4 minute read

en acción

Exploramos o corpo humano para entender como funciona e decidir se os trucos que encontrou a cuadrilla de Óscar son fiables.

Preparamos un discurso para expresar a nosa conclusión.

O dato

Eu vin que venden unhas pulseiras que che aumentan a enerxía do corpo para que teñas máis forza!

Internet é unha valiosa fonte de información. Non obstante, a través da rede, a información falsa esténdese tanto ou máis ca a verdadeira.

Sigue o fío!

Mirade isto! Nesta páxina venden uns colgantes con pedras preciosas que melloran a circulación do sangue.

E aquí di que é malísimo comer gomas de mascar, que se tragas unha quedará máis de sete anos pegada no teu estómago!

Pois eu encontrei uns zumes detox que che eliminan todas as toxinas que teñas no corpo!

4 excreción Como expulsamos os refugallos?

A nosa función de relación

Os sentidos Como recibimos a información do exterior?

6

7

O sistema nervioso Como interpretamos a información?

O aparato locomotor Como executamos as respostas?

8

9

A nosa función de nutrición

Preguntácheste algunha vez por que é necesario

Como realizamos a función de nutrición?

A nutrición consiste en obter os nutrientes que necesitamos para vivir, respirar, utilizar esas substancias no noso corpo e expulsar os refugallos que producimos.

As nosas células obteñen a materia e a enerxía que necesitan a partir dos nutrientes que incorporamos a través dos alimentos e do osíxeno que respiramos.

Pero as células do noso organismo non poden conseguir estes nutrientes por si mesmas e dependen de que aparatos e sistemas especializados llos proporcionen.

Os alimentos e os nutrientes

Os nutrientes que conteñen os alimentos realizan diferentes funcións e son:

• As proteínas. Utilízanse para fabricar compoñentes que necesitamos no noso organismo ou reparar os que se estragaron. Hai proteínas en alimentos como o leite, os ovos, o peixe e a carne.

• As vitaminas e os sales minerais. Son os «axudantes» que necesita o noso corpo para realizar correctamente as súas funcións e evitar danos. As froitas, as hortalizas e as verduras conteñen esta clase de nutrientes.

• Os hidratos de carbono. Funcionan como combustible, é dicir, cando o noso organismo os utiliza, libérase enerxía que aproveitamos para o funcionamento das nosas células. Os alimentos ricos neste tipo de nutrientes son a pasta, o azucre e os cereais, entre outros.

• Os lípidos. Algúns, como as graxas, proporcionan enerxía; outros sérvennos de reserva enerxética, e o noso organismo acumúlaos para dispoñer de enerxía cando o necesite. Algúns alimentos ricos en lípidos son a manteiga, os aceites, etc.

• A auga. Sen ela non funcionaría o noso organismo. Todos os procesos da función de nutrición teñen lugar neste medio.

Aparatos para a nutrición aparato circulatorio distribúe por todo o corpo o sangue con nutrientes e osíxeno grazas ao bombeo do corazón. O sangue tamén recolle as substancias de refugallo e lévaas ata os aparatos excretores.

O aparato respiratorio obtén o osíxeno do aire e pásallo ao sangue. Elimina deste o dióxido de carbono que se expulsa ao exterior.

O aparato dixestivo descompón os alimentos en partes máis pequenas, os nutrientes. Estes son absorbidos e pasan ao sangue.

O aparato excretor é o encargado de eliminar do sangue os produtos de refugallo que liberan as células e de expulsalos ao medio exterior. Tamén hai otros órganos excretores, como as glándulas sudoríparas.

Alimentos e enerxía

Consumimos enerxía en todas as actividades que realizamos: camiñar, xogar, pensar, facer deporte..., mesmo para durmir. Esta enerxía obtémola dos alimentos.

A cantidade de enerxía que necesita cada persoa depende de factores como a idade, a estatura, o peso, a actividade física que realiza, etc. A cantidade de enerxía mídese nunhas unidades chamadas quilocalorías.

A miña profesión: nutricionista

Entre outras cousas, preparo dietas adecuadas para cada persoa. A dieta é a cantidade e variedade de alimentos e auga que unha persoa consome habitualmente.

1 Axúdame a preparar un menú cos datos das táboas para cada un destes pacientes.

Carlos: Tenista, 25 anos, 1,83 m de estatura. Adestra 6 horas ao día. Necesidade enerxética diaria: 3 463 kcal.

Mariña: Profesora, 41 anos, 1,63 m de estatura. Dá un paseo cada día, pero non realiza ningún outro deporte. Necesidade enerxética diaria: 1 918 kcal.

Eva: estudante, 17 anos, 1,71 m de estatura. Realiza deporte 2 veces por semana, o resto do tempo con pouca actividade física. Necesidade enerxética diaria: 2 083 kcal.

2 Como puideches comprobar, cada un destes pacientes ten unhas necesidades enerxéticas diferentes. A que cres que se deben estas diferenzas?

Ola, chámome Vítor e son nutricionista. O meu traballo consiste en axudar as persoas a solucionar os seus problemas relacionados coa nutrición e a adoptar hábitos alimenticios saudables.

3

Sumamos

Compara cos teus compañeiros e compañeiras os menús que deseñastes e comentade as diferenzas que encontrades entre as distintas propostas.

Os alimentos que comemos achégannos materiais e enerxía que as nosas células utilizan.

Como obtemos a materia e a enerxía?

O aparato dixestivo

O aparato dixestivo

O aparato dixestivo encárgase de romper os alimentos nos seus compoñentes máis sinxelos, os nutrientes, para que estes poidan atravesar as súas paredes e pasar ao sangue.

As partes do aparato dixestivo

O aparato dixestivo está formado polo tubo dixestivo e polas glándulas dixestivas.

• O tubo dixestivo. É un longo conduto composto pola boca, pola farinxe, polo esófago, polo estómago, polo intestino delgado, polo intestino groso e polo ano.

• As glándulas dixestivas. Son órganos que se encontran fóra do tubo dixestivo, pero que verten nel as substancias que producen. Estas substancias son capaces de separar os nutrientes que conteñen os alimentos. As glándulas dixestivas son as glándulas salivares, o fígado e o páncreas.

Fago un modelo: autoestrada dixestiva

Preparar a tarefa En grupo, faredes un modelo do tubo dixestivo en liña recta coas súas medidas reais. Para representar a boca, utilizaredes papel; para o resto dos órganos, fitas de cores. Debuxade e coloreade a boca, recortádea e pegádea na parede da aula.

A continuación, en orde e coas súas medidas reais, engadiredes as fitas de cores que representan cada un dos elementos do tubo dixestivo. As medidas reais aproximadas son:

A boca mide 10 cm; a farinxe, 13 cm; o esófago, 25 cm; o estómago, 25 cm; o intestino delgado, 625 cm, e o groso, 150 cm.

Razoa, como é posible que os intestinos delgado e groso caiban dentro do noso corpo?

This article is from: