
1 minute read
A miña profesión: enfermeiro
Ola. Chámome Artur e son enfermeiro. Traballo nun centro de saúde ambulatorio. Algunhas das miñas principais tarefas aquí son tratar as feridas e dar puntos e suturas para pechalas, poñer inxeccións e vacinas, tomar mostras de sangue para facer análises, recoller os datos para a historia médica do paciente e outras moitas cousas. Encántame o meu traballo. Pero a tarefa que máis me gusta é a de poñer vacinas. Alégrame pensar na cantidade de enfermidades que se preveñen grazas a elas.
Hoxe teño que poñerlles vacinas a tres pacientes. Poderías axudarme a elixir que vacina lle teño que poñer a cada un? Podes buscar información ou consultar o recurso «A importancia das vacinas» en anayaeducacion.es a) Primeiro paciente. Neno de 15 meses. Tócalle a vacina que marca o calendario de vacinación infantil. As vacinas administradas nos primeiros anos de vida protexen para sempre despois de varias doses. b) Segundo paciente. Adulto de 65 anos e vén pola campaña de vacinación que se fai todos os outonos contra unha enfermidade. A efectividade desta vacina só dura un ano, de aí que se faga campaña de ano en ano. c) Terceiro paciente. Adulto de 30 anos que vai viaxar á India, onde existen enfermidades que non existen en España e para a que está vacinado.

Vacinas Xustificar por que chegaches a esta conclusión
Paciente
Neno de 15 meses
Adulto de 65 anos
Adulto de 30 anos
As vacinas e os bos hábitos axúdannos a manter o noso benestar durante moito tempo.