1 minute read

Traballa co aprendido

Definir conceptos CCL

1 Define de forma breve e precisa estes conceptos: paisaxe xeográfica, economía circular, contaminación, sobreexplotación, mercado europeo de dereitos de emisión, efecto invernadoiro, augas reutilizadas, desertificación, contaminación acústica, parque nacional.

Comentar unha paisaxe natural STEM, CCL

2 Comenta a paisaxe natural do parque nacional de Aigüestortes, seguindo a metodoloxía que se explica na «Técnica».

Planificar e elaborar un traballo de campo sobre unha paisaxe natural CE, STEM, CC, CCL, CD, CCEC, CPSAA

3 Por grupos, planificar e realizar un traballo de campo sobre unha paisaxe natural do contorno seguindo o guión que se detalla a continuación.

1. Preparación do traballo

• Constitución do grupo de traballo, cun máximo de tres membros.

• Elección da área xeográfica que se vai estudar.

• Adquisición da folla do mapa topográfico nacional correspondente.

• Elaboración dun guión de traballo cos aspectos que se van observar, seguindo o modelo proporcionado na «Técnica».

• Preparación do material complementario para ilustrar o traballo (cámara de fotos, vídeo).

2. Observación do campo

• Observación e anotación das características do medio natural e das súas interaccións coa actividade humana, seguindo o guión.

• Comparación das características físicas coa información da folla do mapa topográfico nacional.

• Obtención do material documental que ilustre as observacións realizadas (fotografías e esbozo da zona). O esbozo debe incluír os principais elementos físicos e humanos e unha lenda explicativa.

3. Elaboración do informe

• Tras a observación de campo, debe elaborarse un informe que presente a información de forma organizada e co apoio documental seleccionado.

• No informe deben aparecer como mínimo os seguintes apartados: a) Nome e localización espacial da zona, acompañado dun esbozo desta ou da súa delimitación na folla do mapa topográfico. b) Principais características do medio natural e das súas interaccións coa actividade humana, seguindo o guión de traballo e co material gráfico. c) Conclusión.

Realizar un cadro de síntese CPSAA, CL, STEM 4 Sintetiza nun cadro os problemas ambientais: causas, consecuencias e solucións.

This article is from: