2 minute read

Una pandemia actual

En marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou oficialmente a existencia dunha nova pandemia mundial, a da enfermidade provocada polo coronavirus que todos coñecemos como COVID-19.

A pandemia da COVID-19

Que é unha pandemia?

Unha pandemia é unha enfermidade contaxiosa que se transmite rapidamente afectándolles a millóns de persoas. No caso da COVID-19, a enfermidade afecta a persoas en todo o mundo.

Antes da COVID-19, xa vivimos outras pandemias como a da peste negra, a gripe ou o VIH.

Onde se orixinou a pandemia da COVID?

Os primeiros casos de persoas enfermas coa COVID-19 producíronse na cidade de Wuhan, situada ao leste de China, a finais do 2019. En decembro de 2019, as autoridades sanitarias de China declararon oficialmente a existencia da pandemia da COVID-19.

Quen causa a enfermidade da COVID-19?

A COVID-19 é unha enfermidade infecciosa provocada polo virus SARS-CoV-2. Este virus ten forma de esfera e na súa superficie ten multitude de salientes en forma de chatola que recordan a coroa solar. Por esa razón, a todos os virus con esta aparencia se lles denominou coronavirus.

Como se contaxia a enfermidade?

A COVID-19 é unha enfermidade contaxiosa que se transmite a través das pinguiñas que todos producimos de xeito natural ao espirrar, tusir, falar e mesmo respirar. No caso das persoas enfermas, estas pinguiñas están cargadas de millóns de virus e, ao ser inhaladas por persoas sas, contáxianlles a enfermidade.

Estas pinguiñas tamén poden contaminar superficies como unha mesa, un teléfono móbil, un bolígrafo, etc. Se unha persoa sa toca esas superficies e leva as mans á boca, ao nariz ou aos ollos, tamén pode contaxiarse.

Que síntomas produce esta enfermidade?

O coronavirus da COVID-19 ataca o aparato respiratorio das persoas. Os síntomas máis habituais que provoca esta enfermidade son: febre, tose, dor de garganta, cansazo e per- da do gusto e do olfacto. Como podes com- probar, son síntomas moi parecidos aos dun- ha gripe. Na súa maioría, as persoas que enferman de COVID-19 curan con facilidade; só nalgúns casos, a enfermidade é moi grave e as persoas necesitan hospitalización.

Que tratamento ten?

A maior parte das persoas que enferman da COVID-19 son tratadas para aliviar os síntomas da febre, da tose ou da dor de garganta. Poderiamos dicir que o tratamento desta enfermidade é parecido ao dunha gripe.

A enfermidade da COVID-19 está provocada por un virus e non deben utilizarse antibióticos coma se se tratase dunha enfermidade provocada por bacterias.

1 Busca información sobre algunha das pandemias que se mencionan e di a cantas persoas lles afectaron.

2 En que continente está China?

3 Debuxa a túa propia versión dun coronavirus no teu caderno.

4 O uso de máscaras para previr o contaxio por COVID-19 está indicado sobre todo en ambientes pechados. Por que cres que, ao aire libre, o risco de contaxio de COVID-19 é menor?

5 Elabora un cartel con símbolos para indicar as medidas contra a transmisión de COVID-19 nun centro hospitalario.

Como se prevén?

Para previr a COVID-19 temos a sorte de contar con vacinas eficaces para evitar a propagación do virus no noso corpo.

Outras medidas preventivas moi importantes son o uso de máscaras, unha correcta hixiene de mans e superficies e manter distancia entre as persoas.

This article is from: