
7 minute read
Traballa co aprendido
Definir termos xeográficos CCL
1 Define os seguintes termos de forma breve e precisa: zócolo, cordilleira alpina, rochedo, penechaira, cárcava, cerro testemuña, rasa litoral, delta, malpaís, cono volcánico.
Identificar unidades de relevo e tipos de rochedo (A) STEM
2 Escribe os nomes das unidades ou subunidades do relevo indicadas cun número e sitúaas na correspondente área do rochedo.
3 Clasifica as unidades ou subunidades de relevo anteriores segundo sexan interiores á Meseta, limítrofes á Meseta ou exteriores á Meseta.
Interpretar, comentar e valorar un perfil topográfico (B) STEM
4 Analiza o perfil topográfico e realiza estas tarefas: a) Que é un perfil topográfico? Cales son os dous principais sistemas para elaboralo? b) Identifica os relevos numerados no perfil e logo agrúpaos por unidades de relevo. c) Explica as características das unidades sinaladas. d) Valora posibles consecuencias da disposición do relevo no medio natural
Evolución xeolóxica do relevo peninsular Cronoloxía Feito xeolóxico principal Unidades do relevo que aparecen Aspecto actual
Tipos de unidades morfoestruturaiss
Zócolos
Macizos antigos
Cordilleiras de pregamento: … … … … … … a) Cordilleiras intermediarias b) Cordilleiras alpinas
Concas sedimentarias a) Concas de zócolo … … … … … … b) Depresións prealpinas



Identificar imaxes sobre tipos de relevo continental e costeiro

STEM, CCL
6 Identifica o tipo de relevo continental que mostran as imaxes da dereita e indica as súas características e o tipo de rochedo sobre o que se forma. Identifica tamén os accidentes costeiros e define cada un deles.
Planificar unha actividade sobre a diversidade do relevo español
CE, STEM, CPSAA, CC
7 Formade un grupo, explicade en que consiste a diversidade do relevo español e planificade unha actividade para poñela de manifesto.
Valorar o papel da xeoloxía na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible CD, CC
8 En 2015, a ONU adoptou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. En anayaeducacion.es nos recursos relacionados coas claves do proxecto podes escoitar e analizar os 17 ODS.
Despois, indica como pode colaborar a xeoloxía a alcanzar algúns deles.
Ampliar información utilizando as TIC CPSAA, CD
9 anayaeducacion.es Amplía os teus coñecementos sobre esta unidade consultando os recursos proporcionados pola web.
Repasar e autoavaliar a aprendizaxe da unidade CPSCAA, CD
10 Formula e resolve cinco preguntas sobre os contidos da unidade que che permitan comprobar se adquiriches os coñecementos necesarios.
Avalía o resultado e escribe as medidas que consideres necesarias para mellorar.
11 anayaeducacion.es Autoavalía a túa aprendizaxe sobre esta unidade realizando os exercicios que encontrarás na web.
A diversidade climática
O estado da atmosfera en España depende das masas de aire que lle afectan. As súas características nun momento dado son as responsables do tempo atmosférico, e a súa sucesión habitual ao longo do ano, estudada durante un período prolongado de tempo, constitúe o clima.
No territorio español, a diversidade de factores e elementos que definen o estado da atmosfera orixina a existencia de dominios climáticos moi contrastados.
O clima supón un condicionante para outros elementos do medio natural e para as actividades humanas e entraña o risco de ocasionar catástrofes.

Situaci N De Aprendizaxe
QUE VAS ENCONTRAR NESTA UNIDADE?
• Os factores do clima.
• Os elementos do clima.
• Os tipos de tempo en España.
• Os tipos de clima en España.
• A influencia e os riscos do clima.
• O comentario de mapas meteorolóxicos.
• A elaboración e comentario de climogramas.
Os contidos e as actividades desta unidade poden resultar de utilidade para a realización do proxecto multidisciplinario «Unha viaxe por España».

Os factores do clima
1. O TEMPO ATMOSFÉRICO E O CLIMA
O estado da atmosfera e as súas variacións son os responsables do tempo atmosférico e do clima.
• O tempo atmosférico é o estado da atmosfera sobre un lugar nun momento concreto. Caracterízase pola súa variabilidade e determínase mediante observacións directas. A ciencia que o estuda é a meteoroloxía.
• O clima é o estado medio da atmosfera sobre un lugar. Polo tanto, ten trazos máis estables que o tempo, que se determinan estudando a sucesión habitual de tipos de tempo sobre un lugar ao longo do ano e calculando estatisticamente valores medios. Para que os resultados sexan fiables, requírese un período de observación de polo menos trinta anos. A ciencia que estuda o clima é a climatoloxía.
En España, a Axencia Estatal de Meteoroloxía —Aemet— recompila, rexistra e difunde a información meteorolóxica e climática. A súa vixilancia do estado da atmosfera é esencial para a seguridade das persoas e dos bens materiais; para certas actividades, como a agricultura ou o transporte; e para informar sobre o cambio climático. Para iso, conta con datos procedentes de satélites e de numerosas estacións meteorolóxicas.
A análise dos datos evidencia unha gran diversidade meteorolóxica e climática en España, resultado dos variados factores e elementos que inciden sobre o estado da atmosfera.
2. OS FACTORES XEOGRÁFICOS
Os factores son as variables que exercen unha influencia permanente e inalterable sobre o clima. Adoitan agruparse en dous grandes conxuntos: factores xeográficos e factores termodinámicos.
Os factores xeográficos son catro: a) A latitude da Península na zona temperada do hemisferio norte ocasiona cambios estacionais na perpendicularidade dos raios solares, determinando a existencia de dúas estacións térmicas ben marcadas, verán e inverno, separadas por dúas de transición, primavera e outono; e tamén a confluencia de masas de aire moi contrastadas, polares e tropicais. En Canarias, pola súa latitude subtropical, os contrastes estacionais son menos notorios e predomina a influencia das masas de aire tropicais. b) A situación da Península, entre dúas grandes masas de auga de características térmicas distintas —o océano Atlántico e o mar Mediterráneo— e entre dous continentes —Europa e África—, convértea en lugar de encrucillada de diferentes masas de aire. Baleares e Canarias reciben tamén influencias atmosféricas variadas debido á súa insularidade e á proximidade das costas africanas. c) A influencia do mar é escasa na Península a causa da súa grande anchura, das súas costas pouco recortadas e da existencia de relevos montañosos paralelos á costa. Este feito establece claras diferenzas climáticas entre unha estreita periferia aberta ao mar e un ancho núcleo de terras interiores caracterizadas pola continentalidade ou ausencia de influencia mariña. En cambio, nos dous arquipélagos, o influxo do mar é decisivo.
Actividades
CD, STEM, CCL
1 Escribe exemplos de actividades cotiás para as que resulta útil a información meteorolóxica.
2 Explora a páxina web de Aemet e resume o seu contido. Cal dos seus servizos che parece máis interesante?

3 Baixa ou consulta varias aplicacións móbiles con información meteorolóxica. Escribe os datos que proporcionan e a fiabilidade das fontes das que proceden. Compáraas e elixe a que consideres mellor, argumentándoo.
Círculo polar ártico (66º 33’ N)
Trópico de Cáncer (23º 27’ N)
Ecuador (0º)
Trópico de Capricornio (23º 27’ S)
Círculo polar antártico (66º 33’ S)
Polo norte Zona temperada Hemisferio norte Hemisferio sur Polo sur d) O relevo inflúe no clima pola súa altitude, disposición e orientación.
A latitude do territorio español na zona temperada do hemisferio norte fai que a perpendicularidade coa que recibe os raios solares varíe ao longo do ano, determinando a existencia de catro estacións. Ademais, a confluencia nesta zona de masas de aire tropicais e polares confírelle unha gran variabilidade meteorolóxica e climática.
Pola súa parte, a situación de encrucillada da Península Ibérica entre dúas masas de auga e dous continentes determina a influencia de masas de aire de diferentes propiedades.
• A altitude fai diminuír a temperatura unha media de 0,65 °C por cada 100 metros de ascenso (1 °C mentres o aire ascende seco e 0,5 °C desde que se condensa). Tamén aumentan as precipitacións ao arrefriar e condensarse o vapor da auga do aire.
• A disposición do relevo ten variadas repercusións:
– Facilita ou dificulta a penetración da influencia mariña. Na Península, a existencia de sistemas montañosos paralelos á costa frea a influencia do mar, que só entra con claridade polo val do Guadalquivir. – Facilita ou dificulta a penetración de certas masas de aire. Na Península a posición oeste-leste da maioría das montañas dificulta a entrada das masas de aire procedentes do norte ou do sur e favorece a penetración das masas do oeste, aínda que o carácter macizo da Península fai que, ao internarse no interior, perdan gran parte da súa humidade e extremen a súa temperatura. En cambio, a posición submeridiana do sistema Ibérico e das cordilleiras Costeiro-Catalá e Subbética oponse ás masas atlánticas e mediterráneas.
– Reduce as precipitacións nas concas encerradas por montañas. É o caso das concas do Douro e do Ebro, onde as masas de aire descargan a súa humidade nas montañas que as bordean.
• A orientación das vertentes respecto ao vento dominante crea precipitacións orográficas e efecto foehn. Así, nas abas de barlovento, expostas ao ascenso do aire, orixínanse precipitacións orográficas, ou estancamento de nubes causante de precipitacións «horizontais». En cambio, nas abas de sotavento polas que descende o aire reseco, prodúcese o requecemento e sequidade atmosférica (efecto foehn). Este efecto é moi notorio nas illas Canarias con relevo montañoso. Ademais, a orientación orixina contrastes climáticos entre as solainas ou vertentes orientadas ao


A disposición do relevo
Na Península, a disposición periférica do relevo montañoso dificulta a penetración da influencia mariña no interior, que entra por «corredores» onde se interrompe a continuidade das montañas. A disposición horizontal maioritaria das cordilleiras dificulta a entrada das masas de aire do norte ou do sur e facilita a penetración das masas do oeste, mentres que as cordilleiras con disposición submeridiana se opoñen á entrada das masas de aire atlánticas e mediterráneas. Ademais, as concas encerradas entre montañas teñen precipitacións máis escasas.

Os avesedos adoitan ser máis fríos e húmidos que as solainas.
A orientación do relevo. Efecto foehn
Barlovento Sotavento
A orientación do relevo determina precipitacións na aba de barlovento pola que o aire ascende e sequidade na aba de sotavento pola que descende.
Actividades
4 Explica a influencia destes factores climáticos nas masas de aire que afectan a España: a latitude, a situación e a altitude, orientación e disposición do relevo.
5 Explica o efecto foehn utilizando todos os datos numéricos que aparecen no debuxo.