Primates

Page 1

ESTÁN BEN OS ANIMAIS NUN ZOO?

Autores: Tegra, Erea, Ainoa, Ariadna e Alex. Alumnado de Primaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel.

INTRODUCIÓN

Cando estabamos en Infantil, a profe Luisa invitou ó colexio a un amigo seu que traballaba en África con Jane Goodall. Falounos en lingua chimpancé e explicounos que hai moitos chimpancés que son rescatados do comercio ilegal de animais salvaxes. Incluso temos unha chimpamiga, Kudia, unha chimpancé moi glotona a que lle mataron a súa mai.

Os primates son os animais máis parecidos a nós e quixemos investigalos como o farían primatólogas tan coñecidas como Jane Goodall e Dian Fossey.

Como no Courel os únicos primates que hai son os humanos, fomos ata o Zoo de Marcelle (Lugo). Alí, centrámonos nos monos capuchinos.

OBXECTIVO

Averiguar en que estado se atopan os capuchinos en Marcelle (Lugo).

MATERIAL E MÉTODOS

Eliximos para estudar ós monos capuchinos do zoo de Marcelle.

1º Fixemos observacións ad libitum. Esto quere dicir que simplemente observamos que facían os monos para despois saber que comportamentos tiñamos que medir.

2º Construimos un etograma: un cadro no que se rexistra o tempo que duran certos comportamentos. Nós fixamonos en comportamentos:

1. Autolesión: se se fan dano a sí mesmos.

2. Intranquilidade: móvense dun lado a outro de xeito inquieto

3. Xogo: corren perseguíndose

4. Descanso: durmen ou simplemente están tumbados

5. Alimentación: comen

1

Cada un de nós cronómetrou o tempo que pasaba cada individuo con algún destes comportamentos, na hora que estabamos alí. Esto fixémolo 3 días.

Introducimos os tempos que pasaron con cada un deses 5 comportamentos nunha folla de cálculo, sumamos eses tempos e fixemos dúas gráficas: unha para cría e outra para o adulto.

RESULTADOS

Había un cachorro que pasou a maior parte do tempo xogando.

En cambio, os adultos tiñan outros comportamentos. Notamos que había un adulto moi pedente dos visitantes do zoo e que estaba máis inquieto.

2
Xogo Alimentación Descanso Autolesión Intranquilidade

Xogo Alimentación Descanso Autolesión Intranquilidade

Non puidemos distinguir os individuos adultos entre eles. Se foramos máis tempo, coñeceríamolos, pero só fixemos 3 visitas. Non todos os monos estaban intranquilos, soamente un. Tamén soamente un xogaba co cachorro.

Non había ningún mono autolesionándose, o que indica que non están mal. Aínda a sí, cremos que os animais salvaxes deben estar en liberdade.

CONCLUSIÓNS

Ningún mono se autolesionaba, co cal parece que ningún mono está sufrindo no zoo.

Había signos de intranquilidade nun adulto.

3

PRIMATÓLOGAS

Dian Fossey foi una primatóloga estadounidense que dedicou gran parte da súa vida a estudar e protexer os gorilas de montaña en Ruanda. A súa observación dos gorilas permitiulle comprender e imitar o seu comportamento, chegando a desenvolver unha relación moi cercana con eles, en especial con un ó que chamou Digit, que a acompañaba con frecuencia. A morte deste exemplar a mans de cazadores furtivos llevou a Dian Fossey a enfrentarse a eles, perseguíndoos coa axuda de gardas forestais. Creouse así muchos inimigos que acabaron asasinándoa en 1985. Dian Fossey foi enterrada, xunto a outros gorilas mortos por furtivos ecerca do seu amigo Digit. A súa vida foi llevada ó cine en 1988, na película “Gorilas en la niebla”.

Probablemente, sin o traballo que Dian Fossey dedicou a coñecer e protexer os gorilas de montaña, estes grandes simios teríanse extinguido. Hoxe en día, en Ruanda, o turismo de observación de gorilas de montaña xera centos de millóns de dólares anuales.

Jane Goodall naceu en Londres, en 1934, dende nena soñou con viaxar a África a estudar os seus animais. En 1960 foi a Gombe, Tanzania, coa misión de estudar o comportamento dos chimpancés salvaxes que vivían alí. Os seus estudos revolucionaron os coñecementos científicos daquela época, pois demostraron que os chimpancés eran moito máis parecidos ós seres humanos do que se cría, en canto ás súas relacións sociais e familiares. Tamén descubriu que os chimpancés eran capaces de fabricar e utilizar ferramentas. En 1977 fundou 0 Instituto Jane Goodall, e dende entón dedicase a promover a conservación dos ecosistemas e un mellor trato ós animais.

INSTITUTO JANE GOODALL

O Instituto Jane Goodall é unha organización que traballa para conseguir un mundo máis xusto e sostible, con especial atención e respeto cara os outros seres vivos. Os seus obxectivos principais son:

• Investigación sobre chimpancés e outros primates.

• Educación

• Axuda ó desenvolvemento de comunidades locais de persoas en África.

Pódese colaborar co Instituto Jane Goodall de moitos xeitos: reciclando o móbil ou apadrinando chimpacés. Nós no ano 2015 apadrinamos a Kudia, unha chimpacé orfa ata que estivo en condicións de ser liberada.

AGRADECEMENTOS

Agradecemos ao Parque Zoolóxico de Marcelle a disposición e facilidades para o uso das súas instalacións.

A Belén Maseda por axudarnos co debuxo e a Pedro Romeo polo agradable transporte.

4
5
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.