1 minute read

BOLOS DE VENTO

Next Article
DESPEDIDA

DESPEDIDA

Bolos de vento de cabaza

INGREDIENTES

Advertisement

Fariña de trigo (150 g) Cabaza (300 g) Levedo químico (1/2 cullerada) Ovos (2) Azucre ( 25 g) Zesto dunha laranxa Unha pizca de sal

ELABORACIÓN

Pelamos a cabaza. Cocémola ata que estea moi tenra. Escorrémola e triturámola. Reservamos a auga da cocción, xa que nos fará falta un pouco para a preparación da masa. Separamos as xemas das claras do ovo. Montamos as claras a punto de neve e reservámolas. Peneiramos a fariña nunha ensaladeira e agregámoslle fermento, o azucre, o sal, o zesto da laranxa e as 2 xemas de ovo. Mesturamos todo ata conseguir unha masa homoxénea á que engadiremos pouco a pouco, unhas 12 culleradas da auga da cocción da cabaza. Engadimos o puré de cabaza e mesturamos para conseguir unha masa uniforme. Engadimos as claras montadas a punto de neve e mesturamos con movementos envolventes para que non se nos baixen e perdamos o aire incorporado co batido. Enchemos unha manga pasteleira con boquilla ou unha bolsa coa masa. Quentamos abundante aceite nunha tixola. Deixamos caer pequenas porcións da masa. Cando estean dourados, escorrémolos sobre papel absorbente e botámoslles azucre por riba.

This article is from: