2 minute read

Como interpretamos a información?

O

O sistema nervioso

O sistema nervioso é un conxunto de estruturas que se encargan de procesar os estímulos procedentes dos órganos dos sentidos e de elaborar respostas en forma de movementos, produción de substancias, pensamentos, etc.

Todas as estruturas do sistema nervioso están formadas por unhas células especiais chamadas neuronas.

O sistema nervioso divídese en dúas partes: o sistema nervioso central e o sistema nervioso periférico.

O sistema nervioso central

O sistema nervioso central componse do encéfalo e da medula espiñal.

• O encéfalo encóntrase dentro do cranio e intégrano o cerebro, o cerebelo e o bulbo raquídeo.

– O cerebro relaciona a información e elabora respostas como movementos voluntarios, emocións, pensamentos, recordos, etc.

– O cerebelo controla os movementos voluntarios rítmicos e coordinados como camiñar, nadar, bailar, etc.

– O bulbo raquídeo controla os movementos involuntarios de moitos órganos, como o corazón.

• A medula espiñal conecta o cerebro co sistema nervioso periférico.

O sistema nervioso periférico

O sistema nervioso periférico está formado por grupos de axóns denominados nervios, que conectan o sistema nervioso central coas distintas partes do corpo. Existen dous tipos de nervios:

• Nervios sensitivos. Levan información desde os órganos dos sentidos ata o sistema nervioso central.

• Nervios motores. Levan ordes desde o sistema nervioso ata os órganos efectores, que executan as respostas.

A neurona

As neuronas teñen forma estrelada e nelas pódese disitnguir:

• O corpo celular, que é a parte máis voluminosa da célula.

• O axón, que é unha prolongación longa.

• As dendritas, que son prolongacións curtas e ramificadas.

1 Mentres dormes hai órganos que se moven. Nomea dous deles e explica quen se encarga de enviar as ordes para que eles se movan.

O encéfalo e a medula espiñal

Requeteconectados

Para que te fagas unha idea da gran cantidade de conexións que se establecen entre as neuronas, imos representalas dun modo sinxelo:

Debuxa dez puntos negros grosos nunha liña dun folio, procurando que sexan equidistantes entre si, e outros dez na parte inferior. Cada punto representa unha neurona. Cun rotulador vermello, traza liñas entre o primeiro punto da parte superior e todos os puntos da inferior. Cada liña representa unha conexión neuronal. A continuación, representa cun rotulador azul as conexións da segunda neurona da parte superior con todas as da inferior, e con diferentes cores as das neuronas seguintes, como se mostra na imaxe.

Óscar e os seus amigos están usando o seu sistema nervioso para razoar se os trucos que encontraron en internet son fiables ou non.

1 Podes calcular cantas conexións debuxaches en total?

2 Agora le o texto e compara con datos reais: a) Como cres que é posible que esa enorme cantidade de conexións caiba dentro do noso cranio? Propón unha explicación razoada. b) Pode existir algunha relación entre a cantidade de conexións neuronais no noso cerebro e a capacidade humana para relacionar ideas, recordos, sensacións e conceptos? Razoa a resposta.

O cerebro ten unha masa aproximada de 1,4 kg, entre 86 e 100 mil millóns de neuronas. Cada neurona establece entre 5 e 50 000 conexións coas súas células veciñas. O cal equivale a construír unha rede neuronal in­ tercomunicada por 100 000 000 000 000 conexións.

This article is from: