31 minute read

A diversidade hídrica

España conta cunha destacada diversidade de augas superficiais e subterráneas. As dúas poden ser correntes, como os ríos e arroios; ou estancadas, como os lagos e zonas húmidas. A rama da xeografía dedicada ao estudo das augas é a hidrografía.

1. OS RÍOS PENINSULARES

Un río é unha corrente continua de auga que discorre por un leito. Na Península os ríos desembocan habitualmente no mar ou noutro río se se trata de afluentes.

1.1 Factores da diversidade fluvial

Os ríos peninsulares están condicionados por diversos factores que determinan a organización das concas e as vertentes hidrográficas, así como o caudal.

• O relevo e a topografía inflúen na organización das vertentes e das concas hidrográficas, que se separan por unidades do relevo; na erosión dos ríos, que aumenta coa inclinación do terreo; no caudal e no réxime fluvial, dado que a altura do relevo inflúe na precipitación e na achega ou non de neve; e nas obras hidráulicas, como os encoros, que se ven favorecidas pola topografía abrupta, aínda que, por esta mesma razón, a súa construción resulta cara.

• O rochedo máis ou menos permeable determina a escorrentía* , é dicir, a circulación superficial ou subterránea da auga. E a súa dureza contribúe a unha maior ou menor erosión fluvial.

• O clima ten grande influencia. As precipitacións determinan o caudal dos ríos e as súas variacións ao longo do ano. As temperaturas inciden na maior ou menor evaporación da auga.

• A vexetación minora a evaporación ao dar sombra, reduce a erosión ao frear a forza da auga e diminúe o risco de inundacións ao atrasar a incorporación da auga de precipitación ao leito fluvial.

• A acción humana modifica os réximes fluviais naturais coa realización de obras, como os encoros, destinados ao abastecemento de auga, á subministración eléctrica e á regularización do caudal.

Vocabulario

Escorrentía: auga que circula por unha conca hidrográfica. Pode discorrer sobre a superficie terrestre (escorrentía superficial) ou por debaixo desta (escorrentía subterránea), e pode ser ramificada ou concentrada nun leito.

Actividades

1 Recorda o estudado e deduce o tipo de escorrentía predominante sobre un rochedo silíceo, calcario e arxiloso.

2 Comenta os factores do réxime fluvial que se aprecian nas imaxes.

3 Sintetiza nun esquema os factores que inflúen nos ríos peninsulares.

1.2 As concas fluviais e as vertentes hidrográficas

a) A conca fluvial é o territorio que drena ou evacúa as súas augas naturais a un río principal que as conduce ata o mar.

As concas fluviais peninsulares caracterízanse por estes trazos:

• Encóntranse separadas por divisorias de augas* , formadas polos cumios dos relevos montañosos que as delimitan. Estas concas son: concas do Cantábrico, Galicia Costa, Miño-Sil, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Tinto-Odiel-Piedras, Guadalete-Barbate, concas internas de Cataluña, Ebro, Xúquer, Segura e conca Mediterránea Andaluza.

• Dentro da conca, as augas circulan por unha canle ou leito e forman unha rede organizada xerarquicamente, desde os subafluentes e

Divisoria de augas: liña máis elevada que separa dúas concas fluviais. Coincide coa liña formada polos cumios de maior altura, ou liña de cumios, a partir dos cales a escorrentía superficial flúe cara a distintas redes fluviais. O trazado da divisoria de augas é claro nos relevos abruptos, grazas aos picos e cristas que forman os seus cumios; en cambio, resulta máis impreciso no caso de relevos suaves ou lixeiramente ondulados.

Guadalquivir Guadiana Texo Douro Miño-Sil

GuadalmezGuadiat o Guadajoz Fardes

Navia S le la Mi e r a De b a Guadalfeo auG diaro

Cabriel

Guadalop e J arama Alagón G U AD I ANA Corbones

As concas fluviais peninsulares comprenden o territorio que evacúa as augas naturais que recibe a un único río principal que as conduce ata o mar. Nas áreas onde son numerosas e de reducida extensión,

Jabalón

Cigüela Guadalén

MundoSEGURA G U ADALQUIVIR Jándula

Pisu re g a 0 100 200 300 km

Bul l a q u e Andarax Almanzora agrúpanse baixo unha denominación común; por exemplo, as do Cantábrico ou as de Galicia Costa. b) Unha vertente hidrográfica é o conxunto de concas cuxas augas verten ao mesmo mar. Na Península existe unha gran disimetría entre a vertente atlántica-cantábrica e a mediterránea a causa da inclinación da Meseta cara ao oeste a partir do sistema Ibérico. Así, na vertente atlántica desembocan o 69 % dos ríos peninsulares e na mediterránea, o 31 % restante.

• Os ríos da vertente cantábrica son curtos, ao nacer en montañas próximas á costa. Teñen gran forza erosiva, dado que salvan un gran desnivel entre o seu nacemento e a súa desembocadura. Esta erosión sería aínda maior se as abas dos relevos que atravesan non estivesen protexidas pola vexetación. Os ríos cantábricos son caudalosos e de réxime bastante regular grazas á abundancia e constancia das precipitacións. Aproveitando estas circunstancias e a topografía abrupta, construíronse encoros destinados á produción hidroeléctrica.

• Os ríos da vertente atlántica, agás os das pequenas concas galegas e andaluzas, son longos, ao nacer preto do Mediterráneo e desembocar no Atlántico. A súa forza erosiva é escasa, dado que discorren por chairas nas que apenas se afunden, pero forman barrancos nos desniveis. O seu caudal é abundante, grazas aos seus numerosos afluentes, pero o seu réxime é irregular. Presentan estiaxe no verán coincidindo co mínimo de precipitación e enchentes coas chuvias do outono e da primavera.

• Os ríos da vertente mediterránea, agás o Ebro, son curtos, ao nacer en montañas próximas ao mar. Por este motivo, erosionan violentamente as abas deforestadas. O seu caudal é escaso debido ás reducidas precipitacións e o seu réxime é moi irregular. Presentan acusada estiaxe no verán (moi prologada nos ríos máis meridionais) e poden sufrir enchentes catastróficas no outono orixinadas por chuvias torrenciais. Como consecuencia, foi necesario construír encoros para regularizar o caudal e subministrar auga aos núcleos de poboación, á agricultura e á industria. Na vertente mediterránea son tamén frecuentes os torrentes, cursos intermitentes que só levan auga cando chove. Gran parte do ano os seus leitos ou ramblas permanecen secos.

Actividades

4 Explica as causas e as consecuencias da disimetría das vertentes atlántica e mediterránea peninsulares.

5 Nomea as unidades de relevo que actúan como divisoria de augas dos ríos da vertente mediterránea.

6 Razoa a causa da diferente lonxitude dos afluentes que reciben os ríos Ebro e Guadalquivir pola súa esquerda e pola súa dereita.

7 Explica a influencia da disposición do relevo e da topografía na extensión da conca, a lonxitude fluvial, a rede de afluentes, as pendentes e a erosión dos ríos Miño, Texo e Guadalquivir. Utiliza o mapa das concas e vertentes e os datos da táboa.

8 Traza unha liña entre o cabo Creus e a desembocadura do Guadiana e cita de NE a SO os principais ríos que atravesa, agrupados por vertentes e concas hidrográficas.

1.3 O caudal e o réxime fluvial c) O caudal* é a cantidade de auga que pasa nun segundo por un punto dado do río. Mídese en m3/s, en estacións de medición de capacidade instaladas en diversos puntos do seu curso. O caudal relativo* é a relación entre o caudal medio anual* e a superficie da conca e exprésase en L/s/km2

O caudal experimenta variacións: d) O réxime fluvial é a variación estacional do caudal dun río. Depende da distribución das precipitacións e da importancia da precipitación nival. En función de ambas as dúas, distínguense ríos con réxime nival, pluvial ou mixto.

• Ao longo do percorrido do río, o tramo con maior caudal adoita ser a desembocadura, onde se acumulan as achegas dos diversos afluentes, agás nos casos onde existe forte evaporación, infiltración ou un elevado consumo humano. Na Península os ríos máis caudalosos son o Douro, o Ebro e o Texo.

• Ao longo do tempo, o caudal pode presentar irregularidade anual, con enchentes* ou estiaxes* máis ou menos acusadas, e irregularidade interanual*. Na Península os ríos máis regulares son os da vertente cantábrica e os máis irregulares os da vertente mediterránea.

• Os ríos con réxime nival nacen na alta montaña, onde son frecuentes as nevadas. O seu caudal máximo dáse na primavera, co desxeo, e o mínimo no inverno, ao quedar retida a precipitación en forma de neve ou de xeo nas montañas.

• Os ríos con réxime pluvial só dependen das precipitacións. Polo tanto, o seu caudal reflicte os máximos e os mínimos destas en cada zona climática.

• Os ríos con réxime mixto poden ser nivopluviais ou pluvionivais, segundo predomine a influencia da neve ou das precipitacións.

Vocabulario

Caudal: cantidade de auga en m3/s que pasa nun segundo por un punto dado do río.

Caudal medio anual ou módulo (M): media dos caudais mensuais en m3/s dunha serie de polo menos trinta anos.

Caudal relativo ou módulo relativo (Mr): relación entre o caudal medio anual (M) e a superficie da conca (S). Exprésase en L/s/km2. Para calculalo, hai que pasar os m3/s a L/s —multiplicándoos por mil— e dividir esta cifra entre a superficie da conca. Considérase escaso se é inferior a 5; medio entre 5 e 15; e elevado se é superior a 15.

Caudal absoluto: volume total de auga evacuada por un río nun ano, en hm3/s. Enchente: momento de máximo caudal dun río. O termo designa tamén aumentos anormais do caudal con efectos catastróficos.

Estiaxe: momento de caudal máis baixo dun río.

Irregularidade interanual: calcúlase dividindo o caudal medio do ano máis caudaloso entre o caudal medio do ano menos caudaloso dunha serie de anos. O valor inferior ou igual a 3 indica regularidade; entre 3 e 7, certa irregularidade; e superior a 7, clara irregularidade.

Actividades

9 Calcula o caudal relativo e a irregularidade anual destes ríos. Explica as diferenzas.

Río Miño en Ourense

Superficie da conca na estación:

12 958 km2. Caudal medio anual:

255,8 m3/s. máx. anual: 366,8 m3/s mín. anual: 111,3 m3/s

Río Segura en Guardamar

Superficie da conca na estación:

14 925 km2. Caudal medio anual:

5,16 m3/s. máx. anual: 24,4 m3/s mín. anual: 0,5 m3/s

10 Consulta a técnica do final da unidade e fai un cadro sobre os réximes fluviais.

11 Realiza a actividade núm. 6 da páxina 126.

1.4 Baleares e Canarias

Baleares e Canarias carecen de ríos propiamente ditos. Contan con arroios ou correntes de auga de escaso caudal, alimentados por mananciais. En Canarias, a sobreexplotación dos acuíferos supuxo que apenas existan arroios permanentes na actualidade. Os torrentes tamén son frecuentes nos dous arquipélagos.

2. OS LAGOS E AS ZONAS HÚMIDAS

Os lagos e as zonas húmidas son superficies cubertas de auga, procedente das precipitacións, dos ríos ou dos acuíferos. España conta con numerosos lagos (2 474) e zonas húmidas (2 559). Non obstante, moitos son de reducidas dimensións, teñen carácter estacional e ven ameazada a súa existencia. Por causas naturais, como a colmatación polas achegas dos ríos ou das terras dos arredores, ou por causas humanas, como a extracción de auga para a rega, a vertedura de entullo ou o desecamento por consideralos espazos insalubres.

2.1 Os lagos

Os lagos son masas naturais de auga acumuladas en zonas deprimidas, que alcanzan certa profundidade (10-15 metros) e extensión (>50 ha).

En España non son tan grandes como os europeos, polo que algúns reciben popularmente a denominación de lagoas. Non obstante, presentan unha tipoloxía moi diversa: a) Os lagos endóxenos están orixinados por forzas do interior da Terra: b) Os lagos exóxenos están orixinados por forzas externas, como a acción do xeo, a auga ou o vento.

• Os lagos tectónicos fórmanse en terreos afundidos pola acción de dobras ou de fallas, como a lagoa de La Janda en Cádiz.

• Os lagos volcánicos alóxanse no cráter dun volcán apagado, como os do Campo de Calatrava en Ciudad Real.

• Os lagos glaciares fórmanse nas cubetas escavadas polo xeo no circo do glaciar (lagos de circo, como a lagoa de Gredos) ou no val glaciar (lagos de val, como os ibóns pirenaicos). Tamén poden deberse ás obstrucións causadas pola morea frontal no val glaciar (lagos de morea como o de Sanabria en Zamora).

• Os lagos kársticos alóxanse nas cubetas creadas pola disolución da calcaria ou do xeso, como as Lagoas de Ruidera en Castela-A Mancha.

• Os lagos endorreicos son o tipo máis estendido. Fórmanse en zonas áridas ou semiáridas onde as escasas augas non teñen forza para chegar ao mar e se acumulan en zonas deprimidas ou chairas. As súas augas adoitan ser salobres e pouco profundas. Son característicos das depresións interiores e exteriores da Meseta, como as lagoas manchegas das Tablas de Daimiel, a lagoa de Sariñena en Los Monegros de Huesca e a lagoa de Gallocanta entre Zaragoza e Teruel.

• Os lagos eólicos ocupan depresións escavadas pola acción do vento sobre materiais brandos, como as closes do Empordán.

12 Busca en Internet unha imaxe de cada tipo de lago e explica a súa orixe.

Parque

2.2 As zonas húmidas

As zonas húmidas son extensións de terreo cubertas por augas pouco profundas, de forma permanente ou temporal, pois durante o verán baixa o seu nivel e incluso chegan a secar. As brañas poden ser interiores (lagoas* , charcas* , turbeiras*) ou costeiras (deltas, albufeiras, marismas* , esteiros* , pantanos* e salinas*).

Estas zonas teñen un grande interese biolóxico. Albergan moitas especies adaptadas a vivir nun medio de transición entre a auga e a terra e son lugares de aniñamento e de parada para as aves acuáticas nas súas migracións anuais entre Europa e África.

Entre as brañas máis destacadas encóntranse as do parque nacional das Tablas de Daimiel (Ciudad Real), as lagoas de Toledo, Ciudad Real, Albacete e val do Ebro, as marismas do Guadalquivir, o delta do Ebro e as albufeiras de Valencia e do Mar Menor.

Mar Cantábrico

Vocabulario

Lagoa: masa de auga doce ou salgada acumulada en zonas deprimidas de menor extensión e profundidade que os lagos. (Laguna Negra, Soria).

Charca: pequena acumulación de auga estancada. (Zalamea de la Serena, Badaxoz).

Turbeira: área inundada onde a abundante vexetación morta acumulada no fondo, ante a falta de osíxeno, se vai convertendo en carbón lentamente. (Turbeira de Palos de la Frontera, Huelva).

Marisma: zona húmida próxima ao mar, baixa e pantanosa, cuberta de vexetación case na súa totalidade. (Marisma de Sagunto).

Esteiro: desembocadura dun río que forma unha ampla abertura, que resulta afectada polas correntes da marea, polo que se mesturan a auga doce e a salgada. (Esteiro da Foz, Pontevedra).

Pantano: terreo pantanoso no que abundan as plantas acuáticas, que adoita encherse de auga pola filtración dun río ou lagoa próxima. (Estero de Domingo Rubio, Huelva).

Salinas: terreos encharcados salinos pola evaporación da auga salgada. (Salinas de Santa Pola, Alacant).

Lagoas de Villafranca de los Caballeros e Alcázar de San Juan

Lagoa de Antela

Lagos de Covadonga

Lago de Sanabria

Lagoas de Villafá la

Lagoas de Gredos

Lagoas de La Albuera

Marismas de Urdaibai

Lago Curavacas

Marismas de Txingudi

Lagoas de Laguardia Lagoa de Pitillas Lagoas de Urbión

Lagoa Negra

Actividades

Lagoa de Peñalara

Lago de San Mauricio

Lagoa de Sariñena

Lagoa de La Playa

Lagoa de Gallocanta

Salobral de Ocaña

Tablas de Daimiel

Lagoas de Ruidera

O Canal Vell

Els Alfacs de l’Estanyol i Montmajor

Lagoas do Fluvià

S´Albufera

CD, CCL, STEM, CC, CCEC

13 Cita as zonas húmidas máis importantes de cada comunidade autónoma.

14 Busca na web unha imaxe dos distintos tipos de zonas húmidas e redacta un pé explicativo para cada un deles.

Marismas do Odiel

Marismas do Guadiana e Carreras

Marismas do Piedras

Marismas do Tinto

Marismas de Sancti Petri

15 Descubre os recursos que poden obterse das zonas húmidas e valora a súa importancia ecolóxica.

16 Busca información sobre os problemas que afectan ás zonas húmidas e expresa a túa opinión sobre o debate de se deben ser protexidas ou se se debe permitir o uso dos seus recursos.

La Laguna Grande

A auga que se infiltra no terreo descende a través das rochas permeables ata encontrar un estrato impermeable. Alí acumúlase enchendo os poros e as fisuras do terreo.

A auga subterránea alimenta en parte as augas superficiais, permitindo que manteñan o seu caudal en períodos secos. Outras veces aflora en determinados puntos da superficie formando fontes ou mananciais, desauga no mar ou extráese mediante pozos.

3. OS ACUÍFEROS

Os acuíferos son embolsamentos de auga subterránea. Fórmanse cando as augas de precipitación se infiltran, encontran un estrato impermeable e se acumulan sobre el. Poden descargar as súas augas a través de ríos e mananciais ou directamente no mar.

Na Península hai preto de mil acuíferos, que ocupan case a metade da súa superficie. Concéntranse nas áreas con rochedo permeable, como as areas e as gravas de certos sectores das concas terciarias e das ribeiras fluviais (acuíferos detríticos), e nas áreas de rochedo calcario (acuíferos carbonatados). En cambio, están case ausentes das zonas con rochedo pouco permeable (silíceas e arxilosas).

En Baleares e Canarias, os acuíferos proporcionan a maior parte dos recursos hídricos, xa que se ven favorecidos pola permeabilidade das rochas calcarias e areentas (Baleares) e das rochas volcánicas (Canarias).

Illas Baleares

Actividades

17 Explica os requisitos necesarios para a formación de acuíferos.

18 Observa o mapa, compárao co do rochedo da unidade 1 e explica a distribución dos distintos tipos de acuíferos e das zonas onde non existen.

4. A INFLUENCIA DA AUGA

4.1 A influencia da auga no medio natural

A auga é un compoñente esencial dos seres vivos necesario para a súa existencia e exerce considerable influencia noutros elementos naturais.

• No relevo. A auga orixina variadas formas de modelaxe a través da meteorización e da erosión, transporte e sedimentación de materiais.

• No clima. A auga superficial é un compoñente básico do ciclo da auga que, ao evaporarse e elevarse sobre os océanos, leva a calor da superficie terrestre e regula a temperatura da atmosfera. Ademais, os océanos confiren maior suavidade climática ás zonas costeiras.

• Na vexetación. A auga é un elemento imprescindible para a vida das plantas e a súa maior ou menor dispoñibilidade inflúe nos tipos de formacións vexetais existentes nunha área.

• No solo. A auga forma parte dos seus compoñentes ao almacenarse nos seus poros e contribúe á formación e características do solo.

4.2 Os recursos hídricos

A auga tamén é esencial para a vida e para numerosas actividades humanas. Por iso, o poboamento buscou tradicionalmente a proximidade aos recursos hídricos.

4.2.1 Características dos recursos hídricos

Os recursos hídricos son a cantidade de auga dispoñible para o consumo humano.

a) A procedencia principal dos recursos hídricos españois é a auga das precipitacións. Con elas aliméntanse as augas superficiais dos ríos, os lagos e as zonas húmidas (66,5 % das captacións de auga en 2020) e os acuíferos (27,6 %). Só unha pequena porcentaxe (5,9 %) provén de recursos non convencionais, como a desalinización da auga e a reutilización da auga depurada.

b) O uso da auga permite diferenciar entre usos consuntivos ou consumidores de auga e usos non consuntivos.

• Os usos consuntivos repártense entre o regadío agrario, que absorbe máis do 80 %; os fogares; os sectores económicos; e os municipios. En España, o consumo de auga por persoa é elevado (133 l/hab/día en 2020), aínda que tende a descender.

• Os usos non consuntivos da auga son a pesca, a acuicultura, a produción hidroeléctrica, a navegación e os deportes náuticos.

c) O balance hídrico resulta da diferenza entre a dispoñibilidade e o consumo de auga. No caso de España, debido á forte evaporación, só queda dispoñible un 32 % da auga achegada pola precipitación, da cal se aproveita menos da metade. Esa cantidade permite un balance global positivo, aínda que en realidade existen desequilibrios entre áreas excedentarias e deficitarias. As razóns son principalmente dúas:

O elevado consumo de auga para o regadío débese a que a agricultura máis rendible se encontra na España seca e depende en gran parte da existencia de rega. Por iso, a superficie regada incrementouse ata superar os tres millóns de hectáreas e nalgúns casos utiliza sistemas de rega pouco eficientes. O consumo de auga polos demais usos é menor e podería reducirse fomentando o aforro e reparando as numerosas perdas existentes na rede.

19 Comenta o gráfico sobre o consumo de auga e o mapa sobre o balance hídrico.

• O desequilibrio entre os recursos dispoñibles e a demanda. As dispoñibilidades proceden principalmente das precipitacións, que presentan unha desigual distribución estacional, interanual e territorial, concentrándose no norte peninsular. E a demanda depende do volume de poboación e da importancia do consumo agrario, industrial e turístico, que se concentran no arco mediterráneo, cuxos recursos hídricos son moi escasos e irregulares.

Así, son concas claramente excedentarias as do N e NO peninsular, e moderadamente excedentarias as dos ríos Douro, Texo e Ebro. Son concas equilibradas, con déficits conxunturais de auga, as dos ríos Guadiana, Guadalquivir e o interior de Cataluña. E son concas cun déficit estrutural ou permanente as demais concas mediterráneas.

• As perdas de auga. Cada ano pérdese un importante volume de auga polo uso de sistemas de rega agraria ineficientes e polas fugas nas conducións (15,4 % en 2020).

Segundo os expertos, o cambio climático podería reducir os recursos hídricos españois entre un 20 % e un 22 % para 2060. Por iso, resulta imprescindible o seu adecuado aproveitamento e xestión.

4.2.2 O aproveitamento dos recursos hídricos. As obras

Hidr Ulicas

O aproveitamento dos recursos hídricos require realizar obras hidráulicas, é dicir, infraestruturas ou instalacións destinadas á captación, o transporte e distribución, o tratamento e o saneamento da auga.

d) As obras de captación recollen a auga. Algunhas teñen longa tradición histórica —como os encoros e pozos— e outras son máis recentes.

• Os encoros son grandes extensións de auga almacenada artificialmente detrás dunha presa ou barreira transversal á corrente dun río. O seu número aumentou desde principios do século xx ata sumar máis de 1 300, xa que se aproveitaron os desniveis dos ríos principais para executalos. Utilízanse para a produción de electricidade, o regadío agrario, o abastecemento urbano e industrial, e a regularización do caudal dos ríos para evitar inundacións; algúns teñen ademais usos recreativos como a natación, a pesca ou a navegación.

Non obstante, os encoros presentan certos problemas. Son caros. Atérranse pola acumulación de sedimentos que diminúen a súa capacidade. Algúns non son rendibles por se teren construído en áreas con insuficiente alimentación de auga ou forte evaporación, ou por proporcionar rega a producións excedentarias na UE. Provocan impactos sociais, como a inundación de poboacións e terras de uso agrario. Tamén causan alteracións ambientais ao modificar o caudal dos ríos e reducir a súa achega de sedimentos. Por iso, na actualidade non se prevé a construción dun número significativo de novos encoros.

• Os pozos e galerías captan a auga dos acuíferos para usos agrícolas, industriais e urbanos. Especialmente no sur e o Levante peninsular, Baleares e Canarias. O seu uso permanente non é sempre viable, polo que resulta necesario coordinar as extraccións cos recursos superficiais.

A capacidade de encorar máis alta corresponde ás concas de maior tamaño e con achegas de afluentes procedentes dos sistemas montañosos que as bordean, caso dos ríos Texo, Guadiana, Guadalquivir, Douro e Ebro. A capacidade de encoro máis baixa corresponde ás concas hidrográficas de menor tamaño do Cantábrico e sobre todo ás demais concas mediterráneas, de ríos pouco caudalosos e moi irregulares.

Mar Cantábrico

Oc Ano Atl Ntico

Alcántara

OCÉANO ATLÁNTICO

ILLAS CANARIAS

La Serena 3 221

Mar Mediterráneo

Illas Baleares

cións, o alto consumo enerxético e a eliminación da salmoira.

e) As obras de transporte e distribución conducen a auga.

• Os transvasamentos transfiren auga entre concas excedentarias e deficitarias. Funcionan 38, destacando o do Texo-Segura. Algúns xeran conflitos entre as zonas subministradoras e receptoras da auga.

• As canles e tubaxes de distribución de auga suman máis de 256 000 km. O seu principal problema son as fugas causadas pola antigüidade ou o mal estado de moitos tramos.

f) As obras para tratar os recursos hídricos son as Estacións de Tratamento de Auga Potable —ETAP—, que eliminan as substancias nocivas para o consumo. O seu problema é a eliminación dos lodos xerados.

g) As obras de saneamento evacúan as augas residuais.

• A rede de sumidoiros conduce as augas ao punto de depuración. Os seus problemas son as obstrucións, os olores e os desbordamentos.

• As Estacións Depuradoras de Augas Residuais —EDAR— eliminan as substancias nocivas da auga antes de vertela ao medio natural. Algunhas requiren tratamentos adicionais para eliminar mellor os contaminantes. E as Estacións de Rexeneración de Augas Residuais —ERAR— tratan a auga depurada para reutilizala en usos que non requiren auga potable, como a rega agrícola e urbana, a industria, o mantemento de caudais fluviais mínimos ou a recarga de acuíferos. O problema son as reticencias dos regadores, temerosos do rexeitamento aos seus produtos.

Planta desalinizadora en Gran Canaria. Mediante diversos procedementos, elimina o sal da auga mariña ou doutras augas salobres facéndoas aptas para o consumo. Os problemas ocasionados pola desalinización fan que a produción de auga desalgada dependa da hidraulicidade do ano e das reservas hídricas. En conxunto, as plantas desalinizadoras de España producen uns 5 millóns de m3/día, cos cales se poderían proporcionar 150 litros por habitante e día a 34 millóns de persoas.

Estación Depuradora de Augas Residuais —EDAR— do Prat de Barcelona. Estas instalacións permiten retornar a auga ao medio en condicións compatibles con el.

Actividades

CCL, CPSAA

20 Realiza un esquema sobre o aproveitamento e a regulación dos recursos hídricos.

4.2.3 A regulación, xestión e planificación dos recursos hídricos

Os recursos hídricos españois regúlanse pola Lei de augas, que organiza a súa xestión e planificación.

h) Os plans hidrolóxicos de conca determinan os recursos, necesidades e obras de cada demarcación hidrográfica. Son elaborados polas confederacións hidrográficas nas concas intercomunitarias e polos gobernos das comunidades autónomas nas concas intracomunitarias.

i) O Plan Hidrolóxico Nacional coordina os plans das concas e deseña as actuacións xerais. É elaborado polo Estado e os seus obxectivos pretenden cumprir a normativa europea (Directiva Marco da Auga).

• Asegurar a subministración de auga a todo o territorio español incrementando as dispoñibilidades para satisfacer a demanda e conseguir un desenvolvemento rexional equilibrado.

• Garantir o uso racional da auga co fin de asegurar a súa dispoñibilidade a longo prazo, así como a súa calidade e bo estado ecolóxico para protexer a saúde humana e dos ecosistemas.

• Paliar os efectos das inundacións e as secas mediante a planificación e as obras necesarias.

Os obxectivos da lexislación hidráulica

Lei do Plan Hidrolóxico Nacional (2005). Artigo 2. «Son obxectivos xerais desta lei: a) Alcanzar o bo estado do dominio público hidráulico e en particular das masas de auga. b) Xestionar a oferta da auga e satisfacer as demandas de augas presentes e futuras a través dun aproveitamento racional, sostible, equilibrado e equitativo da auga, que permita ao mesmo tempo garantir a suficiencia e calidade do recurso para cada uso e a protección a longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles. c) Lograr o equilibrio e harmonización do desenvolvemento rexional e sectorial na procura de conseguir a articulación do territorio nacional. d) Optimizar a xestión dos recursos hídricos, con especial atención aos territorios con escaseza, protexendo a súa calidade e economizando os seus usos, en harmonía co medio e os demais recursos naturais».

As demarcacións hidrográficas son as unidades para a xestión dos recursos hídricos. Comprenden a zona mariña e terrestre correspondente a unha ou varias concas hidrográficas veciñas e as augas de transición, subterráneas e costeiras asociadas. Se unha conca é moi grande, pode dividirse en varias demarcacións, como sucede coa do Texo. E, se é pequena, pode agruparse con outras nunha demarcación, como sucede coas concas do Cantábrico.

A diversidade vexetal

1. A VEXETACIÓN E AS REXIÓNS FLORAIS

A vexetación ou flora é o conxunto de especies vexetais dun territorio. Está integrada por formacións vexetais ou grupos de vexetación individualizados polo seu tamaño e pola súa fisionomía. Os tres tipos básicos son o bosque, a matogueira e o prado.

Actividades

21 Esquematiza os factores que inflúen na vexetación.

22 Explica a diferenza entre a vexetación arbórea, arbustiva e herbácea, e entre vexetación clímax e secundaria.

23 Busca o significado dos termos termófilo, criófilo, higrófilo, xerófilo, psamófilo, halófilo, umbrófilo e heliófilo, referidos á vexetación e relaciónaos cos factores que inflúen sobre ela.

2. FACTORES DA DIVERSIDADE VEXETAL

A vexetación española conta cunhas 6 000 especies. Esta diversidade resulta da variedade de factores que inciden sobre ela:

• Os factores físicos son o clima, dado que cada planta require unhas condicións específicas de temperatura e precipitación. O relevo, que propicia especies diferentes segundo a altura, a orientación das vertentes a barlovento/sotavento do vento dominante, ou a posición na solaina/ avesedo. E o solo, dado que cada especie prefire un tipo concreto. Á diversidade vexetal de España colaboran tamén a posición de ponte da Península e Baleares entre dous continentes e a orixinalidade da vexetación canaria, motivada pola insularidade e a latitude subtropical. Cando a vexetación dunha zona resulta exclusivamente da incidencia de factores naturais, denomínase clímax ou potencial.

• Os factores humanos maniféstanse na degradación da cuberta vexetal existente ou na introdución de especies foráneas interesantes polo seu aproveitamento agrario ou polo seu valor económico (especies de repoboación). Cando a vexetación dunha zona é o resultado da intervención humana, denomínase vexetación secundaria.

Os factores físicos inflúen na vexetación, que se adapta ao clima, á topografía e ao solo de cada lugar.

A acción humana pode modificar a vexetación natural, degradándoa ou introducindo especies foráneas de interese económico, como o piñeiro silvestre, empregado na construción e na elaboración de papel.

3. AS PAISAXES VEXETAIS DE ESPAÑA

As formacións vexetais dispóñense en comunidades, cuxo conxunto constitúe a paisaxe vexetal dunha área. Dado que o clima exerce unha influencia decisiva sobre a vexetación, estudaremos as paisaxes vexetais de España por bioclimas, é dicir, por áreas dotadas de certa homoxeneidade interna en canto ao seu clima e vexetación.

3.1 A paisaxe vexetal de clima oceánico

Corresponde á rexión floral eurosiberiana. Está constituída por formacións adaptadas á escasa insolación e á abundante precipitación. As principais son o bosque caducifolio, a landa e o prado.

a) O bosque caducifolio

O bosque caducifolio é denso e de árbores altas porque compiten pola luz. O seu tronco é recto, de casca lisa e pouco grosa. A folla é grande, para absorber máis radiación, e caduca, desaparecendo na estación desfavorable. No sotobosque crecen fentos e musgos, nun ambiente sombrío causado polas copas das árbores, que se sitúan próximas entre si, impedindo que chegue moita luz ao solo.

As especies máis características son o carballo e a faia, que poden aparecer formando grandes masas específicas ou mixtas.

O porqué da folla caduca

As follas nutren a árbore realizando a fotosíntese. Para iso necesitan a radiación solar que produce a clorofila —un pigmento verde imprescindible— e a auga con nutrientes transportada desde as raíces. Ao chegar o outono, os días acúrtanse, impedindo a produción da clorofila. Como as follas xa non cumpren a súa función, e ademais a auga con nutrientes procedente das raíces podería conxelarse danando toda a planta, a árbore despréndese das follas e limítase a manterse viva sen xerar novos nutrientes ata a primavera.

• O carballo esixe humidade e tolera mal a calor e o excesivo frío, polo que se sitúa entre os 0 e os 1 000 metros. Prefire solos silíceos. A súa madeira, dura, emprégase na construción e na fabricación de mobles e barcos. As áreas máis extensas de carballo encóntranse en Galicia e na cordilleira Cantábrica.

• A faia esixe maior humidade; tolera mal a calor e moi ben o frío, polo que é unha árbore de montaña, que se sitúa entre os 900 e os 1 600 metros. Prefire os solos calcarios, aínda que tolera os silíceos. A súa madeira, dura e de boa calidade, emprégase para elaborar mobles e utensilios. A súa área principal está na cordilleira Cantábrica e no Pireneo navarro.

• O bosque marcescente de rebolo e caxigo é propio do clima oceánico de transición. É menos denso e de árbores menos altas, que manteñen as súas follas secas para protexer as xemas do frío ata o nacemento do novo brote. As súas landras úsanse para a alimentación do gando.

A acción humana reduciu a extensión do bosque caducifolio. As causas foron a perda dos seus usos tradicionais: calefacción rural e fabricación de apeiros; os incendios; a agrarización ou substitución de especies naturais por outras de aproveitamento agrario: pastos gandeiros ou castiñeiros que achegan froitos e madeira; e as repoboacións con árbores de crecemento rápido e bo aproveitamento económico, como o piñeiro (madeira e resina) e o eucalipto (celulosa e pasta de papel).

Estas repoboacións foron moi criticadas porque as follas destas árbores colaboran na acidificación e o empobrecemento do solo e porque son especies que arden con máis facilidade en caso de incendio.

b) A landa e os prados

• A landa é unha vexetación densa de matogueira cuxa altura pode ser baixa ou alcanzar os catro metros. As súas especies máis abundantes son o breixo, o toxo e a xesta ou piorno. A landa aparece como degradación do bosque caducifolio ou como vexetación supraforestal. Adoita usarse para cama de animais e logo como fertilizante.

• Os prados son unha vexetación herbácea que ocupa grandes extensións de terreo nas paisaxes oceánicas. Úsanse como alimento do gando.

3.2 A paisaxe vexetal de clima mediterráneo

Corresponde á rexión floral mediterránea. Está constituída por formacións xerófilas* adaptadas á forte insolación e á seca estival. Por iso desenvolven raíces moi estendidas en superficie ou en profundidade para captar a auga; e as follas, para minimizar a perda de auga por transpiración, son pequenas, duras (esclerófilas) e recóbrense de cera, goma e pilosidades, ou forman espiñas. As principais formacións vexetais son o bosque perennifolio e a matogueira: a maquia, a garriga e a estepa.

c) O bosque perennifolio

O bosque perennifolio é pouco denso e con árbores de mediana altura porque compiten pola auga. O seu tronco é sinuoso, de casca rugosa e grosa. As ramas forman copas globulares e amplas, que proxectan sombra sobre o solo para mitigar a insolación e a evaporación. A folla é pequena, para reducir a transpiración; e perenne, porque no inverno as árbores activan substancias que evitan a conxelación. O sotobosque é rico en especies, como o piorno ou a xesta, xa que as árbores se sitúan algo apartadas entre si e a luz penetra con facilidade. As especies máis características son a aciñeira, a sobreira e o piñeiro.

• A aciñeira soporta a seca, a calor estival e o frío invernal, e adáptase a todo tipo de solos, polo que é a árbore máis típica e estendida do clima mediterráneo. A súa madeira, moi dura e resistente, empregábase tradicionalmente para elaborar rodas, carpintería exterior, utensilios e carbón; e o seu froito, a landra, para alimentar o gando. Os bosques mellor conservados encóntranse en Serra Morena, Estremadura e a serra de Guadarrama.

• A sobreira necesita certa precipitación (máis de 500 mm/ano), inverno moderado e solos silíceos. A súa madeira, moi dura, aprovéitase para a realización de toneis e barcos, e a súa casca, para a obtención de cortiza. Concéntrase no suroeste peninsular, en sectores do sur de Andalucía (de Cádiz a Málaga), no nordés de Cataluña e en Castelló.

• O piñeiro é nuns casos vexetación natural e noutros é o resultado de repoboacións, que valoran a súa adaptación a condicións climáticas extremas (aridez, humidade, frío, calor) e a solos diversos; o seu rápido crecemento; e o aproveitamento da súa resina e da súa madeira para a construción, a elaboración de mobles, o aglomerado e a pasta de papel.

Vocabulario

Xerófila: vexetación adaptada á aridez. En España é propia do clima mediterráneo, sobre todo do subdesértico ou estepario e das zonas baixas das illas Canarias.

DISTRIBUCIÓN DA ACIÑEIRA

Fonte: Méndez, M., e Molinero, F.: Geografía de España.

DISTRIBUCIÓN DA SOBREIRA

Fonte: Méndez, M., e Molinero, F.: Geografía de España.

A acción humana reduciu a extensión do bosque perennifolio. As causas foron: a perda de usos tradicionais; os incendios; e a agrarización, que eliminou as árbores para facilitar a mecanización e o regadío móbil ou aclarou o bosque de aciñeiras e sobreiras para constituír dehesas. Nelas combínase a conservación das árbores —que protexen o solo e permiten aproveitar o seu froito, leña, madeira e casca— coa gandería, o cultivo, ou outros usos, como a caza. As repoboacións con piñeiro tamén minguaron o bosque autóctono debido ao seu bo proveito económico.

d) A matogueira

A matogueira mediterránea non é unha formación clímax, senón o resultado da degradación do bosque polo ser humano. Presenta tres tipos:

• A maquia é unha formación arbustiva de máis de dous metros de altura, moi densa e case impenetrable. As súas especies principais son a xara, o breixo, o lentisco e a xesta.

• A garriga está formada por arbustos e matogueiras de pouca altura, que deixan algunhas zonas sen cubrir. Entre as súas especies destacan o tomiño, o romeu e a lavanda.

• A estepa está integrada por herbas baixas, mesturadas con arbustos espiñentos, baixos e descontinuos, que deixan ao descuberto solos pobres. As súas especies principais son a palmeira anana, o tomiño, o esparto e a esparragueira. A estepa é propia das zonas semiáridas do sueste peninsular e do val do Ebro, onde a seca impide o crecemento das árbores e das zonas onde a garriga foi degradada pola acción humana.

A matogueira mediterránea ten diversos usos: en perfumaría, na medicina natural, na industria farmacéutica, como condimento gastronómico e para a fabricación de vasoiras, esteiras, cordas e cestos.

3.3 A paisaxe vexetal de ribeira

Nas ribeiras dos ríos, o solo imprégnase de humidade, polo que a súa vexetación ten trazos diferentes á do seu contorno, especialmente nas zonas de clima seco.

A presenza constante de auga fai que só poidan vivir alí certas especies, que se dispoñen en franxas paralelas ao río, desde as que están en contacto semipermanente coa auga cara ao exterior.

Os bosques de ribeira inclúen especies como o ameneiro e o salgueiro (cuxas raíces necesitan estar na auga); o chopo, o álamo e o freixo (só requiren humidade no extremo inferior das raíces); e o olmo, menos esixente en humidade. Algunhas desas árbores, de crecemento rápido e madeira branda, como o chopo ou o salgueiro, úsanse para armazóns e embalaxes. Xunto aos bosques crecen xuncos e matogueiras, como o sangomiño, o ligustro, a madreselva, a silveira e a roseira silvestre.

A acción humana reduciu os bosques de ribeira ao alterar as marxes e leitos fluviais para implantar cultivos, urbanizacións ou canalizacións. Este feito supuxo unha grave perda, sobre todo na España seca, debido á súa importancia paisaxística —contraste entre a súa vexetación e a do contorno— e aos seus beneficios ecolóxicos: mitiga a erosión, o risco de inundación e a evaporación, e suaviza a temperatura.

3.4 A paisaxe vexetal de montaña

Na montaña, a vexetación disponse en pisos con formacións vexetais distintas segundo a latitude, a altitude e a orientación (barlovento/sotavento, solaina/avesedo). En xeral, sucédense o bosque ata a zona onde a temperatura media anual alcanza os 10 "C; as matogueiras a partir da altura onde o frío impide o crecemento das árbores; os prados e pasteiros de herbas e matas ananas nas zonas cubertas pola neve durante moitos meses; e as plantas rupícolas adaptadas a vivir sobre as rochas ou no interior das súas gretas e fisuras (liques e musgos).

e) A montaña alpina ou pirenaica está representada polos Pireneos. Ten catro pisos vexetais: f) A montaña atlántica está representada pola vertente norte da cordilleira Cantábrica. Nela sucédense un piso basal forestal de bosque caducifolio, un piso supraforestal de landa e un cumio con prados. g) A montaña mediterránea inclúe as montañas do resto da Península e das illas Baleares. O piso basal forestal está ocupado polo bosque perennifolio (precedido de maquia nas montañas máis meridionais), que a maior altitude dá paso ao bosque caducifolio e/ou piñeirais. Por enriba sitúase o piso supraforestal de maquia ou garriga, que inclúe matogueira almofadada espiñenta nas montañas máis meridionais. Os prados só aparecen nos cumios máis elevados ou nos avesedos.

• O piso basal (ata 1 200 m) inclúe sucesivamente aciñeiras, carballos ou caxigos e faias.

• O piso subalpino (entre 1 200-2 400 metros) reúne coníferas* naturais, como o piñeiro silvestre, o abeto e o piñeiro negro. O abeto pode formar bosques mixtos coa faia. O sotobosque está constituído por arbustos como o rododendro e o arando.

• O piso alpino (entre 2 400-3 000 metros) é o dominio do prado de o pasteiro. Tamén abundan os sectores de rocha núa e os pedregais, onde crecen pequenas plantas rupícolas.

• O piso nival (por enriba de 3 000 metros) ten espazos de topografía algo plana ou de pendente reducida onde a neve se mantén todo o ano e non existe vexetación; e espazos de forte inclinación, onde a neve desaparece certo tempo e medran pequenas plantas rupícolas.

A acción humana reduciu os bosques de montaña en favor de usos agropecuarios (pastos na montaña atlántica ou cultivos na mediterránea —amendoeira, oliveira, vide—) e da extensión dos bosques de repoboación con bo rendemento económico. Noutros casos, a degradación ou desaparición do bosque provocou a súa substitución pola matogueira.

Vocabulario

As coníferas son árbores ou arbustos de follas aciculares —como agullas— e sementes protexidas en conos —piñas—. Prefiren as zonas frías, como o piso subalpino das montañas da zona temperada. Para adaptarse ao frío, adoptan forma triangular para que esvare a neve, posúen anticonxelantes naturais e as follas revístense dunha cutícula que reduce a perda de humidade no inverno, cando a planta non pode tomar auga polas raíces ao encontrarse o solo xeado. A maioría das coníferas son de folla perenne —piñeiro, abeto, bidueiro, ciprés, cedro, sabina, cimbro—, aínda que as hai de folla caduca —alerce—. Algunhas coníferas, como certos piñeiros, tamén viven en climas temperados desde o nivel do mar. Nestes casos, a súa copa sitúase no extremo superior do tronco e é ancha, coas ramas dirixidas cara arriba para captar mellor a luz.

3.5 A paisaxe vexetal de Canarias

Corresponde á rexión floral macaronésica da que proveñen as especies autóctonas, ás que os sucesivos poboadores incorporaron outras do Mediterráneo europeo e africano e de América. Ademais, debido á insularidade, destacan os endemismos —formacións vexetais exclusivas— e as reliquias —formacións vexetais propias de épocas xeolóxicas pasadas cun clima distinto, que sobreviviron en escasos enclaves. O resultado é unha riqueza vexetal extraordinaria, sobre todo nas illas con relevo montañoso, onde se suceden os seguintes pisos vexetais.

• O piso basal (entre o nivel do mar e os 300/500 metros). Inclúe plantas que soportan o sal (halófilas) e a area (psamófilas), como a barrilla; e tamén unha elevada aridez, caso das matogueiras pouco mestas e ásperas, como o cardón e a tabaiba.

• O piso intermedio (entre 200-800 metros). Está condicionado polo aumento da humidade e o descenso térmico, que permiten o crecemento de palmeiras, dragos e sabinas.

• O piso termocanario (entre 800-1 200 metros). A vexetación adáptase ao mar de nubes ou néboa causada polo alisio que achega gran humidade, maior refrescamento e menor insolación. Inclúe dúas orixinais formacións de bosque: a laurisilva, moi densa e con máis de 20 especies, e o faial-breixeira, resultante da degradación antrópica da laurisilva.

• O piso canario (entre 1 200-2 200 metros). Ao quedar por enriba do mar de nubes, a vexetación debe adaptarse á aridez e ao frío. Está dominada polo bosque de coníferas, cuxa especie principal é o piñeiro canario, que a maior altitude dá paso ao cedro canario.

• O piso supracanario (por enriba de 2 200 metros) só está presente en Tenerife e La Palma. Está ocupado por matogueiras (codeso, xesta) e por pequenas matas dispersas de gran riqueza florística (violetas do Teide).

A acción humana reduciu a vexetación das zonas baixas e das medianías para implantar urbanizacións turísticas e cultivos, e minguou o bosque, dada a escaseza de madeira das illas.

Actividades

24 No mapa da vexetación, traza unha liña entre Andorra e a illa de Tenerife. Cita as rexións florais e as paisaxes vexetais que atravesa e as formacións vexetais que as integran.

25 Por grupos, facede unha presentación sobre a vexetación española. Incluíde imaxes das principais formacións vexetais de cada área climática.

26 Compara os bosques caducifolio, marcescente e perennifolio, e a landa coa maquia.

27 Por que a vexetación de ribeira contrasta coa do seu contorno?

28 Le a técnica sobre o comentario de cliseries desta unidade e realiza a actividade 7 da páx. 127.

29 A que se debe a orixinalidade da vexetación canaria?

30 Resume a actuación humana sobre a vexetación.

31 Organizade este debate: Deben facerse repoboacións con eucaliptos? Antes consultade a técnica da unidade 11.

This article is from: