3 minute read

A dixestión

A dixestión é o proceso polo cal se transforman os alimentos e se extraen os nutrientes que absorben e pasan ao sangue. Os restos non aproveitables expúlsanse ao exterior.

Ao longo do tubo dixestivo, a dixestión sucede en varias etapas:

1. Da boca ao estómago

A dixestión comeza na boca. Os dentes cortan e trituran o alimento, e a lingua axuda a mesturalo coa saliva producida polas glándulas salivares.

Desde a boca, o alimento pasa pola farinxe e polo esófago ata chegar ao estómago.

2. No estómago

No estómago, os alimentos transfórmanse nunha papa ao mesturarse cunhas substancias chamadas zumes gástricos.

3. No intestino delgado

A papa formada no estómago pasa ao intestino delgado, onde actúan varias substancias que acaban de dixerir os alimentos extraendo os nutrientes básicos.

Unha vez extraídos estes nutrientes básicos, pasan ao sangue a través das paredes do intestino por uns repregamentos chamados peluxes. Este proceso denomínase absorción.

4. No intestino groso

O resto dos alimentos sen dixerir pasan ao intestino groso, onde se extrae a auga deles e se forman as feces que se expulsan polo ano.

A dixestión, paso a paso

1

Na boca mastigamos os alimentos e mesturámolos coa saliva.

2

O alimento descende polo esófago. Zumes

3

No estómago fórmase unha papa que pasa ao intestino delgado.

No intestino delgado, os zumes que verten o fígado e o páncreas rematan de extraer os nutrientes, que pasan ao sangue.

1 Que proceso do aparato dixestivo cres que debe producirse antes, a dixestión ou a absorción? Razoa a resposta.

2 O aparato dixestivo, absorbe todos os nutrientes, necesitémolos ou non? Que cres que fai o noso organismo cos nutrientes que non necesita?

3 Que lle sucederá ao noso organismo se absorbe menos nutrientes dos que necesita?

4 Que substancia producen as glándulas salivares?

4 Os restos de alimentos pasan ao intestino groso, que forma as feces.

5

Toma nota!

O material que forma as gomas de mascar non se pode dixerir. Entón... que pasará se alguén se traga unha?

Como obtemos a materia e a enerxía?

O aparato respiratorio

O aparato respiratorio é o encargado de extraer do aire o osíxeno que necesitan as nosas células. Ao mesmo tempo, elimina un gas, o dióxido de carbono, que producen as células como refugallo.

As partes do aparato respiratorio

O aparato respiratorio está formado por:

• As vías respiratorias. Son os condutos polos que entra e sae o aire. Están formadas polas fosas nasais, pola farinxe, pola larinxe, pola traquea e polos bronquios. As vías respiratorias teñen forma de tubo e son ríxidas para axudar a que o aire circule con facilidade.

• Os pulmóns. Son dous órganos situados no tórax, a ambos os dous lados do corazón e separados do abdome por un músculo chamado diafragma. Están formados polas ramificacións dos bronquios e polos alvéolos. Os alvéolos están rodeados por finísimos vasos sanguíneos polos que circula continuamente o sangue. Os pulmóns son órganos esponxosos, capaces de contraerse e dilatarse axudados polo movemento do diafragma.

Partes do aparato respiratorio

Fosas nasais Farinxe

Vasos sanguíneos

Larinxe

Traquea a) O ... separa os pulmóns do abdome. b) O aire entra e sae do aparato respiratorio polas ... c) A ... ten forma de tubo e conduce o aire ata os pulmóns.

5 Copia e completa estas frases utilizando unha das seguintes palabras: traquea, diafragma e fosas nasais.

6 Que pasaría se... a traquea non fose un tubo ríxido ou se os pulmóns fosen órganos macizos.

Bronquios

Pulmón

Os alvéolos son pequenos saquiños rodeados de finísimos vasos sanguíneos polos que circula continuamente o sangue.

Diafragma

A respiración

A respiración consiste en tomar o osíxeno do aire e expulsar o dióxido de carbono que se xera como produto de refugallo.

O aparato respiratorio realiza a súa función en tres fases que se suceden continuamente:

A inspiración

Na inspiración, o diafragma contráese e descende, os pulmóns dilátanse e o aire exterior entra polas vías respiratorias ata chegar aos alvéolos.

O intercambio de gases

Durante esta fase, o osíxeno que contén o aire inspirado pasa dos alvéolos ao sangue, que circula polos finísimos vasos sanguíneos que os rodean. Ao mesmo tempo, o dióxido de carbono do sangue pasa aos alvéolos.

A expiración

Nesta fase, o diafragma reláxase e ascende, os pulmóns contráense e o aire cargado de dióxido de carbono é expulsado desde os alvéolos, pasa polas vías respiratorias e chega ao exterior.

A respiración, paso a paso

1

A inspiración

O osíxeno do aire chega aos pulmóns.

2

Intercambio de gases

Entra osíxeno Sae dióxido de carbono

7 Indica no teu caderno en que etapa da respiración suceden estes feitos: a) Saída de aire cargado con dióxido de carbono. b) O osíxeno pasa aos capilares, e o dióxido de carbono, aos alvéolos. c) Entrada de aire cargado de osíxeno.

8 Pensa en como cambia a composición do aire durante o proceso de respiración e contesta a seguinte pregunta: Por que é saudable airear a aula de cando en vez?

O diafragma contráese, descende e os pulmóns ínchanse.

Sangue rico en dióxido de carbono Sangue rico en osíxeno

3

A expiración O dióxido de carbono sae dos pulmóns.

O osíxeno pasa do alvéolo ao sangue.

O dióxido de carbono pasa do sangue ao alvéolo.

O diafragma reláxase, ascende e os pulmóns contráense.

This article is from: