
3 minute read
A influencia e os riscos do relevo
O relevo inflúe noutros elementos do medio natural e nas actividades humanas e entraña o risco de ocasionar catástrofes de orixe xeolóxica.
1. A INFLUENCIA DO RELEVO
1.1 Sobre o medio natural
• No clima. O relevo inflúe sobre as precipitacións, que aumentan coa altura e nas abas expostas ao ascenso do aire; mentres que se reducen nas concas encerradas por montañas e nas abas polas que descende o aire. Tamén inflúe nas temperaturas, que diminúen coa altura e nas vertentes montañosas orientadas ao norte.
• Na hidrografía. O relevo delimita as concas e vertentes hidrográficas; a súa inclinación inflúe na erosión fluvial; e a súa altura no caudal dos ríos, ao incidir sobre a precipitación que reciben.
• Na vexetación. O relevo propicia a existencia de especies diferentes segundo a altura e a orientación das vertentes.
• No solo. As zonas chairas acumulan chans grosos, mentres que as pendentes teñen chans delgados debido á erosión.
1.2 Sobre as actividades humanas a) O relevo continental b) O relevo costeiro non favorece a instalación de portos —polo predominio das formas rectilíneas— nin os recursos pesqueiros —pola estreita plataforma continental—. Pero impulsa o turismo onde existen extensas praias areentas, como o levante peninsular e as illas Baleares.
• Inflúe no poboamento. Así, en cada momento histórico, a poboación asentouse nos relevos máis adecuados para as súas necesidades: sobre outeiros, en vales fluviais, en chairas, etc.
• Intervén na actividade agraria. As zonas baixas e chairas ofrecen mellores condicións que as elevadas e con fortes pendentes.
• Proporciona recursos minerais e enerxéticos. Os relevos primarios achegan carbón e certos minerais, e as concas terciarias, rochas de canteira.
• Afecta ao transporte. Na Península as montañas periféricas dificultan as comunicacións entre a Meseta e o litoral e as pendentes impoñen rodeos e custosos túneles e viadutos. En cambio, as chairas facilitan o transporte e as infraestruturas.
• Constitúe un crecente atractivo turístico. Visitas ás montañas alpinas, os relevos kársticos, as formas volcánicas de Canarias, os parques xeolóxicos, as pegadas de dinosauros, as xeorrutas e os museos paleontolóxicos.

Val do Pas, Cantabria. O relevo inflúe no poboamento, escaso, disperso e situado nas zonas con menos pendente; e limita o transporte a unha estrada sinuosa que discorre polo fondo do val.
42 Obtén imaxes en Internet sobre os recursos proporcionados polo relevo.
Praia de Es Trenc, Mallorca. A existencia de praias areentas constitúe un atractivo turístico.
Risco S Smico E Volc Nico En Espa A

Intensidades do risco sísmico
IX - Pánico xeral. Ábrense gretas na terra e todos os edi cios resultan danados.
VIII - Medo xeral Grandes danos ou derrubamento dos edi cios de pobre construción e lixeiros danos nos de deseño especial.
VII - Todo o mundo sae fóra dos edi cios. Os edi cios mal construídos sofren danos considerables.
VI - Moita xente sae á rúa. Móvense algúns mobles, e prodúcense lixeiros danos e fendas nas paredes.
V - Percíbenos todos. Os obxectos oscilan e os inestables caen.
IV - Sénteno a maioría das persoas. Vibran ventás e portas.
Áreas volcánicas activas
Áreas volcánicas inactivas
(nas que non aparece na actualidade ningún signo de vulcanismo activo)
Fonte: Instituto Xeográ co Nacional
1. Illa de Alborán, no mar de Alborán
2. Serra do cabo de Gata (Almería)
3. Campo de Cartaxena e illas do Mar Menor
4. Cofrentes (Valencia)
5. Illas Columbretes (Castellón)
6. Olot-Ampurdán (Xirona)
7. Campo de Calatrava (Ciudad Real) fraestruturas de protección. Ademais, deseñáronse protocolos de actuación para asistir á poboación en casos de emerxencia, coordinados por Protección Civil. a) Os sismos na Península débense, sobre todo, á súa situación no contacto entre as placas africana e eurasiática, polo que ameazan principalmente ao sur e sueste. De forma secundaria afectan aos Pireneos e a Cataluña, onde están motivados polos movementos de asentamento da cordilleira, que aínda non finalizaron. En Canarias débense ao pulo do magma. Para detectar os terremotos, España conta cunha Rede de Vixilancia Sísmica, que envía alertas se superan a magnitude de 5,5. E para previlos existe unha normativa construtiva na zonas máis afectadas. b) As erupcións volcánicas constitúen un risco nas illas canarias de La Palma, El Hierro, Tenerife e Lanzarote; nas demais, o risco é moi baixo ou nulo. E na Península, as áreas volcánicas existentes son inactivas. Polo tanto, a Rede de Vixilancia Volcánica limítase ás illas Canarias. c) Os movementos de aba son rápidos desprazamentos de grandes masas de solo ou de rochas por unha vertente. Afectan sobre todo ás grandes cordilleiras e ao val do Guadalquivir. Fronte a eles, realízanse obras de drenaxe, plantación de árbores e reforzo de vertentes. Os movementos de aba son de dous tipos:

• Os escorregamentos do solo son propios de rexións húmidas con fortes pendentes cubertas por herba ou prados, que non suxeitan suficientemente un solo saturado por fortes chuvias.
• Os desprendementos de rochas acontecen en vertentes en cuxo cumio ten lugar rotura de rochas. Os fragmentos rotos rodan pola aba, acumúlanse no lugar onde se suaviza a inclinación e poden desprenderse se se producen tensións locais: conxelación, infiltración de auga, etc.
Actividades
CD1, CPSAA, CCL, STEM
43 Busca noticias e imaxes sobre os efectos catastróficos dos distintos riscos xeolóxicos. Indica para cada unha data, lugar, causas e consecuencias.
44 Descubre, na web do Instituto Xeográfico Nacional, onde aconteceron os terremotos de maior intensidade na Península. Indica o motivo.
45 Explica as causas do risco volcánico en Canarias.