
7 minute read
A crise do Mesiniano
Hai 6 Ma o peche dos dous estreitos que comunicaban o Atlántico co Mediterráneo levou ao desecamento deste mar, que quedou cuberto de codias de sal e xeso e a 1 km por debaixo das augas do Atlántico. Cando se restableceu a conexión hai 5,3 Ma, produciuse unha grande inundación do Mediterráneo a través dunha xigantesca catarata de 1 km de altura situada no estreito de Xibraltar, que en tan só 2 anos encheu o Mediterráneo, facendo subir o seu nivel medio uns 7 metros ao día. rrompendo o contacto Atlántico-Mediterráneo, e este mar case secou entre os 6 Ma e os 5,3 Ma. Entón, o afundimento dun bloque abriu o estreito de Xibraltar, separando as dúas ramas da cordilleira Bético--Rifeña e restablecendo o contacto Atlántico-Mediterráneo. e) A Meseta Central viuse afectada pola oroxénese alpina.

• O zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas* e fallas* Algúns bloques levantáronse e formaron o rebordo norte da Meseta —macizo Galaico (1) e parte occidental da cordilleira Cantábrica (2)— e as súas serras interiores —sistema Central (3) e Montes de Toledo (4). Outros bloques afundíronse, constituíndo as súas concas sedimentarias interiores —as submesetas norte (5) e sur (6)—.
• No seu bordo leste, os sedimentos depositados polo mar pregáronse, levantando a parte oriental da cordilleira Cantábrica (7) e o sistema Ibérico (8) Así, a Meseta pasou a inclinarse cara ao Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de boa parte dos ríos peninsulares.
• E, no seu bordo sur, os empurres provocados pola formación da cordilleira Subbética (9), causaron a flexión-fallada de Serra Morena (10) f) Os demais territorios paleozoicos tamén sufriron transformacións.
O macizo de Aquitania converteuse no eixe dos Pireneos (11), tras pegarse a el os Prepireneos xurdidos da fosa pirenaica (12). O macizo Catalano-Balear fragmentouse: un sector pasou a formar parte da cordilleira Costeiro- Catalá (13), e outros bloques afundíronse no Mediterráneo, ou quedaron levantados sobre el, como a parte norte de Menorca (14). O macizo do Ebro afundiuse, pasando a constituír o zócolo da depresión do Ebro (15) E a rama norte do macizo Bético-Rifeño incorporouse ao SE peninsular, constituíndo a cordilleira Penibética (16)
Vocabulario
Fractura: rotura da codia terrestre sen separación dos bloques fracturados.
Falla: rotura da codia terrestre con separación de bloques fracturados. Se a separación é vertical e dá lugar a un bloque levantado e a outro afundido, trátase dunha falla normal. Se a separación dos bloques é horizontal, trátase dunha falla de esgazadura.
Os glaciares son grandes acumulacións de xeo. Os glaciares de circo limítanse á cabeceira do val, onde o xeo se acumula nunha depresión, chamada circo (1), enmarcada por paredes rochosas, onde destaca a parede frontal (2). Nos glaciares de val, o xeo da base do circo (3) esparéxese val abaixo como unha lingua de xeo (4), que arrastra materiais e os acumula na súa fronte (5) e nos laterais (6). Os materiais arrastrados polo xeo ensanchan o val, dándolle forma de U, e escavan cubetas (7) nas zonas de roquedo menos resistente. Ao fundirse o xeo, poden formarse lagos na base do circo (8), nas cubetas do val (9) e diante da morea frontal (10)
4.5 O Cuaternario: desde 2,5 Ma. O glaciarismo
No Cuaternario, a alternancia de períodos glaciares e interglaciares ocasionou as modelaxes glaciar e periglacial e a formación de terrazas fluviais.
g) A modelaxe glaciar, dada a situación meridional da Península, afectou ás cordilleiras máis altas: Pireneos, cordilleira Cantábrica, sistema Central, sistema Ibérico, Serra Nevada e cumios máis altos do macizo Galaico.

A maioría dos glaciares foron de circo, limitándose á cabeceira do val. Os glaciares de val ou ríos de xeo foron menos frecuentes e alcanzaron a súa maior lonxitude nos Pireneos.

• A erosión do xeo ensanchou os circos e os vales glaciares, dándolles a típica forma de artesa ou de Ue e sobreescavou cubetas nas zonas de rochdo menos resistente, que ao fundirse o xeo formaron lagos.
• A sedimentación dos materiais transportados polo xeo creou depósitos na fronte do glaciar (morea frontal), nos laterais do val (moreas laterais) e no leito do glaciar (depósitos rochosos ou till).
h) A modelaxe periglacial afectou a zonas menos elevadas, onde as temperaturas pasaban frecuentemente por enriba e por debaixo de 0° C, alterando as rochas e o solo.
• As rochas rompen cando a auga se introduce polas súas fisuras e, ao xearse, aumenta de volume, actuando como unha cuña. Os fragmentos rotos acumúlanse nas vertentes formando pedregais, que poden dispoñerse en mantos por toda a aba, ou agruparse en conos e abanos ao pé dunha parede escarpada.
• O solo nas zonas chairas forma «céspede almofadado» ou montículos creados cando o solo absorbe auga, que ao conxelarse o empena, permanecendo así ao derreterse o xeo. Tamén son típicos os solos poligonais, formados por gretas —causadas ao xearse a auga introducida polas fisuras—, que logo se enchen con fragmentos rochosos, debuxando polígonos.
Nas zonas inclinadas, a alternancia de xeo e desxeo produce nuns casos reptación, un movemento superficial do solo extremadamente lento. Noutros casos, teñen lugar escorregamentos de solos arxilosos, formando coadas de barro sobre toda a vertente, ou creando pequenos chanzos (terraciñas de vertente).
i) As terrazas fluviais son franxas planas e elevadas situadas nas marxes dun río. A súa orixe débese ás alternancias climáticas do Cuaternario. Nos períodos glaciais, o caudal do río é escaso por encontrarse a auga xeada nas montañas; a súa forza erosiva diminúe e deposita aluvións ou materiais no seu leito (A). Nos períodos posglaciais, o caudal do río amedra ao elevarse a temperatura e fundirse o xeo; a súa forza erosiva aumenta e afonda o seu leito (B), deixando suspendidos nas súas marxes os aluvións depositados, que constitúen as terrazas (C). A repetición destes ciclos durante o Cuaternario creou terrazas graduadas (D). Na Península, as máis características son as formadas polos ríos ouro, Teixo, Guadiana, Guadalquivir e Ebro.
Afondamento do leito
Actividades
10 Indica as unidades do relevo peninsular existentes en cada un dos mapas da evolución xeolóxica. Explica a súa orixe.

11 Explica como influíu o final das glaciacións do Cuaternario nos circos e vales glaciares e nos ríos peninsulares.

12 Consigue en Internet imaxes dun glaciar de circo, dun glaciar de val, dun pedregal, dun solo poligonal e dunha terraza fluvial. Escribe un pé para cada unha delas.

Formación de terrazas
Terrazas graduadas
5. O ROCHEDO PENINSULAR E OS TIPOS DE RELEVO
A evolución xeolóxica determina a existencia na Península de tres áreas con diferente tipo de rochedo ou litoloxía: silícea, calcaria e arxilosa. En cada unha delas a erosión crea distintos tipos de relevo ou de modelaxe: granítico, kárstico, arxiloso ou relevos por erosión diferencial.

5.1 A área silícea
Está integrada por rochas antigas das eras precámbrica e primaria. Localízase sobre todo no oeste peninsular, con ramificacións cara á parte occidental da cordilleira Cantábrica, o sistema Central, os montes de Toledo e Serra Morena. Tamén se localiza en áreas onde quedan restos de macizos antigos: o eixe dos Pireneos; algúns sectores do sistema Ibérico e da cordilleira Costeiro-Catalá; e na Penibética.

A rocha predominante desta área é o granito* , unha rocha cristalina e ríxida. A súa alteración orixina distintos tipos de relevo granítico: a) A alteración química do granito pola auga descompón os seus cristais e transfórmao en areas pardo-amarelentas. Estas poden alcanzar grandes espesores nos vales e zonas de escasa pendente. b) A alteración a partir das diáclases ou fracturas do granito crea distintas formas segundo a altitude:

• Nas áreas de alta montaña, a auga fíltrase polas fracturas das rochas e, ao xearse, aumenta de volume e rómpeas. O resultado é a formación de cristas agudas, escarpadas e dentadas e de pedregais ou acumulacións de fragmentos de rochas rotas ao pé das montañas.
• Nas zonas menos elevadas, as formas dependen da disposición das fracturas. Se as diáclases son paralelas á superficie, o granito escámase e orixina montículos de formas suaves e redondeadas, chamados domos. Se as diáclases son perpendiculares, fórmanse bólas. Nuns casos amontóanse unhas sobre outras formando rochedos, onde son típicos os tores —amoreamentos de bólas— e as rochas de abalar —bólas situadas en equilibrio sobre unha das súas superficies menores—. Noutros casos, as bólas dispóñense caprichosamente nas abas ou ao pé das montañas, constituíndo un caos granítico.
O Rochedo De Espa A
Área silícea Área arxilosa Área de orixe volcánica Área calcaria
Vocabulario
O granito é unha rocha ígnea, magmática ou plutónica, é dicir, formada no interior da terra e solidificada a partir dun estado de fusión ao verse obrigada a ascender cara á superficie terrestre. É de cor clara, agrisada, e está integrada por grans grosos de cuarzo, feldespato e mica.
Rochedo con pedra de abalar. Ávila.
5.2 A área calcaria

Está integrada por rochas da era secundaria pregadas no Terciario.
A súa localización forma un «Z» invertido que se estende polos Prepireneos, os Montes Vascos, o sector oriental da cordilleira Cantábrica, o sistema Ibérico, parte da cordilleira Costeiro-Catalá e a cordilleira Subbética.

A rocha predominante desta área é a calcaria*, unha rocha dura que se fractura formando gretas ou diáclases e que se disolve doadamente coa auga acidulada —lixeiramente ácida polo CO2 que leva disolto—. Dá lugar a un relevo complexo, o relevo kárstico, que inclúe diversas formas: c) Os lapiás ou lenares son sucos ou cavidades separados por tabiques máis ou menos agudos. Os sucos fórmanse polas augas de escorrentía sobre as vertentes (lapiás de vertente) ou sobre superficies chairas con fisuras (lapiás en mesa). As cavidades fórmanse en pequenos ocos onde se almacena a auga (mar de pedra ou lapiás alveolar). d) As gargantas ou foces son vales estreitos e profundos, enmarcados por vertentes abruptas, causados polos ríos. e) Os poljes son depresións alongadas de fondo horizontal enmarcadas por vertentes abruptas. Están percorridos total ou parcialmente por correntes de auga, que desaparecen subitamente por sumidoiros ou pozos (ponors) e continúan circulando subterraneamente. O polje pode inundarse de forma temporal ou permanente —transformándose nun lago— se se eleva o nivel das augas subterráneas ou se a auga recibida en superficie é máis da que pode infiltrarse polas gretas ou pozos. f) As dolinas son grandes cavidades formadas nos lugares onde a auga se estanca. Poden ter formas diversas —circulares ou de embude— e unirse con outras veciñas, formando cavidades de trazado complicado denominadas uvalas. g) As covas créanse ao infiltrarse a auga e circular subterraneamente polas fisuras do terreo calcario, orixinando galerías. Nelas adoitan formarse estalactitas a partir da auga, rica en carbonato cálcico, que gotea do teito, e estalagmitas a partir da auga depositada no solo. A auga infiltrada pode volver á superficie a través de mananciais ou resurxencias. h) As simas son aberturas estreitas verticais que comunican a superficie coas galerías subterráneas. Orixínanse polo derrubamento dunha parte do teito dunha galería a partir dunha cavidade pola que se filtraba a auga.

Vocabulario
A calcaria é unha rocha sedimentaria, é dicir, formada no exterior da terra a partir de fragmentos de rochas ou de organismos preexistentes. Está constituída esencialmente por carbonato cálcico procedente de fragmentos calcarios de organismos mortos (calcarias orgánicas), de fragmentos de calcarias preexistentes destruídas pola erosión (calcarias detríticas) ou da precipitación do carbonato cálcico da auga (calcarias de precipitación).