Vendo crecer as cebolas

Page 1

Vendo

crecer as cebolas Adrián Aira Saco (6º Primaria) e Arnau Visuña Costa (5º Primaria) CPI Poeta Uxío Novoneyra, Folgoso do Courel Curso 2014/2015 VENDO CRECER AS CEBOLAS 1

Introdución

O noso colexio está no concello de Folgoso do Courel. O Courel é un conxunto de montañas que queda na provincia de Lugo no límite con Castela e León.

Interesábanos saber onde crecía mais rápido e máis grandes as cebolas xa que na nosa zona plantase moita.

Hai outros traballos sobre rendemento dos invernadoiros pero ningún aplicado ám nosa zona.

Obxectivos

• Comprobar que método de plantación de cebolas é máis eficaz para a súa produción.

• Medir a velocidade de crecemento das cebolas en dous ambientes distintos: nun invernadoiro e fóra del.

Hipótese

Queríamos comprobar que plantando as plántulas de cebolas, é dicir, usando semilleiros, crecerían máis rápido.

Tamén que o invernadoiro ía crecer todo a máis velocidade que fóra del. Material e métodos

No patio do colexio temos un horto formado por 3 bancais: un deles cuberto por un plástico e dous ao aire libre. O horto construíuse orientado ao sur.

VENDO CRECER AS CEBOLAS 2

Como queriamos comparar como era máis eficaz plantar as cebolas, escollimos unha raza de cebolas (cebolas doces do Bierzo) para que a variedade de cebolas non influira no crecemento.

Os 3 métodos de plantación escollidos foron:

• Sementes

• Plántulas compradas na feira

• Bulbos

Todos foron plantados o día 11 de marzo do 2015. Plantamos 10 individuos de cada tipo no invernadoiro e fóra. É dicir, 10 sementes, 10 plántulas e 10 bulbos no invernadoiro e a mesma cantidade fóra del.

Cada 14 días mediamos a altura das follas das cebolas cunha regra que apuntabamos nunha libreta.

En agosto recollemos as cebolas e pesámolas.

Os datos pasámolos a unha folla de cálculo.

Para calcular a velocidade de crecemento durante un período de tempo, calculamos as diferenzas de altura entre unha medida e a seguinte (restando) e dividímola entre o número de días que transcurriron entre esas 2 medidas. Así, se altura do día 1º foi x1 e a altura da medida do 2º día x2, a diferencia de alturas será x2-x1. Por último dividimos ese valor por 14, xa que foron os días que deixabamos pasar entre as 2 medidas.

A fórmula sería esta: (x2-x1)/14

Analizamos os datos coa axuda do profesor de Matemáticas, Francisco Loureiro, co programa Microsoft Excell.

Resultados

As sementes non naceron nin no invernadoiro nin no horto.

Tanto nas plántulas coma no bulbo, acadaron maior altura os organismos que medraron no invernadoiro. Por exemplo, a altura máxima das plántulas no invernadoiro foi de 84 cm, mentras que fóra foi de 56,5 cm.

Na primeira semana, as cebolas de bulbo medraron máis rápido as do invernadoiro que as de fóra. (ver gráfica 1). Despois a velocidade de crecemento diminuiu ata chegar un punto en que foi negativo. Eso foi causado por unha vaga de calor excesiva que afectou as plantas por igual.

As plántulas do horto tiveron un crecemento máis lento, pero estiveron máis afectadas polos temporais (Ver gráfica 2) que provocaron o derrubamento do invernadoiro por dúas veces.

VENDO CRECER AS CEBOLAS 3

1,35

bulbo horto bulbo invernadoiro

1,35

0,9

0,45

Gráfica 1 na que se expresa o crecemento das plantas de -0,45

1,8 9/4/2015 23/4/2015 7/5/2015 21/5/2015 5/6/2015 19/6/2015

0

plántulas horto plántulas invernadoiro

0,9

0,45

0

-0,45

1,8 11/3/2015 9/4/2015 23/4/2015 7/5/2015 21/5/2015 5/6/2015 19/6/2015

-0,9

Gráfica 2 na que se expresa o crecemento das plantas de cebolas medradas a partir de plántulas en cm/días

VENDO CRECER AS CEBOLAS 4

Porén tanto as alturas

cebolas tanto sementadas por bulbo (gráfica 3) como por plántulas (gráfica 4) foi maior usando o invernadoiro.

5/6/2015 19/6/2015

Gráfica 3. Crecemento de cebolas a partir dos bulbos medido en cm.

das
VENDO CRECER AS CEBOLAS 5
0 15 30 45 60 26/3/2015 9/4/2015 23/4/2015 7/5/2015 21/5/2015
Bulbo Horto Bulbo Invernadoiro

Gráfica 4. Crecemento de cebolas a partir das plántulas medido en cm.

Comparando os pesos das cebolas obtidas:

Horto (g) Invernadoiro (g)

Bulbo

Son maiores os pesos medios das cebolas no invernadoiro, tanto para bulbo como para plántula. Ademais, para as plántulas o peso foi maior.

VENDO CRECER AS CEBOLAS 6 0 20 40 60 80 11/3/2015 26/3/2015 9/4/2015 23/4/2015 7/5/2015 21/5/2015 5/6/2015 19/6/2015 Plántulas Horto Plántulas Invernadoiro
41,4 91,7 Plántula 65 170

Discusión

As sementes non naceron, polo que é mellor plantar as sementes nun semilleiro previamente antes de levalas o horto.

Pensamos que as plantas acadaron alturas maiores no invernadoiro porque ía máis calor. Cometemos o erro de non medir as temperaturas no interior e no exterior do invernadoiro, polo que sería algo a ter en conta se repetimos o experimento.

En canto a velocidade de crecemento, é difícil saber que método foi mellor porque estivo moi influenciado pola climatoloxía adversa.

Conclusión

1. As cebolas acadaron maior altura no invernadoiro que fóra del.

2. A velocidade de crecemento estivo influenciada fortemente pola climatoloxía.

3. O peso maior foi acadado polas cebolas sementadas a partir das plántulas.

VENDO CRECER AS CEBOLAS 7

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.