3 minute read

3 Coidamos a nosa saúde

Parece que Xandra quere evitar poñerse enferma. Por iso, colgou esta nota na porta do seu cuarto:

NON PASES!

Lavarei as mans un mínimo de 30 veces ao día. Non quedará ningún microorganismo!

• Non penso facer deporte nin xogar no parque. Poderíame romper un óso!

Como o ves?

Ocórreseche algunha medida máis para a lista? Cres que podemos evitar completamente enfermar ou facernos dano?

Fíxate en «O dato». Cres que as medidas que tomou Xandra realmente conseguirán mellorar a súa saúde?

• Non volverei ler libros nin tocar a videoconsola. Forzar a vista pode danala!

• Só sairei do meu cuarto para comer e ducharme. A ver se me ides contaxiar algo! Como xa nunca máis me poñerei enferma, non fai falta que vaia mañá ao ambulatorio vacinarme.

Asinado: Xandra

Para esta unidade...

Obxectivo en acción

Preparamos argumentos e escribimos unha carta para convencer a Xandra de que saia do seu cuarto.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), ter saúde non é só a ausencia de enfermidades, senón ademais alcanzar un benestar.

Sigue o fío!

A saúde e a enfermidade Que significa ter saúde?

As enfermidades infecciosas e non-infecciosas

1

2

Que tipos de enfermidades nos poden afectar?

O diagnóstico e o tratamento das enfermidades 3

Como nos enfrontamos ás enfermidades?

O sistema sanitario A pandemia da COVID-19

4

Como funciona o sistema sanitario?

5

Unha pandemia actual

Que significa ter saúde?

A saúde

Cres que ter saúde é o mesmo que non ter unha enfermidade?

A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social.

Para conseguir ese benestar, necesitamos que o noso corpo e a nosa mente encontren un equilibrio co medio que nos rodea, de maneira que todos os nosos órganos e sistemas poidan funcionar de xeito correcto e coordinado.

A enfermidade

Algunhas veces, o noso organismo altérase por diferentes causas, e isto leva a que o noso corpo non funcione como o fai habitualmente.

Entón é cando nos sentimos enfermos ou enfermas.

A enfermidade é unha alteración do funcionamento do organismo debida a unha causa interna ou externa, que se mantén durante un período de tempo.

1 Busca nun dicionario o significado da palabra benestar. Propón exemplos de cousas que che fagan sentilo.

2 Explica a que cres que fai referencia a expresión «benestar social» na definición de saúde. Por que pensas que é tan importante este tipo de benestar na nosa saúde? E o benestar mental?

3 Por que ter saúde non é o mesmo que non padecer unha enfermidade. Razoa a túa resposta.

4 Recorda a última vez que estiveches enfermo ou enferma. Explica brevemente que sentiches tanto física coma emocionalmente.

5 Folio xiratorio Elaborade unha táboa na que propoñades exemplos de enfermidades que coñezades. Indicade cales son as causas e canto credes que poden durar (días, semanas, meses, toda a vida, etc.).

6 Elixide tres das enfermidades da actividade anterior e dicide que parte do organismo se ve afectada.

Factores que inflúen na nosa saúde

As causas de que enfermemos poden ser moi variadas. Ás veces, unha enfermidade é producida por unha soa causa doada de determinar (por exemplo, unha infección debida a un virus). Outras veces é consecuencia dun conxunto de factores combinados. Os factores que máis inflúen en que teñamos boa ou mala saúde son os seguintes: actividades que realizamos na nosa vida diaria. Por exemplo, inflúe se realizamos ou non exercicio físico, se a nosa dieta é saudable, etc.

A idade ou algunhas causas xenéticas poden influír na aparición de certas enfermidades.

O noso medio. Por exemplo, se hai contaminación, axentes patóxenos, ruído en exceso, etc.

Inflúe o medio na miña saúde?

Escoita con atención os audios do apartado «Saúde e factores ambientais» en anayaeducacion.es Cada un foi gravado en tres ambientes diferentes.

1 Fai un debuxo co que che inspira cada un dos audios. Podes expresalo en forma de emoticonas ou facendo o debuxo que mellor represente o ambiente de cada audio.

2 Compara os teus debuxos cos doutras compañeiras e compañeiros da clase.

3 Analiza os resultados e obtén as túas propias conclusións completando a táboa da dereita no teu caderno. Podes enchela marcando as casas cun X.

4 Cal dos medios o relacionas cun lugar máis saudable? Explícao.

5 Cres que o lugar onde vivimos pode afectarlle á nosa saúde? Razoa a túa resposta.

Como é a sanidade pública do lugar no que vivimos. Existe un control sanitario dos alimentos, da auga potable, calendario de vacinación para toda a poboación, etc.

Toma nota!

A saúde non é soamente física, senón tamén mental, social e emocional.

This article is from: