
4 minute read
COMO LLE AFECTA O CORONAVIRUS A
O S E C T O R P R I M A R I O
Advertisement
-Bos días. Eu chámome Carla e gustaríame facerche unha entrevista para a televisión galega acerca do coronavirus. Estarías disposta a participar? -Encantada. Eu son Marta. A verdade é que levo un pouco de présa pero si, estaría encantada de participar nesta entrevista.
-Tentarei ser o máis breve posible. -De acordo. Comecemos.
-A primeira pregunta que me gustaría saber é se o coronavirus está afectando o teu traballo?
-Eu traballo na gandaría e a verdade é que si está afectando bastante.
-Estase levando a cabo algún tipo de control animal ?
-Pois o saneamento gandeiro estivo suspendido desde o inicio do estado de alarma ata a mediados de abril . -E podes levar un becerro ou unha vaca ao matadoiro?E a un cebadoiro?
-Que eu saiba si que está permitido ese transporte.
-Os mercados de gando teñen actividade? -Non. En Galicia optouse por suspendelos.
-Pódense recoller crotais para o gando? -Si , pero hai que pedir cita telefónica nos servizos veterinarios das Oficinas Agrarias Comarcais.
-Hai algo máis que queiras engadir? -Gustaríame resaltar que a xente, dada a situación actual , estase dando de conta da importancia que ten este sector. Pero aínda así a crise estanos afectando moito aos traballadores do rural .
-Pois grazas por responder a estas preguntas e ata a próxima. -De nada, adeus.
COMO LLE AFECTA O CORONAVIRUS A...
O S E C T O R S E C U N D A R I O
-Bos días. Eu chámome Lara e gustaríame facerche unha entrevista para a televisión galega acerca do coronavirus. Estarías disposta a participar? -Encantada. Eu son Sofía. A verdade é que levo un pouco de présa pero si, estaría encantada de participar nesta entrevista.
-Tentarei ser o máis breve posible .-De acordo. Comecemos.
-Como está afectando o coronavirus o teu traballo?
-Está afectando bastante en parte por un ERTE, que é a suspensión dos contratos de carácter temporal , e non sei cando me renovarán o contrato. Agora non estou cobrando dende fai cuarenta días.
-Cando pensas que te poderás reincorporar de novo? E como será?
-Supoño que dentro de bastante porque, cando acabe a cuarentena, teremos unha crise moi forte.
Seguramente a xente non vaia tanto ás tendas. Penso que despedirán moito persoal . Mudarán moito os horarios e tentarase non ter tanta xente nun mesmo espazo de traballo. -Segues cobrando o mesmo? -Agora non cobro porque non estou traballando pero cando me reincorpore ao meu labor terei menor salario mensual .
-Pensas que cando o tema do coronavirus remate volverá a ser normal o teu lugar de traballo?
-Vai ser moi difícil volver á normalidade, aínda que pouco a pouco, se seguimos as medidas propostas polo goberno, seremos capaces de que as cousas sexan como antes. Pero eu penso que iso custará moitos anos.
-Pois grazas por responder a estas preguntas e ata a próxima. -De nada, adeus.
COMO LLE AFECTA O CORONAVIRUS A...
O S E C T O R -Bos días. Eu chámome Lucía e gustaríame facerche unha entrevista.
-Encantada. Eu son Gema.
-Tentarei ser o máis breve posible. -De acordo. Comecemos.
-A primeira pregunta que me gustaría saber é se o coronavirus está afectando os teus estudos?
-Sí, xa que agora non imos á escola e facemos clases online.
-E que fas con tanto tempo libre? -O máis entretido que se pode facer é sacar o can, durmir e estar co teléfono.
-Cantas veces sacas o can cada día?
- Dependendo,pero normalmente entre unha ou dúas veces pero paseos longos.
-Que opinas das clases online? -Que para moito non serven xa que é algo complicado non estar no colexio dando clase. Á parte hai días que só teño unha clase e outros que teño tres clases seguidas.
T E R C I A R I O
-Pensas que este curso vas volver a clase? -Eu creo que si, seguramente as dúas últimas semanas ou así.
-Os profesores poñen máis deberes agora que antes?
-Depende da materia e do profesor pero si que hai profesores que poñen máis deberes agora que antes.
-Botas de menos a xente do colexio?
-Si, aínda que se está mellor na casa.
-E que pensarías se a educación fose telemática a partir de agora? -O positivo sería que non teríamos que madrugar tanto, nin pagar o transporte escolar e o comedor. E a parte negativa sería que as clases resultarían máis difíciles de entender sen un profesor diante explicando. Indo a clase apréndese moito máis porque na casa tes o teléfono e estás moito máis pendente das notificacións do móbil que do profesor. E o peor é que non ves os compañeiros e non podes socializar en persoa nin nada.