
19 minute read
ROCHAIMPERXEABLE
5.3 A área arxilosa
Está integrada por rochas sedimentarias do Terciario e do Cuaternario. Localízase nas concas sedimentarias das submesetas norte e sur, nas depresións do Ebro e do Guadalquivir, en áreas afundidas e nas chairas costeiras mediterráneas.
A rocha predominante nesta área é a arxila* , caracterizada pola súa escasa resistencia, que pode aparecer con outras rochas como margas, pedra de gra e xeso. Dá lugar a un relevo basicamente horizontal, xa que os terreos onde se depositou non sufriron pregamentos posteriores. A súa rápida erosión, debida á brandura dos materiais, crea dous tipos de relevo:
• Campiñas ou chairas suavemente onduladas. Fórmanse cando os ríos cortan e separan as estruturas horizontais de arxila, que se desgastan pronto debido á súa escasa resistencia.
• Cárcavas e badlands Fórmanse nas zonas onde alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias curtas e torrenciais, e non existe a protección vexetal, como o SE peninsular e o centro do val do Ebro. Nestas circunstancias, a auga de arroiada desgasta intensamente as vertentes, formando cárcavas ou sucos estreitos e profundos separados por arestas.
Cando as cárcavas se estenden por unha ampla superficie, crean unha paisaxe abrupta peculiar, denominada badlands.
Vocabulario
A arxila é unha rocha sedimentaria detrítica, é dicir, composta a partir da descomposición en grans doutras rochas. Ten cor alaranxada e escasa resistencia á erosión; pero coa auga adquire propiedades plásticas e impermeables e coa calor endurece.
Bardenas Reales, Navarra. O relevo arxiloso é predominantemente horizontal, ao non ter sufrido presións oroxénicas posteriores. Nas zonas onde alternan longos períodos secos con chuvias curtas e torrenciais, as augas de arroiada crean cárcavas ou sucos estreitos nas vertentes.
Actividades
STEM, CPSAA, CD, CCL
13 Relaciona historia xeolóxica, rochedo e relevo.
14 Sintetiza nun cadro os trazos das áreas silícea, calcaria e arxilosa.
15 Busca imaxes para cada unha das formas do relevo representadas nos bloques diagrama silíceo, calcario e arxiloso e acompáñalas da súa definición.
16 No mapa do rochedo, traza unha liña entre os cabos Ortegal e Gata.
Con axuda do mapa das unidades do relevo:
• Cita de NO a SE as unidades de relevo.
• Escribe os correspondentes tipos de rochedo que atravesa a liña.
5.4 O relevo causado pola erosión diferencial
En cada unha das tres áreas citadas é frecuente a existencia de rochas de distinta orixe e resistencia. A erosión actúa entón de forma diferencial ou selectiva, dando lugar a distintos relevos segundo a disposición dos estratos.
i) Relevo horizontal ou aclinal (1). Cando os estratos son horizontais e alternativamente duros e brandos, os ríos abren vales que separan amplas plataformas, chamadas páramos, mesas, planas ou alcarrias. Os páramos teñen un cumio horizontal, formado polo estrato duro e unha fronte formada por unha cornixa dura e un flanco cóncavo coincidindo co estrato brando inferior. Os flancos erosiónanse máis rapidamente, de modo que os páramos se reducen. Así, convértense primeiro en cerross testemuña, moas ou outeiros, constituídos por outeiros de teito horizontal, e logo en antecerros ou outeiros cando desaparece o estrato duro superior. Paralelamente, ensánchase o espazo que separa os páramos, onde se forman chairas suavemente onduladas ou campiñas sobre os materiais brandos.


Este tipo de relevo pode observarse nas concas sedimentarias de meseta e nas depresións do Ebro e do Guadalquivir.
j) Relevo en costa ou monoclinal (2). Cando os estratos están suavemente inclinados e alternan materiais duros e brandos, a erosión fluvial crea un relevo en costas. Nelas distínguense un dorso ou reverso, formado polo estrato duro inclinado, e unha fronte cunha cornixa e un flanco cóncavo na capa branda, onde a erosión é máis rápida. O retroceso das costas pola erosión dá lugar tamén a cerros testemuña e antecerros. Este tipo de relevo é propio nos bordos das grandes concas sedimentarias, nas zonas de transición coas montañas que as delimitan.
«Tetas» de Viana, Guadalaxara. Son dous cerros testemuña ou outeiros coroados por un estrato duro horizontal que marca a altura do antigo páramo calcario. A erosión do páramo fixo aflorar os materiais inferiores arxilosos, que dan lugar a un relevo suavemente ondulado de campiñas.

Actividades
17 Contrasta as semellanzas e as diferenzas entre un relevo horizontal e un relevo en costa.
Hornillalatorre, en Las Merindades (Burgos). Relevo en costa labrado pola erosión da rede fluvial dos ríos Ebro e Rudrón sobre o páramo calcario de La Lora, situado na zona de transición entre a meseta do Douro e a cordilleira Cantábrica. Cornixa coincidindo co

Formación do relevo apalachiano k) Relevo pregado. Cando os estratos están pregados e formados por materiais de diferente dureza, créanse os relevos apalachiano e xurásico.
O relevo experimenta un rexuvenecemento por novas presións oroxénicas.
A erosión reactívase e actúa de forma diferencial desgastando primeiro os materiais máis brandos.

Resultado: relevo de serras longas, paralelas e de altitude similar nos materiais duros, separadas por vales abertos nos estratos brandos.
Resultado: relevo de serras longas, paralelas e de altitude similar nos materiais duros, separadas por vales abertos nos estratos brandos.
• O relevo apalachiano (3) fórmase a partir dunha antiga cordilleira herciniana, de dobras alternativamente duras e brandas, arrasada e aplanada pola erosión, que experimenta un posterior levantamento. Entón reactívase a erosión, que actúa de forma diferencial, creando un relevo no que alternan cristas e vales. As cristas, formadas nos estratos duros, son serras longas, paralelas entre si e de altitude similar, e sepáranse por vales abertos pola erosión nos materiais brandos. Este tipo de relevo pode observarse na parte occidental da cordilleira Cantábrica, nos montes de Toledo e en Serra Morena.
• O relevo xurásico (4) fórmase nas cordilleiras novas constituídas por dobras anticlinais —convexas— (A) e sinclinais —cóncavas— (S), alternativamente duras e brandas. A erosión diferencial comeza polos anticlinais, creando vales paralelos e perpendiculares ao cumio (combes e cluses, respectivamente), mentres os sinclinais acumulan sedimentos. Unha vez que a erosión perfora o estrato duro dos anticlinais, o seu baleirado é rápido, converténdose en vales (vales anticlinais VA). Como resultado, quedan levantados entre eles os antigos vales sinclinais (sinclinais colgados SC), de modo que o relevo se inverteu. Posteriormente, a erosión do val sinclinal sacará á superficie o anticlinal do estrato inferior (anticlinal exhumado) e o ciclo reiniciarase. Este tipo de relevo existe no sistema Ibérico, a parte oriental da cordilleira Cantábrica, os Pireneos e as cordilleiras

Formación do relevo xurásico
4
Cluses ou val transversal ao cumio
Anticlinal baleirado (val anticlinal)
Relevo apalachiano. Las Villuercas, Cáceres.
Actividades
STEM, CCL
Explica a evolución dun relevo xurásico utilizando todos os termos que aparecen no correspondente bloque-diagrama.
Relevo xurásico. Sinclinal colgado. Castelo de Acher, Val de Hecho, Huesca. É un antigo val que quedou elevado ao erosionarse os anticlinais que o flanqueaban.

Combes Anticlinal Calcarias Margas ou A S S S VAI VAI SC Sinclinal
Anticlinal exhumado (aflora ao erosionarse o val anticlinal)
Zócolo herciniano
Bloques do zócolo rexuvenecidos
Depresións terciarias de zócolo interiores da Meseta
Cordilleiras pregadas de tipo intermedio
Cordilleiras alpinas exteriores á Meseta
Zonas
6. AS UNIDADES MORFOESTRUTURAIS DO RELEVO PENINSULAR
O relevo peninsular organízase arredor da Meseta. É unha chaira elevada dividida en dous sectores polo sistema Central: a submeseta norte e a submeseta sur, esta última lixeiramente accidentada polos montes de Toledo. Rodeando a Meseta dispóñense rebordos montañosos (macizo Galaico, cordilleira Cantábrica, sistema Ibérico e Serra Morena); dúas depresións exteriores (a do Ebro e a do Guadalquivir); e cadeas montañosas periféricas (Montes Vascos, Pireneos, cordilleira Costeiro-Catalá e cordilleiras Béticas).
6.1 A Meseta
A Meseta é unha elevada chaira situada a uns 600-800 metros de altitude media. Formouse na era primaria pola erosión do antigo macizo Hespérico, xurdido na oroxénese herciniana. No Terciario, a Meseta foi deformada e destruída en gran parte durante a oroxénese alpina, de modo que dentro dela poden diferenciarse tres unidades: o antigo zócolo paleozoico, as serras interiores e as concas sedimentarias interiores.
a) O antigo zócolo paleozoico só aflora hoxe ao oeste peninsular (penechairas zamorano-salmantina e estremeña). Aquí a erosión eliminou os materiais terciarios que recubrían o zócolo, deixando ao descuberto os materiais silíceos primarios: granito, lousa e cuarcita. O relevo está constituído por penechairas ou superficies de erosión moi suavemente onduladas. As modeladas sobre granito son máis planas (norte de Salamanca) que as modeladas sobre lousa (sur de Salamanca e Estremadura). As penechairas están accidentadas por montes illa e afloramentos rochosos, ou relevos residuais constituídos por rochas máis resistentes, como os formados sobre as cuarcitas que salpican a penechaira estremeña. b) As serras interiores da Meseta son o sistema Central e os montes de Toledo. Formáronse no Terciario polo levantamento dalgúns bloques do zócolo da Meseta como resultado da oroxénese alpina. Os dous son de rochedo primario (granito, lousa, gneis) e teñen formas redondeadas e cumios aplanados, posto que son superficies de erosión levantadas. c) As concas sedimentarias interiores da Meseta son as das submesetas norte e sur. Formáronse no Terciario polo afundimento de bloques do zócolo da Meseta como resultado da oroxénese alpina.

Na zona de contacto das penechairas coas concas sedimentarias da Meseta existen profundas gargantas (arribes ou tajos) creadas polos ríos ao encaixarse sobre os materiais duros das penechairas.
• O sistema Central é máis alto e divide a Meseta, aproximadamente, pola metade. As súas serras máis destacadas son Somosierra, Guadarrama, Gredos, Peña de Francia e Gata.


• Os montes de Toledo son de menor altura e dividen en dúas a submeseta sur, separando as concas do Teixo e do Guadiana. A súa serra máis importante é a de Guadalupe.
As serras interiores da Meseta presentan en moitos sectores cumios aplanados e formas suaves. Este feito débese a que son zonas que xa foran erosionadas e achandadas e volveron levantarse no Terciario.

