2 minute read

CONTAMINAR OU NON CONTAMINAR

Next Article
RECORDOS DO CURSO

RECORDOS DO CURSO

O U

C O N T A M I N A R N O N

Advertisement

C O N T A Candela (redacción) M I N

A R ?

HOXE A XORNALISTA SILVIA ENTREVISTOU A UXÍA, UNHA EMPRESARIA EN CONTRA DE COIDAR O MEDIO AMBIENTE; A LUÍS UN ECOLOXISTA; E A DANI, UN GANDEIRO DA ZONA.

SILVIA: Para a súa explotación gandeira precisa usar auga de xeito excesivo? E contamina a auga con productos fertilizantes? DANI: Non porque só uso a auga do río para darlle de beber aos animais e se me fai falta máis vou por unha cisterna ao río. Non porque para abonar só uso os excrementos das vacas. SILVIA: É certo que vai ampliar a súa explotación gandeira cunha nave maior? Isto vai destruír o patrimonio natural do Caurel... DANI: Sí,porque vou traer máis vacas e o que me interesa é gañar máis cartos.

SILVIA: Uxía sabe que a súa contínua deforestación está poñendo en perigo moitas especies autóctonas do Caurel, non vai facer nada para cambialo? UXÍA: Pois mira, eu saber seino, pero para min é moi necesario, porque eu quero ampliar a miña empresa. Non vou facer nada para cambialo porque me parece moi necesario para manter o meu nivel de vida.

SILVIA: Ademais,emprega máquinas que contaminan... Sabe o dano que ocasiona? Non vai cambiar o modo de produción? UXÍA: Sei o dano que ocasiono pero non vou cambiar nada porque así gaño máis cartos e dame igual o medio ambiente, iso a min non me afecta, aféctalle aos outros. SILVIA :En canto a súa empresa na cidade, está producindo moitos residuos. Que vai facer con eles? UXÍA: En primeiro lugar temos unha fábrica ao lado do mar dónde alí tiramos o que nos sobra. En segundo luga, imos poñer máis empresas en cada comunidade autónoma e xa comprei fincas para poñer alí os residuos.

SILVIA: Que medidas nos propón para protexer o medio ambiente? LUÍS: Propoño tres solucións: primeiro, protexer espazos para que non cambien o que hai,que non fagan obras; segundo,a prevención, como no mar que non contaminen desde os portos;e terceiro, a corrección e mellora dos espazos deteriorados, como a depuración das augas ou reciclando. SILVIA:Que son os espazos Protexidos? LUÍS:En España hai máis de 600 Espazos Protexidos. Son os que se protexen da acción humana para salvar paisaxes, animais.Por exemplo, aquí quedan poucos castiñeiro, temos que protexer espazos como a Devesa da Rogueira.

Candela, Daniel, Luís e Uxía (2º ESO)

This article is from: