1 minute read

Isolamentum de Josecho González

EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11

Isolamentum

Advertisement

Acrílico sobre lenzo, 30x90.

A obra foi creada durante o confinamento, algo que queda patente no propio título e na paleta reducida de cores empregadas. Estas cores reflicten o estado emocional do artista nesas datas e marcan así unha austeridade cromática non habitual na obra do autor. Coma no resto das súas obras, non se transmite un concepto concreto ou real, simplemente trata de converter a forma e a cor no tema principal para crear un exercicio de pureza visual, recuperando así as posibilidades da forma e da cor como medio pictórico.

Josecho González pretende nas súas obras que o que se presenta ante os ollos, aquilo que non coñecemos, nos guíe por un novo modo de comprensión. O autor convida a observar para sacar a nosa propia interpretación.

Sobre o autor

Josecho González (Carballo, 1969) estivo interesado no mundo plástico desde pequeno. Non obstante, é na madurez cando comeza a ter contacto directo coa arte. Interésase pola pintura, realizando traballos autodidactas. A súa obra está baixo a influencia da abstracción e da xeometría, que se manifesta a través de formas definidas pola composición minimalista e harmoniosa. A súa carreira artística conta con notables exposicións, tanto individuais como colectivas.

This article is from: