
1 minute read
Como recibimos a información do exterior?
Os sentidos
Os órganos dos sentidos son os encargados de captar información do noso medio e de enviala ao sistema nervioso para que este a procese e elabore unha resposta adecuada.
Os órganos dos sentidos son: o olfacto, o gusto, o tacto, a vista e o oído.
Os sentidos do olfacto e do gusto
O órgano do olfacto é a pituitaria, que se encontra na parte superior das fosas nasais. Contén miles de células receptoras capaces de recoñecer substancias químicas presentes no aire. Estas células envíanlle sinais polos nervios olfactivos ao cerebro, que recoñece os olores.
O sentido do gusto está formado polas papilas gustativas situadas principalmente na lingua. As papilas gustativas recoñecen substancias químicas que entran na boca e lle envían sinais polos nervios gustativos ao cerebro, que identifica os sabores.
Pituitaria
Fosas nasais
Papilas gustativas da
1 Que pasaría se... Que pasaría se: a) O nariz non tivese pituitaria. b) Na lingua non existisen as papilas gustativas. c) A pel non tivese receptores para o frío.
Receptores
O sentido do tacto
O órgano do tacto é a pel. Na pel existen diferentes tipos de células receptoras capaces de percibir estímulos como o frío, a calor, a presión ou a dor. Envíanlle os seus sinais ao cerebro, que elabora sensacións táctiles.


O sentido da vista
Os órganos da vista son os ollos. Na parte posterior dos ollos existe unha estrutura chamada retina onde se sitúan as células capaces de percibir estímulos luminosos como a cantidade de luz ou as cores. Para que a luz chegue á retina debe atravesar o globo ocular. O ollo envíalle a información que captou ao cerebro a través do nervio óptico.

Que está pasando aí fóra?
O cerebro de Iris quedou durmido no xar dín. De súpeto empezáronlle a chegar unha morea de sensacións procedentes dos órga nos dos sentidos. Como aínda está confuso polo sono, non sabe como interpretalas. Axú daslle?
1 Identifica que órgano percibirá as seguintes sensacións: a) Golpe húmido na cara e nas mans. b) Resplandor de luz. c) Ruído que resoa sobre a cabeza. d) Olor a terra mollada.

2 Que interpretará o cerebro de Iris?
O sentido do oído
Os oídos son órganos complexos que nos permiten captar as vibracións do aire que forman os sons. As células capaces de realizar esta función sitúanse nunha estrutura denominada caracol. Ademais, no interior do oído encóntrase o órgano do equilibrio, formado polos condutos semicirculares. Neles encóntranse unhas células receptoras sensibles aos movementos.
Toma nota!
Os nosos sentidos captan moitísimas cousas, pero non absolutamente todo. Os cans, por exemplo, oen sons que nós non percibimos.