(A) Serra de Guadarrama no sistema Central.
(B) Serra de Guadalupe nos montes de Toledo.
As concas constituíron primeiro lagos. Logo enchéronse con materiais terciarios, dispostos horizontalmente en estratos brandos na parte inferior (arxilas, areas, xesos e margas) e duros na parte superior (calcarias). O resultado foi un relevo de páramos, campiñas e costas.
• Os páramos son superficies estruturais planas e elevadas formadas polos estratos duros calcarios. Neles a erosión fluvial labrou vales en «U» que os cortan e separan en mesas máis pequenas. Os páramos localízanse na zona norte e leste da conca da submeseta norte e na zona leste da submeseta sur (La Alcarria, Mesa de Ocaña e La Mancha).
• As campiñas son chairas baixas suavemente onduladas percorridas por ríos. Fórmanse onde os páramos foron erosionados e afloran as arxilas e margas dos niveis inferiores. Nelas son frecuentes os cerros testemuña ou outeiros, relevos residuais coroados polas calcarias dos páramos. As campiñas máis destacadas son as percorridas polos ríos Douro, Teixo e Guadiana.
• As costas son zonas inclinadas entre os páramos e as campiñas.
A conca da submeseta norte é máis alta (800-850 m de altitude media); é máis uniforme, xa que toda ela pertence a unha soa conca hidrográfica —a do Douro—; e está case totalmente encerrada por montañas.
A conca da submeseta sur é máis baixa (500-700 metros); está accidentada na súa parte media polos montes de Toledo, que a dividen en dúas concas hidrográficas —a do Teixo e a do Guadiana—, e ábrese ao océano Atlántico.
6.2 Os rebordos montañosos da Meseta

Os rebordos montañosos da Meseta son o macizo Galaico-Leonés, a cordilleira Cantábrica, o sistema Ibérico e Serra Morena. Formáronse no Terciario polo levantamento de bloques da Meseta ou polo pregamento dos materiais depositados polo mar no bordo oriental da Meseta.

d) O macizo Galaico-Leonés formouse no Terciario polo levantamento do ángulo noroeste do zócolo da Meseta durante a oroxénese alpina. Os seus materiais, polo tanto, son paleozoicos. O relevo presenta montañas redondeadas de pouca altura, cortadas por multitude de fallas. As súas serras máis destacadas son Segundera, Cabrera e Os Ancares.
Actividades
CPSAA, STEM, CCL e) A cordilleira Cantábrica ten dous sectores ben diferenciados: f) O sistema Ibérico é unha cordilleira intermedia, formada no Terciario polo pregamento de materiais secundarios depositados polo mar no bordo oriental do zócolo da Meseta. Polo tanto, os seus materiais son principalmente calcarios, aínda que existen sectores de rochedo paleozoico onde aflora o zócolo da Meseta e sectores de rochedo arxiloso enchendo fosas internas. A estrutura do sistema Ibérico consta de dúas partes: g) Serra Morena non é propiamente unha cordilleira, senón un brusco chanzo que separa a Meseta do val do Guadalquivir. Interpretouse como unha xigantesca falla, pero parece que se trata dunha gran flexión fracturada en moitos puntos. Formouse no Terciario polo pulo desde o sur ao levantarse as cordilleiras Béticas. O rochedo é paleozoico, de cor escura, igual que a súa vexetación (xara). Ambas as dúas características danlle o seu nome. As súas serras máis destacadas son Madrona, Pedroches e Aracena.
19 Sintetiza nun cadro os trazos das tres unidades que compoñen a Meseta: localización, cronoloxía, formación, materiais e formas do relevo.
20 Identifica as unidades da Meseta representadas no corte litolóxico e relaciónaas coas correspondentes imaxes.
21 Explica as semellanzas e as diferenzas entre o sistema Central e os montes de Toledo e entre as submesetas Norte e Sur.

• O sector oeste, o macizo Asturiano, formouse no Terciario polo levantamento deste sector do zócolo da Meseta durante a oroxénese alpina. Os seus materiais, polo tanto, son paleozoicos. No seu extremo occidental, a diferente dureza dos materiais (lousas e cuarcitas) deu lugar a un relevo apalachiano. No seu extremo oriental existe un grande afloramento de calcarias primarias, que constitúe os Picos de Europa. Aquí encóntranse as maiores alturas da cordilleira (Torre de Cerredo —2 648 m—, Peña Vieja e o Naranjo de Bulnes).
• O sector leste da cordilleira, a Montaña Cantábrica, formouse no Terciario polo pregamento de materiais secundarios depositados polo mar no bordo da Meseta. Estes materiais son sobre todo calcarias, aínda que en certos sectores a diferente dureza dos materiais creou relevos xurásicos invertidos.
• O terzo norte, de dirección NO-SE, inclúe as maiores alturas da cordilleira. As serras máis destacadas son o Moncayo (2 313 m), Picos de Urbión e Cebollera (as tres calcarias) e a Demanda (paleozoica).
• Desde o sueste de Soria, o sistema Ibérico bifúrcase en dúas ramas: a rama interior ou castelá (serra de Albarracín, paleozoica, e Serranía de Cuenca, calcaria) e a rama exterior ou aragonesa (serras de Javalambre e Gúdar, de materiais calcarios). As dúas están separadas por unha fosa tectónica (a fosa de Calatayud), que se encheu con materiais terciarios.

Actividades
22 Compara os rebordos montañosos da Meseta: localización, cronoloxía, formación, materiais e formas do relevo.
23 Consulta na web do Instituto Xeográfico Nacional a altitude do cumio máis elevado dos rebordos montañosos da Meseta. Elabora un gráfico e saca conclusións. Valora a utilidade do Atlas Nacional de España e a súa información sobre o relevo.


24 Con que dous tipos de unidades do relevo e de rochedo se relacionan os dous sectores da cordilleira Cantábrica?
25 Explica o porqué destas afirmacións: o macizo Galaico-Leonés está cortado por numerosas fallas; o sistema Ibérico ten sectores silíceos e arxilosos; Serra Morena non é propiamente unha cordilleira.
6.3 As depresións exteriores da Meseta
As depresións exteriores da Meseta son as percorridas polos ríos Ebro e Guadalquivir. Ass dúas son concas ou fosas prealpinas de forma triangular formadas no Terciario paralelamente ás cordilleiras alpinas. Logo enchéronse con potentes espesores de sedimentos terciarios e cuaternarios, dado que son concas de subsidencia, cuxos fondos se afundiron progresivamente durante o Terciario. Hoxe constitúen relevos practicamente horizontais.
h) A depresión do Ebro é paralela aos Pireneos e encóntrase pechada por estes, polo sistema Ibérico e pola cordilleira Costeiro-Catalá. Ocupa o lugar onde estivo o antigo macizo do Ebro, que fora intensamente erosionado, e afundiuse mentres se elevaban as cordilleiras que o bordean. A depresión estivo primeiro ocupada polo mar, pero logo pechouse, transformándose nun gran lago ata finais do Terciario, cando o Ebro abriu paso ata o mar a través da cordilleira Costeiro-Catalá. Polo tanto, os seus materiais son mariños e continentais, e orixinan distintas formas de relevo, segundo a súa dureza e a aridez do clima.
• Os somontanos ou pés de monte pirenaico e ibérico son terras levemente inclinadas entre as serras exteriores e o centro da depresión. Na zona máis próxima ás serras predominan os conglomerados, materiais grosos e duros transportados polos ríos. Neles fórmanse mallos ou torres grandes rochosas a partir de fracturas verticais (mallos de Riglos). Na zona máis próxima ao centro da depresión predominan as pedras de gra, margas e arxilas, onde se forman costas e fosas, ou depresións sobre materiais máis brandos (fosas de Huesca e Barbastro).
• No centro da depresión, os estratos son horizontais e alternativamente de calcarias duras e de arxilas, margas e xesos brandos. O resultado é un relevo de mesas ou planas onde se conservan as calcarias, e de badlands sobre os materiais brandos, dada a aridez da zona.


i) A depresión do Guadalquivir é paralela ás cordilleiras Béticas e disponse entre estas, Serra Morena e o océano Atlántico. Primeiro estivo aberta ao mar. Logo converteuse nun lago litoral ou albufeira; e, máis tarde, por colmatación, en marismas pantanosas. Encheuse con arxilas, calcarias e margas mariñas. O relevo, dado o predominio das arxilas, forma campiñas suavemente onduladas. Cando xorden os mantos de calcaria fórmanse mesas e cerros testemuña ou outeiros.
Actividades
26 Compara nun cadro as depresións do Ebro e do Guadalquivir en canto á localización, cronoloxía, formación, materiais e formas do relevo.
27 Sinala as principais semellanzas e diferenzas entre as depresións do Ebro e do Guadalquivir.
28 Que tipos de relevo e de rochedo poden encontrarse nas depresións prealpinas?
(1) Nunha primeira fase fórmanse fracturas verticais e perpendiculares sobre unha superficie chaira. (2) A erosión actúa máis rapidamente ao longo das fracturas, que se afondan.
Deste xeito vanse individualizando progresivamente torres grandes rochosas que, coa acción da auga, acaban sendo desgastadas e adoptan formas redondeadas.

1. As cordilleiras exteriores da Meseta
As cordilleiras exteriores da Meseta son os Pireneos, os Montes Vascos, a cordilleira Costeiro-Catalá e as cordilleiras Béticas. Formáronse na oroxénese alpina do Terciario polo pregamento de materiais secundarios cubertos polo mar. E todas elas inclúen sectores de antigos macizos hercinianos rexuvenecidos.

a) Os Pireneos posúen unha estrutura complexa.
• O eixe ou zona axial corresponde ao antigo macizo herciniano de Aquitania, que rexuveneceu na oroxénese alpina. Está formado por materiais paleozoicos e posúe un relevo abrupto debido á acción do xeo. Nesta zona encóntranse as maiores altitudes da cordilleira (Montes Malditos co Aneto —3 404 m—).
• Os Prepireneos encóntranse ao sur da zona axial. Formáronse na oroxénese alpina do Terciario polo pregamento dos materiais secundarios depositados na fosa pirenaica. Están formados por calcarias e posúen un relevo máis suave e menos alto que o da zona axial. Estrutúranse en dúas aliñacións paralelas ao eixe: as serras interiores e as serras exteriores.
• A depresión media pirenaica é unha longa e estreita depresión margosa que separa as serras interiores e as serras exteriores prepirenaicas.
b) Os Montes Vascos na súa maior parte prolongan os Prepireneos. Polo tanto, son de rochedo calcario, formas suaves e moderada altitude. O Pireneo axial só aflora no extremo oriental, de rochedo paleozoico. E a depresión media pirenaica na Llanada Alavesa, de rochedo arxiloso. As súas maiores elevacións son Aralar e Peña Gorbea.

Montserrat.

c) A cordilleira Costeiro-Catalá sepárase dos Pireneos por fallas, que deron lugar a unha rexión volcánica con máis de corenta conos. A metade norte é de materiais paleozoicos, restos do vello macizo herciniano Catalano-Balear levantados na oroxénese alpina. A metade sur está constituída por materiais calcarios secundarios depositados sobre o zócolo paleozoico e pregados na oroxénese alpina. A cordilleira está dividida en dúas aliñacións: unha paralela á costa, de escasa altura (Altos do Garraf) e outra interior máis alta (Montseny, Montserrat). As dúas están separadas por unha depresión prelitoral lonxitudinal ou fosa tectónica, que se encheu con materiais terciarios e cuaternarios, dando lugar a un relevo de outeiros suaves e vales.
d) As cordilleiras Béticas estrutúranse en tres unidades.
• A cordilleira Penibética bordea a costa. Formouse no Terciario ao acaroarse a Iberia a rama norte do antigo macizo Bético-Rifeño, que rexuveneceu ante o pulo do continente africano. Os seus materiais son paleozoicos e o relevo encerra os cumios máis elevados da Península en Serra Nevada: os picos Mulhacén —3 479 m— e Veleta.
• A cordilleira Subbética localízase no interior. Formouse no Terciario polo pregamento dos materiais secundarios depositados polo mar na fosa bética, ante os empurróns da cordilleira Penibética e o achegamento da placa africana á ibérica. Estes materiais eran alternativamente duros (calcarias) e brandos (margas), polo que ao pregarse orixinaron mantos de corremento e cabalgamentos* , é dicir, desprazamentos horizontais de materiais a considerable distancia do seu lugar de orixe. As serras subbéticas máis destacadas son Grazalema, Ubrique e Cazorla.
• A depresión intrabética, entre as cordilleiras Penibética e Bética, encóntrase fragmentada en varias depresións pequenas (fosas de Ronda, Antequera, Guadix e Baza). Encheuse con materiais terciarios, que dan lugar a unha paisaxe de badlands dada a aridez do clima.
Actividades
CPSAA, STEM, CCL
29 Compara nun cadro as cordilleiras exteriores da Meseta: localización, cronoloxía, formación, materiais e formas do relevo.
30 Preparar a tarefa. Seguindo as indicacións da técnica do final da unidade, elabora un perfil topográfico transversal dos Pireneos —entre o pico Aneto e Huesca— e outro das cordilleiras Béticas —entre Fernán Núñez en Córdoba e San Agustín en Almería—. Indica as unidades que se suceden e explica as similitudes e as diferenzas que se aprecian na estrutura das dúas cordilleiras.
31 Fai un gráfico de barras co cumio máis elevado de cada unha das cordilleiras exteriores da Meseta e coméntao.
Vocabulario
Mantos de corremento e cabalgamentos: desprazamento horizontal dunha gran masa de materiais debido á acción das forzas tectónicas do interior da Terra. Estes materiais alóctonos, ou procedentes doutro lugar, superpóñense sobre o rochedo autóctono. Os mantos de corremento teñen unha dimensión maior e desprázanse a máis distancia do seu lugar de orixe que os cabalgamentos.


7. O RELEVO COSTEIRO PENINSULAR
As costas peninsulares son bastante rectilíneas, salvo as galegas. De aí a escasa penetración da influencia do mar no interior.
7.1 As formas do relevo costeiro
A morfoloxía das costas está condicionada polo relevo do interior. Os seus accidentes son moi variados:
• Os cabos son saíntes profundos da costa cara ao mar.
• Os golfos e baías son entrantes profundos do mar na costa. As baías son xeralmente de maior dimensión que os golfos, pero a diferenza entre os dous é pouco precisa.
• Os acantilados son costas que penetran no mar cunha forte pendente. Neles a erosión mariña crea covas nas partes baixas, ao desgastar as zonas de menor dureza; arcos mariños, ao perforar a parte inferior do acantilado; e farallóns ou agullas rochosas sobre o mar, ao desprenderse a parte superior do arco.

• As praias son extensións planas e pouco pendentes de area, grava ou seixos, localizadas ao nivel da costa. Están formadas por sedimentos continentais e mariños.
• As rasas son plataformas de erosión mariña paralelas á costa que quedaron elevadas sobre o nivel do mar. Poden graduarse en varios niveis, constituíndo «serras». Os niveis baixos, ao seren máis recentes, presentan formas planas, mentres que os máis altos foron atacados pola erosión e a planitude desaparece.

• As rías son entrantes costeiros estreitos, resultantes da invasión mariña do último tramo dun val fluvial. Este feito pode deberse ao ascenso do nivel do mar ou ao descenso da codia continental.
• As marismas son chairas de lama. Fórmanse en baías baixas, que se enchen cos sedimentos achegados polos ríos que as atravesan e polo mar, que as cobre en preamar e as deixa ao descuberto en baixamar.
• As frechas litorais son barras de area que prolongan unha costa rectilínea e areenta cara ao interior dunha baía. O seu extremo adoita estar curvado cara á terra (frechas de gancho). As frechas fórmanse polo transporte da area da costa cara ao interior da baía. Se a frecha chega a pechar a fronte da baía, denomínase cordón litoral.
• As albufeiras son lagos costeiros salgados separados do mar por un cordón de area que pecha unha baía. Adoitan acabar converténdose en marismas e colmatándose polas achegas terrestres.
• Os tómbolos son barras de area que unen illotes rochosos á costa. Poden ser dobres cando son dúas as barras areentas, quedando unha lagoa entre as dúas.
• Os deltas son saíntes costeiros formados cando un río achega máis sedimentos dos que pode redistribuír o mar, por tratarse dunha masa tranquila de auga, sen fortes correntes nin excesiva ondada.
• As dunas son montículos de area típicos das costas areentas. Fórmanse polo transporte e acumulación de area polo vento, que queda fixada pola vexetación. O perfil dunha duna é asimétrico: a cara de barlovento ten unha pendente suave e convexa, e a de sotavento é abrupta e cóncava. As dunas oriéntanse cara ao vento predominante.
7.2 As costas atlánticas

Nas costas atlánticas diferéncianse tres sectores.
e) A costa cantábrica é bastante rectilínea: conta con poucos cabos (Matxitxako, Peñas, Ajo) e golfos (Biscaia) e as rías son curtas e estreitas (Nalón, Nervión). Nela son frecuentes os acantilados e as rasas, aínda que tamén existen algunhas praias areentas e tómbolos (Xixón, Santander e Donostia-San Sebastián).
f) A costa galega é a máis articulada de España. Polas súas rías o mar penetra ata 25 e 35 km no interior a través dos vales fluviais, abertos nas numerosas fracturas do macizo Galaico (rías de Ortigueira, Vigo e Arousa). Ademais, destacan algúns cabos (Ortegal, Fisterra).

g) A costa atlántica andaluza ten amplos golfos (Cádiz) e algúns cabos (Trafalgar e Tarifa). Trátase dunha costa baixa e areenta onde se forman marismas nas desembocaduras dos ríos (Guadalquivir, Tinto, Odiel); frechas (El Rompido); e campos de dunas (Doñana).


7.3 As costas mediterráneas
Nas costas mediterráneas distínguense tamén tres sectores.
h) A costa penibética esténdese entre a punta de Tarifa e o cabo de Gata. É bastante rectilínea, a excepción dalgún cabo pouco pronunciado (Sacratif) e do golfo de Almería. Presenta tramos acantilados onde as cordilleiras Béticas discorren paralelas ao litoral e tramos de costa baixa que forman unha estreita chaira litoral creada polas achegas da cordilleira Penibética. Nalgúns sectores de Almería existen terrazas mariñas ou praias elevadas sobre o nivel do mar debido ao levantamento da costa desde finais do Terciario.

i) A costa levantina comprende desde o cabo de Gata ao delta do Ebro. Os seus principais accidentes son cabos (Palos, La Nao); baías (Alacant) e golfos (Valencia). Nesta costa son frecuentes as praias amplas e areentas; as albufeiras (Mar Menor, Valencia); os tómbolos (Ifac, Peñíscola) e os pequenos deltas orixinados por ríos pouco caudalosos ou de carácter torrencial (Vinalopó).
j) A costa catalá esténdese entre o delta do Ebro e a fronteira con Francia. Presenta cabos (Creus) e golfos (Sant Jordi e Roses), costas acantiladas onde o extremo da cordilleira Costeiro-Catalana chega ata o mar (Costa Brava) e praias e pequenas chairas litorais entre os promontorios rochosos. Tamén conta con algúns deltas (Ebro e Llobregat).

Actividades
32 Localiza nun mapa físico os principais cabos e golfos da Península. Sitúa tamén exemplos dos accidentes costeiros que se citan no texto.
33 Consigue en Internet unha imaxe dos accidentes costeiros que figuran no bloque-diagrama e acompáñaas coa correspondente definición.
34 Explica as semellanzas e as diferenzas entre estas parellas de conceptos: praia e terraza mariña; ría e golfo; frecha e cordón litoral; delta e cabo.

35 Sintetiza nun cadro os principais accidentes das costas atlánticas e mediterráneas.