9 minute read

A diversidade do solo

O solo é a capa superficial da codia terrestre. Componse de elementos nos tres estados. Os elementos sólidos son partículas minerais procedentes da erosión das rochas e da materia orgánica viva ou en descomposición: raíces, fungos, bacterias, vermes, insectos. Ademais, o solo contén elementos líquidos —auga— e gases ocupando os poros —CO2—. A ciencia que estuda o solo é a edafoloxía.

1. FACTORES DA DIVERSIDADE EDÁFICA

O solo resulta da alteración do rochedo terrestre polo clima e polos seres vivos. Primeiro os fenómenos atmosféricos disgregan a rocha. Logo, instálanse sobre ela plantas colonizadoras, organismos e microorganismos que achegan materia orgánica e permiten a implantación de comunidades biolóxicas máis complexas. Co paso do tempo, o solo evoluciona ata alcanzar o equilibrio co medio. Polo tanto, os factores que condicionan a formación e a evolución do solo (edafoxénese) son os seguintes:

• A rocha nai é o substrato mineral a partir do cal se forma o solo. Inflúe na súa cor, textura* , estrutura* , permeabilidade* e acidez ou basicidade* Dependendo da rocha nai, os solos poden ser silíceos (soltos e pouco permeables), calcarios (pastosos e permeables) e arxilosos (compactos e impermeables).

• O clima é o factor máis influente na formación do solo. As temperaturas e as precipitacións inflúen nos seus procesos químicos e biolóxicos. As precipitacións condicionan tamén a lixiviación, é dicir, a disolución e arrastre dos elementos da capa superficial do solo cara ás capas baixas; se este lavado é excesivo, o solo empobrécese e vólvese ácido. Atendendo ao clima, os solos poden ser zonais ou clímax, cando a súa orixe está estreitamente ligada ao clima; ou azonais e intrazonais cando depende doutros factores, como a natureza do rochedo, o encharcamento, etc.

Formación e evolución do solo

1. En primeiro lugar, os fenómenos atmosféricos disgregan as rochas.

2. Instálanse plantas e organismos que achegan materia orgánica.

Materia orgánica

3. Grazas a iso, instálanse comunidades biolóxicas máis complexas.

Fragmentos minerais e materia orgánica

Humus

Vocabulario

Textura: tamaño das partículas. Inflúe na permeabilidade e na retención de auga e de nutrientes.

Estrutura: forma de agruparse as partículas do solo en fragmentos maiores. Inflúe na aireación, a permeabilidade e a erosionabilidade do solo.

Permeabilidade: capacidade de permitir a filtración de auga. Inflúe no contido de auga e de aire do solo.

A acidez ou basicidade: vén dada polo potencial de hidróxeno ou concentración de ións de hidróxeno. Mídese mediante o pH, escala comprendida entre 0 e 14. Considérase neutro o valor entre 6,6 e 7,5; ácido o valor por debaixo de 6,6; e básico o valor por enriba de 7,5. O pH inflúe na solubilidade dos minerais e, polo tanto, na asimilación de nutrientes polas plantas, que só poden absorber os minerais disoltos na auga. O pH máis adecuado para a maioría dos cultivos é o comprendido entre 6 e 7.

Horizonte A

4. O solo evoluciona e desenvolve todos os seus horizontes.

Materia orgánica

A0. Follaxe.

A1. Humus.

Rocha en desintegración

Horizonte D

Horizonte C

Horizonte D

Horizonte C

Horizonte D

Horizonte A

Horizonte B

Horizonte C

Horizonte D

A2. Zona de lixiviación.

B1. Zona de acumulación. B2. Zona de alteración.

Rocha nai meteorizada.

Horizonte A

Horizonte B

Horizonte C

Horizonte D

No val deposítanse os materiais arrastrados, formándose solos espesos

Na pendente, o solo está sometido a forte erosión

A topografía tamén inflúe. Nas zonas chairas acumúlanse solos grosos, mentres que as pendentes fortes favorecen a erosión e o escorregamento do solo.

• Os seres vivos actúan de diversas maneiras. As plantas poden empobrecer e acidificar o solo (coníferas), ou enriquecelo achegándolle bases captadas polas súas raíces (frondosas). A microflora, formada por bacterias e fungos, descompón a materia orgánica creando o humus, do que depende en gran parte a súa fertilidade. Os animais, como as lombrigas, roedores e insectos, remóveno cos seus movementos. E as persoas destrúeno e altéran, o ou mellórano con fertilizantes e repoboacións adecuados.

• O tempo é outro factor determinante, dado que a formación dun solo é un proceso lento que require séculos. Segundo o nivel de evolución distínguense solos novos ou incipientes, que aínda non completaron a súa formación, e solos evolucionados.

2. OS HORIZONTES E O PERFIL DO SOLO

Os solos están constituídos por horizontes ou capas individualizadas polas súas características físicas, químicas e biolóxicas. O conxunto de horizontes conforma o perfil do solo.

