2 minute read

A miña profesión: pediatra

Heitor

Caeu patinando. Nocello moi inchado. Forte dor ao apoiar o pé.

Ola, chámome Álex e son pediatra. Como sabes, os pediatras somos os profesionais da saúde especializados en diagnosticar e tratar as enfermidades dos nenos e das nenas, desde que nacen ata os catorce anos.

Hoxe viñeron á miña consulta estes nenos e nenas que non se sentían ben. Isto é o que me dixeron.

María Moita debilidade desde hai semanas. Palidez. Esgótase ao facer esforzos.

Xulián 38,5° de temperatura.

Tose constante e mucosidade. Fatiga. Molestia no peito.

Axúdame a realizar o diagnóstico destes nenos e nenas e a buscar o tratamento adecuado para que se sintan mellor.

1 Elabora unha táboa no teu caderno recompilando en columnas diferentes os signos e os síntomas que ten cada paciente.

2 Para facer o diagnóstico con máis datos, necesitamos realizarlle unhas probas a cada paciente. Le a táboa seguinte e di que proba cres que habería que realizarlle a cada paciente. Indícao na túa táboa.

Proba Úsase para descubrir

Análise de sangue

Análise de urina

Se a composición do sangue é a adecuada (se temos exceso ou carencia dalgunha substancia que está nel).

Se hai algunha substancia anormal na súa composición, como xermes ou restos de sangue.

Auscultación Se hai problemas na respiración ou nos latexos do corazón.

Radiografía

Se hai fracturas, fisuras ou deformacións nos ósos.

Ecografía Se hai algún cambio nos órganos internos que poida indicar enfermidade.

Ágata 38° de temperatura. Dor abdominal intensa, sobre todo na parte dereita do abdome. Náuseas, vómitos.

3 Tras recibir os resultados das probas, puiden realizar todos os diagnósticos. Fíxate nos carteis e indica a que paciente corresponde cada un:

Ten anemia, é dicir, un nivel moi baixo dos glóbulos vermellos no sangue. Por iso, ten fatiga, palidez e outros síntomas.

Ten apendicite, é dicir, unha inflamación do apéndice seguramente provocada por unha infección por bacterias.

Ten bronquite, que é unha inflamación dos bronquios debida a unha infección ocasionada por un virus ou por bacterias.

4 Ocórreseche cales poderían ser os tratamentos que lle mandei a cada paciente? Indícaos.

Ten unha fractura no astrágalo, un óso do nocello.

Como funciona o sistema sanitario?

1 Di cal das imaxes seguintes corresponde a un hospital e cal a un ambulatorio. A continuación, relaciona no teu caderno cada un dos seguintes rótulos co número correspondente nas imaxes:

Que é o sistema sanitario

O sistema sanitario é o conxunto de persoas e medios materiais dos que dispón un país para previr, diagnosticar e tratar as enfermidades da poboación.

En España temos un dos sistemas sanitarios máis recoñecidos do mundo pola súa calidade e porque todos os cidadáns e cidadás podemos utilizalo en igualdade de condicións.

O noso sistema sanitario divídese en:

• Atención primaria. Proporciónase nos centros de saúde (ou ambulatorios), que son o primeiro lugar de acceso da poboación aos servizos sanitarios. O persoal que traballa en atención primaria ocúpase da prevención xeral das enfermidades e do tratamento das enfermidades comúns. Por exemplo, acudimos ao centro de saúde para as revisións de pediatría, cando nos temos que facer unha cura ou poñer unha vacina.

• Atención especializada. Cando o noso problema de saúde non pode solucionarse na atención primaria, envíannos ao hospital, onde hai máis medios materiais para diagnosticar as enfermidades e profesionais especializados para tratalas. Por exemplo, cando necesitamos unha intervención cirúrxica e, ás veces temos que estar varios días ingresados no hospital.

Outros medios de saúde pública

Ademais do sistema sanitario, en case todos os países existen outros medios de saúde pública que garanten o benestar dos seus cidadáns. Son, por exemplo, os sistemas de potabilización de auga, a recollida e tratamento dos residuos e a produción e conservación de alimentos seguros.

a) Recepción. b) Sala de enfermaría. c) Quirófano. d) Cuarto. e) Sala para proba médica. f) Urxencias.

This article is from: