Alumnado de 1º e 3º da ESO
Proxecto Servet VI
O alumnado de 1º e 3º da ESO fomos a Zaragoza dos días 13 ao 15 de maio. O día 13 fomos por separado xa que Pablo e Zaira estaban en Ourense na Galiciencia. Os alumnos de 1º e mais eu fomos nunha furgoneta ata Ponferrada na que máis tarde xuntámonos todos. Logo, saímos en autobús camiño de Zaragoza. A verdade a viaxe foi moi lomga. Cando chegamos a Zaragoza fomos a Etopía que é un centro de arte e tecnoloxía. Alí démoslle os últimos retoques a nosa sonda porque para o día seguinte tiña que estar preparada. Logo cada participante presentou o seu traballo. Había un montón de traballos interesantes con propósitos diferentes. Ao día seguinte fomos para un colexio no que se ía facer o lanzamento. Estivemos alí ata que se lanzou a sonda. O globo era moito máis grande do que eu me esperaba e a verdade tardou en incharse por completo. Despois do lanzamento estivemos esperando a que aterrizara. Cando caeu ao chan uns organizadores foron a buscalo xa qye aterrizou en Huesca. Ao día seguinte fomos a Etopía a analizar os nosos resultados. Por sorte a nosa Sonda quedou intacta e puidemos recoller todos os datos sen problemas. A min os resultados non me pareceron malos porque conseguimos gravar a curvatura terrestre, o globo na maioría da viaxe e ademais recollimos moitos datos da temperatura, ozono, presión, humidade… Non sabemos o por que pero nun momento do traxecto todo deixou de funcionar. A mañá seguinte fomos a Etopía para que todos puidesemos explicar os nosos resultados. A moita xente o traballo saíulle moi ben e recolleron todos os datos que esperaban. Despois de presentar todos os resultados fixeron unha entrega de placas conmemorativas do evento. Esa foi a última actividade en Etopia. Logo de rematar subimos no autobús e saímos dirección o Caurel. Sabela Rodríguez Rodríguez