• En superficie encóntrase o horizonte A, que ten unha capa A0 formada pola follaxe; unha capa A1, de cor escura, formada polo humus ou materia orgánica en descomposición; e unha capa A2, máis clara, que é unha zona de lixiviación ou de perda de substancias que son arrastradas polas precipitacións ás capas inferiores.

• En posición intermedia sitúase o horizonte B, de cor máis intensa, que ten unha capa de acumulación de substancias lixiviadas procedentes do horizonte A, e unha capa de alteración en contacto co horizonte C.

• En profundidade encóntranse o horizonte C, formado pola rocha nai meteorizada, é dicir, alterada e disgregada polos axentes atmosféricos, como os cambios de temperatura ou as precipitacións; e o horizonte D, constituído pola rocha nai consolidada ou sen alterar.

3. OS TIPOS DE SOLO

Existen diversas clasificacións do solo. Unhas baséanse na súa orixe e evolución (clasificacións xenéticas, como a europea) e outras nas súas características (clasificacións analíticas, como a americana). Como o clima e a natureza do rochedo son os factores máis influentes na formación e evolución do solo, estudaremos primeiro os solos de España por áreas climáticas, distinguindo en cada unha diversos tipos en función do rochedo. Logo enumeraranse os principais solos azonais e intrazonais.

A topografía inflúe no espesor do solo.

Follaxe e residuos internos Materia orgánica en descomposición (humus)

Zona de lixiviación

Zona de acumulación de partículas lixiviadas

Zona de alteración (transición a C)

Rocha nai meteorizada

Rocha nai consolidada

Actividades

CPSAA, CL, STEM

33 Esquematiza os factores que inflúen na diversidade edáfica.

34 Sintetiza o proceso de formación dun solo.

35 Comprobamos. Aclara a diferenza entre perfil e horizonte dun solo; entre solo zonal, intrazonal e azonal; e entre solo novo e evolucionado.

Oc Ano

ATLÁNTICO

Illas Baleares

Os

Solos en clima oceánico

Terra parda húmida

Solos ránkers

Terra parda calcarea

Terra fusca

Solos en clima mediterráneo

Terra parda meridional

Solos pardos non cálcicos

Solo vermello mediterráneo

Vertisolos

Solo gris subdesértico estepario

Solos intrazonais

Solos rendziniformes

Solos pardos calcarios

Solos azonais

ILLAS CANARIAS

3.1 Os solos zonais a) Os solos de clima oceánico son bastante evolucionados, ricos en materia orgánica e ácidos, xa que as chuvias constantes arrastran as bases da superficie cara aos estratos inferiores (lixiviación). A acidez refórzase cando a rocha é silícea e a vexetación natural substitúese por especies como o piñeiro ou o eucalipto. Todos os solos ácidos requiren fertilización para o seu aproveitamento agrícola. b) Os solos de clima mediterráneo encóntranse moi alterados pola erosión e a acción humana.

• Sobre rochedo silíceo a acidez do solo increméntase.

– A terra parda húmida é o tipo dominante. Con topografía favorable, é unha excelente terra de cultivo se se contrarresta a acidez con cal. Cando a pendente aumenta, pode dedicarse a pasteiros.

– O ránker sitúase nas zonas máis altas ou pendentes. Ao estar sometido a forte erosión, ten escasa evolución e espesor (o horizonte orgánico repousa directamente sobre a rocha nai). Só é apto para pastos e bosques.

• Sobre rochedo calcario a acidez do solo é menor.

– A terra parda calcaria é o tipo dominante. Dá excelentes rendementos en cultivos como feixóns e millo ou en prados permanentes.

– A terra fusca aparece sobre calcarias duras e en zonas montañosas. A súa principal dedicación é forestal.

• Nas rochas silíceas, como as do oeste peninsular, o tipo principal é a terra parda meridional, un solo pobre pola súa acidez, escaseza de humus e estrutura solta, que o fai doadamente erosionable. Dedícase a dehesas de aciñeira e pasteiros pobres ou a cereais cando se encala e fertiliza. Sobre as areas resultantes da erosión do granito fórmase o solo pardo non cálcico.

• Nas rochas calcarias, dominantes nesta área climática, os solos teñen un horizonte arxiloso resultante da lenta disolución da calcaria e cor avermellada debido ao óxido de ferro. A súa fertilidade é diversa:

– O solo vermello mediterráneo, rico en nutrientes, é excelente para todo tipo de cultivos.

– A terra rossa, sobre calcarias duras, ten o horizonte arxiloso repousando directamente sobre a rocha nai, polo que son frecuentes os afloramentos rochosos que dificultan a mecanización. Sobre el dominan as matogueiras ou bosques adehesados e cultivos arbóreos como a amendoeira ou a oliveira.

• Nas arxilas e margas xorde o vertisolo ou terra negra, formado por arxilas expansivas, que se contraen cando secan e inchan cando se humedecen. Durante o verán, ao contraerse, ábrense gretas, que se enchen con materiais da superficie. Na época húmida, cando a arxila incha, os materiais que enchen as gretas actúan como cuñas e provocan tensións internas que ocasionan o volteo ou removido de solo. Debido a iso, estes solos renóvanse constantemente e son os máis fértiles de España, usados para todo tipo de cultivos, salvo os arborescentes. Son característicos do val do Guadalquivir, da terra de Barros (Badaxoz) e da conca de Pamplona/Iruñea.

