
5 minute read
Os tipos de clima en Galicia
Non obstante, certos factores como a disposición do relevo —que segue en moitos casos unha orientación transversal ás masas de aire dominantes, de compoñente O e SO—; a orientación da maioría das rías a favor dos ventos oceánicos; a distancia ao mar, ou as peculiares características das depresións e dos vales fluviais, introducen toda unha serie de matices climáticos.
De modo simplificado, pódese dicir que de oeste a leste e de norte a sur se produce unha progresiva degradación dos trazos típicos do dominio oceánico. Esta transición bioclimática fai que poidamos distinguir, polo menos, cinco ámbitos climáticos diferentes:
• Galicia occidental.
• Fachada cantábrica.
• Áreas de montaña.
• Galicia interior.
Climograma de Ourense. OURENSE (143 m) X F M A M X X A S O N D Temperatura media: 14,5 ºC Precipitación: 814 mm Temp. (ºC) Precip. (mm) 0 5 10 15 20 25 30 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 130 140 150 7,5 9,2 11,4 12,7 15,7 19,4 22,1 22 19,4 15,1 10,8 8,5 90 81 54 70 67 39 19 23 57 97 93 124 LUGO-ROZAS (444 m) X F M A M X X A S O N D Temperatura media: 11,5 ºC Precipitación: 1 083 mm Temp. (ºC) Precip. (mm) 5,8 6,9 8,4 9,6 12,3 15,2 17,7 18 16,1 12,4 8,8 6,9 0 5 10 15 20 25 30 122 108 86 94 93 52 34 34 77 115 122 146 10 0 20 30 40 50 60 70 80 90 100 110 120 130 140 150 Climograma de Lugo-Rozas.
1. GALICIA OCCIDENTAL
As temperaturas medias sitúanse arredor dos 12 ºC, mentres que as precipitacións poden chegar a superar os 1 500 mm anuais. No caso da área centro-occidental de Galicia, a orientación das rías favorece a entrada das masas de aire cara ao interior que, ao se atoparen cos pés das serras centrais, producen abundantes precipitacións.

Nas Rías Baixas rexístranse temperaturas elevadas durante gran parte do ano (entre 12-15 ºC de media) e, aínda que o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, estas presentan unha distribución máis estacional, cunha forte tendencia á aridez estival.
2. FACHADA CANTÁBRICA
A Mariña lucense presenta un descenso relativo das precipitacións, que se sitúan entre os 800-1 000 mm anuais, con respecto á fachada atlántica, aínda que sen aridez estival. As temperaturas mantéñense, así e todo, en valores semellantes, con invernos frescos e veráns suaves.
3. ÁREAS DE MONTAÑA
En Galicia o clima oceánico de montaña dáse, en xeral, por riba dos 700 metros de altitude, aínda que as súas características esenciais (aumento xeral da oscilación térmica anual e diaria, e maior frecuencia das precipitacións en forma de neve) rexístranse fundamentalmente nas serras orientais e sudorientais.
4. GALICIA INTERIOR
A distancia ao mar e a protección das serras nos sectores da Terra Chá, Chantada, Terra de Lemos, Arnoia e A Limia fan que as chuvias sexan inferiores ás dos outros dominios e que aumente a oscilación térmica, que se aproxima aos 14 °C, con invernos rigorosos e veráns moi cálidos.
5. VALES E DEPRESIÓNS DO SECTOR MERIDIONAL
Os vales do Miño medio e do Sil, así como as pequenas depresións do sur, constitúen os sectores máis áridos de Galicia, sobre todo durante a época estival. En xeral, as precipitacións adoitan ser inferiores a 700-800 mm e rexístrase un aumento xeralizado das temperaturas, cunha media anual superior aos 14 °C. Estas características fan que a zona sexa considerada de transición ao clima mediterráneo.
A influencia e os riscos do clima
O clima inflúe noutros elementos do medio natural e nas actividades humanas e entraña o risco de ocasionar catástrofes.
1. A INFLUENCIA DO CLIMA
1.1
Sobre o medio natural
• No relevo. Os elementos climáticos actúan sobre as estruturas xeolóxicas e crean as formas da modelaxe, a través da erosión, o transporte e a sedimentación de materiais.
• Nas augas. As precipitacións e a aridez inflúen no caudal dos ríos e nas súas variacións ao longo do ano; e as temperaturas, na evaporación da auga.
• Na vexetación. O clima inflúe no tipo de formacións vexetais —árbores, arbustos, herbas—, na cobertura vexetal do territorio —continua ou dispersa— e na súa distribución no espazo.
• No solo. O clima é un dos factores principais que inflúe na súa formación, dado que a temperatura e as precipitacións alteran e transforman a rocha nai ou substrato mineral do solo.
Tamén é responsable dalgunhas características do solo como o seu espesor e a súa acidez.
1.2 Sobre as actividades humanas
• O clima inflúe no poboamento e no hábitat. A poboación evita as zonas con climas adversos, como os de montaña ou os de seca extrema. E no hábitat, a cuberta da casa tradicional adoita ser inclinada nas zonas de alta pluviosidade e plana nas áreas de precipitación escasa e irregular.
• Exerce un notable influxo na agricultura, pois cada cultivo require certas condicións climáticas. En boa parte do territorio español estas condicións son desfavorables: as temperaturas presentan situacións extremas como xeadas ou ondas de calor e as precipitacións son escasas e irregulares, caendo con bastante frecuencia en forma de daniñas tormentas e de sarabia.
Non obstante, tamén existen áreas onde a suavidade térmica favorece producións agrarias moi rendibles.
• Achega fontes de enerxía renovables e limpas. O vento e a elevada insolación proporcionan electricidade nas centrais eólicas e solares. E as abundantes precipitacións do norte peninsular alimentan ríos caudalosos e regulares, usados para producir hidroelectricidade.

• Intervén en diversas actividades do sector terciario. O transporte vese prexudicado polas xeadas, as fortes precipitacións e as néboas. Pero certos tipos de turismo baséanse no clima, como o de sol e praia e o de neve.
Actividades CD, CCL, STEM, CCEC
31 Obtén imaxes en Internet sobre a influencia do clima no medio natural e nas actividades humanas e redacta un pé explicativo para cada unha delas.
O clima húmido inflúe na vexetación de bosques e prados, na cuberta a dúas augas das casas e centra a actividade agraria na gandería na explotación forestal.
2. OS RISCOS CLIMÁTICOS E A SÚA PREVENCIÓN
a) Os riscos climáticos máis frecuentes son inundacións e secas.
• As inundacións son ocupacións pola auga de zonas que habitualmente non o están. Débense a intensas precipitacións caídas en pouco tempo ou á rápida fusión da neve. Afectan sobre todo ás fachadas mediterránea e cantábrica, onde se potencian pola proximidade das montañas á costa, que favorece a precipitación orográfica, e pola existencia de concas fluviais reducidas e de forte pendente. En menor medida afectan ao SO peninsular a causa de temporais do SO.
As inundacións ocasionan danos na vida humana e animal; erosión do solo; danos nas colleitas, vivendas e infraestruturas (pontes, estradas, vías férreas); e interrupción do abastecemento hidroeléctrico.
España conta cun Sistema Automático para alertar das inundacións. E as administracións públicas deben elaborar Plans de Avaliación e Xestión do Risco de Inundación. Entre as súas medidas están a restauración hidrolóxico-forestal dos leitos fluviais, a ordenación do territorio, a predición de enchentes, a protección civil, e unha cartografía de zonas inundables.
• As secas son déficits pluviométricos temporais e prolongados respecto ás precipitacións medias dun territorio. En España débense á latitude, que favorece a presenza prolongada de anticiclóns, sobre todo no sur e no sueste peninsular, Baleares e Canarias.
No medio natural, coas secas descende a auga dos ríos por debaixo do caudal ecolóxico e o nivel dos lagos e acuíferos; aumenta a concentración de contaminantes na auga; os bosques deterióranse e aumenta o risco de incendios; e increméntase a erosión do solo. Nas actividades humanas, a seca causa perda de colleitas; desabastecemento e restricións de auga; e redución da produción hidroeléctrica.
Para afrontar o problema, creáronse Plans Especiais de Seca. Entre as súas medidas contémplase aumentar a dispoñibilidade de auga mediante o aforro, a reutilización da auga depurada e a desalinización.
b) Outros riscos climáticos son a sarabia, as tormentas con grande aparato eléctrico, as ondas de frío, os temporais de neve, as ondas de calor e os temporais de vento.

Actividades
STEM, CD, SIEP, CCL, CPSAA, CC, CE
32 Explica as causas dos riscos climáticos que figuran na lenda do mapa.
33 Recompila noticias e imaxes de catástrofes climáticas en España. Indica, para cada unha, data, lugar, causas e consecuencias.

34 Descubre a incidencia do cambio climático sobre os riscos climáticos.
35 Consulta a páxina web de Aemet (aemet.es) e explica como informa das alertas meteorolóxicas.
