e pola destrución ou desaparición de elementos naturais.

b) A preocupación española por estes problemas comezou na década de 1960, cristalizou en 1971 coa creación do ICONA (Instituto de Conservación da Natureza) e gañou terreo desde 1975, co restablecemento da democracia. Así, en 1977 deseñouse a primeira política ambiental e ao ano seguinte a Constitución recolleu o dereito de todos a gozar dun medio adecuado, considerando sancións para os que atenten contra el (delito ecolóxico).

2. O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Na actualidade, a política ambiental española está determinada polos acordos internacionais subscritos fronte aos problemas ambientais globais, polas directrices ambientais da Unión Europea, de obrigado cumprimento, e polas normativas estatais e autonómicas.

O obxectivo é alcanzar un desenvolvemento sostible, entendido como a satisfacción das necesidades das xeracións presentes sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas. Para iso, é necesario alcanzar de forma equilibrada a protección ambiental e o desenvolvemento económico e social. A protección ambiental inclúe: a) O uso racional dos recursos. Con este fin, a Unión Europea promove a transición desde unha economía lineal baseada en extraer–fabricar-usar-e tirar a unha economía circular , que pecha o ciclo de vida dos produtos mediante a reutilización e a reciclaxe, convertendo os residuos en recursos ou materias primas secundarias. Diso resultan numerosos beneficios. Ambientais: reducir o consumo de recursos, a degradación ambiental e a emisión de gases de efecto invernadoiro. Económicos: maior competitividade ao extraer o máximo valor das materias primas e aforrar enerxía. E sociais: a creación de emprego verde. b) A loita contra a degradación ambiental implica:

• A prevención, mediante a integración da dimensión ambiental en todas as políticas. O estudo previo do impacto ambiental* dos proxectos. E a concienciación das empresas e da cidadanía, a través da educación e das campañas de sensibilización.

• A corrección dos problemas existentes, mediante a promulgación de normas. A sanción dos que as infrinxen, de acordo co principio de «quen contamina paga». A recuperación das zonas degradadas. E o fomento da investigación ambiental.

• A conservación dos espazos naturais mediante unha rede de espazos protexidos.

Medidas da UE e de España para impulsar a economía circular

• O ecodeseño dos produtos, que facilite a súa duración, reparación, desmontaxe, reutilización, reciclaxe e eficiencia enerxética, acompañado dunha mellora das garantías, unha etiquetaxe máis fiable e a eliminación da obsolescencia programada.

• A fabricación optimizada no uso de materias primas e enerxía.

• Un consumo responsable.

• A reutilización e a reciclaxe dos produtos, con medidas específicas para alimentos, fertilizantes, plásticos, construción e demolición.

• A valorización enerxética dos residuos imposibles de reciclar.

• O financiamento da economía circular con fondos da política de cohesión e promovendo a implicación de investidores.

• O impulso das compras públicas verdes e a contratación pública ecolóxica. É dicir, adquirir produtos, servizos e obras cun impacto ambiental reducido en comparación con outros coa mesma función.

• O aumento da fiscalidade verde. Supón incrementar os impostos ambientais que gravan a extracción e o uso de recursos, así como a contaminación xerada. E tamén a retirada de subvencións a actividades prexudiciais para o medio, como as dadas aos combustibles fósiles.

A Estratexia Española de Economía Circular, España Circular 2030, aprobada en 2020, senta as bases para impulsar este novo modelo de desenvolvemento. Véxase páx. 151 (act. 8 ).

Vocabulario

O impacto ambiental é o efecto dunha determinada actividade sobre o medio. A avaliación do impacto ambiental (EIA) é unha ferramenta de diagnóstico dos posibles problemas ambientais causados polas actividades humanas. Analiza as consecuencias predicibles dunha acción ou proxecto específico sobre o medio previa á súa execución, co fin de adoptar as medidas necesarias para evitar os seus efectos negativos.

3. A ALTERACIÓN DO RELEVO

a) O relevo resulta alterado polas actividades extractivas de minas e canteiras e polas infraestruturas de transporte. As súas consecuencias son a destrución de relevos ou a creación doutros artificiais cos produtos das entulleiras, ocasionando un grave impacto visual que afea a paisaxe e, nalgúns casos, lle resta valor económico, ou como espazo de ocio.

As solucións a este problema centráronse na restauración ou na reutilización dos espazos afectados e na conservación da xeodiversidade e do patrimonio xeolóxico*. Con este fin, determináronse os lugares de interese xeolóxico de España —LIX— e seleccionáronse entre eles os Global Geosites ou candidatos a formar parte da Rede de Lugares de Interese Xeolóxico de Relevancia Internacional.

Tamén se crearon xeoparques* e parques xeolóxicos*, onde se compatibilizan a conservación xeolóxica e unha explotación sostible que favoreza o desenvolvemento socioeconómico da zona, baseado na educación ambiental e o xeoturismo.

b) O relevo costeiro sofre regresión e artificialización.

• A regresión débese á redución das praias —que protexen da erosión mariña— a causa da extracción de grava e area para a construción, e dos encoros que frean a achega de sedimentos fluviais. O problema incrementarase co cambio climático e o ascenso do nivel do mar. As solucións son o control das extraccións de áridos, a execución de obras para favorecer a achega natural ou artificial de sedimentos e a Estratexia para a Adaptación da Costa ao Cambio Climático.

• A ción de infraestruturas, como portos deportivos, ás veces en dominio público. Así, nalgunhas comunidades do Mediterráneo, case o 25 % do litoral é artificial. Por iso, a Lei de costas pretende recuperar a naturali dade do litoral, protexendo a integridade do dominio público costeiro, garantindo o acceso e o uso público, e recuperando os tramos urbani zados e degradados.

A actividade extractiva destrúe o relevo e ocasiona un grave impacto visual. Por iso, ao cesar a explotación, é obrigada a restauración ou devolución das súas características orixinais, ou a reutilización para novas actividades culturais, deportivas, sociais ou outras.

Vocabulario

Patrimonio xeolóxico: conxunto de elementos xeolóxicos de interese polo seu valor científico e/ou educativo. Estes elementos reciben o nome de lugares de interese xeolóxico —LIX— e son representativos das características xeolóxicas de toda unha área ou contexto. En España hai máis de 4 000.

Xeoparques e parques xeolóxicos: territorios con patrimonio xeolóxico destacado, onde se compatibiliza a conservación coa divulgación, a educación ambiental, a investigación científica e o desenvolvemento socioeconómico sostible da zona, baseado sobre todo no xeoturismo. A diferenza é que os xeoparques forman parte da Rede Europea de Xeoparques e da Rede Global de Xeoparques da UNESCO, e os parques xeolóxicos non.

Actividades

CC, CD, CCL, CCEC, STEM

4 Elabora e comenta un diagrama sobre as diferenzas entre as economías lineal e circular.

5 Busca información en Internet sobre algún dos xeoparques de España e indica que aspectos se pretende valorar e conservar.

6 Le en anayaeducacion.es o preámbulo da Lei de costas do 30 de maio de 2013. Resume os problemas que pretende corrixir e copia a frase onde se indican as medidas encamiñadas a este fin.

2. O SO2 e os NOx, ao mesturarse coa luz, o vapor de auga e o osíxeno da atmosfera, transfórmanse en ácido sulfúrico (H2SO4) e ácido nítrico (HNO3).

Luz + vapor de auga + osíxeno H2SO4 e HNO3 e compostos amoniacais

SO2 e NOx

NH3

A. O solo perde nutrientes esenciais.

4. O amoníaco, ao combinarse co ácido sulfúrico e o ácido nítrico, orixina compostos amoniacais.

5. Deposición seca: os contaminantes, unidos a outras partículas caen por gravidade.

A vexetación sofre danos.

6. Deposición húmida: ao producirse as precipitacións, os ácidos disoltos na auga caen sobre a superficie terrestre.

1. Os vehículos, centrais térmicas, industrias e caldeiras urbanas, que utilizan combustibles fósiles, emiten SO2 e NOx (dióxido de xofre e óxidos de nitróxeno).

4. A ALTERACIÓN DA ATMOSFERA

3. Os fertilizantes con nitróxeno e o esterco das explotacións gandeiras intensivas emiten NH3 (amoníaco).

Maniféstase na contaminación do aire, a redución do espesor da capa de ozono e o quecemento climático.

4.1 A contaminación atmosférica a) As causas da contaminación son certos gases e partículas emitidos á atmosfera, que orixinan tres tipos principais de contaminación.

É a introdución no aire de substancias nocivas para a saúde das persoas e dos ecosistemas. Algunhas poden viaxar a gran distancia da súa fonte orixinal, causando contaminación transfronteiriza.

• A chuvia ácida. É a precipitación de contaminantes ácidos. Prodúcese cando se mesturan co vapor de auga certos gases acidificantes e eutrofizantes: o dióxido de xofre (SO2) e os óxidos de nitróxeno (NOx) procedentes do uso de combustibles fósiles no transporte e en instalacións de combustión, e o amoníaco (NH3) producido polos fertilizantes nitroxenados e o esterco. Ao caer á superficie terrestre por gravidade ou mesturados coa chuvia, xeran depósitos ácidos na vexetación e no solo e ocasionan a eutrofización das masas de auga superficiais. Este problema afecta a algunhas áreas próximas a certas centrais térmicas.

• A concentración de ozono (O3) no aire ambiente. Prodúcese pola reacción da luz solar intensa con certos contaminantes precursores: os compostos orgánicos volátiles non metánicos (COVNM) producidos polos disolventes e polas explotacións agrícolas e gandeiras; e os óxidos de nitróxeno (NOx) procedentes do tráfico e das instalacións de combustión. Este problema afecta máis aos arredores das cidades e á área rural próxima que ao centro urbano, e ten a súa maior incidencia no verán, no centro e no sur peninsular.

• A campá de contaminación. É unha néboa formada por partículas en suspensión: PM10 e PM2,5, cun diámetro inferior a 10 μm (microns) e a 2,5 μm, respectivamente. Proceden do tráfico, as instalacións de combustión, certas industrias como as cementeiras e as incineradoras de residuos, e os labores agrarios. Este problema afecta sobre todo ás grandes cidades, principalmente no inverno e en situación anticiclónica.

C. As augas superficiais padecen eutrofización.

A chuvia ácida deposita contaminantes ácidos caídos por gravidade ou mesturados coa precipitación. Como consecuencia, a vexetación sofre danos, o solo perde nutrientes, as augas superficiais eutrofízanse, os edificios corróense e as persoas padecen afeccións respiratorias.

Actividades

STEM, CCL dos gases acidi cantes, eutro zantes e precursores do ozono (kt) b) As consecuencias da contaminación son danos na saúde humana (afeccións respiratorias e cardíacas), no medio natural (bosques, augas, solos, fauna), na agricultura e nos materiais de construción. c) As solucións fronte á contaminación derivan das directivas da UE destinadas a cumprir os seus compromisos internacionais e os seus propios obxectivos sobre calidade do aire en Europa.

7 Escribe a información que achegan os debuxos e os gráficos sobre a contaminación atmosférica e a redución do ozono estratosférico.

A campá de contaminación créase cando as partículas en suspensión ascenden no centro da cidade, onde as temperaturas son máis elevadas, e descenden na periferia, creando unha circulación interna, que se mantén ata que a campá é eliminada por un forte vento ou pola chuvia. Agrava as enfermidades e as alerxias, dana a vexetación e ensucia os edificios.

• Para cumprir o Protocolo de Gotemburgo fronte á contaminación atmosférica transfronteiriza, a UE estableceu para 2030 teitos de emisión aos principais contaminantes (Directiva 2016). España concretou medidas en todos os sectores para alcanzar os obxectivos establecidos, que se cumpren en todos os contaminantes agás no caso do amoníaco (NH3).

• Para cumprir os seus propios obxectivos sobre calidade do aire en Europa, a UE estableceu niveis máximos de concentración anual, diaria ou horaria para certos contaminantes. Con este fin, en España, a Lei de calidade do aire (2007) establece un catálogo de actividades potencialmente contaminantes que deben someterse a límites de emisión de contaminantes, e obriga as comunidades autónomas a avaliar a calidade de aire no seu territorio a partir dos datos proporcionados por unha Rede de Estacións de Calidade do Aire. En caso de superarse a concentración máxima permitida dun contaminante, deben adoptarse Plans de Mellora de Calidade do Aire. En xeral cúmprense os obxectivos anuais esixidos, aínda que se superan algúns días ou horas en certas zonas.

4.2 A redución do ozono estratosférico

Consiste no adelgazamento da capa de ozono situada entre os 15 e os 55 km de altitude, que filtra as daniñas radiacións solares ultravioleta. A causa é a emisión de cloro (Cl2) contido nos CFC (clorofluorocarburos), usados en aerosois, extintores e refrixerantes. O cloro reacciona co ozono (O3) e convérteo en osíxeno normal (O2). A nivel global, a capa de ozono reduciuse un 3 %, sendo a Antártida a zona máis afectada. Este problema dana a vida vexetal e animal, prexudica os cultivos e as capturas pesqueiras, e ocasiona cancro de pel e cataratas.

Fronte a este problema, España subscribiu o Protocolo de Montreal (1987) e as medidas adicionais aprobadas pola Unión Europea (2007), que prohiben producir e importar CFC. Para 2030, deberán desaparecer tamén os HCFC (hidroclorofluorocarburos), permitidos transitoriamente como substitutos dos CFC. Como resultado, o burato de ozono sobre a Antártida empezou a reducirse e podería pecharse en 2070.

Redución das emisións, en comparación con 2005, para calquera ano de cada período en cumprimento do Protocolo de Gotemburgo*.

Contaminante 2020-2029 Desde 2020

SO2 67 % 88 %

NOx 41 % 62 %

NH3 3 % 16 %

COVNM 22 % 39 %

PM2,5 15 % 50 %

*Non se inclúen as emisións das illas Canarias, por razóns de cobertura xeográfica. Para alcanzar estes obxectivos, aprobouse en 2019 o I Programa Nacional de Control da Contaminación Atmosférica, que considera 57 medidas distribuídas por sectores de actividade.

A capa de ozono, situada entre os 15 e os 55 km, deixa pasar a radiación solar ultravioleta UV-A, pouco daniña; absorbe a maioría dos daniños raios UV-B; e a totalidade dos UV-C. En Europa, o seu espesor reduciuse un 4 % desde mediados do século xx

4.3 O cambio climático e o efecto invernadoiro

O cambio climático consiste nun aumento global da temperatura da Terra, cifrado entre uns 1,1 "C e 6,4 "C para finais do século xxi a) A causa é un aumento do efecto invernadoiro producido polo vapor de auga e certos gases como o dióxido de carbono (CO2), o metano (CH4) e o óxido nitroso (N2O). De forma natural, estes gases actúan como o cristal dun invernadoiro: deixan pasar a radiación solar, pero reteñen parte da calor irradiada pola superficie terrestre, evitando que escape ao espazo exterior. Grazas a iso, a temperatura media da Terra é de 15 "C e non de –18 "C. Pero o aumento de gases de efecto invernadoiro (GEI) pola produción enerxética, o transporte, certas industrias, as actividades agrarias e o tratamento de residuos, unidas aos incendios e á deforestación, fai que a cantidade de calor retida sexa maior, ocasionando un quecemento global do planeta. b) As consecuencias do cambio climático serán graves en España.

• No medio ambiente. A suba do nivel do mar supoñerá a desaparición ou a redución de praias, costas baixas (Manga do mar Menor, Doñana) e deltas (Ebro, Llobregat). A temperatura aumentará entre 1 "C e 2,5 "C; as precipitacións reduciranse entre un 5 % e un 14 %; e incrementaranse as situacións extremas como secas, inundacións e tormentas. Os recursos hídricos e os glaciares reduciranse. Os bosques veranse minguados en favor da matogueira e aumentará a erosión do solo. A biodiversidade sufrirá extincións locais polo incremento das pragas e de especies invasoras, e producirase unha migración altitudinal dalgunhas especies.

• Nas actividades humanas. A agricultura e a gandería sufrirán o aumento da seca e das pragas. O turismo de certos destinos terá que adaptarse á redución das praias e da neve. O urbanismo e os seguros deberán afrontar o incremento dos riscos naturais. Ademais, a saúde humana verase afectada polas ondas de calor e por un aumento das enfermidades subtropicais.

A enerxía é a principal fonte de emisión de GEI. Inclúe a queima de combustibles polas industrias da enerxía, a industria manufactureira e outros sectores —residencial, comercial e institucional— e o transporte. As súas emisións dependen do uso de renovables na produción enerxética e da demanda eléctrica e do transporte segundo a conxuntura económica. En menor medida, contribúen os procesos industriais; as actividades agrarias, que producen GEI co consumo de fertilizantes nitroxenados e coas emisións de metano resultantes da dixestión e do esterco do gando; e a xestión dos residuos que emiten GEI na incineración e no tratamento de augas residuais.

