
3 minute read
Elaboración e comentario dunha cliserie Introdución
Representar a altitude nun eixe vertical comprendido entre os 0 m e a máxima altitude que se queira incluír.
Trazar un eixe horizontal perpendicular ao eixe da altitude, á altura de 0 metros. Debuxar a montaña sobre el de modo que o seu cumio coincida coa altura da montaña medida no eixe vertical.

Dividir a montaña en dúas metades mediante unha liña vertical trazada desde o cumio ata a base, no caso de que as formacións vexetais varíen en función da posición a barlovento ou sotavento do vento dominante, ou da situación na solaina ou no avesedo da aba.
Marcar os pisos de vexetación mediante liñas horizontais situadas á altura correspondente, medida no eixe vertical.
Asignar a cada piso unha cor e/ou un debuxo da formación vexetal correspondente. O aspecto do símbolo debe aludir ao tipo de formación. Por exemplo, árbores de copa globular para as frondosas e de forma triangular para as coníferas.

Elaborar unha lenda explicativa dos símbolos e poñer o título da cliserie na parte superior.
Se se opta por un perfil topográfico, debe realizarse primeiro o corte topográfico do terreo (ver páx. 52).
Despois, situar os símbolos elixidos para as formacións vexetais na altitude correspondente do perfil, elaborar a lenda e poñer o título na parte superior, indicando os nomes dos lugares onde comeza e remata o perfil topográfico.
2. Comentario dunha cliserie altitudinal
a) Interpretación do gráfico b) Análise dos pisos vexetais
• Definir a cliserie altitudinal e o seu tipo: representación gráfica das variacións da vexetación en función da altura sobre un triángulo que esquematiza a montaña ou sobre un perfil topográfico.
• Identificar os seus elementos: a altura do terreo indícase nun eixe situado á esquerda ou no centro do gráfico. As formacións vexetais represéntanse mediante franxas de distinta cor e/ou mediante símbolos. Debe valorarse se a súa forma alude ou non ao aspecto da formación vexetal que representa.
• Indicar os pisos vexetais que se suceden desde a base cara ao cumio ou ao longo do perfil topográfico. En xeral son: bosque, matogueira, prados (que poden faltar nas montañas de altitude media da área mediterránea) e plantas rupícolas.
– As variacións en función da altura débense a que, ao aumentar a altitude, diminúe a temperatura —0,6 "C/0,5 "C por cada 100 metros— e aumentan as precipitacións. Polo tanto, varían as condicións climáticas e as formacións vexetais correspondentes, dado que cada planta esixe unhas condicións térmicas e pluviométricas concretas.
• Explicar os factores que inflúen na variación de formacións vexetais: a altitude, a orientación aos ventos dominantes e ao sol ou outros factores:
– As variacións en función da orientación poden deberse á posición a barlovento ou sotavento do vento dominante, que determina diferenzas nas precipitacións (as vertentes de barlovento son máis húmidas que as de sotavento). Tamén poden deberse á posición na aba da solaina ou do avesedo (as solainas son máis cálidas e secas que os avesedos).
– Outros factores que poden influír son alteracións locais nas condicións naturais (situación de abrigo, cambio de solo) ou alteracións debidas á acción humana (degradación da vexetación natural, introdución de especies de uso agrario ou de repoboación). Estes cambios poden supoñer a aparición de especies distintas á vexetación clímax.
• Caracterizar as formacións vexetais que se suceden: c) Determinación da zona xeográfica á que pertence a cliserie d) Conclusións sobre os recursos vexetais
– Determinar os límites de altitude correspondentes a cada tipo de formación vexetal (bosque, matogueira e prado), desde a base cara ao cumio, ou ao longo do perfil topográfico. Se procede, hai que explicar as diferenzas entre as vertentes: por que existen formacións vexetais distintas ou por que a mesma formación se encontra a altitudes diferentes en cada vertente.
– Indicar o aspecto e as esixencias ecolóxicas de cada formación vexetal.
• A sucesión de formacións vexetais permite a localización xeográfica da cliserie.
• Nas cliseries de montaña, debe indicarse se é unha montaña alpina (Pireneos), atlántica (cordilleira Cantábrica), mediterránea (resto das montañas peninsulares e montañas das illas Baleares) ou das illas Canarias.
• O seu posible aproveitamento: a madeira das árbores na construción ou nas industrias do moble e do papel; as matogueiras en perfumería, medicina ou elaboración de utensilios; os prados como alimento do gando; ou a beleza paisaxística como recurso para certas modalidades de turismo de montaña.
• A actuación humana sobre a vexetación natural: alteración, necesidade de emprender accións de recuperación vexetal, etc.