Terra Brava 31

Page 92

RECORDOS DO CURSO 2019/2020 Este curso non foi coma os demais. Será, seguramente, o máis raro que imos vivir; pero, a pesar deste accidentado terceiro trimestre, quedaron moi bos recordos de xornadas conmemorativas e festivas! Outras "lembranzas" non puideron ser: a visita a Romeor, a viaxe a Portugal etc. Seguro que o curso que vén haberá un cento de oportunidades para celebrar, recuperar ou substituír estas vivencias adiadas, que non perdidas. “A noite entre libros” foi a miña actividade favorita. Certo é que cando souben desta idea pensei: “Durmir no cole cos estudantes?!? Mi madriña! Vaia loucura!”. E algo de loucura si que foi, pero das boas!! Os pequenos e as pequenas da primaria pasaron unha tarde moi entretida estreando todas as novidades da biblioteca. A secundaria converteu o cole nun estudio de Hollywood e, coa axuda do profesorado, rodou unha curtametraxe de medo…ou de risa? Aínda non o teño claro!

Ese filme será recoñecido en todos os foros cinematográficos mundiais nun futuro! Nun futuro non próximo, certamente, pero é que a vida dos xenios nunca foi fácil! Pola noite houbo quen durmiu, quen non parou de rir, quen roncou...e tivemos que insistir e insistir para que as luces deses vagalumes tecnolóxicos desaparecesen! E que saboroso almorzo para pechar a experiencia!! Fomos ben lambuzas e non deixamos moito sitio para as castañas e os chourizos do Magosto! Aínda tivemos gana de seguir festexando. Non todo vai ser estudar!

Brindos

Visita de Celia Díaz 25N Tamara 90

Pita Vilasánchez, coordinadora da biblioteca.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.