1 minute read

Primavera das ninfas de Raúl G. Herrera

EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11

Primavera das ninfas

Advertisement

Acrílico sobre lenzo, 90x40.

A obra foi pintada na herba húmida debaixo das maceiras cheas de flores na primavera de 2019 en Castro de Ribeiras de Lea, na Terra Chá (Lugo). A peza é o resultado de deixar fluír a mente. O cadro segue a forma de pintar do autor: derrama as cores axeitadas segundo a idea que ten. Logo, espalla varios varridos coa espátula ou cartón, sen fixarse no que acontece, senón como quen dirixe unha peza de música.

Sobre o autor

Raúl G. Herrera (Lille, 1975) é diplomado en Relacións Laborais e, no eido artístico, conta con diferentes cursos de gravado e pintura. Desde o 2010 participa en exposicións colectivas de diversas agrupacións, expoñendo as súas obras en Carballo, Malpica, Ponteceso, Ribadeo e Alcalá de Henares.

This article is from: