
1 minute read
PREHISTORIA COURELÁ
A PREHISTORIA NA ZONA DO COUREL
Cova Eirós
Advertisement
Pablo e Zaira (1º ESO)
Cova Eirós é unha cova prehistórica que ten 35000 anos de antigüidade e está situada no lugar de Cancelo (pertence o concello de Triacastela).
No seu interior encontráronse restos de animais (oso das cavernas), humanos (homo sapiens e homo neanderthalensis) e artísticos (as pinturas rupestres máis antigas de Galicia).
A conservación de materiais orgánicos débese á condición de pH básico dos terreos calcarios nos que se localiza cova Eirós, o que non adoita acontecer na maior parte de Galicia, onde predominan chans ácidos que apenas permiten a conservación de restos orgánicos.
Recoñeceuse Cova Eirós como un Ben de Interese Cultural (BIC) A C O V A
ESTÁ EN TRIACASTELA
TEN UNHA CONSERVACIÓN EXCEPCIONAL EN GALICIA
É UN BIC
TEN RESTOS ANIMAIS, HUMANOS E PINTURAS

Más ou menos, Elba era así:
F O T O D E M A R T Í N B E R A U R T É

Elba
Sabela (1º ESO)
Elba foi unha muller que tiña entre 20 e 40 anos e hai 9.300 anos iba paseando co seu rabaño de uros nas serras do Caurel. Non sabemos como, pero ela e os seus animais caeron nun buraco, ata que 9000 anos despois un grupo de espeólogos a atoparon no Chan do Lindeiro.
Analizando os restos sabemos que Elba tiña serios problemas de saúde: artrose, malnutrición e posibles danos neurolóxicos por un traumatismo cranial.
Dende que os restos fósiles foron atopados nunha cova do Caurel, un equipo traballou en recrear o seu aspecto físico e a súa vida. Segundo a reconstrución realizada polos expertos a partir das probas xenéticas realizadas polos ósos encontrados, a pastora Elba non chegaba aos 1,60 metros de altura, tiña o pelo escuro e os ollos castaños.