A radiación solar atravesa a atmosfera e nun 30 % é reflectida por esta por (1). O resto da radiación chega á Terra, onde en parte se reflicte (2) e en parte é absorbida, quentando a superficie (3). A Terra, quente, emite radiación infravermella. Parte desta radiación escapa á atmosfera (4), pero outra parte é absorbida e remitida á Terra polo CO2 e outros gases, contribuíndo a regular a temperatura terrestre (5) O aumento destes gases de efecto invernadoiro pola acción humana, como o transporte (6), a industria (7) e a deforestación (8), fai que a calor absorbida e reemitida sexa maior, ocasionando un cambio climático.

Emisión de gases de efecto invernadoiro en España. CO2-eq kt (1900 = 100)

Entre 1990-2007 houbo un grande aumento da produción de GEI debido ao crecemento do transporte por estrada e ao consumo enerxético, motivado pola favorable conxuntura económica, que se cubriu basicamente con combustibles fósiles. Entre 2007-2013, a redución foi considerable: entrou en funcionamento o Mercado Europeo de Dereitos de Emisión (2005), creceu o uso de renovables e a crise económica reduciu a demanda enerxética. Desde 2014 a produción de GEI estabilízase, con flutuacións relacionadas co clima que inflúe no maior ou menor uso de renovables e coa situación económica que inflúe na xeración eléctrica, industrial e do transporte.

c) As solucións ao cambio climático son a mitigación e a adaptación.

• A mitigación consiste en reducir as emisións de GEI, de acordo cos compromisos internacionais, subscritos pola UE: o Protocolo de Kyoto (2008-2020), e desde 2020, o Acordo de París. Proponse lograr un quecemento global moi inferior a 2 °C e alcanzar a neutralidade climática en 2050. Para iso, entre 2020-2030, as emisións mundiais deben diminuír un 40 % respecto a 1990. A UE comprometeuse a reducir as súas un 55 %. Con este fin, adoptou medidas obrigatorias para o conxunto comunitario e para cada un dos seus membros, aínda que cunha porcentaxe de esforzo distinta.

Os sectores máis contaminantes, enerxéticos e industriais, quedan suxeitos a teitos de emisión de GEI. Para regulalos, creouse en 2005 o Mercado Europeo de Dereitos de Emisión. Asigna á UE unha cota total de emisións para estes sectores, que se distribúe entre os membros. Estes reparten a súa cota entre as empresas, asignándolles cada ano un tope distribuído en dereitos de emisión dunha tonelada equivalente de CO2. Se non os gastan todos, poden vender o excedente ás empresas que superasen as súas emisións, que deben adquirilos ou pagar unha multa. Este mercado pasou por reformas que diminuíron a cota total de emisións da UE, aumentaron os sectores suxeitos a dereitos de emisión e reduciron os dereitos de emisión asignados gratuitamente ás empresas en favor da compra por poxa, que se impoñerá en 2034.

– Os sectores difusos, non suxeitos a dereitos de emisión, deben reducir as súas emisións de GEI nas porcentaxes acordadas adoptando plans con este fin. Inicialmente, estes sectores eran o transporte, o sector residencial, comercial e institucional, agrícola e gandeiro, xestión de residuos, gases fluorados e pequenas industrias. Tras a reforma de 2022, algúns pasarán a estar suxeitos a dereitos de emisión.

– A enerxía, pola súa alta xeración de GEI, debe cumprir obxectivos en mellora da eficiencia, participación das renovables no consumo final de enerxía e uso de combustibles renovables no transporte.

• A adaptación ao cambio climático realízase a nivel nacional e rexional. Así, o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030 pretende diagnosticar os seus impactos nos distintos sectores e propón medidas de adaptación. Así mesmo, moitas comunidades elaboraron os seus propios plans.

Medidas de mitigación fronte ao cambio climático

2030 (Acordo de París)

UE

V: Vixente. N. O: Novo Obxectivo impulsado polo Paquete de Medidas «Obxectivo 55 da UE». Fonte: Comisión Europea e MITECO.

Actividades

CD, STEM, CPSAA, CC

8 Busca información dos acordos internacionais sobre o cambio climático da UE e España.

9 Comenta o gráfico das emisións de GEI.

10 Fai un cadro sobre as consecuencias do cambio climático. Indica para cada unha posibles medidas.

11 Descubre que é a emerxencia climática e fai unha lista de medidas persoais para mitigala.

This article is from: