2 minute read

A nosa función de reprodución

As primeiras persoas da nosa especie apareceron hai centos de miles de anos. Hoxe en día, seguimos existindo grazas á nosa función de reprodución.

Que é a función de reprodución?

A reprodución humana é a función que nos permite ter descendentes (é dicir, fillos e fillas que herdan parcialmente as nosas características).

Podemos realizar esta función grazas ao aparato reprodutor.

Os aparatos reprodutores

Os nosos aparatos reprodutores xeran unhas células especializadas na reprodución: os gametos.

Existen dúas clases de aparatos reprodutores segundo o tipo de gameto que producen: a) Útero? b) Trompa de Falopio? c) Vaxina? d) Próstata? e) Vexiga urinaria?

• Os que xeran espermatozoides, que son gametos pequenos, numerosos e móbiles. Fórmanse nuns órganos chamados testículos.

• Os que xeran óvulos, que son gametos máis grandes e de forma esférica. Fórmanse nuns órganos chamados ovarios.

1 Se o escroto se define como a bolsa de pel que envolve os testículos, como definirías...

Os aparatos reprodutores que...

A fecundación, o embarazo e o parto

• A fecundación é a unión das dúas células reprodutoras, un óvulo e un espermatozoide para formar o cigoto, que é a célula que se desenvolverá ata chegar a constituír, un novo ser.

• O desenvolvemento embrionario ou embarazo é o proceso que transcorre desde que se forma o cigoto ata o nacemento do bebé, e dura uns nove meses. Isto só sucede cando o cigoto se implanta no útero.

• O parto, que é o nacemento do bebé.

Canto estamos cambiando!

A puberdade é a idade á que madura o noso aparato reprodutor e prodúcese, xeralmente, entre os 10 e os 16 anos. Só despois de madurar, o aparato reprodutor pode producir gametos. Cando chegamos á puberdade, todos experimentamos cambios no noso organismo. Ás veces, eses cambios teñen lugar nun intervalo de tempo curto e provócannos inseguridade ata que nos afacemos a eles. E ti, como estás xestionando eses cambios? As seguintes actividades axudaranche a comprendelos e a comprenderte mellor.

Este cuestionario axudarame a reflexionar sobre os cambios que experimentei:

Vou escribir unha carta ou mellor un correo electrónico ao meu «eu» do futuro para...

... recordar algunhas das cousas que me importan agora, que sonos e aspiracións teño e que debo facer se non os cumprín...

Recorda consultar a ficha 4 do plan TIC-TAC en anayaeducacion.es a) Que é o que máis che gusta do teu novo «eu»? b) Que botas de menos do teu «eu» máis infantil? c) Como cambiou a túa relación cos demais? d) Que emocións novas experimentaches en relación con estes cambios? e) Como describirías a túa forma de ser neste momento da túa vida? f) Que é o que máis che custa aceptar do teu novo «eu»? Que cres que poderías facer para afacerte? g) Que sonos e aspiracións que dependan de ti tes para o futuro? h) Que podes facer ti para que se cumpran?

Toma nota!

Todas as persoas nacemos e imos cambiando ao longo da nosa vida. Cando somos adultos podemos elixir ter descendencia.

This article is from: