Skip to main content

CanSat 21/22

Page 1

Competición CanSat O día 28 de abril do 2022 o alumnado de 4º da ESO foi as Rozas (Lugo). Cansat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea. O desafío consiste en construir e lanzar un satélite do tamaño dunha lata de refrescos. Este ten que ter todos os subsistemas principais dun de verdade, como un sistema de radio, sensores e a enerxía. O satélite tiña que cumprir dúas misións: a misión primaria (medir a presión, a temperatura e enviar os datos por radio á nosa estación de terra) e a misión secundaria, que nós decidimos medir a calidade do aire para iso analizamos os datos do ozono e dos gases VOC (Compostos Orgánicos Volátiles). Tiña ademais unha tarxeta SD e un paracaídas. Este día fomos lanzar o noso Cansat no que levábamos traballando durante seis meses. Ao chegar a Rozas o primeiro que fixemos foi revisar se todo funcionaba. Máis tarde, colocámolo nun dron, xunto con outros dous satélites que eran doutros institutos. O dron subiu 1 km de altitude e durante este tempo obtiñamos datos mediante os sensores e o sistema de radio. Logo, un de nós foi recoller o Cansat que aterrou na pista. Por desgraza ao impactar co chan rompeuse un pouco. Aínda así, recibimos os datos á estación de terra. Dende ese momento tiñamos o tempo xusto para elaborar as gráficas cos datos e ensaiar a presentación para presentarlla ao xurado. Isto non nos pareceu xusto porque outros grupos tiveron máis tempo xa que cambiaron os horarios. Posteriormente seguiron expoñendo os outros grupos e unhas horas despois de comer o xurado xa tiña decididos os premios e o grupo gañador que pasaría ao concurso nacional, en Granada. Lamentablemente nós non o logramos, xa que gañou un grupo de Vigo. Pero aínda así esta actividade serviunos para aprender deseño 3D, a programar e a traballar en equipo. Candela Fernández Gómez

Satélite voando e a estación terra recibindo datos.

Comprobando o satélite antes do lanzamento.


SATÉLITE CAUREL

Candela, Dani, Luís e Uxía Misión Primaria 1. Medir presión e temperatura co sensor BMX160+BMP388. 2. Enviar datos a través dun sistema de radio. 3. Gardar os datos nunha tarxeta SD.

Misión Secundaria Medir calidade do aire: 1. Medir ozono co sensor I2C. 2. Medir compuestos orgánicos volátiles (COV) co sensor BME 688.

Deseño estrutural Para deseñar a estrutura do Cansat utilizamos os programas FreeCAD e Ultimaker Cura. Usamos a impresora Leon3D para a súa construción. Paracaídas Como sistema de aterrizaxe usamos un paracaídas octogonal de 51,65 cm de diámetro e un furado central de 5 cm de diámetro.

Apoio externo Recibimos axuda de diversas formas: Para a eleción dos sensores guiáronnos dous docentes do Departamento de Química-Física do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela: Dra. Mercedes Novo e Dr. Wajih Al-Soufi. E económicamente: Fundación Uxío Novoneyra; Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel y Grupo Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel.


SATÉLITE CAUREL

Candela, Dani, Luís e Uxía Resultados tras o lanzamento O noso satélite semmella necesitar mais ventilación, xa que o sair do drone (ata o momento do descenso ía metido nunha caixa con outros dous satélites), o descenso da temperatura non foi moi rápido. Pensamos que eso é debidoá falta de circulación do aire no noso deseño. En canto a presión podemos observar que no principio non varia porque está no mesmo sitio (no chan dentro do drone). Unha vez que se eleva o drone a presión descende. Volvese quedar estable por un tempo e no momento de ser lanzado e a medida que se achega o solo a presión volve aumentar.

Tanto o ozono como o sensor de compostos orgánicos volátiles non funcionaron correctamente. Deberíamos facer un estudo destes sensores para saber o que aconteceu.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
CanSat 21/22 by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu