Operación mundo: Ciencias da Natureza 6º (demo)

Page 1

Operaciónmundo
LICENZA 12 MESES INCLÚE PROXECTO DIXITAL Galici a PRIMARIA
MOSTRA
Ciencias da Natureza
6

3 Coidamos a nosa saúde

• Preséntanse todas as ferramentas que utilizan as persoas que se dedican á ciencia e que se empregarán ao longo de todas as unidades.

• Situación de aprendizaxe: a partir dunha avaría que ten o coche da familia durante unha viaxe, Guille, establece un paralelismo entre as avarías mecánicas e as patoloxías humanas.

• Obxectivo en acción: investigamos algunhas patoloxías humanas para entender que parte do corpo falla e como se pode solucionar.

• Situación de aprendizaxe: un grupo de rapaces e rapazas atopou uns trucos en internet para coidar os seus corpos.

Saúde e benestar

• Obxectivo en acción: exploramos o corpo humano para entender como funciona e decidir se os trucos que atopou o grupo en internet son fiables ou non. Saúde e benestar

REPASO TRIMESTRE 1 STEAM: Lynn Margulis

• Situación de aprendizaxe: unha nena, Sandra, ten moito medo a poñerse enferma e decide non saír do seu cuarto.

• Obxectivo en acción: preparamos argumentos e escribimos unha carta para convencer a Sandra de que saia do seu cuarto.

4 Fagamos vida sa 6 Utilizamos a enerxía

• Situación de aprendizaxe: Estela foi seleccionada como bailarina. A partir dos consellos da súa adestradora de como debe coidarse, reflexionarase sobre a importancia de manter hábitos de conduta.

• Obxectivo en acción: reflexionamos sobre os nosos propios hábitos e desenvolvemos unha proposta que nos permita melloralos para que sexan máis saudables.

REPASO TRIMESTRE 2 STEAM: Rita Levi-Montalcini

5 Investigamos a materia

• Situación de aprendizaxe: a curiosidade por cociñar de Arturo permitiranos analizar de forma superficial unha receita real para relacionar conceptos no contexto da materia.

• Obxectivo en acción: analizamos as receitas dos nosos pratos favoritos para comprender como se utiliza a materia neles.

• Situación de aprendizaxe: Uxía pensa no que acontecería se quedase sen luz. Esta situación permitirá tomar conciencia sobre a nosa dependencia da enerxía eléctrica e explorar alternativas.

• Obxectivo en acción: imos imaxinar que o colexio quedase sen subministración eléctrica para deseñar un plan de supervivencia como o de Uxía.

REPASO TRIMESTRE 3 STEAM: Émilie du Châtelet e Hedy Lamarr

Enerxía alcanzable e non contaminante

Que imos aprender? A miña caixa de ferramentas 8 PÁX.
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE OBXECTIVA EN ACCIÓN ODS INTERDISCIPLINARIO
A organización do corpo humano 16
1
32
2 Coñecemos o noso corpo
100 86 68 52
Saúde e benestar Fame cero Vida de ecosistemas terrestres

• O método científico

• O método baseado en proxectos

• O pensamento computacional

• As funcións vitais e as células

• Características das células, formas e tamaños

• Que son e que tipos de tecidos temos

• Que son e que tipos de órganos temos

• Que son e que tipos de aparatos e sistemas temos

Actividades para traballar competencias

• Nutrición, alimentos e nutrientes

• A dixestión, a respiración, a circulación e a excreción

• A función de relación. Os sentidos

• O sistema nervioso

• O aparato locomotor

Os aparatos reprodutores

Actividades para traballar competencias

• A programación por bloques

• O Plan TIC-TAC

• As matemáticas da nosa composición química, Tecidos en movemento e Concurso de órganos

• Mira como penso: Vaiamos por partes

• A miña profesión: citólogo

• A miña profesión: nutricionista

• A viaxe mítica da brisa desde Corpus a Pululung, Alarma no colexio!, Que está pasando aí fóra?, Requeteconectados e Canto estamos cambiando!

• Mira como penso: fago unha autoestrada dixestiva

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · A caixa máxica e o seu coidado: «Misterios da caixa máxica»

• A saúde e a enfermidade

• As enfermidades infecciosas e non infecciosas

• O diagnóstico e o tratamento de enfermidades

• O sistema sanitario

• Unha pandemia actual

• A prevención e os hábitos

• A hixiene corporal e a hixiene ambiental

• O exercicio físico e o descanso

• Unha alimentación sa

• Os riscos para a saúde

• O benestar emocional

Actividades para traballar competencias

• Inflúe a contorna na miña saúde?

• É contaxioso?

• A miña profesión: pediatra

• Mira como penso: código enfermidade

• Actividades para traballar competencia s

• Mira como penso: o algoritmo dos hábitos saudables

• Imos ao centro de saúde

• Escoita as túas emocións

• A miña profesión: tecnóloga de alimentos

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · Agora ou nunca: «Saúde planetaria»

• A materia e as súas propiedades xerais

• A densidade e a flotabilidade

• A estrutura da materia. Os átomos

• Os estados da materia e os seus cambios

• As mesturas, tipos e métodos de separación dos seus compoñentes

• A enerxía, as súas características, formas e transformacións

• As fontes de enerxía e os seus tipos

• A electricidade

• O magnetismo

• Utilizamos ben a enerxía? Principios básicos da aerodinámica, a rodadura e a flotabilidade

Actividades para traballar competencias

• Mira como penso: o algoritmo das medidas

• Fago un proxecto: unha balsa caseira que transporta arroz

• A miña profesión: físico

• Facemos proxectos paso a paso

• Fago un videoxogo paso a paso

• Actividades para traballar competencia s

• A miña profesión: electricista

• Fabrica un tren magnético, Cara a un colexio máis sostible: como aforrar electricidade

• Mira como penso: fago proxectos e un videoxogo

PROXECTO INTERDISCIPLINAR · Pulmón verde: «Por extinguir»

INTERDISCIPLINARIOCTO INTLA CONTAMINACIÓN SILENCIOSA DE

SABERES PARA: APRENDER, APLICAR E INVESTIGAR

2 Coñecemos o noso corpo

Navegando por internet, Óscar e os seus amigos encontraron trucos moi interesantes para coidar mellor os seus corpos.

Como o ves?

Paréceche que toda a información que encontrou a cuadrilla de Óscar é certa? Por que? Que poderían facer para decidir se a información que encontran é fiable ou non?

Cres que coñecer ben como funciona o corpo humano podería axudalos a saber se o que len é verdade?

Para esta unidade...

Obxectivo

en acción

Exploramos o corpo humano para entender como funciona e decidir se os trucos que encontrou a cuadrilla de Óscar son fiables.

Preparamos un discurso para expresar a nosa conclusión.

O dato

Eu vin que venden unhas pulseiras que che aumentan a enerxía do corpo para que teñas máis forza!

Internet é unha valiosa fonte de información. Non obstante, a través da rede, a información falsa esténdese tanto ou máis ca a verdadeira.

Sigue o fío!

34
Nutrición, alimentos e nutrientes A nosa función de nutrición 1 A dixestión e a respiración Como obtemos a materia e a enerxía? 2 A circulación
se distribúen nutrientes e osíxeno? 3
Como

Mirade isto! Nesta páxina venden uns colgantes con pedras preciosas que melloran a circulación do sangue.

E aquí di que é malísimo comer gomas de mascar, que se tragas unha quedará máis de sete anos pegada no teu estómago!

Pois eu encontrei uns zumes detox que che eliminan todas as toxinas que teñas no corpo!

4

excreción Como expulsamos os refugallos?

A nosa función de relación

Os sentidos Como recibimos a información do exterior?

6

7

O sistema nervioso Como interpretamos a información?

O aparato locomotor Como executamos as respostas?

8

9

35 3
A
Os aparatos reprodutores A nosa función de reprodución As fases da función de relación
5

A nosa función de nutrición

Preguntácheste algunha vez por que é necesario

Como realizamos a función de nutrición?

A nutrición consiste en obter os nutrientes que necesitamos para vivir, respirar, utilizar esas substancias no noso corpo e expulsar os refugallos que producimos.

As nosas células obteñen a materia e a enerxía que necesitan a partir dos nutrientes que incorporamos a través dos alimentos e do osíxeno que respiramos.

Pero as células do noso organismo non poden conseguir estes nutrientes por si mesmas e dependen de que aparatos e sistemas especializados llos proporcionen.

Os alimentos e os nutrientes

Os nutrientes que conteñen os alimentos realizan diferentes funcións e son:

• As proteínas. Utilízanse para fabricar compoñentes que necesitamos no noso organismo ou reparar os que se estragaron. Hai proteínas en alimentos como o leite, os ovos, o peixe e a carne.

• As vitaminas e os sales minerais. Son os «axudantes» que necesita o noso corpo para realizar correctamente as súas funcións e evitar danos. As froitas, as hortalizas e as verduras conteñen esta clase de nutrientes.

• Os hidratos de carbono. Funcionan como combustible, é dicir, cando o noso organismo os utiliza, libérase enerxía que aproveitamos para o funcionamento das nosas células. Os alimentos ricos neste tipo de nutrientes son a pasta, o azucre e os cereais, entre outros.

• Os lípidos. Algúns, como as graxas, proporcionan enerxía; outros sérvennos de reserva enerxética, e o noso organismo acumúlaos para dispoñer de enerxía cando o necesite. Algúns alimentos ricos en lípidos son a manteiga, os aceites, etc.

• A auga. Sen ela non funcionaría o noso organismo. Todos os procesos da función de nutrición teñen lugar neste medio.

Aparatos para a nutrición

O aparato respiratorio obtén o osíxeno do aire e pásallo ao sangue. Elimina deste o dióxido de carbono que se expulsa ao exterior.

O aparato dixestivo descompón os alimentos en partes máis pequenas, os nutrientes. Estes son absorbidos e pasan ao sangue.

aparato circulatorio distribúe por todo o corpo o sangue con nutrientes e osíxeno grazas ao bombeo do corazón. O sangue tamén recolle as substancias de refugallo e lévaas ata os aparatos excretores.

O aparato excretor é o encargado de eliminar do sangue os produtos de refugallo que liberan as células e de expulsalos ao medio exterior. Tamén hai otros órganos excretores, como as glándulas sudoríparas.

36
1
comer? As nosas células requiren constantemente materiais para poder funcionar.

Alimentos e enerxía

Consumimos enerxía en todas as actividades que realizamos: camiñar, xogar, pensar, facer deporte..., mesmo para durmir. Esta enerxía obtémola dos alimentos.

A cantidade de enerxía que necesita cada persoa depende de factores como a idade, a estatura, o peso, a actividade física que realiza, etc. A cantidade de enerxía mídese nunhas unidades chamadas quilocalorías.

A miña profesión: nutricionista

Entre outras cousas, preparo dietas adecuadas para cada persoa. A dieta é a cantidade e variedade de alimentos e auga que unha persoa consome habitualmente.

1 Axúdame a preparar un menú cos datos das táboas para cada un destes pacientes.

Carlos: Tenista, 25 anos, 1,83 m de estatura. Adestra 6 horas ao día. Necesidade enerxética diaria: 3 463 kcal.

Mariña: Profesora, 41 anos, 1,63 m de estatura. Dá un paseo cada día, pero non realiza ningún outro deporte. Necesidade enerxética diaria: 1 918 kcal.

Eva: estudante, 17 anos, 1,71 m de estatura. Realiza deporte 2 veces por semana, o resto do tempo con pouca actividade física. Necesidade enerxética diaria: 2 083 kcal.

2 Como puideches comprobar, cada un destes pacientes ten unhas necesidades enerxéticas diferentes. A que cres que se deben estas diferenzas?

Ola, chámome Vítor e son nutricionista. O meu traballo consiste en axudar as persoas a solucionar os seus problemas relacionados coa nutrición e a adoptar hábitos alimenticios saudables.

3

Sumamos

Compara cos teus compañeiros e compañeiras os menús que deseñastes e comentade as diferenzas que encontrades entre as distintas propostas.

Os alimentos que comemos achégannos materiais e enerxía que as nosas células utilizan.

37 U2
Toma nota! Prato kcal/porción Ovos fritos con patacas 550 Macarróns con tomate 521 Lentellas estufadas 470 Torta de chocolate 922 Pescada rebozada 402 Mazá 54 Prato kcal/porción Albóndegas 485 Cereais con leite 413 Iogur 114 Plátano 95 Berenxenas ao forno 204 Ensalada de tomate 313

Como obtemos a materia e a enerxía?

O aparato dixestivo

O aparato dixestivo

O aparato dixestivo encárgase de romper os alimentos nos seus compoñentes máis sinxelos, os nutrientes, para que estes poidan atravesar as súas paredes e pasar ao sangue.

As partes do aparato dixestivo

O aparato dixestivo está formado polo tubo dixestivo e polas glándulas dixestivas.

• O tubo dixestivo. É un longo conduto composto pola boca, pola farinxe, polo esófago, polo estómago, polo intestino delgado, polo intestino groso e polo ano.

• As glándulas dixestivas. Son órganos que se encontran fóra do tubo dixestivo, pero que verten nel as substancias que producen. Estas substancias son capaces de separar os nutrientes que conteñen os alimentos. As glándulas dixestivas son as glándulas salivares, o fígado e o páncreas.

Fago un modelo: autoestrada dixestiva

Preparar a tarefa En grupo, faredes un modelo do tubo dixestivo en liña recta coas súas medidas reais. Para representar a boca, utilizaredes papel; para o resto dos órganos, fitas de cores. Debuxade e coloreade a boca, recortádea e pegádea na parede da aula.

A continuación, en orde e coas súas medidas reais, engadiredes as fitas de cores que representan

cada un dos elementos do tubo dixestivo. As medidas reais aproximadas son:

A boca mide 10 cm; a farinxe, 13 cm; o esófago, 25 cm; o estómago, 25 cm; o intestino delgado, 625 cm, e o groso, 150 cm.

Razoa, como é posible que os intestinos delgado e groso caiban dentro do noso corpo?

38
Glándulas
Esófago
Boca Fígado Estómago Farinxe Intestino delgado Intestino groso
salivares
Páncreas
2
No noso corpo, o traballo divídese entre os distintos aparatos e sistemas. O aparato dixestivo e o aparato respiratorio colaboran para conseguir materiais do exterior.
Mira como penso

A dixestión

A dixestión é o proceso polo cal se transforman os alimentos e se extraen os nutrientes que absorben e pasan ao sangue. Os restos non aproveitables expúlsanse ao exterior.

Ao longo do tubo dixestivo, a dixestión sucede en varias etapas:

1. Da boca ao estómago

A dixestión comeza na boca. Os dentes cortan e trituran o alimento, e a lingua axuda a mesturalo coa saliva producida polas glándulas salivares.

Desde a boca, o alimento pasa pola farinxe e polo esófago ata chegar ao estómago.

2. No estómago

No estómago, os alimentos transfórmanse nunha papa ao mesturarse cunhas substancias chamadas zumes gástricos.

3. No intestino delgado

A papa formada no estómago pasa ao intestino delgado, onde actúan varias substancias que acaban de dixerir os alimentos extraendo os nutrientes básicos.

Unha vez extraídos estes nutrientes básicos, pasan ao sangue a través das paredes do intestino por uns repregamentos chamados peluxes. Este proceso denomínase absorción.

4. No intestino groso

O resto dos alimentos sen dixerir pasan ao intestino groso, onde se extrae a auga deles e se forman as feces que se expulsan polo ano.

A dixestión, paso a paso

1

Na boca mastigamos os alimentos e mesturámolos coa saliva.

2

O alimento descende polo esófago. Zumes

3

No estómago fórmase unha papa que pasa ao intestino delgado.

No intestino delgado, os zumes que verten o fígado e o páncreas rematan de extraer os nutrientes, que pasan ao sangue.

1 Que proceso do aparato dixestivo cres que debe producirse antes, a dixestión ou a absorción? Razoa a resposta.

2 O aparato dixestivo, absorbe todos os nutrientes, necesitémolos ou non? Que cres que fai o noso organismo cos nutrientes que non necesita?

3 Que lle sucederá ao noso organismo se absorbe menos nutrientes dos que necesita?

4 Que substancia producen as glándulas salivares?

4 Os restos de alimentos pasan ao intestino groso, que forma as feces.

5

Toma nota!

O material que forma as gomas de mascar non se pode dixerir. Entón... que pasará se alguén se traga unha?

39 U2

Como obtemos a materia e a enerxía?

O aparato respiratorio

O aparato respiratorio é o encargado de extraer do aire o osíxeno que necesitan as nosas células. Ao mesmo tempo, elimina un gas, o dióxido de carbono, que producen as células como refugallo.

As partes do aparato respiratorio

O aparato respiratorio está formado por:

• As vías respiratorias. Son os condutos polos que entra e sae o aire. Están formadas polas fosas nasais, pola farinxe, pola larinxe, pola traquea e polos bronquios. As vías respiratorias teñen forma de tubo e son ríxidas para axudar a que o aire circule con facilidade.

• Os pulmóns. Son dous órganos situados no tórax, a ambos os dous lados do corazón e separados do abdome por un músculo chamado diafragma. Están formados polas ramificacións dos bronquios e polos alvéolos. Os alvéolos están rodeados por finísimos vasos sanguíneos polos que circula continuamente o sangue. Os pulmóns son órganos esponxosos, capaces de contraerse e dilatarse axudados polo movemento do diafragma.

Partes do aparato respiratorio

Fosas nasais Farinxe

Vasos sanguíneos

Larinxe

Traquea

5 Copia e completa estas frases utilizando unha das seguintes palabras: traquea, diafragma e fosas nasais.

a) O ... separa os pulmóns do abdome.

b) O aire entra e sae do aparato respiratorio polas ...

c) A ... ten forma de tubo e conduce o aire ata os pulmóns.

6 Que pasaría se... a traquea non fose un tubo ríxido ou se os pulmóns fosen órganos macizos.

Bronquios

Pulmón

Os alvéolos son pequenos saquiños rodeados de finísimos vasos sanguíneos polos que circula continuamente o sangue.

Diafragma

40
2

A respiración

A respiración consiste en tomar o osíxeno do aire e expulsar o dióxido de carbono que se xera como produto de refugallo.

O aparato respiratorio realiza a súa función en tres fases que se suceden continuamente:

A inspiración

Na inspiración, o diafragma contráese e descende, os pulmóns dilátanse e o aire exterior entra polas vías respiratorias ata chegar aos alvéolos.

O intercambio de gases

Durante esta fase, o osíxeno que contén o aire inspirado pasa dos alvéolos ao sangue, que circula polos finísimos vasos sanguíneos que os rodean. Ao mesmo tempo, o dióxido de carbono do sangue pasa aos alvéolos.

A expiración

Nesta fase, o diafragma reláxase e ascende, os pulmóns contráense e o aire cargado de dióxido de carbono é expulsado desde os alvéolos, pasa polas vías respiratorias e chega ao exterior.

A respiración, paso a paso

1

A inspiración

O osíxeno do aire chega aos pulmóns.

2

Intercambio de gases

Entra osíxeno Sae dióxido de carbono

7 Indica no teu caderno en que etapa da respiración suceden estes feitos:

a) Saída de aire cargado con dióxido de carbono.

b) O osíxeno pasa aos capilares, e o dióxido de carbono, aos alvéolos.

c) Entrada de aire cargado de osíxeno.

8 Pensa en como cambia a composición do aire durante o proceso de respiración e contesta a seguinte pregunta: Por que é saudable airear a aula de cando en vez?

O diafragma contráese, descende e os pulmóns ínchanse.

Sangue rico en dióxido de carbono Sangue rico en osíxeno

3

A expiración O dióxido de carbono sae dos pulmóns.

O osíxeno pasa do alvéolo ao sangue.

O dióxido de carbono pasa do sangue ao alvéolo.

O diafragma reláxase, ascende e os pulmóns contráense.

41 U2

Como se distribúen nutrientes e osíxeno?

O aparato circulatorio é como unha gran fita transportadora propulsada polo corazón. Leva nutrientes e produtos de refugallo por todo o corpo.

O aparato circulatorio

O aparato circulatorio encárgase de distribuír os nutrientes absorbidos polo aparato dixestivo e polo osíxeno procedente do aparato respiratorio ata as células. Ademais, retira os produtos de refugallo procedentes das células para que sexan expulsados.

O aparato circulatorio é un circuíto formado polos vasos sanguíneos e polo corazón. Polo seu interior circula o sangue.

Os vasos sanguíneos

Os vasos sanguíneos son os condutos por onde circula o sangue. Son de tres tipos:

• As veas. Son vasos polos que circula o sangue desde os órganos ata o corazón.

• As arterias. Son vasos polos que circula o sangue desde o corazón ata os órganos.

• Os capilares. Son uns condutos finísimos que conectan as veas coas arterias e chegan a todas as células do corpo.

O corazón

O corazón é un órgano musculoso e oco, dividido en dúas partes incomunicadas, a dereita e a esquerda.

Á súa vez, cada parte divídese en dúas: a zona superior chámase aurícula e a inferior chámase ventrículo. Cada aurícula comunícase co ventrículo do seu lado mediante unha válvula.

O sangue

O sangue é o medio de transporte do organismo. Está composto por células e plasma sanguíneo. O plasma sanguíneo é unha mestura líquida de auga e sales minerais. Transporta os nutrientes e as substancias de refugallo. As células sanguíneas son os glóbulos vermellos, que lle dan cor ao sangue e transportan o osíxeno e o dióxido de carbono; os glóbulos brancos, que teñen funcións defensivas, e as plaquetas, que taponan as feridas para que non perdamos moito sangue.

dereita Aurícula esquerda

Ventrículo dereito Ventrículo esquerdo

1 A que tipo de vaso sanguíneo nos referimos?

a) Levan o sangue desde o corazón aos órganos.

b) Chegan a todas as partes do corpo.

c) Levan o sangue desde os órganos ata o corazón.

2 Explica cal é a función do aparato circulatorio.

3 Que células do sangue transportan o osíxeno?

42
3
Veas
Arterias
Válvula
Aurícula
Válvula O corazón

A circulación do sangue

A circulación sanguínea é o percorrido que realiza o sangue polo aparato circulatorio, impulsado polo corazón.

Como funciona o corazón

O corazón realiza un movemento continuo e rítmico de contracción e dilatación, chamado latexo cardíaco, mediante o cal impulsa o sangue.

• Cando o corazón se contrae, as cavidades comprímense e o sangue sae polas arterias cara aos órganos.

• Cando o corazón se dilata, as cavidades ensánchanse e o sangue entra ao corazón polas veas desde os órganos.

A viaxe mítica da brisa, de Corpus a Pululung

Un grupo de valentes enfróntase á aventura de levar brisa ata a cidade de Corpus para que as súas engrenaxes sigan funcionando. Guíaos no seu camiño, que terá lugar en dúas fases.

4 Busca información e explica que é o pulso.

Toma

Cres que un colgante podería facer que o sangue circule mellor dalgunha forma?

Primeira fase da viaxe:

• A busca da brisa empeza en Vehículo Dourado (VD) que os impulsará pola Avenida Perdurable.

• A Avenida Perdurable conduciranos ata Pululung, a Casa da Brisa, onde descansarán e se renovarán grazas á brisa que cargarán e protexerán nas súas mochilas.

Segunda fase da viaxe:

1 Le o texto e cumpre a túa propia misión:

a) Debuxa o camiño que segue o grupo de valentes.

b) Cambia os nomes dos lugares por partes do sistema circulatorio para que describa o percorrido que fai o sangue a través do corpo.

c) Que cres que é a brisa? Explícao.

• A brisa debe ser transportada ata o Adro Inmaculado (AI) pola Vía Pantanosa e, se o grupo transporta a suficiente, poderán chegar ata o Vehículo Inmaculado (VI) que os impulsará polos camiños Áureos para distribuír a brisa por todos os cantos de Corpus.

• O uso da brisa en Corpus deixa residuos que os heroes e heroínas deberán transportar de volta ao Adro do Destino (AD) pola Vía Celeste, onde a súa viaxe volverá comezar nun ciclo sen fin.

43 U2
nota!
Celeste Pululung Camiños Áureos Vía Pantanosa Corpus AD VD AI VI
Perdurable
Vía
Avenida

Como expulsamos os refugallos?

O aparato excretor serve de depuradora para o noso sangue. Separa as substancias útiles das que non o son e expulsa estas últimas fóra do corpo.

A excreción

A excreción é a función que lle permite ao noso organismo eliminar os produtos de refugallo que xeran as células.

A función de excreción ten lugar no aparato dixestivo, no respiratorio, no excretor e nas glándulas sudoríparas.

O aparato dixestivo

O aparato dixestivo elimina os refugallos que se forman na dixestión.

O aparato respiratorio

O aparato respiratorio elimina o dióxido de carbono que se forma nas células a través do aire expirado.

O aparato excretor

O aparato excretor expulsa o resto dos refugallos. Está formado polos riles e polas vías urinarias.

• Os riles. Son dous órganos situados no abdome, á altura da zona lumbar. Están formados por miles de finísimos tubos envolvidos de capilares sanguíneos chamados nefronas. As nefronas reciben sangue desde todas as partes do corpo, fíltrano para limpalo e producen un líquido acuoso cargado de substancias de refugallo: a urina.

• As vías urinarias. Son os condutos que transportan a urina desde os riles ao exterior. Están formados por dous uréteres (un por cada ril), a vexiga urinaria e a uretra. As vías urinarias teñen paredes elásticas para permitir a circulación e o almacenamento de líquidos.

As glándulas sudoríparas

As glándulas sudoríparas están situadas na pel e segregan un líquido chamado suor cargado de sales e substancias de refugallo.

1 Se o corpo humano fose unha cidade, cal das seguintes instalacións funcionaría como o aparato excretor? O polideportivo municipal, o hospital, a estación depuradora de augas ou o concello. Razoa por que.

Toma nota!

Paréceche que un zume detox é capaz de facer o mesmo ca os teus riles?

44 Uretra Vexiga urinaria Uréter Riles Uréter O aparato excretor Nefrona Detalle dun ril Vea Arteria Uréter
4

Que é a función de relación?

A función de relación permítenos percibir o que sucede ao noso arredor e no interior do noso corpo, interpretar a información que percibimos e responder a ela.

Un estímulo é calquera información interna ou externa que é capaz de percibir o noso corpo. A resposta é a reacción que produce o noso corpo ao percibir o estímulo.

Fases da función de relación

A función de relación lévase a cabo en tres fases ou etapas:

• Fase 1. Captación dos estímulos. Os receptores situados nos órganos dos sentidos perciben os estímulos (luz, vibracións sonoras, substancias, temperatura...) e transfórmanos en sinais, denominados impulsos nerviosos.

• Fase 2. Interpretación da información. Os impulsos nerviosos chegan ao sistema nervioso, que os analiza e ordena a resposta adecuada.

• Fase 3. A execución da resposta. As ordes producidas polo sistema nervioso chegan aos órganos efectores.

Os órganos efectores poden ser músculos, que responden con movementos, ou glándulas, que responden producindo diferentes substancias como a saliva ou a suor.

Os detectores de fume do colexio acábanlle de enviar un sinal telefónico ao posto de mando da estación de bombeiros máis próxima. En poucos minutos, dous camións de bombeiros chegan ao colexio e apagan o lume.

1 Que é un estímulo?

2 Escribe dous exemplos de estímulos que poden percibir os nosos órganos receptores.

1 Poderías identificar na situación que se describe os elementos da función de relación?

2 Serías capaz de describir unha situación similar utilizando o teu propio corpo?

45 U2
3 2 1
Alarma no colexio!
5
A nosa función de relación
A función de relación é a que nos permite charlar cos nosos amigos, bailar, tocar a guitarra ou ler unha novela emocionante.
Constantemente, captamos estímulos, procesámolos elaboramos respostas. Estalo facendo agora mesmo!
Toma nota!

Como recibimos a información do exterior?

Os sentidos

Os órganos dos sentidos son os encargados de captar información do noso medio e de enviala ao sistema nervioso para que este a procese e elabore unha resposta adecuada.

Os órganos dos sentidos son: o olfacto, o gusto, o tacto, a vista e o oído.

Os sentidos do olfacto e do gusto

O órgano do olfacto é a pituitaria, que se encontra na parte superior das fosas nasais. Contén miles de células receptoras capaces de recoñecer substancias químicas presentes no aire. Estas células envíanlle sinais polos nervios olfactivos ao cerebro, que recoñece os olores.

O sentido do gusto está formado polas papilas gustativas situadas principalmente na lingua. As papilas gustativas recoñecen substancias químicas que entran na boca e lle envían sinais polos nervios gustativos ao cerebro, que identifica os sabores.

Pituitaria

Fosas nasais

Papilas gustativas da

1 Que pasaría se... Que pasaría se:

a) O nariz non tivese pituitaria.

b) Na lingua non existisen as papilas gustativas.

c) A pel non tivese receptores para o frío.

Receptores

O sentido do tacto

O órgano do tacto é a pel. Na pel existen diferentes tipos de células receptoras capaces de percibir estímulos como o frío, a calor, a presión ou a dor. Envíanlle os seus sinais ao cerebro, que elabora sensacións táctiles.

46
6
Nervio olfactivo
Lingua
lingua
No noso medio prodúcense moitísimos estímulos diferentes ao mesmo tempo. Afortunadamente, dispoñemos de órganos especializados capaces de recibir unha gran variedade de información. Pel

O sentido da vista

Os órganos da vista son os ollos. Na parte posterior dos ollos existe unha estrutura chamada retina onde se sitúan as células capaces de percibir estímulos luminosos como a cantidade de luz ou as cores. Para que a luz chegue á retina debe atravesar o globo ocular. O ollo envíalle a información que captou ao cerebro a través do nervio óptico.

Que está pasando aí fóra?

O cerebro de Iris quedou durmido no xar dín. De súpeto empezáronlle a chegar unha morea de sensacións procedentes dos órga nos dos sentidos. Como aínda está confuso polo sono, non sabe como interpretalas. Axú daslle?

1 Identifica que órgano percibirá as seguintes sensacións:

a) Golpe húmido na cara e nas mans.

b) Resplandor de luz.

c) Ruído que resoa sobre a cabeza.

d) Olor a terra mollada.

2 Que interpretará o cerebro de Iris?

O sentido do oído

Os oídos son órganos complexos que nos permiten captar as vibracións do aire que forman os sons. As células capaces de realizar esta función sitúanse nunha estrutura denominada caracol. Ademais, no interior do oído encóntrase o órgano do equilibrio, formado polos condutos semicirculares. Neles encóntranse unhas células receptoras sensibles aos movementos.

Toma nota!

Os nosos sentidos captan moitísimas cousas, pero non absolutamente todo. Os cans, por exemplo, oen sons que nós non percibimos.

47 U2
Retina Cristalino
Nervio óptico Iris Pupila Córnea
Tímpano Osiños Condutos semicirculares Caracol Nervio auditivo Conduto auditivo Orella

Como interpretamos a información?

O

O sistema nervioso

O sistema nervioso é un conxunto de estruturas que se encargan de procesar os estímulos procedentes dos órganos dos sentidos e de elaborar respostas en forma de movementos, produción de substancias, pensamentos, etc.

Todas as estruturas do sistema nervioso están formadas por unhas células especiais chamadas neuronas.

O sistema nervioso divídese en dúas partes: o sistema nervioso central e o sistema nervioso periférico.

O sistema nervioso central

O sistema nervioso central componse do encéfalo e da medula espiñal.

• O encéfalo encóntrase dentro do cranio e intégrano o cerebro, o cerebelo e o bulbo raquídeo.

– O cerebro relaciona a información e elabora respostas como movementos voluntarios, emocións, pensamentos, recordos, etc.

– O cerebelo controla os movementos voluntarios rítmicos e coordinados como camiñar, nadar, bailar, etc.

– O bulbo raquídeo controla os movementos involuntarios de moitos órganos, como o corazón.

• A medula espiñal conecta o cerebro co sistema nervioso periférico.

O sistema nervioso periférico

O sistema nervioso periférico está formado por grupos de axóns denominados nervios, que conectan o sistema nervioso central coas distintas partes do corpo. Existen dous tipos de nervios:

• Nervios sensitivos. Levan información desde os órganos dos sentidos ata o sistema nervioso central.

• Nervios motores. Levan ordes desde o sistema nervioso ata os órganos efectores, que executan as respostas.

A neurona

As neuronas teñen forma estrelada e nelas pódese disitnguir:

• O corpo celular, que é a parte máis voluminosa da célula.

• O axón, que é unha prolongación longa.

• As dendritas, que son prolongacións curtas e ramificadas.

1 Mentres dormes hai órganos que se moven. Nomea dous deles e explica quen se encarga de enviar as ordes para que eles se movan.

48
7
noso sistema nervioso é incriblemente complexo. Pode memorizar, razoar, planificar, imaxinar...
Corpo celular Dendritas Axón

O encéfalo e a medula espiñal

Requeteconectados

Para que te fagas unha idea da gran cantidade de conexións que se establecen entre as neuronas, imos representalas dun modo sinxelo:

Debuxa dez puntos negros grosos nunha liña dun folio, procurando que sexan equidistantes entre si, e outros dez na parte inferior. Cada punto representa unha neurona. Cun rotulador vermello, traza liñas entre o primeiro punto da parte superior e todos os puntos da inferior. Cada liña representa unha conexión neuronal. A continuación, representa cun rotulador azul as conexións da segunda neurona da parte superior con todas as da inferior, e con diferentes cores as das neuronas seguintes, como se mostra na imaxe.

Óscar e os seus amigos están usando o seu sistema nervioso para razoar se os trucos que encontraron en internet son fiables ou non.

1 Podes calcular cantas conexións debuxaches en total?

2 Agora le o texto e compara con datos reais:

O cerebro ten unha masa aproximada de 1,4 kg, entre 86 e 100 mil millóns de neuronas. Cada neurona establece entre 5 e 50 000 conexións coas súas células veciñas. O cal equivale a construír unha rede neuronal in­ tercomunicada por 100 000 000 000 000 conexións.

a) Como cres que é posible que esa enorme cantidade de conexións caiba dentro do noso cranio? Propón unha explicación razoada.

b) Pode existir algunha relación entre a cantidade de conexións neuronais no noso cerebro e a capacidade humana para relacionar ideas, recordos, sensacións e conceptos? Razoa a resposta.

U2
49
Cerebelo Medula espiñal Nervios Bulbo raquídeo Medula espiñal Nervios
Toma nota!
Cerebro

Como executamos as respostas?

O aparato locomotor

O aparato locomotor é o conxunto de estruturas que nos permiten movernos de forma voluntaria. Está formado polo esqueleto e polos músculos.

O esqueleto

O esqueleto é o conxunto formado polos ósos e polas articulacións.

• Os ósos son órganos ríxidos formados por sales de calcio que lle dan forma e consistencia ao noso organismo. Segundo a súa forma, os ósos clasifícanse en longos, como o fémur; curtos, como as vértebras; e planos, como os ósos do cranio.

• As articulacións son as zonas de unión entre dous ósos. As articulacións poden ser fixas (se non se moven), móbiles (se permiten unha gran mobilidade, como a do cóbado ou a do xeonllo) e semimóbiles (que permiten só certo grao de movemento, como as que unen as vértebras).

Os músculos

Os músculos son órganos formados por células que se contraen en resposta a un sinal nervioso. Ao contraerse, gastan enerxía, e o músculo acúrtase. Ao relaxarse, o músculo recupera a súa forma inicial.

Existen dous tipos de músculos:

• Os músculos do aparato locomotor, que se contraen de forma voluntaria e están unidos aos ósos mediante uns tecidos moi resistentes chamados tendóns. Os tendóns son os que nos permiten mover por vontade as distintas partes do noso corpo.

• Outros músculos que se contraen de forma involuntaria, como o corazón ou as paredes do intestino. Estes músculos non están unidos aos ósos.

50
8
O noso aparato locomotor encárgase de executar a maioría das respostas que elabora o sistema nervioso.
Os ósos Mandíbula Omoplata Fémur Tibia Pube
Metatarso Tarso Falanxes
Peroné
Costelas Radio
Úmero Falanxes
Esterno Rótula Cúbito
Columna vertebral Clavícula

Os principais ósos e músculos

Orbicular

Temporal

Maseter

Peitoral

Bíceps

Esternocleidomastoideo

Deltoides

Os músculos

Trapecio

Tríceps

Abdominais

Costais

Cuadríceps

Glúteo

1 Enumera catro ósos longos das extremidades.

2 Nomea dous músculos do brazo, dous das pernas e dous do tronco.

Tibial

Xemelgos

Tendón de Aquiles

Para comprender mellor a nosa función de relación, «C óntocho nun momento» co vídeo «O sistema nervioso explicado co meu rato gamer» en anayaeducacion.es

Dorsal

Adutor

Bíceps

A nosa velocidade correndo, a nosa forza ou a nosa flexibilidade dependen das características do noso aparato locomotor. Podería alteralas unha pulseira?

51 U2
Toma nota!

A nosa función de reprodución

As primeiras persoas da nosa especie apareceron hai centos de miles de anos. Hoxe en día, seguimos existindo grazas á nosa función de reprodución.

Que é a función de reprodución?

A reprodución humana é a función que nos permite ter descendentes (é dicir, fillos e fillas que herdan parcialmente as nosas características).

Podemos realizar esta función grazas ao aparato reprodutor.

Os aparatos reprodutores

Os nosos aparatos reprodutores xeran unhas células especializadas na reprodución: os gametos.

Existen dúas clases de aparatos reprodutores segundo o tipo de gameto que producen:

• Os que xeran espermatozoides, que son gametos pequenos, numerosos e móbiles. Fórmanse nuns órganos chamados testículos.

• Os que xeran óvulos, que son gametos máis grandes e de forma esférica. Fórmanse nuns órganos chamados ovarios.

1 Se o escroto se define como a bolsa de pel que envolve os testículos, como definirías...

a) Útero?

b) Trompa de Falopio?

c) Vaxina?

d) Próstata?

e) Vexiga urinaria?

Os aparatos reprodutores que...

52
9 Vexiga urinaria Pene Próstata Testículo Escroto Uretra Útero Vaxina Colo uterino Vulva Trompa de Falopio Ovario ... XERAN ÓVULOS
... XERAN ESPERMATOZOIDES

A fecundación, o embarazo e o parto

• A fecundación é a unión das dúas células reprodutoras, un óvulo e un espermatozoide para formar o cigoto, que é a célula que se desenvolverá ata chegar a constituír, un novo ser.

• O desenvolvemento embrionario ou embarazo é o proceso que transcorre desde que se forma o cigoto ata o nacemento do bebé, e dura uns nove meses. Isto só sucede cando o cigoto se implanta no útero.

• O parto, que é o nacemento do bebé.

Canto estamos cambiando!

A puberdade é a idade á que madura o noso aparato reprodutor e prodúcese, xeralmente, entre os 10 e os 16 anos. Só despois de madurar, o aparato reprodutor pode producir gametos. Cando chegamos á puberdade, todos experimentamos cambios no noso organismo. Ás veces, eses cambios teñen lugar nun intervalo de tempo curto e provócannos inseguridade ata que nos afacemos a eles. E ti, como estás xestionando eses cambios? As seguintes actividades axudaranche a comprendelos e a comprenderte mellor.

Este cuestionario axudarame a reflexionar sobre os cambios que experimentei:

Vou escribir unha carta ou mellor un correo electrónico ao meu «eu» do futuro para...

... recordar algunhas das cousas que me importan agora, que sonos e aspiracións teño e que debo facer se non os cumprín...

Recorda consultar a ficha 4 do plan TIC-TAC en anayaeducacion.es

a) Que é o que máis che gusta do teu novo «eu»?

b) Que botas de menos do teu «eu» máis infantil?

c) Como cambiou a túa relación cos demais?

d) Que emocións novas experimentaches en relación con estes cambios?

e) Como describirías a túa forma de ser neste momento da túa vida?

f) Que é o que máis che custa aceptar do teu novo «eu»? Que cres que poderías facer para afacerte?

g) Que sonos e aspiracións que dependan de ti tes para o futuro?

h) Que podes facer ti para que se cumpran?

Toma nota!

Todas as persoas nacemos e imos cambiando ao longo da nosa vida. Cando somos adultos podemos elixir ter descendencia.

53 U2
Espermatozoides Óvulo A fecundación

Q ue aprendín?

1 Di se as seguintes oracións son verdadeiras ou falsas e escribe a falsa de forma correcta no teu caderno.

a) A función de excreción só se produce no sistema excretor.

b) Mediante a función de excreción o noso corpo elimina substancias de refugallo acumuladas no sangue.

c) As glándulas sudoríparas non teñen función excretora.

d) O aparato respiratorio ten función excretora porque elimina dióxido de carbono do organismo.

2 Completa as frases utilizando unha das seguintes palabras: ril, vexiga, uretra, uréter

a) A .... é unha bolsa que almacena a urina.

b) Os riles e a vexiga están conectados polos ....

c) A urina sae ao exterior pola ....

d) Os .... producen urina filtrando o sangue.

3 Pensa no seguinte: Se o noso corpo ten máis ou menos 5 litros de sangue e os riles son capaces de filtrar ata 200 litros! de sangue cada día, iso quere dicir que:

a) O sangue só pasa unha vez ao día polos riles.

b) Iso é imposible.

c) O sangue pasa moitas veces ao día polos riles.

4 Nesta enigmática frase hai escondidos 4 termos relacionados cos órganos dos sentidos. Encontráchelos?

«Na illa Pituitaria, nos arredores da pequena vila de Iris, existen uns caracois estrañísimos co corpo cristalino».

5 Que diferenza hai entre o aire que expiramos e o que inspiramos?

6 Nomea as glándulas dixestivas e describe as tarefas que realizan.

7 Describe os movementos do corazón.

8 Que conclusión sacas de cada un destes datos?

a) Os humanos temos uns 100 millóns de receptores na pituitaria, e os cans, 300 millóns.

b) Os humanos temos unhas 200 000 células receptoras por cada mm 2 de retina. Algunhas aves rapaces teñen 1 millón.

c) A masa do cerebro dun humano adulto é duns 1 500 g; a dun cabalo, 700 g.

9 En cada grupo de palabras hai un intruso. Localízao e explica por que cres que o é.

Boca, farinxe, fígado e pulmóns

Veas, arterias, corazón e diafragma

Riles, uréteres, uretra e corazón Bronquios, larinxe, traquea e estómago

10 Escribe no teu caderno os nomes das partes do ollo que se mostran na imaxe.

Non esquezas encher o álbum de fotos desta unidade.

O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder

54 PORTAFOLIO
D
C A
B
A B C D E F

OBXECTIVO EN ACCIÓN

Desenvolver estratexias sinxelas para pensar de forma crítica

Óscar e os seus amigos estiveron aprendendo no colexio como funciona o corpo humano. Fíxate no que opina Óscar agora sobre a pulseira que encontrou en internet:

CONCLUSIÓN

Teño claro que a miña forza depende dos meus músculos. Unha pulseira ponse no pulso, así que non está en contacto con eles. Entón pregúntome... podería afectarlles dalgún xeito? Estiven investigando e non encontrei ningunha forma en que unha pulseira poida facer que os meus músculos sexan de súpeto máis grandes e fortes. Así que creo que era información falsa... Que mágoa! Creo que terei que adestralos pouco a pouco...

a) Volve ler os demais trucos que encontraron os amigos de Óscar e mediante a técnica penso, interésame, investigo reenche no teu caderno o organizador gráfico da parte inferior coas túas ideas acerca deles.

b) Que opinas agora sobre os trucos que encontraron Óscar e a súa cuadrilla?

c) Elixe un e prepara un discurso en que lles expliques aos teus compañeiros e compañeiras se che parece ou non un truco fiable e por que opinas iso.

d) Coñeces algún outro dato sobre o corpo humano que non teñas claro se é fiable ou non? Que poderías facer agora para decidir se crelo?

Penso Interésame Investigo

Que sabes agora mesmo acerca dos trucos que encontraron os demais nenos?

A que aparatos ou órganos afectarán e como?

C omo aprendín?

Que preguntas che xorden ao respecto?

Busca información neste libro, noutros, en internet, pregúntalles a outras persoas... Descubriches algo interesante? Que conclusión sacas?

1 Reflexiona e responde no teu caderno:

a) Sentinme ben cando aprendín ...................................................

b) Enfadeime cando non conseguín ..............................................

c) Provócame ansiedade ...................................................................

d) Síntome máis seguro cando .......................................................

2 Nesta unidade, ademais dos contidos, trataches aspectos relacionados co teu desenvolvemento físico e emocional. Escribe no teu caderno como te sentiches ao tratar estes temas:

a) O respecto entre compañeiras e compañeiros.

b) O desenvolvemento da personalidade en rapaces e rapazas da túa idade.

c) A resolución de conflitos.

U2 55
...
... ...
Sentinme ben cando...

3 Coidamos a nosa saúde

Parece que Xandra quere evitar poñerse enferma. Por iso, colgou esta nota na porta do seu cuarto:

NON PASES!

Lavarei as mans un mínimo de 30 veces ao día. Non quedará ningún microorganismo!

• Non penso facer deporte nin xogar no parque. Poderíame romper un óso!

Como o ves?

Ocórreseche algunha medida máis para a lista? Cres que podemos evitar completamente enfermar ou facernos dano?

Fíxate en «O dato». Cres que as medidas que tomou Xandra realmente conseguirán mellorar a súa saúde?

• Non volverei ler libros nin tocar a videoconsola. Forzar a vista pode danala!

• Só sairei do meu cuarto para comer e ducharme. A ver se me ides contaxiar algo! Como xa nunca máis me poñerei enferma, non fai falta que vaia mañá ao ambulatorio vacinarme.

Asinado: Xandra

Para esta unidade...

Obxectivo en acción

Preparamos argumentos e escribimos unha carta para convencer a Xandra de que saia do seu cuarto.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), ter saúde non é só a ausencia de enfermidades, senón ademais alcanzar un benestar.

Sigue o fío!

A saúde e a enfermidade Que significa ter saúde?

As enfermidades infecciosas e non-infecciosas

1

2

Que tipos de enfermidades nos poden afectar?

56

O diagnóstico e o tratamento das enfermidades 3

Como nos enfrontamos ás enfermidades?

O sistema sanitario A pandemia da COVID-19

4

Como funciona o sistema sanitario?

5

Unha pandemia actual

57 3

Que significa ter saúde?

A saúde

Cres que ter saúde é o mesmo que non ter unha enfermidade?

A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social.

Para conseguir ese benestar, necesitamos que o noso corpo e a nosa mente encontren un equilibrio co medio que nos rodea, de maneira que todos os nosos órganos e sistemas poidan funcionar de xeito correcto e coordinado.

A enfermidade

Algunhas veces, o noso organismo altérase por diferentes causas, e isto leva a que o noso corpo non funcione como o fai habitualmente.

Entón é cando nos sentimos enfermos ou enfermas.

A enfermidade é unha alteración do funcionamento do organismo debida a unha causa interna ou externa, que se mantén durante un período de tempo.

1 Busca nun dicionario o significado da palabra benestar. Propón exemplos de cousas que che fagan sentilo.

2 Explica a que cres que fai referencia a expresión «benestar social» na definición de saúde. Por que pensas que é tan importante este tipo de benestar na nosa saúde? E o benestar mental?

3 Por que ter saúde non é o mesmo que non padecer unha enfermidade. Razoa a túa resposta.

4 Recorda a última vez que estiveches enfermo ou enferma. Explica brevemente que sentiches tanto física coma emocionalmente.

5 Folio xiratorio Elaborade unha táboa na que propoñades exemplos de enfermidades que coñezades. Indicade cales son as causas e canto credes que poden durar (días, semanas, meses, toda a vida, etc.).

6 Elixide tres das enfermidades da actividade anterior e dicide que parte do organismo se ve afectada.

58
1
Necesitamos saber que é ter saúde para poder coidala.

Factores que inflúen na nosa saúde

As causas de que enfermemos poden ser moi variadas. Ás veces, unha enfermidade é producida por unha soa causa doada de determinar (por exemplo, unha infección debida a un virus). Outras veces é consecuencia dun conxunto de factores combinados. Os factores que máis inflúen en que teñamos boa ou mala saúde son os seguintes:

A idade ou algunhas causas xenéticas poden influír na aparición de certas enfermidades.

O noso medio. Por exemplo, se hai contaminación, axentes patóxenos, ruído en exceso, etc.

Inflúe o medio na miña saúde?

Escoita con atención os audios do apartado «Saúde e factores ambientais» en anayaeducacion.es Cada un foi gravado en tres ambientes diferentes.

1 Fai un debuxo co que che inspira cada un dos audios. Podes expresalo en forma de emoticonas ou facendo o debuxo que mellor represente o ambiente de cada audio.

2 Compara os teus debuxos cos doutras compañeiras e compañeiros da clase.

3 Analiza os resultados e obtén as túas propias conclusións completando a táboa da dereita no teu caderno. Podes enchela marcando as casas cun X.

4 Cal dos medios o relacionas cun lugar máis saudable? Explícao.

5 Cres que o lugar onde vivimos pode afectarlle á nosa saúde? Razoa a túa resposta.

actividades que realizamos na nosa vida diaria. Por exemplo, inflúe se realizamos ou non exercicio físico, se a nosa dieta é saudable, etc.

Como é a sanidade pública do lugar no que vivimos. Existe un control sanitario dos alimentos, da auga potable, calendario de vacinación para toda a poboación, etc.

Toma nota!

A saúde non é soamente física, senón tamén mental, social e emocional.

59 U3
Sensacións Audio 1 Audio 2 Audio 3
Alegría Relaxación Tristura Inquietude Medo
Serenidade
?

Que tipos de enfermidades nos poden afectar?

Segundo as causas que as provocan, existen dous tipos de enfermidades: as infecciosas e as non-infecciosas.

As enfermidades infecciosas

As enfermidades infecciosas son as que están provocadas polos axentes infecciosos, seres vivos xeralmente moi pequenos que entran no noso corpo e alteran o seu funcionamento.

Algúns axentes infecciosos actúan introducíndose en certos tipos de células e destrúenas. Outros producen substancias que danan determinados tecidos ou órganos. Os principais axentes infecciosos son as bacterias, os protozoos, os fungos e os virus.

Os principais axentes infecciosos

Bacterias Fungos Protozoos Virus

Aínda que a maioría das bacterias non provocan enfermidades, existen algunhas que si alteran o funcionamento normal do noso corpo. Algunhas enfermidades provocadas por bacterias son a tuberculose, que afecta os pulmóns, ou a salmonelose, que afecta o aparato dixestivo.

Algúns fungos adaptáronse a vivir no organismo humano, provocando enfermidades como o pé de atleta ou a tiña.

Igual ca as bacterias, a maioría dos protozoos non producen enfermidades, pero hai algúns que se especializaron en parasitar os seres humanos. É o caso de Plasmodium, que provoca a malaria.

Os virus non son seres vivos, porque non teñen estrutura de células, pero poden entrar nas células dos seres vivos, destruílas e propagarse a outras células.

Algunhas enfermidades humanas causadas por virus son a gripe, o arrefriado común e a COVID-19.

60
2
O noso organismo é complexo e pode alterarse de moitas formas.

Como entran no noso corpo os axentes infecciosos

Os axentes infecciosos poden entrar no noso corpo de diferentes formas:

• A través de feridas. Ao romperse a nosa pel, os axentes infecciosos que hai no ambiente poden entrar no noso sangue.

• Polo aire. No aire que respiramos pode haber bacterias e virus que proceden dos esbirros e toses de persoas enfermas.

• Pola boca. Os axentes infecciosos poden entrar ao tomar alimentos en mal estado ou sen lavar, ao comer coas mans sucias e ao compartir vasos, pratos ou cubertos con persoas que padecen enfermidades infecciosas.

Tipos de enfermidades infecciosas

Existen dous tipos de enfermidades infecciosas:

• As contaxiosas, que se transmiten dunhas persoas a outras a través de diferentes vías de transmisión, como o aire ou o contacto físico. Por exemplo, a gripe, a COVID-19 ou o sarampelo.

• As non-contaxiosas, que non se transmiten dunhas persoas a outras. Por exemplo, o tétano.

1 Busca no dicionario o significado de infección e explica que se quere dicir coa expresión «a ferida infectouse».

2 Encontra a única afirmación correcta sobre a gripe:

a) É unha enfermidade infecciosa, pero non contaxiosa.

b) É unha enfermidade infecciosa e contaxiosa.

c) É unha enfermidade contaxiosa, pero non-infecciosa.

3 Unha das tres respostas, ademais de ser falsa, é imposible. Di cal e explica por que.

1 Observa os seguintes diagramas de Venn. Neles represéntanse diferentes formas de relación entre as enfermidades infecciosas e as contaxiosas. Debuxa no teu caderno o diagrama correcto e explica por que o elixiches.

Enfermidade Infecciosa? Contaxiosa?

Gripe. Produce febre, tose e dores de garganta e musculares. Producida por un virus. Si Si

Diabete. Producida pola falta dunha substancia chamada insulina, que se encarga de regular os ni- veis de azucre en sangue.

Malaria. Enfermidade cró- nica producida por un pro- tozoo e que se transmite pola picadura do mosqui- to Anopheles.

2 Completa no teu caderno a táboa seguinte e sitúa, no diagrama de Venn que elixiches na actividade anterior, as enfermidades da táboa no lugar que lle correspondan.

Tétano. Enfermidade pro- ducida por unha bacteria que penetra no organismo a través de feridas e ataca o sistema nervioso.

61 U3
É contaxioso?
?
Infecciosas
Contaxiosas Infecciosas
Infecciosas Contaxiosas
Contaxiosas
Infecciosas Contaxiosas

Que tipos de enfermidades nos poden afectar?

Enfermidades non-infecciosas

As enfermidades non-infecciosas son as que están producidas por causas distintas aos axentes infecciosos.

A miúdo teñen máis dunha causa e non se transmiten entre persoas.

Algúns tipos de enfermidades non-infecciosas

• Traumatismos. Son lesións debidas a un accidente como as queimaduras, fracturas, escordaduras, feridas, etc.

• Alerxias. Son reaccións esaxeradas das defensas naturais do noso corpo fronte a substancias como o pole, os ácaros ou o pelo dos gatos e dos cans, etcétera.

• Intoxicacións. Prodúcense cando inxerimos, respiramos ou tocamos substancias tóxicas como as drogas, gases contaminantes ou produtos químicos perigosos, etc.

• Cancro. Prodúcese debido a un crecemento descontrolado das nosas propias células. O cancro non é unha única enfermidade, en realidade existen moitos tipos de cancro dependendo do órgano onde se encontran as células afectadas: cancro de pulmón, cancro de pel, cancro de ril, etc.

• Enfermidades nutricionais. Relacionadas cunha mala alimentación, como a obesidade, a desnutrición ou pola carencia na nosa dieta de vitaminas ou doutros nutrientes importantes.

• Enfermidades que afectan o noso estado de ánimo ou o xeito de comportarnos e de pensar. Algúns exemplos son a depresión e a anorexia.

• Enfermidades cardiovasculares, que afectan o funcionamento do corazón ou os vasos sanguíneos.

• Enfermidades respiratorias, que afectan os pulmóns e as vías respiratorias.

• Enfermidades conxénitas ou de nacemento: prodúcense por fallos no noso organismo herdados dos nosos pais ou producidos durante o embarazo e o parto.

Mira como penso

Código enfermidade

A codificación é un proceso que transforma a información nun sistema para comunicarnos co medio (computadoras, persoas, etcétera). Neste proceso é habitual o uso de símbolos.

A elección dos símbolos para crear o código é moi importante, xa que deben representar ben a información que se lles atribuíu. Coa creación do código tamén se traballa a xeneralización, outra das características do pensamento computacional.

1 Le a información sobre as enfermidades que aparecen nesta páxina e di con que imaxe relacionarías cada unha das enfermidades. Explica por que estableciches cada unha das relacións entre a imaxe e a información.

2 Formade grupos na aula e inventade agora o voso propio código. Buscade información sobre outras enfermidades (poden ser infecciosas e non-infecciosas) e pensade que imaxes as poden representar mellor. Compartide cos demais grupos o voso código e comprobade que todo o mundo é capaz de entendelo.

62
2

4 CTF A alerxia ao pole está provocada por un axente diminuto, que entra no noso corpo a través do nariz e que nos provoca mucosidade e conxestión nasal; non obstante, non é unha enfermidade infecciosa. Por que?

5 Escribe no teu caderno as oracións seguintes coa palabra adecuada en cada caso: alerxia/intoxicación/traumatismo

a) Se alguén se queima mentres está cociñando sufrirá un/unha... .

b) Se se respira o fume que desprende o plástico ao queimarse pódese sufrir un/unha...

c) Se tras comer un alimento se sente inchazo nos labios, na cara e na lingua e sae sarabullo, pódese estar sufrindo un/unha...

63 U3
A D G H I E F B C
As enfermidades teñen causas moi diferentes. É necesario coñecelas para previlas e curalas.
Toma nota!

Como nos enfrontamos ás enfermidades?

Para superar unha enfermidade, é moi importante diagnosticala e tratala correctamente. Destas tarefas encárgase o colectivo de persoal sanitario.

O diagnóstico dunha enfermidade

Facer un diagnóstico é descubrir que enfermidade padece unha persoa estudando os signos e os síntomas que presenta.

Os síntomas son as sensacións de malestar e cambio que percibe o paciente, mentres que os signos son as manifestacións da enfermidade que se observan tras unha exploración médica.

Algúns signos clínicos pódense observar doadamente (aumento da temperatura corporal, palidez, granciños, etcétera). Outros, non obstante, só poden descubrirse a través de probas diagnósticas realizadas con aparatos ou tecnoloxías especiais, como, por exemplo, unha radiografía, unha ecografía, etc.

O tratamento dunha enfermidade

Algunhas enfermidades trátanse con medicamentos, que son substancias que combaten a causa da enfermidade ou alivian os seus síntomas. Algúns dos medicamentos máis utilizados son:

• Os antibióticos, para o tratamento de enfermidades causadas só por bacterias.

• Os medicamentos para tratar o malestar, entre os que están os analxésicos, para reducir a dor e baixar a febre; os antiinflamatorios, empregados sobre todo para reducir a inflamación; etc.

Algunhas enfermidades necesitan tratamentos de cirurxía, que son as técnicas que utilizan instrumentos para curar partes do corpo danadas. A cirurxía realízase normalmente dentro dun hospital, nun lugar denominado quirófano.

Cando padecemos anxinas, é moi frecuente que sintamos desgana, ausencia de fame e dor de garganta; eses son síntomas. Ao visitar a pediatra; confirmará que temos febre medindo a nosa temperatura corporal, e comprobará a existencia de pequenas lesións inspeccionando a nosa garganta. Estes son signos da enfermidade producida polo axente infeccioso que provoca a inflamación das nosas anxinas.

1 Seguramente oíches algunha vez a expresión «vanme facer unha revisión». Busca información para explicar que significa.

2 Se alguén ten unha forte dor de cabeza, que tipo de medicamento cres que lle prescribiría o médico?

a) Un antibiótico.

b) Un analxésico.

c) Un antihistamínico.

64
3
As persoas non estamos desprotexidas ante as enfermidades, xa que deseñamos moitas formas de combatelas.

A miña profesión: pediatra

Heitor

Caeu patinando. Nocello moi inchado. Forte dor ao apoiar o pé.

Ola, chámome Álex e son pediatra. Como sabes, os pediatras somos os profesionais da saúde especializados en diagnosticar e tratar as enfermidades dos nenos e das nenas, desde que nacen ata os catorce anos.

Hoxe viñeron á miña consulta estes nenos e nenas que non se sentían ben. Isto é o que me dixeron.

María Moita debilidade desde hai semanas. Palidez. Esgótase ao facer esforzos.

Xulián 38,5° de temperatura.

Tose constante e mucosidade. Fatiga. Molestia no peito.

Axúdame a realizar o diagnóstico destes nenos e nenas e a buscar o tratamento adecuado para que se sintan mellor.

1 Elabora unha táboa no teu caderno recompilando en columnas diferentes os signos e os síntomas que ten cada paciente.

2 Para facer o diagnóstico con máis datos, necesitamos realizarlle unhas probas a cada paciente. Le a táboa seguinte e di que proba cres que habería que realizarlle a cada paciente. Indícao na túa táboa.

Proba Úsase para descubrir

Análise de sangue

Análise de urina

Se a composición do sangue é a adecuada (se temos exceso ou carencia dalgunha substancia que está nel).

Se hai algunha substancia anormal na súa composición, como xermes ou restos de sangue.

Auscultación Se hai problemas na respiración ou nos latexos do corazón.

Radiografía

Se hai fracturas, fisuras ou deformacións nos ósos.

Ecografía Se hai algún cambio nos órganos internos que poida indicar enfermidade.

Ágata 38° de temperatura. Dor abdominal intensa, sobre todo na parte dereita do abdome. Náuseas, vómitos.

3 Tras recibir os resultados das probas, puiden realizar todos os diagnósticos. Fíxate nos carteis e indica a que paciente corresponde cada un:

Ten anemia, é dicir, un nivel moi baixo dos glóbulos vermellos no sangue. Por iso, ten fatiga, palidez e outros síntomas.

Ten apendicite, é dicir, unha inflamación do apéndice seguramente provocada por unha infección por bacterias.

Ten bronquite, que é unha inflamación dos bronquios debida a unha infección ocasionada por un virus ou por bacterias.

4 Ocórreseche cales poderían ser os tratamentos que lle mandei a cada paciente? Indícaos.

Ten unha fractura no astrágalo, un óso do nocello.

65 U3
A D B
C
Os tratamentos axúdannos a recuperar o noso benestar cando enfermamos.
Toma nota!

Como funciona o sistema sanitario?

1 Di cal das imaxes seguintes corresponde a un hospital e cal a un ambulatorio. A continuación, relaciona no teu caderno cada un dos seguintes rótulos co número correspondente nas imaxes:

Que é o sistema sanitario

O sistema sanitario é o conxunto de persoas e medios materiais dos que dispón un país para previr, diagnosticar e tratar as enfermidades da poboación.

En España temos un dos sistemas sanitarios máis recoñecidos do mundo pola súa calidade e porque todos os cidadáns e cidadás podemos utilizalo en igualdade de condicións.

O noso sistema sanitario divídese en:

• Atención primaria. Proporciónase nos centros de saúde (ou ambulatorios), que son o primeiro lugar de acceso da poboación aos servizos sanitarios. O persoal que traballa en atención primaria ocúpase da prevención xeral das enfermidades e do tratamento das enfermidades comúns. Por exemplo, acudimos ao centro de saúde para as revisións de pediatría, cando nos temos que facer unha cura ou poñer unha vacina.

• Atención especializada. Cando o noso problema de saúde non pode solucionarse na atención primaria, envíannos ao hospital, onde hai máis medios materiais para diagnosticar as enfermidades e profesionais especializados para tratalas. Por exemplo, cando necesitamos unha intervención cirúrxica e, ás veces temos que estar varios días ingresados no hospital.

Outros medios de saúde pública

Ademais do sistema sanitario, en case todos os países existen outros medios de saúde pública que garanten o benestar dos seus cidadáns. Son, por exemplo, os sistemas de potabilización de auga, a recollida e tratamento dos residuos e a produción e conservación de alimentos seguros.

a) Recepción. b) Sala de enfermaría. c) Quirófano. d) Cuarto. e) Sala para proba médica. f) Urxencias.

A 5 3 1 2 6 4 3 2 1 5 B
Existen profesionais especializados e instalacións que nos axudan a facerlles fronte ás enfermidades.

A miña profesión: enfermeiro

Ola. Chámome Artur e son enfermeiro. Traballo nun centro de saúde ambulatorio. Algunhas das miñas principais tarefas aquí son tratar as feridas e dar puntos e suturas para pechalas, poñer inxeccións e vacinas, tomar mostras de sangue para facer análises, recoller os datos para a historia médica do paciente e outras moitas cousas. Encántame o meu traballo. Pero a tarefa que máis me gusta é a de poñer vacinas. Alégrame pensar na cantidade de enfermidades que se preveñen grazas a elas.

Hoxe teño que poñerlles vacinas a tres pacientes. Poderías axudarme a elixir que vacina lle teño que poñer a cada un? Podes buscar información ou consultar o recurso «A importancia das vacinas» en anayaeducacion.es

a) Primeiro paciente. Neno de 15 meses. Tócalle a vacina que marca o calendario de vacinación infantil. As vacinas administradas nos primeiros anos de vida protexen para sempre despois de varias doses.

b) Segundo paciente. Adulto de 65 anos e vén pola campaña de vacinación que se fai todos os outonos contra unha enfermidade. A efectividade desta vacina só dura un ano, de aí que se faga campaña de ano en ano.

c) Terceiro paciente. Adulto de 30 anos que vai viaxar á India, onde existen enfermidades que non existen en España e para a que está vacinado.

Vacinas Xustificar por que chegaches a esta conclusión

Paciente

Neno de 15 meses

Adulto de 65 anos

Adulto de 30 anos

As vacinas e os bos hábitos axúdannos a manter o noso benestar durante moito tempo.

67 U3
Varíola Febre amarela Rabia Gripe Toma nota!

Una pandemia actual

En marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou oficialmente a existencia dunha nova pandemia mundial, a da enfermidade provocada polo coronavirus que todos coñecemos como COVID-19.

A pandemia da COVID-19

Que é unha pandemia?

Unha pandemia é unha enfermidade contaxiosa que se transmite rapidamente afectándolles a millóns de persoas. No caso da COVID-19, a enfermidade afecta a persoas en todo o mundo.

Antes da COVID-19, xa vivimos outras pandemias como a da peste negra, a gripe ou o VIH.

Onde se orixinou a pandemia da COVID?

Os primeiros casos de persoas enfermas coa COVID-19 producíronse na cidade de Wuhan, situada ao leste de China, a finais do 2019. En decembro de 2019, as autoridades sanitarias de China declararon oficialmente a existencia da pandemia da COVID-19.

Quen causa a enfermidade da COVID-19?

A COVID-19 é unha enfermidade infecciosa provocada polo virus SARS-CoV-2. Este virus ten forma de esfera e na súa superficie ten multitude de salientes en forma de chatola que recordan a coroa solar. Por esa razón, a todos os virus con esta aparencia se lles denominou coronavirus.

Como se contaxia a enfermidade?

A COVID-19 é unha enfermidade contaxiosa que se transmite a través das pinguiñas que todos producimos de xeito natural ao espirrar, tusir, falar e mesmo respirar. No caso das persoas enfermas, estas pinguiñas están cargadas de millóns de virus e, ao ser inhaladas por persoas sas, contáxianlles a enfermidade.

Estas pinguiñas tamén poden contaminar superficies como unha mesa, un teléfono móbil, un bolígrafo, etc. Se unha persoa sa toca esas superficies e leva as mans á boca, ao nariz ou aos ollos, tamén pode contaxiarse.

68
4

Que síntomas produce esta enfermidade?

O coronavirus da COVID-19 ataca o aparato respiratorio das persoas. Os síntomas máis habituais que provoca esta enfermidade son: febre, tose, dor de garganta, cansazo e per- da do gusto e do olfacto. Como podes com- probar, son síntomas moi parecidos aos dun- ha gripe. Na súa maioría, as persoas que enferman de COVID-19 curan con facilidade; só nalgúns casos, a enfermidade é moi grave e as persoas necesitan hospitalización.

Que tratamento ten?

A maior parte das persoas que enferman da COVID-19 son tratadas para aliviar os síntomas da febre, da tose ou da dor de garganta. Poderiamos dicir que o tratamento desta enfermidade é parecido ao dunha gripe.

A enfermidade da COVID-19 está provocada por un virus e non deben utilizarse antibióticos coma se se tratase dunha enfermidade provocada por bacterias.

1 Busca información sobre algunha das pandemias que se mencionan e di a cantas persoas lles afectaron.

2 En que continente está China?

3 Debuxa a túa propia versión dun coronavirus no teu caderno.

4 O uso de máscaras para previr o contaxio por COVID-19 está indicado sobre todo en ambientes pechados. Por que cres que, ao aire libre, o risco de contaxio de COVID-19 é menor?

5 Elabora un cartel con símbolos para indicar as medidas contra a transmisión de COVID-19 nun centro hospitalario.

Como se prevén?

Para previr a COVID-19 temos a sorte de contar con vacinas eficaces para evitar a propagación do virus no noso corpo.

Outras medidas preventivas moi importantes son o uso de máscaras, unha correcta hixiene de mans e superficies e manter distancia entre as persoas.

69 U3

Q ue aprendín?

1 Observa a imaxe seguinte e responde as cuestións:

9 Imaxina que vas a unha consulta médica, dinche que padeces farinxite e recéitanche un antibiótico. Segundo estes datos, di que tipo de enfermidade terías e cal sería a súa causa.

10 Describe con detalle varias normas e consellos para mellorar ou manter:

a) A hixiene persoal: a do propio corpo.

b) A hixiene doméstica: a que realizamos cos obxectos e espazos das nosas casas.

c) A hixiene nos espazos públicos: a que se realiza en colexios, rúas, cines...

a) Paréceche que esta persoa está padecendo unha enfermidade? Explica por que o cres así.

b) Cales cres que poden ser os síntomas desa enfermidade?

2 Encontra a palabra intrusa: asma, desnutrición, sarampelo, infarto de miocardio.

3 Nomea dúas enfermidades infecciosas que sexan contaxiosas e outras dúas que non o sexan.

4 Se che din que alguén padece unha enfermidade conxénita, que quere dicir?

5 Que tipo de enfermidade che produciría a picadura dunha víbora?

6 Busca exemplos das seguintes enfermidades e explica en que consiste cada unha:

a) Unha enfermidade non-infecciosa respiratoria.

b) Unha enfermidade infecciosa respiratoria.

7 Que son os axentes infecciosos? Que enfermidades infecciosas coñeces? Nomea catro exemplos de axentes infecciosos.

8 Que órganos e aparatos se protexen mediante estas accións de prevención?

a) Lavar os dentes.

b) Mastigar ben os alimentos antes de tragalos.

c) Facer exercicio moderado con frecuencia.

d) Durmir ben.

e) Evitar ruídos.

11 Explica de forma argumentada por que o tratamento de residuos é necesario para manter a saúde pública.

12 Hai 15 anos, en España só 5 de cada 100 nenos e nenas padecían obesidade. Na actualidade, 16 de cada 100 nenas e nenos ten este tipo de sobrepeso.

a) A que cres que se debe este aumento da obesidade infantil?

b) Se se calcula que en España viven uns 6 millóns e medio de nenos e nenas menores de 14 anos. Segundo o dato anterior, cantos padecen obesidade?

Non esquezas encher o álbum de fotos desta unidade dispoñible en anayaeducacion.es

O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder

70 PORTAFOLIO

OBXECTIVO EN ACCIÓN

Escribo unha carta para convencer a Xandra de que saia do seu cuarto

Vaia! Parece que Xandra continúa empeñada en quedar encerrada no seu cuarto seguindo a súa lista de «medidas de seguridade».

1 Enche no teu caderno o seguinte organizador gráfico Consecuencias e resultados reflexionando sobre as consecuencias que podería ter a actitude de Xandra a curto e a longo prazo.

2 Volve ler a nota de Xandra. Non che parece que o que realmente ocorre é que lle dá medo ir vacinarse? Escribe un carta ofrecéndolle argumentos convincentes que a animen a poñerse a vacina e saír do seu cuarto.

3 Parece que Xandra che escoitou e cambiou de opinión.

Decateime de que coidar a miña saúde non é só intentar non me poñer enferma. O meu benestar é moito máis ca iso! Vou facer unha nova lista de cousas que podo facer na miña vida para ter boa saúde e benestar. Axúdasme?

C omo aprendín?

1 Copia esta imaxe e puntúate en cada un dos aspectos que se nomean. Despois, une os puntos; canto maior sexa o pentágono, mellor será a túa situación de aprendizaxe.

2 Quizais algún dos contidos que aprendiches na unidade che resultasen sorprendentes. Explica cales. En que cres que melloran a túa vida e a das persoas que te rodean?

Para as demais. Como podería afectarlle á súa familia, aos seus amigos?

Para as demais. Como podería afectarlle á súa familia, aos seus amigos?

U3 71
1 1 1 1 1 2 2 2 2 2 3 3 3 3 3 4 4 4 4 4 5 5 5 5 5 Atención Traballo en grupo Resolución de dúbidas Estudo Calidade dos meus traballos Xandra mantén as súas medidas de seguridade
ela mesma
Para
longo prazo
pode pasar?
decisión
A curto prazo
pode pasar?
consecuencias
a decisión de Xandra? Para ela mesma
A
Que
Que consecuencias terá a
de Xandra?
Que
Que
terá

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid.
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.