
1 minute read
Q ue aprendín?
1 Di se as seguintes oracións son verdadeiras ou falsas e escribe a falsa de forma correcta no teu caderno.
a) A función de excreción só se produce no sistema excretor.
b) Mediante a función de excreción o noso corpo elimina substancias de refugallo acumuladas no sangue.
c) As glándulas sudoríparas non teñen función excretora.
d) O aparato respiratorio ten función excretora porque elimina dióxido de carbono do organismo.
2 Completa as frases utilizando unha das seguintes palabras: ril, vexiga, uretra, uréter a) A .... é unha bolsa que almacena a urina. b) Os riles e a vexiga están conectados polos .... c) A urina sae ao exterior pola .... d) Os .... producen urina filtrando o sangue.
3 Pensa no seguinte: Se o noso corpo ten máis ou menos 5 litros de sangue e os riles son capaces de filtrar ata 200 litros! de sangue cada día, iso quere dicir que: a) O sangue só pasa unha vez ao día polos riles. b) Iso é imposible. c) O sangue pasa moitas veces ao día polos riles. a) Os humanos temos uns 100 millóns de receptores na pituitaria, e os cans, 300 millóns. b) Os humanos temos unhas 200 000 células receptoras por cada mm 2 de retina. Algunhas aves rapaces teñen 1 millón. c) A masa do cerebro dun humano adulto é duns 1 500 g; a dun cabalo, 700 g.
4 Nesta enigmática frase hai escondidos 4 termos relacionados cos órganos dos sentidos. Encontráchelos?
«Na illa Pituitaria, nos arredores da pequena vila de Iris, existen uns caracois estrañísimos co corpo cristalino».
5 Que diferenza hai entre o aire que expiramos e o que inspiramos?
6 Nomea as glándulas dixestivas e describe as tarefas que realizan.
7 Describe os movementos do corazón.
8 Que conclusión sacas de cada un destes datos?
9 En cada grupo de palabras hai un intruso. Localízao e explica por que cres que o é.
Boca, farinxe, fígado e pulmóns
Veas, arterias, corazón e diafragma
Riles, uréteres, uretra e corazón Bronquios, larinxe, traquea e estómago

10 Escribe no teu caderno os nomes das partes do ollo que se mostran na imaxe.
Non esquezas encher o álbum de fotos desta unidade.
O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder