2 minute read

Realización e comentario dun perfil topográfico

1. Que é e como se elabora un perfil topográfico?

Un perfil topográfico é un gráfico que representa un corte vertical do terreo realizado ao longo dunha liña trazada sobre un mapa. Así, permite apreciar as formas do relevo que se suceden ao longo desa liña.

Os perfís topográficos poden elaborarse manualmente a partir dun mapa topográfico ou un mapa altimétrico, ou poden realizarse automaticamente utilizando aplicacións informáticas como Google Earth.

Determinar no mapa os dous puntos entre os que se quere realizar o perfil topográfico (X e Y) e unilos mediante unha liña recta. (Imaxe A).

Dobrar pola metade unha folla de papel (preferiblemente milimetrado) e facer coincidir a dobrez coa liña que une os puntos X e Y. (Imaxe B).

Na dobrez da folla marcar un punto no lugar onde as curvas de nivel do mapa (ou as cores que indican as distintas alturas) cortan a dobrez da folla.

Debaixo de cada punto marcado, anotar a súa altitude, indicada pola curva de nivel (ou pola cor cuxo valor especifica a lenda do mapa). Tamén hai que apuntar no seu lugar correspondente o nome do lugar onde comeza e remata o perfil, e outros elementos físicos significativos atravesados pola liña, como cursos de auga ou picos de montañas.

Desdobrar a folla de papel e facer un gráfico. (Imaxe C). O seu eixe horizontal coincide coa dobrez onde están marcados os puntos. Aquí, a escala do eixe é a mesma que a do mapa e debe facerse constar na parte inferior, tras consultarse no mapa orixinal. O eixe vertical sitúase no extremo da esquerda. Os seus valores deben comezar un pouco antes do menor valor de altitude anotado e acabar un pouco despois do maior valor anotado. A distancia entre os intervalos de altitude debe esaxerarse algo para que o relevo resalte máis.

Proxectar cada punto marcado no eixe horizontal á altitude que lle corresponde, medida no eixe vertical. Logo, unir todos os puntos mediante unha liña e obter o perfil topográfico entre os puntos X e Y

Finalizar o perfil situando nel os outros elementos significativos do medio físico anotados. Ademais, o perfil debe incluír a orientación nos extremos (puntos cardinais); un título significativo e a fonte, do perfil; por exemplo, un mapa topográfico.

3.

Realización do perfil con Google Earth

Entrar en Google Earth e seleccionar a zona, Asturias neste caso (A)

Elixir na barra superior a ferramenta «Crear unha Ruta» (B)

Colocar o cursor no punto de partida da ruta (C), facer clic (o cursor transfórmase nun cadrado) e arrastralo ata o final da ruta (D)

Poñer nome á ruta na ventá emerxente (Avilés-Pola de Laviana) e deseñar os seus trazos nas correspondentes pestanas. En «Estilo» pódese cambiar a cor e o grosor da liña da ruta; en «Medidas», obter a distancia entre os puntos; e en «Altitude», a base de referencia. Clic en «Aceptar».

Facer clic dereito sobre a liña da ruta trazada e na ventá emerxente, clic en «Mostrar perfil de elevación».

Na parte inferior obtemos o perfil topográfico entre os dous puntos e certas informacións como a lonxitude do perfil e as pendentes.

Ademais, pódense obter datos doutros elementos significativos. Para iso, mover a liña vertical (E) ao longo do perfil e mirar na ruta trazada no mapa o lugar ao que corresponde, indicado pola frecha vermella (F), ampliando o mapa para ver a información.

Imprimir o perfil e completalo co título, a orientación, os nomes dos elementos físicos significativos (ríos, unidades do relevo, picos) e a fonte do perfil.

Aspectos

• Identificación e definición da fonte (perfil topográfico).

• Dirección na que se estende (ver puntos cardinais) e puntos que une.

• Lonxitude que comprende en km (indicada no perfil ou calculada utilizando a escala que o acompaña).

• Enumeración ordenada das unidades do relevo que se suceden no perfil.

• Características de cada unidade utilizando os coñecementos sobre o tema: orixe, evolución, rochedo e formas do relevo.

Comentario

• Consecuencias da disposición ou das características do relevo (se procede): sobre outros elementos do medio natural (clima, augas, vexetación, solos e sobre as actividades humanas (poboamento; actividades agrarias, industriais, terciarias).

This article is from: