Skip to main content

Carballo 1929

Page 1

Carballo 1929 90 aniversario das Escolas, O Vello Mercado e A Praza da Liberdade Xan Manuel Fraga RodrĂ­guez


Carballo, como cabeza do concello, comeza a década dos anos vinte gañando poboación. Por primeira vez no censo demográfico aparece diante de Sofán como a parroquia con máis habitantes. Dentro de Galicia, con máis de 300 concellos, Carballo será en 1930 o número 15 por poboación, con 15.127 habitantes. Convértese nun importante centro económico e comercial. Carballo capital tiña a feira o segundo domingo de mes e mercado tódolos xoves. Ademais había outras feiras: a de Verdillo (Artes) o cuarto domingo e quinto se había (feirón). Mais tamén había en Cances (terceiro domingo), Rus (o primeiro martes e o terceiro domingo) e no Rapadoiro (Noicela) o primeiro xoves e o venres seguinte e o terceiro de cada mes.


O vello concello do arquitecto Xulio Galรกn


En 1924, no contexto da Ditadura de Primo de Rivera , asume a presidencia do Concello un palentino, que fora xuíz e tamén avogado (Defensor das Mártires de Sofán) chamado Guillermo Peinador Vela. O seu mandato foi de 1924 a 1930. En 1927 fora aprobado polo Banco de Crédito Local de España un préstamo ao Concello por valor de 250.000 pesetas para acometer unha serie de obras, algunhas como o mercado dos pavillóns que xa viñan de antes (1913 e proxecto do arquitecto Rodríguez Losada en 1919) e outras que no seu mandato terán o impulso preciso. As dificultades económicas foron moitas, por exemplo negativas do Banco Pastor e tamén do Banco da Coruña á concesión de crédito, que finalmente foi outorgado polo citado Banco de Crédito Local, pero que tamén terá a posteriori moitos problemas con moita repercusión política e social en anos posteriores.


A transformación que tivo Carballo nos anos vinte do século pasado, tanto a nivel arquitectónico como urbanístico, foi tan espectacular como excelente. Ao magnífico concello (1902-1913) do arquitecto Xulio Galán hai que engadir a nova igrexa neorrománica de Manuel Álvarez Reyero inaugurada en 1924, a Casa Grande dos Neira Torrado, o matadoiro obra de Eduardo Rodríguez Losada, que tamén deseñou o xardín, os pavillóns do novo Mercado e as escolas de Desiderio Varela e Arrabales (Campo da Feira). E, sobre todo, a transformación que se realizou na Praza da Liberdade e a rúa Concordia, derrubando as casas interiores, con moitísima controversia social, para facer unha fermosísima praza, como se pode observar nas fotografías e postais que incluímos nesta conmemoración. As escolas, a rúa Desiderio Varela, o Xardín, o Mercado dos sete pavillóns e a Praza da Libertade foron inauguradas oficialmente no San Xoán de 1929. Mágoa que non se puidera levar a cabo por problemas orzamentarios o proxectado Kiosco de Música de Rodríguez Losada. Por outra banda, indicar que na maior parte das obras participou como contratista o carballés Manuel Villaverde Muñiz. Hai agora, pois, 90 anos. Era un Carballo modélico a nivel urbanístico. Reforma praza libertade de Eduardo Rodriguez Losada


Escolas de Eduardo Rodriguez Losada


Vella igrexa neorromรกnica de ร lvarez Reyero


Convento

Matadoiro ( hoxe estรก o Pazo da cultura) de Eduardo Rodriguez Losada


O mercado dos pavillรณns de Eduardo Rodriguez Losada

O Campo da Feira (Ponte da Lagoa)


O alcalde Guillermo Peinador (1924-1930)


Mais se se considera que o cronista é parcial da súa cidade natal deixemos que sexa a personalidade de Uxío Carré Aldao (moi amante tamén de Carballo e dunha carballesa, que deron unha prole abundante, culta e galeguista) quen nos fale da capital de Bergantiños no seu texto en Geografía general de Galicia, provincia de A Coruña (Carreras Candi), Barcelona, 1928:

“Para que a comarca de Bergantiños alcance maiores prosperidades é preciso que o tan ansiado ferrocarril de Coruña-Carballo-Corcubión e Carballo-Santiago sexa axiña realidade, e mentres iso non chega, que se terminen canto antes as estradas que unirán a poboación de Carballo coas de Ordes e Santiago. Hai tamén un novo proxecto, tal vez de pronta execución, de unir Carballo coa Coruña por un ramal que enlace os concellos de Culleredo e Laracha, no ferrocarril de Coruña a Santiago”. E continúa falando de Carballo: “O caserío é moderno e de boa aparencia e gusto, rúas trazadas a cordel e a poboación presenta un aspecto alegre e pulcro. O cárcere é de excelente edificación. Estase construíndo ademais no Campo da Feira a capela de fundación particular que rexentarán os PP. Redentoristas”


Mais adiante prosegue:

“A casa Consistorial é moderna e de belísimo aspecto, coa súa torre central. Ela é a igrexa honran a Carballo, que pode enorgullecerse de contar con dous tan soberbios edificios , que xa quixeran para sí capitais importantes”.

Actual Gran Vía co xardín e pavillóns á esquerda e Casa Grande á dereita


Nenos na Escola. Anos sesenta


Conservar a memoria colectiva, aprender dos erros: progresar. Carballo de BergantiĂąos, San XoĂĄn, 90 anos despois. Xan Manuel Fraga RodrĂ­guez Profesor e historiador


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Carballo 1929 by Concello de Carballo - Issuu