• Nas áreas mediterráneas de clima estepario, como o val medio do Ebro e o sueste peninsular, predomina o solo gris subdesértico ou serosem. É de cor gris clara, está case sempre seco e é rico en calcaria e moi pobre en humus, pois a vexetación que soporta é escasa e aberta, deixando grandes espazos sen cubrir. O seu aproveitamento en secaño é practicamente nulo. En regadío é bastante fértil, aínda que se saliniza doadamente debido á acusada evaporación das zonas onde se encontra.

3.2 Os solos azonais e intrazonais

Os solos azonais e intrazonais encóntranse en calquera área climática, ao depender de factores distintos do clima, como o rochedo, a topografía, a drenaxe do terreo ou o tempo.

• Os solos azonais non teñen un perfil ben definido, por ser demasiado novos, por situarse sobre fortes pendentes ou sobre depósitos moi recentes pouco consolidados (aluvións fluviais, areas ou dunas).

• Os solos intrazonais teñen un perfil ben definido. Sobre calcarias próximas á superficie con abundante contido en carbonato cálcico danse os pardo-calcarios (permiten cultivos leñosos, cereais, leguminosas e hortas se se regan) ou as rendzinas, sobre pendentes (dedicación forestal). Os solos aluviais créanse nas beiras fluviais (aptos para hortas). Os solos encharcados das zonas endorreicas son pobres en nutrientes (aínda que sobre algúns se cultivan amorodos). Os solos areentos son áridos porque as precipitacións se infiltran (os costeiros de praias e dunas son improdutivos, mentres que algúns de interior admiten piñeiros ou eucaliptos).

Os solos salinos son propios de marismas e zonas áridas onde a elevada evaporación fai precipitar os sales contidos na auga (só cultivables se se neutraliza o sal con grandes cantidades de auga). E os solos volcánicos son sobre todo basálticos (en gran parte improdutivos) ou desenvólvense sobre cinzas (aptas para o cultivo de cereais).

Actividades

36 Por que son ácidos os solos de clima oceánico? Por que son vermellos algúns solos mediterráneos? Por que é fértil un vertisolo? Por que é pobre o solo gris?

37 Relacionar-ampliar-preguntar. Establece relacións entre o mapa dos solos e o do rochedo da unidade 1.

38 Elixe os solos máis apropiados para o cultivo, a actividade gandeira e a explotación forestal.

4. A INFLUENCIA DO SOLO

O solo é o soporte sobre o que se desenvolve a vida vexetal, animal e humana, e inflúe sobre outros elementos do medio natural e en certas actividades humanas.

4.1 Sobre o medio natural

• No clima, o contido de auga no solo, ao evaporarse, amortece os extremos de calor. Ademais, o solo é un importante almacén de carbono, polo que contribúe a mitigar o CO2 da atmosfera e a paliar o cambio climático.

• Na auga, a permeabilidade do solo inflúe na circulación superficial ou subterránea da auga e na formación e recarga dos acuíferos.

• Na vexetación, o solo proporciona as substancias minerais necesarias para a nutrición das plantas. Cada especie prefire un tipo de solo concreto segundo as súas necesidades.

• Nos seres vivos, o solo é o hábitat natural dunha rica microbiodiversidade, integrada por microorganismos e pequenos animais.

4.2 Sobre as actividades humanas

• O poboamento preferiu tradicionalmente as áreas de solos fértiles. E a casa tradicional empregou os materiais do contorno: pedra nas áreas montañosas e barro nas concas e as depresións arxilosas.

• A produción agraria depende en parte da fertilidade do solo, que en España é, en xeral, mediocre. Ademais, as características do solo facilitan ou dificultan a labra e a mecanización.

• A industria obtén recursos do solo para diversas actividades, como materiais de construción, ou a produción de medicamentos obtidos de fungos que alberga o solo, como a penicilina e a estreptomicina.

• As infraestruturas resultan afectadas por algunhas características do solo. Por exemplo, nos solos arxilosos vense prexudicadas pola súa tendencia ao escorregamento e nos calcarios, polas frecuentes fochas.

O solo como almacén de carbono

Carbono orgánico

CO2 3

1. O CO2 absorbido polas plantas a través da fotosíntese entra a formar parte delas en forma de carbono orgánico, C.

2. Cando as follas e ramas caen ao solo e se descompoñen, o carbono que conteñen pasa ao solo formando parte do humus e pode quedar almacenado nel longo tempo sen pasar á atmosfera, mitigando o cambio climático.

3. Non obstante, o carbono almacenado no solo pode volver á atmosfera en forma de CO2 como consecuencia de certas accións humanas, como cambios no uso do solo: extracción de madeira ou recollida de colleitas.

Actividades

CCL, CPSAA

39 Sintetiza a influencia do solo sobre o medio natural e sobre a actividade humana, utilizando a técnica que consideres máis apropiada.

This article is from: