6 minute read

1º GRUPO DE PRIMARIA

Next Article
DESPEDIDA

DESPEDIDA

Vo!dvstp!npj!ftqfdjbm!qbsb!p!2〗!hsvqp!ef!Qsjnbsjb! !f!! Fevdbdj■o!G○tjdb

Realmente este curso foi moi especial para todos e todas. Todos os anos quedan na nosa memoria por unha cousa ou por outra, por algún acontecemento importante para nós, por algunha alegría, por cambios na nosa vida… e efectivamente deso tamén tivemos. Pero non podemos negar, que sempre, sempre, pensaremos no 19/20 coma o curso escolar que parou en seco unha pandemia, a do Covid19… Un momento, porque parar, parar, non paramos… De feito, de eso nada! Continuamos a facer actividades, a aprender, a probar novas cousas, a probarnos a nós mesmos ante situacións novas e descoñecidas e, sobre todo, a saber que podemos con todo, que efectivamente somos pequenos de idade, pero grandes en recursos e fortaleza.

Advertisement

Queremos por iso facervos un resumo de todo o curso, primeiro do que fixemos no centro, e logo do que fixemos dende a casa. É soamente unha pequena mostra, pero agardamos que vos guste.

DBNQJPOBUP!EF!CBENJOUPO!EB!DPNBSDBi!

Íamos todos un pouco nerviosos e nerviosas, pero a realidade é que o pasamos moi ben. O día foi un pouco frío, pero volvemos ao cole moi contentos porque conseguimos o que andábamos a buscar, disfrutar, aprender e, por que non dicilo, gañar algún que outro partido...

VO!TBNB⌒O!EF!NFFFFFEPi

E qué me dicides do xenial que o pasamos decorando o cole e pintando as caras? Un aviso, non vos asustedes!

F!FO!OBEB!DIFHPV!P!OBEBMi

Fixemos para a porta da clase unha árbore con círculos de diferentes tamaños e texturas.

Tamén penduramos unhas decoracións que fixemos en Plástica. Non é por fachendear, pero quedounos ben chulo!!!

Veredes por ahí que o festival foi unha tolería de bonito. Dende os de Infantil, que estaban para comelos, ata os de Secundaria, aos que xa se lle nota que teñen táboas, pasando por Primaria, que cantou, tocou, bailou, actuou e, sobre todo, aplaudiu a rabiar. Non é por nada, pero menuda canteira de artistas!!!

N∧JT!TB⌒EBT!F!BDUJWJEBEFTi!OPO!QBSBNPT"!

No noso CPI todo é un “non parar”. Mirade, mirade, ahí vai unha pequena mostra…

Fomos a Lugo ao Museo Interactivo da Historia de Lugo, unha visita curta pero moi interesante. Quedamos con ganas de máis, teremos que volver axiña, jiji. E logo fomos a coñecer as instalacións de El Progreso, onde coñecemos parte da súa historia e como é o proceso para elaborar un xornal e telo todas as mañás listo para ler. Portámonos tan ben que ata nos deron uns agasallos!

Aínda que para contar verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade, o mellor desa excursión foi ir xantar a unha famosa cadea de comida rápida. Maruxa e Isa coidan de que comamos moi ben cada día, pero ben, por un día díxonos Rocío que non pasaba nada…

Con outro día de deporte xa o compensamos. Volvemos ir de campionato, esta vez de tenis de mesa. Co mesmo resultado: moita diversión e algúns (bastantes) partidos gañados.

F!DBOEP!RVFEBNPT!OP!DPMFi!

Non podemos dicir que o pasemos mal… sempre nos gusta recibir invitados moi especiais na nosa clase. Que animalada!!!

QFSP! TFO! E≥CJEB-! IBJ! BMHP! RVF! UFNPT! NPJUBT! HBOBT! EF! WPMWFS!GBDFSi!

Na casa houbo unha cousa que non puidemos facer, algo que nos encanta… Xogar xuntos. En nada volveremos a facelo.

QFSP!MPHP!EFOEF!B!DBTB!UBNQPVDP!QBSBNPTi!

Ademáis de continuar repasando, facendo nos libros, cas tarefas habituais, estes nenos e nenas puxéronse cun montón de actividades xeniais. Mirade, mirade...

Xurxo (e Mateo) foron cociñeiros e artistas. Xa podían traer a proba desa empanada. Mmmmm…

Zeltia adicouse á música, e a facer esquemas moi feitiños, e tamén a facer un cartaz sobre a reciclaxe.

Tamén lle deu tempo a facer un cartel publicitando o Caurel, ao igual que a Lucía e a Claudia.

Fixádevos no aplicadas que estiveron e en como saben que o seu concello e bonito, bonito, bonito…

Como os vexan os madrileños ou os estranxeiros non se vai dar andado por aquí!

Claudia tamén nos quixo entreter cuns pasatempos, a ver se vos saen…

Clara e Irene tamén estiveron con cousas moi, moi especiais. Clara modelando e facendo uns incribles ovos de Pascua, e Irene con inventos alucinantes e continuando o Clube de Ciencias, que tanto lles gustou…

Irene, xa podías invitar, semella que está rico eso!

E isto non foi todo, nin moito menos, pero é unha pequena mostra. E para rematar, queremos deixarvos o que demos en chamar “Contos encadeados por WhatsApp”, que consistía en que cada un añadía un par de frases e continuaba outro. Pareceunos bastante emocionante á maioría, porque estabamos desexando como o conto volvía a nós para saber como continuaba. Para manter a emoción, moitos van enterarse do final ao mesmo tempo que vós.

E con iso rematamos. Agardamos que vos gusten e vervos moi axiña.

Un saúdo e unha aperta enorme das nenas e nenos do primeiro grupo de Primaria. Muuuuuuac!!!!

This article is from: