
5 minute read
Que tipos de enfermidades nos poden afectar?
Segundo as causas que as provocan, existen dous tipos de enfermidades: as infecciosas e as non-infecciosas.
As enfermidades infecciosas
As enfermidades infecciosas son as que están provocadas polos axentes infecciosos, seres vivos xeralmente moi pequenos que entran no noso corpo e alteran o seu funcionamento.
Algúns axentes infecciosos actúan introducíndose en certos tipos de células e destrúenas. Outros producen substancias que danan determinados tecidos ou órganos. Os principais axentes infecciosos son as bacterias, os protozoos, os fungos e os virus.
Os principais axentes infecciosos
Bacterias Fungos Protozoos Virus
Aínda que a maioría das bacterias non provocan enfermidades, existen algunhas que si alteran o funcionamento normal do noso corpo. Algunhas enfermidades provocadas por bacterias son a tuberculose, que afecta os pulmóns, ou a salmonelose, que afecta o aparato dixestivo.
Algúns fungos adaptáronse a vivir no organismo humano, provocando enfermidades como o pé de atleta ou a tiña.
Igual ca as bacterias, a maioría dos protozoos non producen enfermidades, pero hai algúns que se especializaron en parasitar os seres humanos. É o caso de Plasmodium, que provoca a malaria.
Os virus non son seres vivos, porque non teñen estrutura de células, pero poden entrar nas células dos seres vivos, destruílas e propagarse a outras células.
Algunhas enfermidades humanas causadas por virus son a gripe, o arrefriado común e a COVID-19.
Como entran no noso corpo os axentes infecciosos
Os axentes infecciosos poden entrar no noso corpo de diferentes formas:
• A través de feridas. Ao romperse a nosa pel, os axentes infecciosos que hai no ambiente poden entrar no noso sangue.
• Polo aire. No aire que respiramos pode haber bacterias e virus que proceden dos esbirros e toses de persoas enfermas.
• Pola boca. Os axentes infecciosos poden entrar ao tomar alimentos en mal estado ou sen lavar, ao comer coas mans sucias e ao compartir vasos, pratos ou cubertos con persoas que padecen enfermidades infecciosas.
Tipos de enfermidades infecciosas
Existen dous tipos de enfermidades infecciosas:
• As contaxiosas, que se transmiten dunhas persoas a outras a través de diferentes vías de transmisión, como o aire ou o contacto físico. Por exemplo, a gripe, a COVID-19 ou o sarampelo.
• As non-contaxiosas, que non se transmiten dunhas persoas a outras. Por exemplo, o tétano.
1 Busca no dicionario o significado de infección e explica que se quere dicir coa expresión «a ferida infectouse».
2 Encontra a única afirmación correcta sobre a gripe: a) É unha enfermidade infecciosa, pero non contaxiosa. b) É unha enfermidade infecciosa e contaxiosa. c) É unha enfermidade contaxiosa, pero non-infecciosa.
3 Unha das tres respostas, ademais de ser falsa, é imposible. Di cal e explica por que.
1 Observa os seguintes diagramas de Venn. Neles represéntanse diferentes formas de relación entre as enfermidades infecciosas e as contaxiosas. Debuxa no teu caderno o diagrama correcto e explica por que o elixiches.
Enfermidade Infecciosa? Contaxiosa?
Gripe. Produce febre, tose e dores de garganta e musculares. Producida por un virus. Si Si
Diabete. Producida pola falta dunha substancia chamada insulina, que se encarga de regular os ni- veis de azucre en sangue.
Malaria. Enfermidade cró- nica producida por un pro- tozoo e que se transmite pola picadura do mosqui- to Anopheles.
2 Completa no teu caderno a táboa seguinte e sitúa, no diagrama de Venn que elixiches na actividade anterior, as enfermidades da táboa no lugar que lle correspondan.
Tétano. Enfermidade pro- ducida por unha bacteria que penetra no organismo a través de feridas e ataca o sistema nervioso.
Que tipos de enfermidades nos poden afectar?
Enfermidades non-infecciosas
As enfermidades non-infecciosas son as que están producidas por causas distintas aos axentes infecciosos.
A miúdo teñen máis dunha causa e non se transmiten entre persoas.
Algúns tipos de enfermidades non-infecciosas
• Traumatismos. Son lesións debidas a un accidente como as queimaduras, fracturas, escordaduras, feridas, etc.
• Alerxias. Son reaccións esaxeradas das defensas naturais do noso corpo fronte a substancias como o pole, os ácaros ou o pelo dos gatos e dos cans, etcétera.
• Intoxicacións. Prodúcense cando inxerimos, respiramos ou tocamos substancias tóxicas como as drogas, gases contaminantes ou produtos químicos perigosos, etc.
• Cancro. Prodúcese debido a un crecemento descontrolado das nosas propias células. O cancro non é unha única enfermidade, en realidade existen moitos tipos de cancro dependendo do órgano onde se encontran as células afectadas: cancro de pulmón, cancro de pel, cancro de ril, etc.
• Enfermidades nutricionais. Relacionadas cunha mala alimentación, como a obesidade, a desnutrición ou pola carencia na nosa dieta de vitaminas ou doutros nutrientes importantes.
• Enfermidades que afectan o noso estado de ánimo ou o xeito de comportarnos e de pensar. Algúns exemplos son a depresión e a anorexia.
• Enfermidades cardiovasculares, que afectan o funcionamento do corazón ou os vasos sanguíneos.
• Enfermidades respiratorias, que afectan os pulmóns e as vías respiratorias.
• Enfermidades conxénitas ou de nacemento: prodúcense por fallos no noso organismo herdados dos nosos pais ou producidos durante o embarazo e o parto.
Mira como penso
Código enfermidade
A codificación é un proceso que transforma a información nun sistema para comunicarnos co medio (computadoras, persoas, etcétera). Neste proceso é habitual o uso de símbolos.
A elección dos símbolos para crear o código é moi importante, xa que deben representar ben a información que se lles atribuíu. Coa creación do código tamén se traballa a xeneralización, outra das características do pensamento computacional.
1 Le a información sobre as enfermidades que aparecen nesta páxina e di con que imaxe relacionarías cada unha das enfermidades. Explica por que estableciches cada unha das relacións entre a imaxe e a información.
2 Formade grupos na aula e inventade agora o voso propio código. Buscade información sobre outras enfermidades (poden ser infecciosas e non-infecciosas) e pensade que imaxes as poden representar mellor. Compartide cos demais grupos o voso código e comprobade que todo o mundo é capaz de entendelo.
4 CTF A alerxia ao pole está provocada por un axente diminuto, que entra no noso corpo a través do nariz e que nos provoca mucosidade e conxestión nasal; non obstante, non é unha enfermidade infecciosa. Por que?



5 Escribe no teu caderno as oracións seguintes coa palabra adecuada en cada caso: alerxia/intoxicación/traumatismo a) Se alguén se queima mentres está cociñando sufrirá un/unha... . b) Se se respira o fume que desprende o plástico ao queimarse pódese sufrir un/unha... c) Se tras comer un alimento se sente inchazo nos labios, na cara e na lingua e sae sarabullo, pódese estar sufrindo un/unha...





Como nos enfrontamos ás enfermidades?
Para superar unha enfermidade, é moi importante diagnosticala e tratala correctamente. Destas tarefas encárgase o colectivo de persoal sanitario.
O diagnóstico dunha enfermidade
Facer un diagnóstico é descubrir que enfermidade padece unha persoa estudando os signos e os síntomas que presenta.

Os síntomas son as sensacións de malestar e cambio que percibe o paciente, mentres que os signos son as manifestacións da enfermidade que se observan tras unha exploración médica.
Algúns signos clínicos pódense observar doadamente (aumento da temperatura corporal, palidez, granciños, etcétera). Outros, non obstante, só poden descubrirse a través de probas diagnósticas realizadas con aparatos ou tecnoloxías especiais, como, por exemplo, unha radiografía, unha ecografía, etc.
O tratamento dunha enfermidade
Algunhas enfermidades trátanse con medicamentos, que son substancias que combaten a causa da enfermidade ou alivian os seus síntomas. Algúns dos medicamentos máis utilizados son: a) Un antibiótico. b) Un analxésico. c) Un antihistamínico.
• Os antibióticos, para o tratamento de enfermidades causadas só por bacterias.
• Os medicamentos para tratar o malestar, entre os que están os analxésicos, para reducir a dor e baixar a febre; os antiinflamatorios, empregados sobre todo para reducir a inflamación; etc.
Algunhas enfermidades necesitan tratamentos de cirurxía, que son as técnicas que utilizan instrumentos para curar partes do corpo danadas. A cirurxía realízase normalmente dentro dun hospital, nun lugar denominado quirófano.
Cando padecemos anxinas, é moi frecuente que sintamos desgana, ausencia de fame e dor de garganta; eses son síntomas. Ao visitar a pediatra; confirmará que temos febre medindo a nosa temperatura corporal, e comprobará a existencia de pequenas lesións inspeccionando a nosa garganta. Estes son signos da enfermidade producida polo axente infeccioso que provoca a inflamación das nosas anxinas.
1 Seguramente oíches algunha vez a expresión «vanme facer unha revisión». Busca información para explicar que significa.
2 Se alguén ten unha forte dor de cabeza, que tipo de medicamento cres que lle prescribiría o médico?