
1 minute read
Fraxilidade de Esther Chamoso
EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Fraxilidade
Advertisement
Acuarela sobre papel, 70x50.
A obra representa un dente de león que se desfai arrastrado polo vento. O debuxo compleméntase cun poema que segue a métrica dun haiku xaponés. A autora busca un paralelismo entre a condición de vulnerabilidade da flor e a fraxilidade humana exposta á pandemia. Tanto a técnica da acuarela como o lixeiro enmarcado acompañan á obra para dar consistencia á metáfora.
Sobre a autora
Esther Chamoso (Salamanca, 1980) estudou Arquitectura Técnica na Universidade de Salamanca. Na súa provincia de orixe exerce a súa profesión ata que en 2005 se traslada a Galicia, onde continúa traballando no campo da arquitectura e da construción. O debuxo sempre formou parte da súa vida pero é en 2016, coa entrada na Asociación Creaformas de Carballo, cando comeza a participar en exposicións colectivas e individuais no municipio e a facer públicos os seus traballos. Desde ese momento, compaxina o traballo de arquitecta con diferentes proxectos artísticos, como a súa colaboración coa escola de artes “El laboratorio” na Coruña.