1 minute read

Okupas silenciosos de Milagros Cotelo

EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11

Okupas silenciosos

Advertisement

Óleo, 80x80.

O virus non se ve, é un okupa que entra nos nosos corpos sen pedir permiso e utilízanos coma se foramos un tren, autobús ou calquera medio de transporte que deixa e colle pasaxeiros coa única premisa de se multiplicar. Así define a autora a súa visión sobre o coronavirus. No cadro quixo reflectir o medo e a angustia da xente, que vía como eses trens e autobuses viñan directamente contra ela. Corpos enfermos, moribundos, cadaleitos en soidade, sen tempo para despedidas. Mais estes okupas non fixeron nada que os humanos non fixeramos antes, destruíndo ecosistemas completos. A obra convida a reflexionar sobre todo isto e a onde nos diriximos como especie.

Sobre a autora

Milagros Cotelo (Carballo, 1959), leva varios anos pintando. Defínese como semi-autodidacta, formándose en distintas técnicas en diferentes obradoiros ao longo destes anos. Ten participado en numerosas exposicións colectivas e propias en Carballo, boa parte da Costa da Morte e na Coruña.

This article is from: