
1 minute read
OBXECTIVO EN ACCIÓN
Desenvolver estratexias sinxelas para pensar de forma crítica
Óscar e os seus amigos estiveron aprendendo no colexio como funciona o corpo humano. Fíxate no que opina Óscar agora sobre a pulseira que encontrou en internet:
Conclusi N
Teño claro que a miña forza depende dos meus músculos. Unha pulseira ponse no pulso, así que non está en contacto con eles. Entón pregúntome... podería afectarlles dalgún xeito? Estiven investigando e non encontrei ningunha forma en que unha pulseira poida facer que os meus músculos sexan de súpeto máis grandes e fortes. Así que creo que era información falsa... Que mágoa! Creo que terei que adestralos pouco a pouco...
a) Volve ler os demais trucos que encontraron os amigos de Óscar e mediante a técnica penso, interésame, investigo reenche no teu caderno o organizador gráfico da parte inferior coas túas ideas acerca deles.
b) Que opinas agora sobre os trucos que encontraron Óscar e a súa cuadrilla?
c) Elixe un e prepara un discurso en que lles expliques aos teus compañeiros e compañeiras se che parece ou non un truco fiable e por que opinas iso.
d) Coñeces algún outro dato sobre o corpo humano que non teñas claro se é fiable ou non? Que poderías facer agora para decidir se crelo?
Penso Interésame Investigo
Que sabes agora mesmo acerca dos trucos que encontraron os demais nenos?
A que aparatos ou órganos afectarán e como?
C omo aprendín?
Que preguntas che xorden ao respecto?
Busca información neste libro, noutros, en internet, pregúntalles a outras persoas... Descubriches algo interesante? Que conclusión sacas?
1 Reflexiona e responde no teu caderno: a) Sentinme ben cando aprendín ................................................... b) Enfadeime cando non conseguín .............................................. c) Provócame ansiedade ................................................................... d) Síntome máis seguro cando .......................................................
2 Nesta unidade, ademais dos contidos, trataches aspectos relacionados co teu desenvolvemento físico e emocional. Escribe no teu caderno como te sentiches ao tratar estes temas: a) O respecto entre compañeiras e compañeiros. b) O desenvolvemento da personalidade en rapaces e rapazas da túa idade. c) A resolución de conflitos.