2 minute read

RELIXIÓN PRIMARIA

Next Article
DESPEDIDA

DESPEDIDA

Rel i ión Prim a ia

UNHA CASA MOI ESPECIAL Tres amigos decidiron construír una casa para vivir e ser felices nela, acollendo a todas as persoas que o necesitasen. Un construíu unha gran porta, para que todo o mundo puidese entrar e atopar refuxio. Era unha porta inmensa que convidaba a cruzala a quen andaba perdido e pasaba por alí: os alt@s, os baix@s, os ric@s, os/as pobres, os /as crentes; os ate@s... Outro construíu unhas grandes xanelas para iluminar aos seus habitantes. Entraba nesa casa unha luz tan brillante que descubría todas as calidades positivas de quen se atopaba no seu interior: a xenerosidade, a solidariedade, a dispoñibilidade, a amabilidade, a bondade, a tolerancia, o respecto... Dentro dela todo o mundo era quen de descubrir o mellor de si mesmo.

Advertisement

O terceiro construíu un teito moi alto para acoller a xente de lugares diversos con ideas e valores diferentes, para que entrasen as ideas e os soños de tod@s. No interior desta casa respirábase a compresión, a tolerancia e o respecto. Un día chegou o lobo, cargado de odio. rancor e malos sentimentos, soprou e soprou pero non puido entrar na casa. Ao fnal, tivo que marchar, pois nunca atopara unha casa tan resistente aos malos sentimentos. Pero hai quen di, que o viu dar a volta arrepentido deses malos sentimentos, e que dos seus sopridos só saía amor, entrou na casa e desfrutou da felicidade con todos os seus habitantes. (Versión do conto os tres porquiños)

This article is from: