1 minute read

Sen título de Peter Kramer

EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11

(Sen título)

Advertisement

Corda, algodón e cúrcuma, 60x50.

A obra, feita durante o confinamento, son dúas urnas posando en silencio, agardando a encherse ou baleirarse, segundo a mirada do observador. É unha repetición de nós, onde o autor mostra a súa inquedanza por buscar a beleza clásica a través dun tema que fala da morte.

Sobre o autor

Peter Kramer (Dinamarca, 1959) chegou Malpica en 1999. Na vila pesqueira estaba de paso e, finalmente, resultou a súa parada definitiva. Peter Kramer di que traballa para ocupar a maior parte de tempo posible e os cadros e esculturas son o resultado desa actividade, dese medo ao baleiro.

This article is from: