
1 minute read
O relevo das illas Baleares
Xeoloxicamente, as illas Baleares son un elo entre as dúas cordilleiras alpinas do Mediterráneo: Mallorca, Eivissa e Formentera son fragmentos emerxidos da cordilleira Subbética e Menorca está ligada á cordilleira Costeiro-Catalá.
a) Mallorca presenta tres conxuntos: b) Eivissa e Formentera, unidas ata o Cuaternario, repiten o esquema mallorquino: un relevo montañoso calcario ao norte de Eivissa, un macizo ao leste de Formentera (La Mola) e, entre os dous, unha chaira que ocupa o sur de Eivissa e case toda Formentera. c) Menorca presenta dous conxuntos. A metade norte ten unha aliñación montañosa paleozoica, de baixa altura e formas suaves, a Tramuntana, que enlaza coa parte norte da cordilleira Costeiro-Catalá. A metade sur, o Migjorn, é chaira, de materiais calcarios mesozoicos e arxilosos terciarios. Sepárase da anterior mediante unha falla.
• A Serra Tramuntana, ao norte, é de rochedo calcario, abrupta, e contén a maior altura do arquipélago, o Puig Mayor (1 445 metros).
• As Serras de Llevant, tamén calcarias, non alcanzan os 500 metros. As maiores alturas encóntranse no nordés (macizo de Artá). No extremo sur da illa, as serras somérxense para emerxer despois no subarquipélago de La Cabrera.
• A depresión central, ou Pla, entre as dúas serras, é de rochedo arxiloso e relevo suave.
As costas baleares teñen algúns cabos pronunciados (Formentor en Mallorca, Cavallería en Menorca) e profundas baías (Palma e Alcudia en Mallorca, Portmany en Eivissa). Os acantilados predominan nas áreas onde os relevos montañosos chegan ata o mar (norte de Mallorca e de Menorca). No resto, alternan praias longas e areentas con numerosas calas abertas polos torrentes. Tamén existen algunhas albufeiras (Alcudia e Pollença en Mallorca e Es Grau en Menorca).
Actividades
36 Por que as serras das illas de Mallorca e Menorca están constituídas por distintos materiais?
en Internet unha imaxe de cada unha e indica as diferenzas que se aprecian.
37 Localiza nun mapa os relevos montañosos e os accidentes costeiros das illas Baleares que se mencionan no texto.
38 Que relación teñen as costas de Baleares co relevo das illas? Pon exemplos concretos.