
1 minute read
DESPEDIDA
Esto é unha cursilada. Sería mentira dicir que non quero marchar (e tamén que non me obrigaron a escribir este artigo). Bueno, continuamos... levo 13 anos neste centro e parece mentira que vaia a marchar. Durante estes anos tiven moitos profesores moi bos e tamén moi bos compañeiros. Grazas ós profesores tamén realizamos moitas actividades extraescolares e fixemos viaxes que non serían posibles noutros centros. Estes foron unha oportuninade fantástica para nós, para ver outros lugares e medrar como persoas e dende logo botareino de menos. Unha das miñas saídas favoritas foi a que fixemos no ano 2018 a Andorra. Nesta viaxe fixemos un curso de esquí cos compañeiros e os profesores. Recordarei sempre esta etapa como unha das mellores da miña vida e nunca a esquecerei (supoño). Agora é o momento de que me despida. Deséxovos a mellor sorte posible e espero que o centro no que pasei 13 anos da miña vida siga funcionando por moitos anos máis e que outros alumnos teñan a mesma experiencia que eu tiven. Adeus. Arnau

Advertisement

Querido Arnau: Como cambiaches dende que te vin por primeira vez! O que pensei que era timidez, resultou ser reflexión. O que parecía preguiza, foi meticulosidade por facer as c o u s a s b e n … F u c h e s m e d r a n d o e acompañándome nos recreos na miña biblioteca. Saiches de excursión, de congresos…e s e m p r e m o s t r a c h e s u n h a a l t a responsabilidade. En que gran home te convertiches! Xeneroso e forte, cumprindo obxectivos aínda que non che gustaran ás veces. Moitxs somos xs que aprendimos de ti. Porque es o mellor legado da persoa fantástica que foi o teu pai. Quero que recordes que este foi, é e será o teu colexio. Aquí estaremos sempre para ti. Para vós. Grazas por este tempo, O Colexio do Courel
