2 minute read

NACIONALISMO CATALÁN

Next Article
FAMILIA

FAMILIA

O NACIONALISMO CATALÁN

Arnau Visuña Costa

Advertisement

O nacionalismo é unha ideoloxía ou movemento sociopolítico que xorde dun sentimento de identificación cunha comunidade e crea unha vinculación entre os cidadáns dunha nación. Moitas veces, o seu obxectivo é a reivindicación dos dereitos dunha nación, mediante a autodeterminación política.

O termo "nacionalismo" xorde e toma a forma que ten hoxe en día a finais do século XVIII e principios do século XIX, unha época de revolucións europeas, moitas veces impulsadas por este sentimento. Así, hai varios exemplos de nacionalismos nesta etapa: as unificacións de Alemaña e Italia, a independencia de Grecia do Imperio Otomán, a independencia de Estados Unidos etc.

Pese a tomar a maioría da súa importancia e gran parte da súa forma nesta época, o nacionalismo sempre, dunha forma ou doutra, existiu, aínda que non existise este termo. Así, por exemplo, durante a Prehistoria, a xente dun castro galego non se identificaba cun romano, durante a Idade Media unha persoa francesa non se identificaba cunha árabe ou durante o século XVI, un "indíxena" de América non se idenficaba cos conquistadores hispánicos.

Un nacionalismo que ultimamente está tomando moita importancia é o catalán. Pódese dicir que os primeiros rasgos de nacionalismo catalán móstranse no século X, cando os Condados Cataláns logran a independencia do Imperio Carolinxio, que nesta época xa estaba a debilitarse. Os condados foron independentes ata o século XII, cando por unha unión dinástica se uniron á Coroa de Aragón. A finais do século XIX xorde o que xa se recoñece como nacionalismo catalán. Un sector do republicanismo federal encabezado por Valentí Almirall deu un "xiro catalanista" e rompeu co Partido Federal, que dirixía Pi y Margall. En 1879 fundou o "Diari Català", que aínda que en 1881 pechou, foi o primeiro diario escrito integramente en catalán. Actualmente unha parte do pobo catalán quere obter a indenpendecia de Cataluña. Poderíase dicir que a sociedade está dividida en canto a opinión: unha parte dela ten unha visión pro-independencia mentras que outra está en contra desta. O 1 de outubro de 2017 celebrouse en Cataluña un referendum para tomar unha decisión a cerca da independencia pero o estado español non o considerou lexítimo e polo tanto os seus resultados non se tiveron en conta. Dende entón ocurriron varias manifestacións co obxectivo de acadar o referendum, pero ata o momento non tiveron éxito. Persoalmente espero que se chegue a un acordo entre o estado español e o catalán para decidir sobre o futuro de Cataluña.

Celebrouse en Cataluña un referendum para tomar unha decisión a cerca da independencia pero o estado español non o considerou lexítimo e polo tanto os seus resultados non se tiveron en conta.

This article is from: