Exposición colectiva "Pandemia. Novos retos"

Page 15

E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA

Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11

Serie B: terror e calma Acrílico e rotulador, 40X50.

A obra consta de dous lenzos. Os cadros recórdannos a un cartel de película de ciencia ficción, facendo un símil coa situación que vivimos, que parece sacada dunha longametraxe de serie B dos anos 50. O monstro sería o virus e o medo que produciría á xente estaría no descoñecemento que temos sobre a súa orixe, propagación e contaxio. As persoas asustadas no primeiro lenzo atopan o contrapunto no segundo lenzo. Este parece outro mundo, onde todo é de cor de rosa. Nada de fuxir, berrar ou entrar en pánico. Segue as recomendacións e usa máscara. Nos dous lenzos todo é moi irreal e, á vez, a autora quere achegar coa súa obra un punto de humor para quitar importancia a algo tan grave que tantos falecidos está a causar.

Sobre a autora Cristina Castro Santiago (Xixón, 1975) vive en Carballo desde nena. No 2008 decide realizar o ciclo superior de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Comeza entón a participar en exposicións colectivas e individuais en Carballo, Mugardos, Pontedeume, Arteixo, A Coruña, Madrid e México. É unha das primeiras participantes no proxecto de arte urbana “Derrubando muros con pintura” de Carballo. Despois desta experiencia, segue pintando muros en escolas.

15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.